Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2023 Páx. 16455

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2023 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 26 de xaneiro de 2023, polo que se declara unha área de rexeneración urbana de interese autonómico (área Rexurbe) no concello de Betanzos (A Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 55.2 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte e seis de xaneiro de dous mil vinte e tres, co seguinte texto literal:

«Declarar unha área de rexeneración urbana de interese autonómico (área Rexurbe) no concello de Betanzos, conforme a delimitación que se indica no plano anexo».

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2023

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Ámbito de estudo

Delimitación do ámbito de estudo

missing image file