Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2023 Páx. 16457

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 1 de marzo de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de ciencias, na especialidade de bioloxía, de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso e a orde na relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 1 de marzo de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro), modificada pola Resolución do 2 de marzo de 2022 (DOG núm. 44, do 4 de marzo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de ciencias, na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 227, do 28 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 3 de novembro de 2022 (publicada no DOG núm. 213, do 9 de novembro), este tribunal acordou facer pública a baremación definitiva da fase de concurso; e mediante a Resolución do 10 de novembro de 2022 (publicada no DOG núm. 221, do 21 de novembro, e a corrección de erros publicada no DOG núm. 232, do 7 de decembro), este tribunal acordou facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas.

A raíz da estimación dun recurso de alzada, este tribunal acorda modificar a Resolución do 3 de novembro de 2022 (publicado no DOG núm. 213, do 9 de novembro), en relación coa puntuación da aspirante afectada, que pasa a ter a seguinte puntuación:

NIF

Apelido 1

Apelido 2

Nome

II.2.2.1

II.2.2.2

Experiencia

Formación

Total

***4520**

Suárez

Vidal

Estefanía

9,60

0,00

9,60

0,90

10,50

Segundo. Debido á modificación da puntuación do baremo definitivo desta aspirante, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo acordada pola Resolución do 10 de novembro de 2022 (DOG núm. 221, do 21 de novembro, e a corrección de erros publicada no DOG núm. 232, do 7 de decembro), tanto en relación coa orde de prelación da aspirante afectada, que pasa a ocupar a posición número 27, e renumerar a relación de persoas aprobadas a partir desta posición, tal e como se publica no seguinte cadro:

Nº orde

NIF

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

Concurso

Total

27

***4520**

Suárez Vidal, Estefanía

32,25

Exento/a

10,50

42,75

28

***0462**

Rodríguez Rodríguez, Ángel Manuel

34,30

Exento/a

8,20

42,50

29

***1816**

Albores Blanes, Ignacio

36,69

Exento/a

5,40

42,09

30

***1838**

Graña Guerreiro, Cristina

41,62

Exento/a

0,00

41,62

31

***3589**

Sanmartín Souto, María Begoña

30,21

Exento/a

9,77

39,98

Terceiro. De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, Estefanía Suárez Vidal (con NIF ***4520**) disporá dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

Cuarto. Elevar esta nova relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Quinto. De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2023

José Emilio Oti Cabanelas
Presidente do tribunal