Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2023 Páx. 16459

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 17 de febreiro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 8 de xullo de 2022 (DOG núm. 133, do 13 de xullo) para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 3 de novembro de 2022 convocouse, segundo o previsto na base II.1.2.6 da convocatoria, o segundo exercicio do proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola.

De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, o exercicio consiste no desenvolvemento por escrito dun (1) tema, para elixir entre dous (2) obtidos mediante sorteo de entre os que figuran na parte específica do programa.

En virtude do previsto nas citadas bases, mediante o Acordo deste tribunal do 3 de novembro de 2022 establecéronse os seguintes criterios de corrección, valoración e superación do exercicio:

«1. O tema desenvolvido pola persoa aspirante será cualificado nunha escala de 0 a 30 puntos por cada un dos membros do tribunal. Para superar o tema, é preciso obter un mínimo de quince (15) puntos.

2. A persoa aspirante deberá contestar todas as epígrafes do tema para que este poida ser considerado superado, se obtén a puntuación mínima exixida. Considerarase epígrafe cada un dos textos do tema rematados en punto e recollidos na parte específica do anexo III da Resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola. Non se valorarán os coñecementos que constitúan divagacións ou que non se cingan ás epígrafes do tema.

3. Para a cualificación do exercicio teranse en conta os coñecementos e a exposición escrita. Os coñecementos suporán o 80 % da cualificación do exame e a expresión escrita o 20 % restante.

4. Para a valoración dos coñecementos do tema, o tribunal terá en conta que o material e as fontes de información estean actualizados e se refiran a normas publicadas oficialmente ata o 13 de xullo de 2022. As normas que non estean en vigor a esa data serán automaticamente substituídas polas normas que as derrogaron. Terase en conta que a exposición se faga cunha redacción clara, ordenada, rigorosa, completa e equilibrada nos seus contidos.

5. A expresión escrita valorarase globalmente e terá en conta a claridade, a orde de ideas, a ortografía e a caligrafía. O tribunal obviará as oracións con palabras inintelixibles, cunha sintaxe deficiente ou que se fagan incomprensibles por outras causas.

6. O exercicio cualificarase por cada un dos membros do tribunal e, superada a puntuación mínima consonte o punto 1, obterase unha cualificación global da persoa aspirante. Consideradas todas as cualificacións dos membros do tribunal, a nota final da persoa aspirante será a obtida da media aritmética das notas outorgadas.

De acordo co anterior, superarán o segundo exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que acaden unha puntuación final nel igual ou superior a 15 puntos.

O tempo máximo de realización deste exercicio será de sesenta (60) minutos».

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas o 15 de decembro de 2022 ao segundo exercicio do proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación cos puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou título equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro). Non terá que presentar a documentación xustificativa de exención quen xa teña acreditada a posesión do Celga requirido e así conste na listaxe de persoas aspirantes publicada, xunto con esta resolución, pola Dirección Xeral da Función Pública no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor un recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2023

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do tribunal