Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2023 Páx. 16541

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO da convocatoria de doce prazas de persoal laboral fixo, correspondente á oferta de emprego público de 2021.

A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 408/2022, do 24 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2021, realiza a convocatoria para cubrir 12 prazas fixas de policía portuaria do persoal laboral suxeito ao convenio colectivo, correspondentes á estabilización de emprego de 2021.

– 12 prazas de policía portuaria (GIII BII N2).

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web de Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es

Os/as aspirantes disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia para a presentación de solicitudes.

Vigo, 24 de febreiro de 2023

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo