Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2023 Páx. 16540

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira para unha praza de auxiliar de arquivo e biblioteca.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 31 de xaneiro de 2023 (2023-0125) resolveuse nomear funcionaria de carreira para a praza de auxiliar de arquivo e biblioteca (escala de Administración especial, subescala auxiliar, grupo C, subgrupo C2) deste concello, pertencente á OEP do ano 2019, a seguinte persoa, ao superar o proceso selectivo convocado mediante a Resolución da Concellaría de Persoal do 21 de marzo de 2022 (nº 2022-0511):

Ramón Nogueira González, con DNI ***0625**.

Contra esta resolución poden interpoñerse os seguintes recursos:

– Potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acordo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta notificación.

– Contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao desta publicación, se non se interpuxese o de reposición. Se se interpuxese este último, o prazo de dous meses empezarán a contar desde o día seguinte ao da notificación da resolución do recurso de reposición, se esta for expresa. Se a resolución non for expresa, o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo será de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo.

– Calquera outro que considere conveniente, baixo a súa responsabilidade.

Tui, 10 de febreiro de 2023

Enrique Cabaleiro González
Alcalde