Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2023 Páx. 16539

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle no lugar da Fonte Alta, Bueu (expediente 2452/2022).

A Xunta de Goberno Local do 2.1.2023 (rectificación do erro material na Xunta de Goberno do 6.2.2023) adoptou o acordo de aprobación inicial do estudo de detalle para o reaxuste das aliñacións no ámbito do solo de núcleo rural da Fonte Alta, do termo municipal de Bueu. Atópanse dentro do ámbito as parcelas de referencias catastrais 36004A052005460001WI, 36004A052003650001WW, 36004A052003650000QQ, 36004A052003660001WA e 36004A052007220001WG.

Nel acordouse a suspensión dos procedementos de outorgamento de licenzas de parcelación, de construción de novas edificacións, substitución e rehabilitación integral das existentes, na área de solo de núcleo rural histórico-tradicional obxecto do estudo de detalle. Esta suspensión extinguirase, en todo caso, no prazo dun ano desde a aprobación inicial deste instrumento.

O que se fai público en cumprimento do disposto nos artigos 80 e 47.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 86.1 e 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e sométese á información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Para estes efectos, os documentos do estudo de detalle na Fonte Alta, Cela, Bueu (Pontevedra) estarán dispoñibles na páxina web do Concello de Bueu (https://concellodebueu.gal/), así como no seu portal de transparencia, logo de quedaren, así mesmo, á disposición do público en xeral no Departamento de Urbanismo do Concello, na rúa Eduardo Vicenti, 8, 36930 Bueu, en horario de atención ao público, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Bueu, 8 de febreiro de 2023

Félix Juncal Novas
Alcalde