Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2023 Páx. 16538

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO das bases e da convocatoria para cubrir unha praza de inspector/a da policía local por promoción interna.

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2023-0181, do 26 de xaneiro de 2023, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de inspector/a da policía local para este concello, por promoción interna, mediante concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, número 27, do 8 de febreiro de 2023, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a provisión, por promoción interna, mediante concurso-oposición, da praza vacante obxecto da convocatoria cuxas características son:

– Servizo: Policía Local.

– Denominación do posto: inspector/a de la policía local.

– Natureza: funcionario de carreira.

– Escala: Administración especial.

– Subescala: servizos especiais.

– Clase: policía local.

– Grupo/subgrupo: A2.

– Nivel de c.d.: 23.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica do Concello: https://baiona.sedelectronica.gal

Baiona, 8 de febreiro de 2023

Carlos Gómez Prado
Alcalde presidente