Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2023 Páx. 16475

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2023 pola que se declara deserto o proceso selectivo convocado para o ingreso na categoría de técnico/a superior de xenómica polo sistema de acceso libre.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador do proceso selectivo convocado mediante a Resolución desta universidade, do 2 de decembro de 2021 (DOG do 21 de decembro), para o ingreso como persoal laboral fixo na categoría de técnico/a superior de xenómica polo sistema de acceso libre da Universidade de Vigo, que declara que ningunha das persoas candidatas superou as probas selectivas da fase de oposición, e consonte as atribucións legalmente conferidas, esta reitoría resolve declarar deserto o proceso selectivo convocado para o ingreso na categoría de técnico/a superior de xenómica da Universidade de Vigo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 23 de febreiro de 2023

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo