Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 6 de marzo de 2023 Páx. 16479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten á información pública o estudo de impacto ambiental, as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e o proxecto de execución, en concreto, das instalacións do parque eólico Alto do Ceo, emprazado nos concellos de Mondariz, Covelo, A Cañiza, Salvaterra de Miño e As Neves da provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2020/99).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese á información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: Green Capital Development XXVI, S.L.

Denominación do proxecto: parque eólico Alto do Ceo.

Concellos afectados: Mondariz, Covelo, A Cañiza, Salvaterra de Miño e As Neves (Pontevedra).

Potencia que se vai instalar: 12 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 2.

Produción neta anual estimada: (35.994 Mwh/ano).

Orzamento total (execución material): 12.563.237,33 €.

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértice

X TUM (H29 ETRS89)

Y TUM (H29 ETRS89)

a

556.862,00

4.674.659,00

b

550.914,37

4.674.659,00

c

550.102,00

4.672.669,73

d

550.102,00

4.668.840,00

e

556.862,00

4.668.840,00

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

ALT-01

553.868,00

4.670.793,00

ALT-02

556.142,00

4.671.985,00

Coordenadas da torre meteorolóxica:

Torre

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Torre 1

556.168,00

4.671.630,00

Coordenadas do centro de seccionamento:

Centro

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

CS

554.233,91

4.671.088,07

Envolvente

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

A

554.210,00

4.671.098,00

B

554.248,00

4.671.112,00

C

554.257,00

4.671.087,00

D

554.219,00

4.671.073,00

Coordenadas dos apoios do tramo de liña aérea de alta tensión:

Núm. de apoio

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

1

554.218,74

4.671.096,00

2

553.997,98

4.671.135,58

3

553.862,22

4.671.159,91

4

553.719,72

4.671.171,53

5

553.515,16

4.671.188,21

6

553.302,78

4.671.205,52

7

553.101,52

4.671.221,93

8

552.887,63

4.671.149,58

9

552.663,27

4.671.159,92

10

552.467,65

4.671.168,94

11

552.182,97

4.671.182,07

12

552.001,03

4.671.190,45

13

551.804,09

4.671.199,53

14

551.577,78

4.671.223,52

15

551.357,75

4.671.246,85

Características técnicas recollidas no proxecto:

– Dous (2) aeroxeradores de 6 MW de potencia nominal unitaria, de 170 m de diámetro de rotor e unha altura de buxe de 115 m, correspondentes co modelo SG 6.0-170 ou similar do fabricante Siemens Gamesa.

– Dous (2) centros de transformación de potencia aparente nominal 6,5 MVA, grupo de conexión Dyn11 e tensión 0,69/30 kV, situados no interior dos aeroxeradores.

– Rede de media tensión de 30 kV soterrada, formada por dous (2) circuítos con cables RHZ1-2OL 18/30 kV Al + H16 de seccións 95 y 240 mm², de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e o centro de seccionamento. Pola mesma gabia discorrerá cable de terra de 50 mm² e condutor de fibra óptica monomodo de 9/125 micras.

– Unha (1) torre meteorolóxica de 115 m de altura dotada de tres anemómetros, dous cataventos, un anemómetro de fluxo vertical, dous sensores de temperatura e un pluviómetro.

– Centro de seccionamento, edificación de dimensións máximas 3,90 × 9,90 × 3,90 m de altura, que albergará no seu interior os seguintes equipamentos:

• Conxunto de aparamenta de 30 kV, constituído por: unha (1) posición de cela de liña de evacuación, dúas (2) posicións de cela de liña para a conexión dos circuítos dos aeroxeradores, unha (1) posición de cela de batería de condensadores, unha (1) posición de cela de transformador de servizos auxiliares e un transformador de servizos auxiliares 30/0,420-0,242 kV de 50 KVA de potencia.

• Dous (2) sistemas independentes de corrente continua a 125 Vcc, un (1) cadro de servizos auxiliares de corrente alterna 230-400 V e un (1) sistema de control de tecnoloxía dixital con sistema SCADA de supervisión, control e adquisición de datos.

– Liña de evacuación aéreo-subterránea de alta tensión 30 kV, de lonxitude total 2.936,06 m, con orixe no centro de seccionamento mencionado e final na subestación do parque eólico Chan do Couto (instalación obxecto doutro proxecto independente), composta dos seguintes tramos:

• Primeiro tramo: liña subterránea de 11,39 m de lonxitude, con 3 condutores RHZ1-OL 18/30 kV 1×400 Al +H16 directamente soterrados (400 mm² de sección por condutor), un cable de fibra óptica PKP 48 FO Monomodo baixo tubo, e cable de terra de 50 mm². Este primeiro tramo conecta o centro de seccionamento co primeiro apoio do tramo de liña aérea.

• Segundo tramo: liña aérea de 2.884,75 m de lonxitude total, con 3 condutores LA-180 147-AL1/34-ST1A (181,6 mm² de sección por condutor) e cable de garda tipo OPGW de 120,57 mm² de sección. Tendidos sobre un total de 15 apoios metálicos de celosía de diferentes tipos con cimentacións de formigón, compostos por perfís angulares de alas iguais, fuste formado por tramos troncopiramidais de sección cadrada e cabezas de tramos prismáticos rectos, cos seus correspondentes illadores, ferraxes e sistemas de posta a terra.

• Terceiro tramo: liña subterránea, de 39,92 m de lonxitude, de características idénticas ás do primeiro tramo. Este último tramo conecta o último apoio da liña aérea coa subestación do parque eólico Chan do Couto (instalación obxecto doutro proxecto independente).

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto técnico, estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico.

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A consulta da documentación se realizará preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe Instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 11.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias do Concello de Mondariz (praza de Merouces, 16, 36870 Mondariz, Pontevedra), do Concello de Covelo (praza do Mestre Cerviño, 2, 36872 Covelo, Pontevedra), do Concello da Cañiza (rúa Oriente, 11, 36880 A Cañiza, Pontevedra), do Concello de Salvaterra de Miño (praza da Constitución, 36450 Salvaterra do Miño, Pontevedra) e do Concello das Neves (praza da Cristiandade, 1, 36440 As Neves, Pontevedra).

Pontevedra, 3 de febreiro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra