Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2023 Páx. 16576

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2023 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan de misións comerciais das pemes 2023 susceptibles de ser cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IG422B), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IG422A), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 29 de novembro de 2022, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan de misións comerciais das pemes 2023 susceptibles de ser cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar no Diario Oficial de Galicia as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan de misións comerciais das pemes 2023 (código de procedemento IG422B), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IG422A), e convocar para o exercicio 2023 as ditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva.

Estas axudas son susceptibles de ser cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e, en particular:

Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes, do sector agrícola (no caso do Feader) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP).

Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e nos procesos de innovación.

Obxectivo específico 03.04.03: promover a internacionalización das pemes.

Actuación 03.04.03.01: apoio á promoción da cultura da internacionalización, apoio ao incremento da presenza nos mercados exteriores, establecemento dunha estratexia de posicionamento internacional de Galicia aliñada coa Estratexia Horizonte 2020 da UE.

Campo de intervención 066: servizos de axuda avanzados para pemes e grupos de pemes.

Liña de actuación 15: promoción da cultura de internacionalización, presenza nos mercados exteriores, estratexia de posicionamento internacional de Galicia, aliñación coa axenda estratéxica Horizonte 2020 da UE.

Segundo. As entidades colaboradoras do Plan de misións comerciais das pemes 2023 son as encargadas de tramitar a solicitude de axuda (facer a reserva do crédito, presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación).

O prazo de adhesión das entidades colaboradoras será de 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (código de procedemento IG422A).

Terceiro. Prazos de presentación de solicitudes de axuda, de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda (código de procedemento IG422B) iniciarase o día seguinte ao da finalización do prazo de adhesión das entidades colaboradoras e será dun mes contado desde as 8.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o devandito prazo dun mes, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito. Neste caso informarase do pechamento adiantado do prazo de solicitude a través da páxina web do Igape e no Diario Oficial de Galicia.

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de 5 meses desde a data de presentación da solicitude e, transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo de execución de cada actuación iniciarase na data de solicitude e rematarase no prazo dun mes a partir do día seguinte ao de finalización de cada actuación (e como data límite final o 31 de outubro de 2023), prazo en que se deberá presentar a solicitude de cobramento.

De xeito excepcional, poderán solicitarse anticipos para as empresas participantes nestas accións que, ademais de cumpriren os requisitos enumerados no artigo 8 das bases reguladoras, cumpran os seguintes requisitos:

1. Ser de nova creación ou, non sendo de nova creación, cando non transcorrese máis de cinco anos desde a data de inscrición no Rexistro Mercantil da escritura pública de constitución, con carácter xeral, ou de sete no caso de empresas de biotecnoloxía, enerxía, industriais e outros sectores estratéxicos ou que desenvolvesen tecnoloxía propia.

2. Ter a consideración de empresa innovadora. Consideraranse como tales:

• As que obtivesen a cualificación como iniciativa de emprego de base tecnolóxica (IEBT) por parte do órgano competente da Xunta de Galicia.

• As empresas certificadas como spin-off das universidades galegas.

• Os proxectos seleccionados para participar nas aceleradoras verticais de innovación promovidas pola Xunta de Galicia.

• As empresas inscritas no Rexistro de Pemes Innovadoras do Ministerio de Ciencia e Innovación.

• As empresas que dispoñan da certificación EA 0047:2015 ou EA 0043:2015 de peme innovadora ou xove empresa innovadora, respectivamente.

• As empresas que obtivesen a marca EIBT de empresa innovadora de base tecnolóxica outorgada pola Asociación Nacional de Centros Europeos de Empresas e Innovación (ANCES).

• Calquera outra certificación aplicable a empresas emerxentes innovadoras establecida regulamentariamente por norma de ámbito estatal ou da Comunidade Autónoma de Galicia.

Xustifícase esta medida, que só afectará as empresas deste tipo, co propósito de incentivar a internacionalización de start-ups galegas que principalmente presentan escasos recursos para afrontar as accións de internacionalización.

Estes poderán solicitarse unha vez pechada a convocatoria da actuación no prazo de 10 días desde a emisión da acta da selección de empresas participantes en cada actuación.

Cuarto. Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polo seguinte importe:

Partida orzamentaria

Ano 2023

05 A1 741A 7708

1.900.000 €

O director xeral do Igape ampliará o crédito no caso de que o crédito actual sexa insuficiente para atender todas as solicitudes presentadas, logo de declaración da súa dispoñibilidade, nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, mediante resolución publicada para o efecto.

Así mesmo, non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine na presente convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria, ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Quinto. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións, non requirirá o consentimento do beneficiario.

Sexto. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Sétimo. Publicar o convenio de colaboración para a xestión do Plan de misións comerciais das pemes 2023 ao cal se deben adherir as entidades colaboradoras.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2023

Fernando Guldrís Iglesias
Director do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan de misións comerciais das pemes 2023 susceptibles de ser cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión

A internacionalización proporciona ás empresas a posibilidade de aumentar o seu tamaño e acadar maiores economías de escala, acceder a recursos inaccesibles ou caros no seu mercado de orixe, conseguindo economías de localización, mellorar a notoriedade e diferenciación dos seus produtos e marcas, entrar en contacto con consumidores máis exixentes e competidores máis eficientes que estimulan a súa innovación e desenvolvemento tecnolóxico e, en definitiva, mellorar a súa eficiencia económica e capacidade competitiva en liña coa Estratexia galega de especialización intelixente (RIS3).

A internacionalización do tecido empresarial galego foi e seguirá sendo un dos eixes prioritarios de actuación dentro da política económica da Xunta de Galicia de cara a mellorar a súa competitividade e acadar o crecemento económico. Mediante un modelo facilitador de información, servizos directos nos principais mercados internacionais, financiamento ás empresas para a súa entrada neles, formación e especialización de recursos humanos, o Goberno galego aposta pola internacionalización das empresas galegas.

Esta aposta plásmase na Estratexia da Xunta de Galicia de internacionalización da empresa galega 2021-2025, que inclúe entre os seus obxectivos o de lograr un significativo aumento na cantidade, na calidade e no impacto efectivo das exportacións da empresa galega; aumento do número de empresas da base exportadora, procura e apertura de novos mercados, apoio na ampliación de cota de mercados con menor presenza e maior potencial de crecemento futuro e consolidación de cota nos mercados maduros. En definitiva, esta estratexia persegue unha fase de consolidación dos distintos esforzos e accións emprendidas ao longo dos últimos anos para estimular, fortalecer, expandir e consolidar a internacionalización das pemes galegas e os seus produtos e servizos.

En concreto, estas bases encaixan no eixe 3, Acompañamento e dotación de medios, e no obxectivo: maior presenza internacional, diversificación de mercados, pero sobre todo zonas xeográficas, da Estratexia de internacionalización da empresa galega 2021-2025.

A Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, establece no seu artigo 4 como funcións do Igape, entre outras, proporcionar información sobre os mercados e favorecer o desenvolvemento das exportacións e acordos con empresas estranxeiras.

O Igape é xestor de fondos Feder do marco regulamentario 1420 no seguinte encaixe: Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes. Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para medrar nos mercados internacionais. Obxectivo específico 03.04.03: promover a internacionalización das pemes. Campo de intervención: 066: servizos de axuda avanzados para pemes e grupos de pemes. Liña de actuación 15: promoción da cultura de internacionalización, presenza nos mercados exteriores, estratexia de posicionamento internacional de Galicia, aliñación coa axenda estratéxica Horizonte 2020 da UE.

Os indicadores de produtividade correspondente son o CO01, número de empresas que reciben axudas, e o CO02, número de empresas que reciben subvencións. E o indicador de resultado é o número de pemes exportadoras.

Tendo en conta que se trata dun réxime de axudas amparado no rémime de minimis, en que as axudas non superarán os 200.000 €, o réxime de axudas configúrase como unha única operación Feder, no marco da opción prevista no artigo 2, punto 10, letra A), do Regulamento 1303/2013, modificado polo Regulamento 2018/1046, do 18 de xullo de 2018 (artigo 272), de xeito que, para os efectos da selección da operación para o seu cofinanciamento con Feder, o Igape terá a consideración de beneficiaria na súa condición de organismo que concede a axuda.

O obxectivo destas bases é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas.

As convocatorias desta liña de axudas serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución do director xeral do Igape. As ditas convocatorias incluirán o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados.

Polo seu obxecto e finalidade e por non corresponder avaliación ningunha das solicitudes, senón a mera comprobación dos requisitos dos beneficiarios, as axudas reguladas nestas bases outorgaranse en réxime de concorrencia non competitiva ao abeiro do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A preparación e presentación por parte da entidade colaboradora de solicitudes será necesariamente telemática, en beneficio de ambas as partes, e dado que as entidades colaboradoras deberán dispor dos medios técnicos axeitados.

Artigo 1. Obxecto

1. As presentes bases teñen por obxecto aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte do Igape para o desenvolvemento e execución do Plan de misións comerciais das pemes, coa finalidade de incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.

2. O obxectivo principal do Plan de misións comerciais das pemes é conseguir a internacionalización real das pemes galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores.

3. As actuacións que engloban o Plan de misións comerciais das pemes están dirixidas a:

a) Aumentar a base de empresas exportadoras.

b) Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.

c) Conseguir unha maior diversificación tanto sectorial como xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.

d) Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.

4. O Igape publicará na súa páxina web https://www.igape.gal/gl/pemes-e-autonomos/internacionalizacion a relación actualizada en todo momento das entidades colaboradoras adheridas ao programa.

Artigo 2. Réxime das subvencións

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, que no seu artigo 19.2 establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar o requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario coas garantías previstas no artigo 31.4 desta lei.

2. A concesión destas axudas estará en todo caso condicionada á existencia de crédito orzamentario e, no caso de esgotamento do crédito, a Administración deberá publicar no Diario Oficial de Galicia e tamén na páxina web do Igape a dita circunstancia, o que suporá a non admisión das solicitudes posteriores, sen prexuízo de que a Administración poida optar por incrementar o crédito orzamentario nos seguintes supostos:

a) Unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) A existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

3. As axudas recollidas nesta base incardínanse no réxime de axudas de minimis establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), e para as empresas do sector pesqueiro no artigo 1 do Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño de 2014), e para as empresas do sector agrícola no artigo 1 do Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), modificado polo Regulamento (UE) nº 2019/316 da Comisión, do 21 de febreiro de 2019 (DOUE L 51, do 22 de febreiro de 2019).

4. Estas axudas son susceptibles de ser cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, nun 80 %, obxectivo temático 03, prioridade de investimento 03.04, obxectivo específico 03.04.03, actuación 03.04.03.01; campo de intervención 066 de liña de actuación 15, e están sometidas ás obrigas de información e difusión establecidas na regulamentación da UE, en particular as establecidas no anexo XII, número 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 (DOUE L 347, do 20 de decembro de 2013).

5. Os indicadores do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 correspondentes a estas axudas son os seguintes:

– Indicador de produtividade C001. Número de empresas que reciben axudas.

– Indicador de produtividade C002. Número de empresas que reciben subvencións.

– Indicador de resultado R031. Número de pemes exportadoras.

Artigo 3. Actuacións e gastos subvencionables

1. Serán subvencionables as seguintes actuacións de internacionalización organizadas e executadas por unha entidade colaboradora adherida en que participen un mínimo de dúas empresas aínda que só unha teña dereito a subvención por estas bases:

a) Misións empresariais directas ao estranxeiro (incluíndo encontros empresariais ou visitas a feiras que teñan lugar en calquera país estranxeiro), tanto en formatos presenciais como virtuais.

b) Participación en feiras ou noutros eventos expositivos que se leven a cabo no estranxeiro, así como aqueloutros eventos promocionais do tipo congresos, conferencias ou simposios que aínda que non teñan un compoñente expositivo como tal, permitan indudablemente a promoción da empresa a nivel internacional e teñan lugar no estranxeiro. Tanto en formatos presenciais como virtuais.

Estas actuacións deberán executarse preferentemente nos países que se recollen no anexo IV.

2. Gasto subvencionable: o importe facturado polas entidades colaboradoras para a organización e execución dos eventos subvencionables, polos seguintes conceptos e cos límites seguintes de gasto máximo subvencionable:

Concepto subvencionable

Límite de gasto subvencionable para cada peme e acción en que participe

– Cotas de inscrición nos eventos promocionais non expositivos dos citados no artigo 3.1.b), así como custo das entradas a feiras, congresos ou eventos de recomendado interese e incluídos no programa das actuacións.

Cota ou fe de inscrición ou entradas cun límite de 2.000 € por evento.

– Asistencia externa en destino para a realización de axendas e para organización da acción (só no caso de que o Igape non poida facilitar estes servizos por medios propios).

 

– Gastos de intérpretes para accións individuais e conxuntas, incluída a interpretación virtual.

 

– Alugamento do espazo, cotas de participación para as participacións en modalidade virtual, posto e/ou salas para a realización da acción, gastos de decoración básica, alugamento de mobiliario, gastos de mantemento, inserción no catálogo de expositores e outros gastos de servizos inherentes ao evento expositivo.

 

– Gastos de envío de mostras sen valor comercial e catálogos co seu seguro correspondente tanto para accións presenciais como virtuais.

 

– Gastos de organización da acción, información e asesoramento á peme (dossier de mercado, asesorías telefónicas, reunións previas, seguimento da axenda de entrevistas, elaboración de listados, informes e todas aquelas precisas para a eficiente organización da acción).

Máximo de 800 € sempre que se trate dunha participación en feira ou misión comercial con elaboración de axenda. No caso de misión comercial sen elaboración de axenda o importe máximo será de 400 €. Non aplicará este concepto cando se trate dunha misión comercial virtual en que o servizo de consultoría de axendas sexa realizado polas oficinas no estranxeiro do Igape.

– Viaxe dunha persoa da peme participante (2 persoas no caso de actuacións das citadas no artigo 3.1.b).

Límites anexo V.

Datas da viaxe subvencionable: entre a data da convocatoria e a data límite de presentación da solicitude de cobramento. Só se subvencionarán os gastos correspondentes a avión, tren e/ou autobús.

Só se subvencionarán este tipo de custos cando a persoa que viaxa sexa persoal propio da empresa, ou forme parte do consello de administración desta.

– Aloxamento dunha persoa da peme participante en réxime de aloxamento ou aloxamento e almorzo (2 persoas no caso de actuacións das citadas no artigo 3.1.b).

Só se subvencionarán pernoitas comprendidas entre as datas das actuacións cun máximo de 5 pernoitas (7 pernoitas no caso de actuacións das citadas no artigo 3.1.b) e tendo en conta os límites indicados no anexo V.

No caso de accións en máis dun país, engadiranse un máximo de 3 pernoitas máis subvencionadas por país, cun máximo total de 12 pernoitas.

Só se subvencionarán este tipo de custos cando a persoa que viaxa sexa persoal propio da empresa, ou forme parte do consello de administración desta.

– Traslados grupais.

Só se subvencionarán os traslados que sexan contratados e facturados á cámara como organizadora, inclúense todos aqueles traslados en grupo que se realicen no marco da acción, incluídos os traslados desde e ata o aeroporto, así como traslados desde ou ata lugares onde se celebren reunións ou eventos incluídos no programa conxunto da acción. Quedan excluídos os traslados individuais de calquera tipo.

– Taxa de visado e seguro de viaxe, incluídas as coberturas de cancelación, e custo de realización de probas PCR ou similares sempre que se consideren obrigatorias para a realización da viaxe, dunha persoa da peme participante. No caso das actuacións das citadas no artigo 3.1.b), dúas persoas por peme participante.

 

– Parte proporcional do servizo de acompañamento á acción para apoio técnico en destino.

Límites: 400 euros/día por acción con independencia do número de pemes participantes.

A prestación deste servizo por parte da cámara será obrigatoria en calquera actuación agrupada cunha participación igual ou superior a 4 empresas. A cámara poderá solicitar a excepción desta obriga, que se poderá acordar cando, polas características da actuación, se desprenda que non achega valor engadido á actuación.

Parte proporcional dos gastos de viaxe e aloxamento das persoas da entidade colaboradora designadas para prestar o servizo de acompañamento, incluídos os seguros de viaxe, as probas PCR ou similares e os visados correspondentes.

Só se subvencionarán pernoitas comprendidas entre as datas das actuacións cun máximo de 5 pernoitas (7 pernoitas no caso de actuacións das citadas no artigo 3.1.b) e tendo en conta os límites indicados no anexo V.

Límite máximo de gasto subvencionable por todos os conceptos.

Por cada peme beneficiaria e por cada misión en que participe: 6.000 €.
Por cada peme beneficiaria e por cada evento expositivo en que participe: 25.000 €.

3. Cando o importe dos investimentos ou gastos subvencionables supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 € no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben e importe igual ou superior a 40.000 € no caso de execución de obra no momento de publicar estas bases), o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á súa contratación, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as subministren.

As tres ofertas ou orzamentos de provedores deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Comparabilidade: deberán referirse á mesma tipoloxía de elemento obxecto de investimento, con prestacións similares e conter conceptos análogos e comparables e co detalle suficiente para a súa comparación.

b) Non vinculación: os provedores das tres ofertas non poderán ser vinculados entre si nin coa empresa solicitante. Para estes efectos, considérase que existe vinculación entre empresas se responden á definición de «empresas asociadas» ou de «empresas vinculadas» establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

c) Identificación do ofertante e do destinatario: deberán conter a razón social, o domicilio e o número ou código de identificación fiscal. Excepcionalmente, poderán admitirse ofertas ou orzamentos en que se omita algún dos elementos identificativos do emisor ou do destinatario cando, ao criterio dos servizos técnicos do Igape, se considere que están clara e inequivocamente identificados o ofertante e o destinatario.

d) Data e validez: todas as ofertas deberán mostrar unha data de emisión e un prazo de validez. As ofertas non poderán ter un prazo de validez vencido na data de presentación da solicitude.

Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que semellen de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, erros idénticos ou aparencia non habitual, entre outros).

Con carácter xeral, para cada elemento será subvencionable o importe correspondente á oferta de menor prezo de entre as comparables. Excepcionalmente, cando a solicitante non escolla a oferta de menor prezo, poderá considerase subvencionable o importe da oferta elixida cando acredite que se trata da oferta economicamente máis vantaxosa tras a valoración de diferentes criterios adicionais ao prezo.

4. Admítese a subcontratación das actividades subvencionadas pola entidade colaboradora, sen límite respecto ao importe da actividade subvencionada, exixíndose á entidade colaboradora o cumprimento das obrigas establecidas nos artigos 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e 43 do seu regulamento. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non acheguen valor engadido ao seu contido.

5. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade colaboradora ou a peme beneficiaria ou cos seus órganos directivos ou xestores, agás que concorran as seguintes circunstancias:

a) Que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

b) Que se solicite e conceda a súa autorización previa (a solicitude de autorización e a súa xustificación presentaranse xunto coa solicitude de subvención).

A non vinculación demostrarase a través dunha declaración responsable do solicitante, que se cubrirá no formulario de solicitude.

6. No caso de que a entidade colaboradora solicitante teña a condición de poder adxudicador nos termos previstos no artigo 3.3.d) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, deberán presentar, se é o caso, o correspondente expediente de contratación tramitado para o efecto nos termos previstos nos artigos 316 a 320 da devandita Lei de contratos do sector público. Así mesmo, deberan achegar un certificado do secretario ou responsable de control da legalidade da entidade, en que se acredite que se respectaron os procedementos de contratación pública. Será responsabilidade da entidade beneficiaria o cumprimento da citada normativa e o seu incumprimento poderá dar lugar á perda do dereito ao cobramento total ou parcial e demais responsabilidades previstas na normativa de subvencións públicas.

Conforme o artigo 3.3.d) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, teñen a consideración de poderes adxudicadores todos os entes, organismos ou entidades con personalidade xurídica propia distintas das administracións públicas, fundacións públicas ou mutuas colaboradoras coa Seguridade Social que fosen creados especificamente para satisfacer necesidades de interese xeral que non teñan carácter industrial ou mercantil, sempre que un ou varios suxeitos que deban considerarse poder adxudicador de acordo cos criterios dese número 3 financien maioritariamente a súa actividade, controlen a súa xestión ou nomeen máis da metade dos membros do seu órgano de administración, dirección ou vixilancia.

7. Polo que respecta á asistencia externa para a realización de axendas en destino, as empresas subcontratadas polas entidades colaboradoras para prestar este tipo de servizos deberán estar dadas de alta na base de datos de axentes comerciais mediadores no exterior do Igape. Esta é unha base de expertos en comercio exterior con experiencia contrastada en servizos de apoio á internacionalización e con amplos coñecementos do mercado do país de situación. Este requisito non se exixirá cando o servizo sexa prestado por oficinas comerciais de España no estranxeiro, cámaras de comercio españolas no exterior, ou por cámaras de comercio estranxeiras. En definitiva, unicamente se requirirá no caso de que este servizo sexa prestado por empresas privadas para os efectos de avaliar a súa capacidade e para enriquecer a base de datos de axentes comerciais mediadores de utilidade para todas as empresas galegas nos seus procesos de internacionalización.

8. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados no período de execución establecido na convocatoria destas bases e na resolución de concesión. Tamén serán subvencionables os gastos efectuados con anterioridade á data de presentación da solicitude de axuda correspondentes a reserva das empresas de participacións nas accións e reserva de espazo de postos, salas, hoteis ou viaxes.

9. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado e non se admitirán os pagamentos en efectivo.

10. En consonancia coa norma 2 da Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, queda expresamente excluído do ámbito de aplicación destas bases o imposto sobre o valor engadido (IVE), a non ser que se acredite que non é recuperable.

Artigo 4. Contía da axuda

A contía da axuda será dun 90 % sobre o importe dos gastos subvencionables.

Artigo 5. Financiamento e concorrencia

1. A concesión destas axudas, que terán a modalidade de subvención, outorgarase con cargo aos orzamentos do Igape segundo a distribución establecida na convocatoria da axuda.

2. En todo caso, a concesión de axudas queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

3. Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas para os mesmos fins.

4. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que, de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis, non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada, este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca, as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola, o límite de minimis redúcese a 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios.

5. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que a entidade colaboradora presente documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder a axuda, requirirase do solicitante unha declaración escrita ou en soporte electrónico, sobre calquera axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 6. Entidades colaboradoras

1. Para os efectos destas axudas, poderán ser entidades colaboradoras as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación galegas, que son corporacións de dereito público que se configuran como órganos consultivos e de colaboración coas administracións públicas, especialmente coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.

2. As entidades colaboradoras serán as encargadas de programar, organizar e executar as actuacións e actuar de enlace entre as empresas solicitantes das actuacións sinaladas no punto 3.1 destas bases.

3. Serán, polo tanto, funcións das entidades colaboradoras:

a) Programar, organizar e realizar as accións.

b) Acompañar as pemes participantes na acción en calidade de apoio técnico en destino.

c) Promover a participación das pemes galegas.

d) Realizar ante o Igape os trámites para solicitar a axuda.

e) Comprobar que as empresas que soliciten participar na acción cumpren os requisitos do artigo 8 destas bases para seren beneficiarias da axuda.

f) Convocar a acción.

g) Realizar o proceso de selección das empresas que soliciten participar na acción.

h) Emitir unha acta de selección de empresas e comunicar ao Igape as empresas seleccionadas para cada acción.

i) Notificar ás empresas participantes a axuda concedida emitindo o correspondente documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA).

j) Xustificar a axuda ante o Igape.

3. Para acreditar a solvencia técnica e económica, as entidades colaboradoras deberán dispor dos medios tecnolóxicos precisos que garantan o acceso á aplicación informática habilitada para a xestión de selección de entidades colaboradoras e para a tramitación das solicitudes de axuda, así como a utilización de medios electrónicos nas comunicacións entre as entidades colaboradoras e o Igape.

4. Poderán adquirir a condición de entidade colaboradora aquelas cámaras que reúnan os requisitos establecidos neste artigo e que o soliciten nos prazos que se indican na convocatoria, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria destas bases no Diario Oficial de Galicia.

5. Non poderán obter a condición de entidade colaboradora aquelas cámaras nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

6. De conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades colaboradoras deberán formalizar o convenio de colaboración entre elas e o Igape, en que se regularán as condicións e obrigas asumidas por aquelas, cuxo modelo figura no anexo VII destas bases. O dito convenio posuirá o contido mínimo previsto no artigo 13 da Lei de subvencións.

7. As entidades colaboradoras estarán exentas da constitución de garantía prevista no artigo 13.2.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, logo de autorización polo Consello da Xunta nos termos previstos no artigo 72.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

8. Son obrigas das entidades colaboradoras, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Encontrarse ao día no pagamento das obrigas coa Facenda pública do Estado, da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.

b) Someterse ás actuacións de inspección e control que o Igape poida efectuar respecto á xestión destas axudas e que permitan a xustificación financeira ante a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e ás verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello.

c) Conservar as solicitudes das empresas para participar na acción e os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda outorgada durante un prazo de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación. Informarase o beneficiario da data de comezo dese prazo. Deberán restituír as cantidades percibidas nos casos en que concorra causa de reintegro.

d) Subministrar, por requirimento do Igape, durante un período de tres anos a partir do 31 de decembro de 2022, informe de resultados concretos obtidos gracias ao proxecto financiado, para os efectos de realizar as avaliacións oportunas sobre o resultado das actuacións financiadas.

e) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas con gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder e comunicar ás empresas esta obriga.

f) Remitir copia dixitalizada da dita documentación ao Igape.

g) Difundir a convocatoria destas axudas nas súas páxinas web e dar publicidade do carácter público do financiamento do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Neste sentido, será necesario incluír o logo do Igape e o da Unión Europea en todas as comunicacións e difusións que se leven a cabo no marco da convocatoria, incluíndo tanto as redes sociais como o material utilizado para difundir webinarios e outras accións de difusión, de acordo co establecido no anexo VIII destas bases.

9. As entidades colaboradoras adheridas asumirán os seguintes compromisos:

a) Programar, organizar e realizar as accións nos termos previstos nestas bases, xestionando a súa realización e os custos e pagamentos que lle correspondan no seu desenvolvemento, asumindo a xestión económica e a dirección técnica, e realizando a asignación dos medios humanos e materiais que sexan necesarios para este fin.

b) Prestar ás pemes o servizo de acompañamento na acción en calidade de apoio técnico en destino, incluíndo os custos necesarios para a viaxe, aloxamento e relacionados (taxas, visados, PCR, etc.) da persoa ou persoas das entidades colaboradoras que se despracen para prestar estes servizos. A prestación deste servizo por parte da entidade colaboradora será obrigatoria en calquera actuación cunha participación igual ou superior a 4 empresas. A entidade colaboradora poderá solicitar a excepción desta obriga, que se poderá acordar extraordinariamente cando polas características da actuación se desprenda que non achega valor engadido.

c) Cubrir convenientemente o formulario de solicitude de axuda a través da aplicación informática que se habilite para o efecto.

d) Enviarlle ao Igape a convocatoria das accións subvencionadas polo Igape –co seu orzamento orientativo non limitativo– (segundo o modelo do anexo VI) para a súa revisión co fin de garantir o establecido nestas bases e a adecuación dos criterios de selección das empresas interesadas aos obxectivos destas bases e aos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, libre concorrencia, igualdade e non discriminación, así como para a súa difusión.

e) Realizar o proceso de selección das empresas que soliciten participar nas accións obxecto de apoio, conforme os procedementos que garantan os principios de publicidade, transparencia, obxectividade, libre concorrencia e igualdade e non discriminación, de acordo co artigo 5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e comprobar que as empresas seleccionadas cumpren os requisitos establecidos no artigo 8 destas bases para seren beneficiarias das axudas.

f) Comunicar ao Igape o peche da convocatoria e a relación de empresas seleccionadas para cada acción, así como a solicitude de anticipo de subvención das participantes que cumpran os requisitos para a súa obtención.

g) Enviar ao Igape a información/documentación que se vaia facilitar ás empresas participantes na acción. Entre outros, o informe país/sectorial onde consten as oportunidades de negocio para as empresas galegas e as relacións bilaterais do país con Galicia.

h) Notificar ás empresas participantes a axuda concedida emitindo o correspondente documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA). Esta comunicación farase ás empresas no prazo de dez días desde o remate do proceso de selección das empresas participantes na acción e conforme a resolución correspondente á actuación en que participa a empresa, de producirse modificacións a esta resolución a entidade colaboradora deberá confeccionar e enviar un novo DECA á empresa, que conteña os datos das citadas resolucións de modificación no prazo dun mes desde a notificación da dita modificación.

i) Xustificar a axuda ante o Igape atendendo o procedemento descrito nestas bases e no clausulado do convenio entre o Igape e a entidade colaboradora para a xestión destas axudas.

j) As cámaras deberán ingresar ás pemes os importes íntegros –sen compensación doutros gastos non elixibles– correspondentes ás subvencións e/ou os anticipos recibidos do Igape, nun prazo máximo de 10 días tras recibir a transferencia de Igape. Unha vez feitas as transferencias das subvencións ás pemes, as cámaras deberán remitir ao Igape un escrito informando disto con copia simple das transferencias efectuadas.

k) Enviarlle ao Igape as axendas das empresas participantes. As actuacións do tipo 3.1.a) sempre deberán ofertar o servizo de axendas de forma obrigatoria –no caso de empresas que rexeiten elaboración de axenda deberá recadarse –coa solicitude de axuda e enviar a Igape– motivación razoada da empresa e información dos obxectivos da acción e tipo de reunións que se manterán–.

l) Poñer todos os medios para recadar das empresas a documentación necesaria para a debida xustificación dos gastos elixibles.

m) Facilitar canta información e documentación precise para verificar a correcta aplicación das subvencións.

n) Informar ao Igape do resto de actividades e programas de apoio á internacionalización empresarial que leven a cabo.

o) Facer difusión no seu ámbito de actuación das actividades e programas de apoio á internacionalización empresarial que lle sexan comunicados por parte do Igape.

p) Reintegrar, nos casos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a totalidade ou parte das cantidades percibidas máis os correspondentes xuros de mora. Esta obriga será independente das sancións que, se é o caso, resulten exixibles.

Artigo 7. Adhesión de entidades colaboradoras

1. Forma e lugar de presentación da solicitude de adhesión e documentación complementaria (procedemento IG422A).

As entidades colaboradoras interesadas deberán acceder obrigatoriamente á aplicación informática accesible desde a oficina virtual do Igape (https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual), ou desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, para cubrir a solicitude de adhesión (anexo I) e o convenio de colaboración (anexo VII).

Nesta aplicación deberá enumerar un conxunto de persoas da súa organización que serán as autorizadas por parte da entidade colaboradora para tramitar telematicamente e asinar electronicamente as solicitudes de axuda das subvencións. Para poder realizar estas tarefas, as persoas citadas deberán estar provistas de certificado X509v3 dunha das entidades certificadoras das admitidas pola Consellería de Facenda e Administración Pública (consúltese en https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual).

O usuario e contrasinal utilizado para o acceso á oficina virtual do Igape será, unha vez asinado o convenio, os válidos para consultar o estado da solicitude de adhesión, para cubrir as solicitudes de axuda e para ver o seu estado.

2. Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse unicamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizada (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirido para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

3. O formulario de solicitude de adhesión deberá vir acompañado da seguinte documentación:

a) Escritura de constitución e estatutos e documento acreditativo do poder suficiente do representante legal da entidade, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.

b) Certificado de situación censual emitido pola AEAT, no caso de estar exento do imposto de actividades económicas (IAE).

c) Convenio de colaboración (anexo VII) asinado dixitalmente pola entidade colaboradora.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) NIF da entidade representante.

d) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE). 

e) Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa AEAT.

f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública.

h) Documentación depositada no Rexistro Mercantil segundo o artigo 7.3 destas bases.

i) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

j) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e presentar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet (https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual).

6. Prazo de presentación das solicitudes de adhesión.

O prazo para a presentación das solicitudes de adhesión será o establecido na convocatoria.

7. Emenda.

De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne os requisitos exixidos, requirirase a entidade colaboradora para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos exixidos, con indicación de que, de non facelo así, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución.

Igual requirimento se efectuará por parte do Igape no suposto de resultado negativo da consulta cos organismos seguintes: Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Consellería de Facenda e Administración Pública, así como na verificación do NIF e o IAE.

Os requirimentos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Enviaráselle ao interesado ao enderezo de correo electrónico que facilitase na adhesión un aviso que informará da posta á disposición do requirimento.

Pode acceder ao citado requirimento no taboleiro dispoñible na aplicación co seu usuario e contrasinal.

8. Instrución do procedemento e audiencia.

Logo de revisar as solicitudes e as emendas feitas, e inmediatamente antes da resolución, porase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de 10 días hábiles, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Poderase prescindir do trámite a que se refire o parágrafo anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

9. Competencia.

É competente para a instrución do procedemento de selección de entidades colaboradoras a Área de Internacionalización do Igape e, para a súa resolución, a persoa titular da Dirección Xeral do Igape.

10. Resolución.

O prazo máximo para resolver sobre as adhesións é de 10 días hábiles, contados desde a presentación da solicitude. Transcorrido o dito prazo, os solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo. A resolución ditarase individualmente para cada unha das solicitudes e notificarase seguindo estritamente a súa orde de presentación, salvo que se deba emendar, momento en que se terá en conta a data de presentación da emenda.

Tendo en conta os prazos anteriores, aquelas solicitudes de adhesión que na data de fin de prazo de presentación de solicitudes de axuda das empresas non estivesen adheridas serán arquivadas ao non ser materialmente posible executar o obxecto principal da colaboración por ter rematado o período deste.

Sen prexuízo do anterior, aqueles expedientes que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán adheridos.

O convenio de colaboración asinado polo Igape remitiráselle á entidade colaboradora unha vez resolta a solicitude de adhesión.

11. Notificación das resolucións.

As notificacións das resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Os solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape no enlace tramitación electrónica para recibir as notificacións, establecendo a seguinte mensaxe: «entidade colaboradora adherida». A partir dese momento, a entidade colaboradora poderá operar na aplicación para solicitar as axudas. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor e a sinatura electrónica dun aviso de recepción das notificacións (xustificante de recepción telemático).

As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, o Igape practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Na páxina web do Igape (http://www.igape.gal) poderá consultarse a listaxe de entidades colaboradoras adheridas ao programa.

Artigo 8. Beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que cumpran a definición de pemes (microempresas, pequenas e medianas empresas) segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos. O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas para as que se propón a concesión da axuda teñen a condición de peme.

b) Que teñan domicilio social e algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do remate do prazo de fin de execución da actuación, a través do procedemento do Igape IG192.

d) Os beneficiarios deberán contar con presenza nos medios dixitais internacionais e, como mínimo, cunha páxina web con versión en inglés.

e) Os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiario da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

f) Que cumpran a normativa de axudas de minimis segundo o previsto no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), para as empresas do sector pesqueiro no Regulamento (CE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño de 2014), e para as empresas do sector agrícola no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013).

g) Que estean ao día de pagamentos debidos ás cámaras.

h) As empresas participantes nunha mesma acción non deberán ter vinculación entre si de ningún tipo para poder optar á subvención, no caso de que participen nunha acción dúas empresas vinculadas só unha delas poderá optar á subvención. Enténdese por vinculación calquera participación dunha empresa tanto directa como indirecta na xestión, control ou capital social doutra. A vinculación faise extensiva á relación de membros de órgano de goberno, directivos ou xestores.

2. Mediante a presentación da solicitude de participación na acción, os beneficiarios aceptan a tramitación a través da entidade colaboradora, que será, así mesmo, a encargada de informar puntualmente o interesado sobre o estado da súa petición, os dereitos e obrigas desta, e das notificacións recibidas de acordo co establecido no artigo 16.2. O Igape porá á disposición deste programa unha aplicación no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual para os efectos de cubrir o cuestionario de solicitude de participación electronicamente.

Artigo 9. Obrigas

Son obrigas dos beneficiarios, sen prexuízo do disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as seguintes:

a) As descritas no artigo 6.8, letras a), b), c) e e), obrigas comúns ás entidades colaboradoras.

b) Proporcionarlle á entidade colaboradora todos os documentos necesarios para poder tramitar as axudas establecidas nestas bases, así como acreditar os requisitos ou condicións que determinen a concesión da axuda, no prazo sinalado na resolución de convocatoria.

c) Realizar o pagamento das facturas emitidas pola entidade colaboradora antes da data en que deban ser presentadas ante o Igape. Este pagamento debe estar debidamente documentado mediante xustificante bancario, tal e como establece o artigo 20 destas bases. A axuda aboarase a través da cámara unha vez finalizada a acción e cumpridas todas as obrigas.

d) Participar nas actuacións que fundamenten a concesión da subvención, así como colaborar e achegar a documentación á entidade colaboradora.

e) Comunicarlle á entidade colaboradora a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

f) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, durante un prazo de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación. Informarase o beneficiario da data de comezo dese prazo.

h) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se concede a axuda.

i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 10. Forma e lugar de presentación das solicitudes e documentación complementaria (procedemento IG422B)

1. Dentro do prazo establecido na convocatoria, para presentar a solicitude de axuda, as entidades colaboradoras deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do proxecto para o cal solicita a subvención e o orzamento de gastos a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Deberase xuntar como documento a este formulario electrónico a convocatoria para a selección das pemes segundo o modelo do anexo VI.

Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

No devandito formulario electrónico a entidade colaboradora realizará as seguintes declaracións:

a. Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

b. Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, cando proceda.

c. Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se solicita a axuda.

d. Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

e. Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación.

As solicitudes de axuda presentaranse mediante formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na citada aplicación informática e que se xunta como anexo II a estas bases a título informativo. No formulario será obrigatorio a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas e concederánselles aos solicitantes un prazo de 10 días para a súa emenda, transcorrido o cal se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivo.

2. Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo II), que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

3. Os solicitantes por esta vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación:

http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan a un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

d) Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

e) No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación electrónica, un recibo no cal quedará constancia do feito da presentación.

Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.

4. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Artigo 11. Instrución do procedemento de concesión das axudas

1. Emenda.

De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude ou o formulario non reúne algunha da documentación ou informacións exixidas, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución.

Os requirimentos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Enviaráselle ao interesado, ao enderezo de correo electrónico que facilitase na adhesión, un aviso que informará da posta á disposición do requirimento.

A documentación requirida deberase presentar, así mesmo, por medios electrónicos a través da mesma aplicación informática.

2. Concesión.

A concesión das subvencións efectuarase respectando a rigorosa orde da data da solicitude efectuada na aplicación informática, e ata o esgotamento do crédito dispoñible, sempre que cumpran os requisitos establecidos nestas bases.

As reservas que están na listaxe de espera serán atendidas co crédito que quedase libre se se produce algunha cancelación ou modificación das actuacións reservadas. Para este efecto, se un solicitante renuncia ao crédito reservado para a súa solicitude, a entidade colaboradora deberá enviar un escrito asinado por esta e polo solicitante en que comunique este feito, para o efecto da cancelación desa reserva e liberar os créditos correspondentes.

Non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Existencia de crédito.

A concesión destas axudas estará, en todo caso, condicionada á existencia de crédito orzamentario e, no caso de esgotamento do crédito, a Administración deberá publicar no DOG e tamén na páxina web do Igape a dita circunstancia, o que suporá a non admisión das solicitudes posteriores, sen prexuízo de que a Administración poida optar por incrementar o crédito orzamentario nos seguintes supostos:

a) Xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa.

Artigo 12. Órganos competentes

O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención será a Área de Internacionalización do Igape.

A persoa titular da Dirección da Área de Internacionalización é o órgano competente para resolver os arquivos, as desistencias e as renuncias de dereitos nos expedientes tramitados na súa área, nos casos previstos na lexislación vixente, por delegación do Consello de Dirección.

A competencia para ditar a resolución, que poña fin ao procedemento na vía administrativa, correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

Artigo 13. Audiencia

Instruído o procedemento e inmediatamente antes da resolución, porase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días hábiles, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Porén, poderase prescindir do trámite a que se refire o parágrafo anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 14. Prazo máximo de resolución

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o establecido na resolución da convocatoria transcorrido o cal poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Artigo 15. Resolución e notificación das resolucións

1. Unha vez comprobada a documentación, a Dirección da Área de Internacionalización do Igape elevará a proposta de resolución á Dirección Xeral do Instituto, que resolverá a concesión ou denegación de cada axuda, por delegación do Consello de Dirección do Igape. O procedemento e contido da resolución axustarase ao disposto no artigo 34 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

2. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación da entidade colaboradora, contía da subvención e obrigas que corresponden á entidade colaboradora, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o calendario de execución, con indicación do método que se aplica para determinar os custos da operación, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operación que debe conter o documento polo que se establecen as condicións de axuda (DECA), no caso de axudas ás pemes.

Tamén incluirá a comunicación de que a aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión dos beneficiarios na lista de operacións, que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios del Ministerio de Facenda, http://www.dgfc.sepg.minhafp.gob.es/sitios/dgfc/es-ES/loFEDER1420/porFEDER/Paginas/inicio.aspx, co contido previsto no número 1 do anexo XII e no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

3. As notificacións das resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Os solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape na ligazón tramitación electrónica para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor, e a sinatura electrónica dun aviso de recepción das notificacións (xustificante de recepción telemático).

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, o Igape practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. As notificacións realizaranse ás entidades colaboradoras e estas terán a obriga de notificarlles aos beneficiarios das axudas, emitindo o correspondente documento polo se establecen as condicións da axuda (DECA). Esta comunicación farase ás empresas no prazo de dez días desde o remate do proceso de selección das empresas participantes na acción e conforme a resolución de concesión correspondente a ela, de producirse modificacións a esta resolución a cámara deberá confeccionar e enviar un novo DECA á empresa que conteña os datos das citadas resolucións de modificación.

Artigo 16. Réxime de recursos

A resolución dos expedientes instruídos ao abeiro do disposto nestas bases esgotará a vía administrativa. O interesado, de conformidade co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, poderá interpoñer contra ela recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á recepción da notificación da resolución se for expresa, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Potestativamente e con anterioridade á interposición do recurso contencioso-administrativo, poderase interpoñer no prazo dun mes desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución recurso de reposición, que resolverá o mesmo órgano que ditou o acto administrativo impugnado se for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

Artigo 17. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou por calquera dos seus organismos, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Poderase acordar a modificación da resolución de concesión, por instancia da entidade colaboradora, sempre que este presente a solicitude de modificación con anterioridade á data de finalización do prazo de xustificación do investimento obxecto da subvención, e se cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das bases reguladoras.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da subvención.

d) Para a modificación da resolución non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, teñan lugar con posterioridade a ela.

3. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado, por delegación do Consello de Dirección do Igape, pola Dirección Xeral do Igape, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se lle dará audiencia ao interesado.

Artigo 18. Renuncia

A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 19. Xustificación da actuación

1. O prazo para solicitar o cobramento será o indicado na resolución de convocatoria destas axudas.

2. Para presentar a solicitude de cobramento, a entidade colaboradora deberá cubrir previamente o formulario de liquidación a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Neste formulario deberá identificar as pemes beneficiarias da axuda, clasificalas segundo sexan microempresas, pequenas ou medianas empresas e declarar ante o Igape que as devanditas empresas cumpren os requisitos para obter a condición de beneficiarias segundo o artigo 8 destas bases reguladoras e que foron seleccionadas segundo o modelo de convocatoria remitido ao Igape.

Tamén deberá detallar a acción realizada, as actuacións levadas a cabo polos participantes e os resultados percibidos, así como achegar un arquivo Excel co detalle de facturas e pagamentos no cal se cubran, ademais, os seguintes datos relativos á contabilidade en que se reflictan os custos subvencionados para acreditar a obriga establecida de contabilidade separada: número de asento, data do asento e número de conta contable, xunto cunha declaración responsable da entidade colaboradora de que estes datos reflicten a realidade contable da operación subvencionada.

Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL), que identificará univocamente a solicitude de cobramento. O dito formulario conterá os requisitos establecidos no artigo 48 do Decreto 11/2009 para a presentación da conta xustificativa.

3. A solicitude de cobramento presentarase mediante o modelo normalizado que a título informativo figura como anexo III a estas bases, na cal será obrigatorio a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de cobramento que carezan do IDEL ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar á perda do dereito ao cobramento da axuda, logo de requirimento formulado para tal fin.

4. Unha vez xerada a solicitude de cobramento, deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do modelo de solicitude de cobramento normalizada co IDEL (anexo III), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

5. No caso de que a solicitude de cobramento non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase a entidade colaboradora para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo improrrogable de 10 días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e, de ser o caso, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá o interesado das sancións que, conforme a lei, correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. A documentación xustificativa da actuación subvencionable que a entidade colaboradora ten que remitir ao Igape é a seguinte:

a) Acta de pemes seleccionadas participantes na acción subvencionada e a ficha de inscrición correspondente a cada unha delas.

b) Facturas das entidades colaboradoras ás pemes, que deben reflectir os seguintes datos:

1. Data de emisión.

2. NIF da empresa beneficiaria.

3. Base impoñible, IVE, total da base impoñible máis IVE.

4. Enumeración dos servizos prestados, especialmente aqueles prestados pola propia entidade colaboradora, como os de organización da actuación e acompañamento á acción para apoio técnico en destino, persoa que viaxa, datas, cidade/s de orixe e destino ...

A factura debe estar asinada pola entidade colaboradora. Non se admitirán as facturas que non cumpran co indicado ou que se manipulen manualmente.

c) Documentación acreditativa do pagamento realizado pola peme beneficiaria, por algún dos seguintes medios:

1º. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario; ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

2º Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados coma subvencionables no expediente.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase xuntar unha relación delas asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto subvencionado, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas no proxecto e, ademais, algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos do organismo beneficiario selada polo banco ou recibo asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ao proxecto.

d) A copia en formato dixital -que permita a súa lectura-, de material onde se aprecien os contidos das actuacións realizadas (evidencias das actuacións de difusión, fotografías dos eventos, acreditación da aceptación ao evento etc.).

e) Facturas dos provedores ás entidades colaboradoras que deben reflectir os seguintes datos e estar emitidas entre a data de solicitude de axuda e o prazo máximo de xustificación establecido na resolución de concesión.

1º. Data de emisión.

2º. NIF da empresa beneficiaria.

3º. Base impoñible, IVE, total da base impoñible máis IVE.

4º. Detalle dos servizos prestados.

Ademais, para a xustificación dos gastos de viaxe deberán achegar os xustificantes de viaxe das empresas participantes (tarxetas de embarque).

Para a xustificación dos gastos de asistencia externa en destino deberán achegar as axendas de traballo en destino das empresas participantes.

Para a xustificación dos gastos de entradas a feiras, congresos ou eventos de recomendado interese deberán achegar unha memoria que inclúa expresamente a motivación do interese da asistencia para a empresa, así como un informe do resultado obtido coa súa visita ou participación nestes eventos.

f) Documentación acreditativa do pagamento a provedores terceiros realizado pola entidade colaboradora, por algún dos seguintes medios:

1º. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario; ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

2º. Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase xuntar unha relación delas, asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto subvencionado, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas no proxecto e, ademais, algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos do organismo beneficiario selada polo banco ou recibo asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ao proxecto.

g) As tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, debe presentar a entidade colaboradora, de acordo co establecido no artigo 3.3 das bases reguladoras.

h) Informe de resultados da entidade colaboradora que inclúa información concreta dos resultados e beneficios obtidos coa acción subvencionada.

7. En todos os casos, os beneficiarios e as entidades colaboradoras deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

8. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que, se é o caso, poderá supor a modificación ou deixar sen efecto a concesión e o reintegro, se é o caso, das cantidades previamente aboadas.

Artigo 20. Pagamento ás entidades colaboradoras

1. Recibida a documentación xustificativa da subvención, o Igape, antes de proceder ao seu pagamento, poderá realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento das actuacións subvencionadas.

2. As empresas participantes nas accións que cumpran as características mencionadas no punto cuarto do resolvo poderán obter un anticipo de ata o 50 % do importe da subvención concedida, co límite da anualidade prevista no exercicio orzamentario, dentro do prazo indicado na resolución de convocatoria. A entidade colaboradora tramitará esta solicitude ante o Igape marcando esta opción na solicitude de cobramento, e presentando a acta de selección de empresas coa identificación das empresas que cumpran as características mencionadas no punto cuarto do resolvo no prazo de 10 días desde o peche da convocatoria de cada actuación.

3. Deberá xuntar a esta acta: escritura de constitución e certificación emitida por organismo homologador que acredite o cumprimento das características que, segundo o resolvo cuarto, permiten a solicitude de anticipo para estas empresas.

4. A solicitude de anticipo será obxecto de resolución motivada polo órgano concedente da subvención. Neste suposto exímense os beneficiarios da obriga de constituír garantías, logo da súa autorización polo Consello da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 67.4 do Decreto 11/2009.

5. O Igape aboará os anticipos, así como as subvencións, á entidade colaboradora para que esta ingrese ás pemes os importes íntegros –sen compensación doutros gastos non elixibles– correspondentes ás subvencións recibidas do Igape, nun prazo máximo de 10 días tras recibir a transferencia do Igape. Unha vez feitas as transferencias ás pemes, as entidades colaboradoras deberán remitir ao Igape copia simple das transferencias efectuadas.

6. As entidades colaboradoras deberán informar as pemes beneficiarias da axuda recibida polo Igape en réxime de minimis.

Artigo 21. Incumprimento, reintegro e sancións

1. Serán causas de revogación e reintegro da subvención as establecidas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O procedemento para declarar o reintegro de cantidades axustarase ao disposto nos capítulos I e II do título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título V do regulamento, e é competente para a súa resolución o director xeral do Igape. Contra a súa resolución caberá recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela nos dous meses seguintes á súa notificación e, potestativamente, recurso de reposición ante o director xeral do Igape no mes seguinte á súa notificación.

2. As cantidades que se reintegren terán a consideración de ingresos de dereito público e resultará aplicable para o seu cobramento o previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

3. Sen prexuízo do establecido nos puntos anteriores, os beneficiarios e entidades colaboradoras sométense ao réxime de infraccións e sancións establecido no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título VI do seu regulamento.

4. Se no procedemento de reintegro queda acreditada a infracción grave destas bases pola entidade colaboradora, o Igape poderá resolver a revogación da súa colaboración e o reintegro das cantidades aboadas polo Igape por conta dos beneficiarios. A exixencia de reintegro aos beneficiarios procederá nos supostos en que concorra algunha das causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. O Igape reserva para si o dereito de realizar cantas comprobacións, inspeccións e demais medidas de control se consideren oportunas para velar pola correcta aplicación dos recursos públicos, e as entidades colaboradoras e os beneficiarios someteranse ás actuacións de control que realice o Igape para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Se no curso destas verificacións se detecta que os beneficiarios da subvención ou as entidades colaboradoras adheridas incumpriron algunha das condicións establecidas, resolverase a adhesión, o que implicará a perda dos beneficios e, de ser o caso, a obriga de reintegrar as cantidades obtidas indebidamente cos xuros legais que correspondan, sen prexuízo das accións legais e sancións que correspondan.

6. Procederá a perda total do dereito ao cobramento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Cando non se xustifique ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actuación e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Cando non se faciliten os datos requiridos sobre a actividade exportadora ou non permitan someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así coma calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e ás verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello.

d) Cando non dispoñan dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable en cada caso.

e) Cando non acrediten que están ao día das súas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

f) Non comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención.

g) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

7. Perda parcial do dereito ao cobramento da axuda concedida: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial, debendo resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, de ser o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

a) No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de practicar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados subvencionables e, de ser o caso, deberán reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 50 % da base subvencionable do proxecto por empresa participante, entenderase que o dito incumprimento é total e deberanse reintegrar, de ser o caso, todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

b) Non dar publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 6.8.g) destas bases, suporá o reintegro dun 2 % da subvención concedida.

c) Non comunicar outras axudas ou subvencións obtidas para o mesmo fin será sancionado co reintegro dun 5 % do importe da subvención, independentemente dos resultados da concorrencia de axudas.

8. Efectuado o pagamento das subvencións polo Igape, o incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

Artigo 22. Fiscalización e control

Os beneficiarios e as entidades colaboradoras destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice o Instituto Galego de Promoción Económica para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e ás verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx

Artigo 23. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 24. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto en:

a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

b) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.

c) Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013).

d) Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello (DOUE L 347, do 20 de decembro de 2013).

e) Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006.

f) Normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos.

g) Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

h) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV

Países prioritarios

Países prioritarios das actuacións 2023

Europa:

Alemaña, Estonia, Letonia , Lituania, Francia, Italia, Noruega, Polonia, Reino Unido.

Asia:

China, Corea do Sur, Emiratos Árabes Unidos, India, Irán, Israel, Xapón, Qatar.

América:

Canada, Brasil, Chile, Colombia, Estados Unidos de América, México, Perú, Uruguai.

África:

Angola, Zambia, Mozambique, Marrocos, Sudáfrica.

ANEXO V

Gastos de viaxes elixibles

Para determinar os reembolsos séguense as seguintes pautas:

1. Gastos de viaxes subvencionables:

Gastos máximos de viaxe subvencionables por tramos de distancia entre país de orixe e o país ou países de destino:

Distancias cidade de orixe e destino

Importe ida

Importe volta

Entre 100 e 499 km

90,00 €

90,00 €

Entre 500 e 1.999 km

237,50 €

237,50 €

Entre 2.000 e 2.999 km

280,00 €

280,00 €

Entre 3.000 e 3.999 km

465,00 €

465,00 €

Entre 4.000 e 7.999 km

510,00 €

510,00 €

8.000 km ou máis

650,00 €

650,00 €

Fonte límite: distancia desde a cidade de orixe á cidade de destino de realización do evento calculada en quilómetros segundo o calculador establecido pola Comisión Europea para o aboamento dos desprazamentos en proxectos europeos (http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/tools/distance_en.htm)

Aínda que a viaxe se pode iniciar e/ou finalizar desde calquera cidade do mundo, a distancia máxima que se subvencionará será a distancia entre unha cidade galega e a cidade de realización do evento. No caso de viaxes a máis dun pais e/ou máis dunha cidade sumaranse os importes dos traxectos correspondentes.

Documentación que hai que entregar para xustificar a viaxe (cidade de orixe, cidade de destino): tarxetas de embarque de ida e volta, facturas, billetes, tíckets, etc. (de xeito que queden demostrados a orixe, o destino e as datas).

2. Gastos de aloxamento e almorzo subvencionables:

Fonte: per diem Comisión Europea. Detalle país en:

https://international-partnerships.ec.europa.eu/document/download/16b30948-4166-4846-98bb-aa055be5fd75_en?filename=Per %20diem %20rates %20– %2025 %20July %202022.pdf

Nos per diem establécense límites máximos de aloxamento en réxime de aloxamento e almorzo:

100 % do importe total indicado per diem.

ANEXO VI

Modelo de convocatoria

missing image file

MISIÓNS COMERCIAIS DAS PEMES 2023

CONVOCATORIA

RESOLUCIÓN ________________ pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan de misións comerciais das pemes 2023 susceptibles de ser cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG ….)

A Cámara de Comercio de .... e o Igape convocan......

NOME DA ACCIÓN

DATA

 ORGANIZA: Cámara de Comercio de ...... e Igape

 COFINANCIA: Feder/Igape

 SECTOR:

 DATAS:

 DATA LÍMITE DE INSCRIPCIÓN:

SELECCIÓN DAS EMPRESAS

A selección das pemes efectuarase respectando a rigorosa orde da data da solicitude efectuada e ata o esgotamento das prazas dispoñibles, sempre que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

CUSTO

Especifíquese o custo de participación por empresa e os gastos que abrangue, incluídos gastos adicionais de organización/xestión de subvención non subvencionados.

CONTÍA DA AXUDA

Artigo 4 das bases de axuda Misións comerciais das pemes 2023.

PLAN DE VIAXE PREVISTO

FORMALIZACIÓN DE INSCRICIÓNS

Data límite de inscrición:

Para formalizar a inscrición na acción debe enviar á Cámara de ……….a seguinte documentación:

• Solicitude de participación (formulario IG249, que se cubrirá na oficina virtual do Igape).

• Xustificante de pagamento á c/c núm. c/c ……………….. a nome da Cámara de Comercio de ……….

• ….

REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS

Artigo 8 das bases de axuda Misións comerciais das pemes 2023.

OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS

Artigo 9 das bases de axuda Misións comerciais das pemes 2023.

GASTOS SUBVENCIONABLES

Artigo 3 das bases de axuda Misións comerciais das pemes 2023.

PRAZO, FORMA DE XUSTIFICACIÓN E RÉXIME XURÍDICO

Para a tramitación da subvención a empresa participante deberá enviar á cámara de comercio toda a información que esta necesite para poder xustificar a correcta realización da acción conforme os parámetros desta convocatoria cando a cámara o solicite.

O Igape aboará as subvencións á entidade colaboradora para que esta ingrese ás pemes os importes íntegros -sen compensación doutros gastos non elixibles– correspondentes ás subvencións recibidas do Igape, nun prazo máximo de 10 días tras recibir a transferencia de Igape. Unha vez feitas as transferencias das subvencións ás pemes, as entidades colaboradoras deberán remitir ao Igape copia simple das transferencias efectuadas.

Será de aplicación a regulación sobre o réxime de xustificación, pagamento, reintegro e réxime sancionador de subvencións contida na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

PENALIZACIÓN POR BAIXA VOLUNTARIA DA EMPRESA

En caso de BAIXA VOLUNTARIA DA EMPRESA, establécense as seguintes penalizacións:

A. Se a baixa se produce con 40 días ou máis de antelación á realización da acción, a penalización consistirá no aboamento dos gastos incorridos, ata o momento, por parte da empresa.

B. Se se produce con 39 a 30 días de antelación á realización da acción, a empresa pagará o 50 % da achega establecida para participar na acción.

C. Se se produce entre o comezo da misión e os 29 días anteriores á realización da acción, aboarase o 100 % da achega.

Se os gastos reais ocasionados superan as ditas porcentaxes, repercutiránselles a maiores.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

Cámara de Comercio de ………

Enderezo

Teléfono: .……. / Fax: …… / Correo electrónico: ……..

ANEXO VII

Convenio entre o Igape e a entidade colaboradora ______________________ ___________________ para a xestión de axudas relativas ao Plan de misións comerciais das pemes 2023

Dunha parte, Fernando Guldrís Iglesias, director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), con CIF Q 6550010J, domiciliado no Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15707 Santiago de Compostela. Está facultado para este acto en virtude da delegación de facultades do ____________________________ presidente do Igape, feita pública mediante Resolución do ______________________________________________

Doutra parte, _________________________________, con NIF________, actuando en nome e representación da entidade ________________________________________,con NIF _______________, debidamente facultado para subscribir este convenio,

EXPOÑEN:

I. Que o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) acordou realizar unha selección de entidades colaboradoras para o Plan de misións comerciais das pemes 2023. Estas entidades colaboradoras actuarán de ligazón entre o Igape e as empresas beneficiarias das axudas deste plan.

II. Que ambas as partes consideran que, por razóns de eficacia na xestión e co fin de conseguir unha mellor prestación de servizos aos beneficiarios das axudas, e de conformidade cos artigos 9 e 13 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, acordan subscribir o presente convenio de colaboración, de conformidade coas seguintes

CLÁUSULAS:

Primeira. Obxecto da colaboración

O presente convenio ten por obxecto definir os termos de colaboración entre a entidade ____________________________ e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), de acordo coa Resolución do_______ pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan de misións comerciais das pemes 2023 susceptibles de ser cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (DOG núm. ___, do __ de ________ de ____) (en diante, as bases reguladoras do Plan de misións comerciais das pemes 2023).

Segunda. Condicións das actuacións, axuda do Igape e procedemento de tramitación

As condicións das actuacións e gastos subvencionables, os requisitos dos beneficiarios e das entidades colaboradoras, a axuda do Igape e o procedemento de tramitación das solicitudes, a dotación orzamentaria, a xustificación e o aboamento da subvención, modificacións, incumprimentos e reintegros, establécense nas mencionadas bases reguladoras da axuda.

Terceira. Entidade colaboradora

A entidade _______________________ é unha entidade colaboradora que cumpre co establecido nos artigos 6 e 7 das bases reguladoras do Plan de misións comerciais das pemes 2023.

Cuarta. Obrigas da entidade colaboradora

A entidade colaboradora comprométese a:

a) Coñecer o contido das bases reguladoras da axuda e deste convenio e cumprir cos requisitos establecidos neles.

b) Ter o domicilio social ou un centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Consente expresamente a utilización de medios electrónicos na comunicación entre as entidades colaboradoras e o Igape segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

d) Non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de entidade colaboradora recollidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Comunicar ao Igape calquera variación que se poida producir nos datos recollidos nos documentos presentados.

f) Consentir ao órgano xestor para que solicite a información necesaria en relación co seu NIF e IAE da entidade colaboradora, ou ben anexa copia do seu NIF e IAE a este convenio.

g) Consentir ao órgano xestor para que solicite a información necesaria para coñecer se o solicitante da adhesión está ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría da Seguridade Social e coa Facenda da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, ou ben anexar copia da certificación xustificativa de estar ao día nas súas obrigas cos organismos sinalados anteriormente.

h) A entidade colaboradora será a encargada de programar, organizar e executar as actuacións e actuar de enlace entre as empresas solicitantes das actuacións -asumindo a xestión económica e a dirección técnica-.

i) Cumprir todas as obrigas recollidas no artigo 6 das bases reguladoras, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Quinta. Obrigas do Igape

O Igape obrígase a aboar por cada actuación aprobada e debidamente xustificada ao abeiro deste convenio e das bases reguladoras da axuda, a prol da empresa beneficiaria, a través da entidade colaboradora adherida, o importe da axuda que corresponda segundo as bases reguladoras do Plan de misións comerciais das pemes 2023.

Sexta. Control

Tanto as entidades colaboradoras como as empresas beneficiarias quedan obrigadas a someterse ás actuacións de control que efectúen o Igape ou os órganos internos ou externos de control da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e ás verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello, para verificar o cumprimento dos requisitos e finalidades das operacións acollidas a este convenio e sométense ao réxime de infraccións e sancións establecido no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Sétima. Publicidade dos datos

De conformidade co previsto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no Decreto 126/2006, do 20 de xullo, polo que se regula o Rexistro de Convenios da Xunta de Galicia, o Igape e a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación incluirán as axudas concedidas ao abeiro das bases reguladoras e as sancións que como consecuencia delas puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos persoais dos beneficiarios e a súa remisión ás entidades colaboradoras para os efectos da aprobación da operación e a referida publicidade.

Oitava. Procedementos internos para a tramitación de operacións

As partes adheridas ao convenio comprométense a seguir as normas de procedemento interno que se establezan, se é o caso, necesarias para asegurar a maior axilidade na tramitación dos expedientes, dentro do respecto á legalidade e á súa normativa propia.

En particular, o Igape reserva para si a potestade de introducir modificacións no funcionamento e na recollida de datos da oficina virtual, co obxecto de mellorar a efectividade das interaccións entre entidades ou as actuacións de control que son propias do seu papel no convenio.

Novena. Denuncia do convenio

Será causa suficiente para a resolución do presente convenio o incumprimento por unha das partes de calquera das súas cláusulas, logo de denuncia da outra cun mínimo de 30 días de aviso previo. A resolución suporá en todo caso deixar atendidas fronte aos beneficiarios as obrigas xa legalmente contraídas polas dúas partes.

Décima. Natureza

Este convenio ten natureza administrativa e considérase incluído no artigo 6 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, polo que queda fóra do ámbito da súa aplicación, sen prexuízo da aplicación dos principios e criterios desta lei para resolver as dúbidas e lagoas que puidesen presentarse. Rexerase polas súas propias cláusulas e, supletoriamente, polas normas xerais do dereito administrativo. As dúbidas que poidan xurdir en relación coa interpretación e cumprimento do convenio serán resoltas polo director xeral do Igape, sen prexuízo da competencia da orde xurisdicional contencioso-administrativa.

Décimo primeira. Vixencia

O convenio entrará en vigor o día da súa sinatura polo director xeral do Igape e estenderá a súa vixencia ata o 30.12.2023, sen prexuízo das prórrogas que, se é o caso, así se pactasen por acordo expreso das partes, unha vez tramitadas as habilitacións oportunas.

Décimo segunda. Remisión normativa

Para todo o non previsto neste convenio aplicarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento, no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de marzo de 1991, sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares (DOG núm. 82, do 30 de abril), na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no resto da normativa que resulte de aplicación.

En canto ao cómputo de prazos, observarase o disposto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Data, sinatura e selo:

–––––––––––––––––––––––––––––

O director xeral do Igape:

_____________________________

Data, sinatura e selo:

–––––––––––––––––––––––––––––––––––––––

O/A representante legal da entidade colaboradora:

_______________________________________

ANEXO VIII

Requisitos de comunicación do financiamento público

Responsabilidade da entidade colaboradora:

Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, número 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, a entidade colaboradora deberán cumprir os seguintes requisitos de publicación e comunicación:

1. En todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, deberá recoñecer o apoio do Igape, da Xunta de Galicia e do Feder ao proxecto, incluíndo a imaxe institucional do Igape e da Xunta de Galicia e mostrando:

a) O emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea.

b) Referencia ao Fondo que dá apoio ao proxecto.

c) Referencia ao lema do Fondo «Unha maneira de facer Europa».

O formato que se deberá empregar é o seguinte:

missing image file

2. Durante o prazo do artigo 6.8.c) das bases reguladoras:

a) Breve descrición no seu sitio da internet, do proxecto, de xeito proporcionado ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro do Igape, da Xunta de Galicia e da Unión.

O formato que se deberá empregar é o seguinte:

missing image file

b) Colocar polo menos un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3), no cal se mencionará a axuda financeira do Igape, da Xunta de Galicia e da Unión, nun lugar visible para o público.

O formato que se deberá empregar é o seguinte:

missing image file

O formato de publicidade recollido neste anexo VIII poderá descargarse na ligazón:

https://www.igape.gal/images/misionscomerciaispemes/publicidade_web.pdf