Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2023 Páx. 16648

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión, polo sistema de concurso específico, de postos de traballo singularizados nas oficinas fiscais de Galicia.

Visto o que dispoñen as bases da Resolución do 1 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, de postos de traballo singularizados nas oficinas fiscais de Galicia, así como o artigo 49 e seguintes do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, e unha vez que a Comisión de Valoración elevou proposta definitiva de valoración de méritos, así como proposta definitiva de adxudicación dos postos ofertados no concurso, e que se acreditou a observancia do procedemento debido e se valoraron os méritos das persoas candidatas, en uso das competencias que me atribúe a normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta definitiva de valoración de méritos efectuada pola Comisión de Valoración do concurso específico.

Segundo. Resolver o concurso específico e adxudicar os postos convocados:

– Responsable Estatística, Rexistro e Calidade II da Fiscalía Provincial de Lugo a Stella Maris Rodríguez Martínez.

– Responsable Estatística, Rexistro e Calidade II da Fiscalía Provincial de Ourense a María Luisa Rodríguez Pérez.

Terceiro. Publicar esta resolución no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na base sétima da convocatoria.

Cuarto. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade, ou de oito días se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia. No caso de que a dita publicación non se faga en ambos ao mesmo tempo, terase en conta a data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben poderá ser impugnada directamente, ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, todo isto de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2023

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza