De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito se poida exercer, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral da Función Pública.
A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.
Unha vez finalizado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de ciencias na especialidade de bioloxía, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 227, do 28 de novembro), con corrección de erros no DOG núm. 23, do 4 de febreiro de 2020 e no DOG núm. 36, do 21 de febreiro de 2020, e unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nestas por parte das persoas aspirantes co obxecto de adxudicarlles destinos provisionais, e segundo a base IV.6 da convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base IV.6 da convocatoria, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo a que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.
Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral da Función Pública remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.
No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 999 883, para que se lle faciliten os datos necesarios.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.
A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos»
Cuarto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».
1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo a que accede.
2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 (excedencia por prestación de servizos no sector público) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Neste sentido, as persoas que a soliciten por prestar servizos noutra Administración deberán presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro.
3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, poderán solicitar seren declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público, o que deberán manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, coa cal deberán achegar tanto a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada como, no caso de solicitala por prestar servizos noutra Administración, a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos.
A este respecto e tendo en conta que varios postos dos ofertados nesta elección de destino requiren a posesión de requisitos indispensables para a súa cobertura, as persoas que soliciten estes postos deberán presentar, no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro e segundo a forma prevista no parágrafo sexto, a documentación orixinal que acredite a posesión destes requisitos.
Quinto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino e non cumpran os requisitos para seren declaradas en excedencia, ou non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicados en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.
Sexto. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes se dirixirán á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano. Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A, previsto na Orde do 4 de maio de 2017, que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal, ou ben presentarán a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sétimo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo a que se accede e da orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.
A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no Diario Oficial de Galicia.
As persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario de carreira e adxudicatarias provisionais dos postos de traballo relacionados nesta resolución disporán do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino, desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
As persoas aspirantes que obteñan un destino provisional deberán optar ás prazas que se oferten na elección de destino definitivo.
Oitavo. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal
Noveno. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2023
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO I
Nº orde |
NIF |
Apelidos e nome |
1 |
***9610** |
Iglesias Estepa, David |
2 |
***6381** |
Sebe Núñez, María Pilar |
3 |
***7858** |
Liñán Gil, Ignacio María |
4 |
***4346** |
Lorenzo Fernández, Miguel Estanislao |
5 |
***8093** |
Domínguez Gómez, Jorge |
6 |
***8960** |
Darriba Couñago, Susana |
7 |
***4518** |
González Fontela, Ana Isabel |
8 |
***8171** |
Méndez Pérez, Patricia María |
9 |
***5387** |
Neto González, Xián André |
10 |
***3652** |
Fernández Couso, Marcos |
11 |
***1072** |
Santín Martínez, Omar |
12 |
***2461** |
Fontán Guiao, Lino Enrique |
13 |
***3659** |
Pastoriza Durán, Diana María |
14 |
***1214** |
Carracedo Parga, César |
15 |
***1666** |
Barciela García, Santiago |
16 |
***9684** |
Castro Cuadrado, Ana Belén |
17 |
***6965** |
Cerviño Otero, Ana |
18 |
***0001** |
Jorge Fernández, Maife |
19 |
***0023** |
Carballal Vilaverde, Rodrigo |
20 |
***1850** |
González García, Luis Alberto |
21 |
***8208** |
Escudeiro Rossignoli, Araceli |
22 |
***1973** |
Pazos Vieiro, Sonia María |
23 |
***9990** |
Salvande Fraga, Miguel |
24 |
***1393** |
Gómez Brandariz, José David |
25 |
***3491** |
Quiroga García, Gabriela |
26 |
***2790** |
Estévez Calvar, Noelia |
27 |
***4520** |
Suárez Vidal, Estefanía |
28 |
***0462** |
Rodríguez Rodríguez, Ángel Manuel |
29 |
***1816** |
Alborés Blanes, Ignacio |
30 |
***1838** |
Graña Guerreiro, Cristina |
31 |
***3589** |
Sanmartín Souto, María Begoña |
ANEXO II
Prazas ofertadas
Nº |
Código |
Denominación |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgr. |
Nivel |
Titulación |
Formación |
Observ. |
1 |
PEC994020136600029 |
Técnico/a investigador/a |
PE |
Centro de Investigacións Mariñas Corón-Vilanova de Arousa |
Servizos periféricos |
Vilanova de Arousa |
A1 |
24 |
|
Doutoramento (R.I.) |
|
2 |
PEC030000215770063 |
Técnico/a |
PE |
S. X. de Valorización dos Produtos do Mar |
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica |
Santiago de Compostela |
A1 |
22 |
|
|
|
3 |
PEC993000015350004 |
Técnico/a facultativo/a de Recursos Mariños |
PE |
Xefatura Comarcal Ferrol |
Servizos periféricos |
Ferrol |
A1 |
24 |
|
Permiso conducir B (R.I.) |
Horario especial |
4 |
MAC040000015770008 |
Posto base subgrupo A1 |
MA |
Dirección Xeral de Patrimonio Natural |
Dirección Xeral de Patrimonio Natural |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
|
|
|
5 |
MRO130000015770009 |
Posto base subgrupo A1 |
MR |
Subdirección Xeral de Xestión da PAC |
Fogga/Subdirección Xeral de Xestión da PAC |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
Lic./grao Bioloxía |
|
|
6 |
PEE010000036590024 |
Técnico/a en Patoloxía |
PE |
Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño |
Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño |
Vilagarcía de Arousa |
A1 |
24 |
|
Experiencia mínima de dous anos en programas de control e técnicas de análise de microbioloxía e patoloxía de moluscos e peixes (R.I.)-Permiso conducir B (R.I.) |
Horario especial |
7 |
MAC030000015770021 |
Posto base subgrupo A1 |
MA |
D. X. de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático |
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
|
|
|
8 |
PEC993000036590010 |
Técnico/a facultativo/a de Recursos Mariños |
PE |
Xefatura Comarcal Vilagarcía |
Servizos periféricos |
Vilagarcía de Arousa |
A1 |
24 |
|
Permiso conducir B (R.I.) |
Horario especial |
9 |
MAC030040115001018 |
Titulado/a superior laboratorio |
MA |
Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (A Coruña) |
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático |
Coruña (A) |
A1 |
22 |
|
|
|
10 |
MRA112600315010038 |
Xefatura Sección de Investigación X |
MR |
Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña) |
Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (Agacal) |
Abegondo |
A1 |
25 |
|
Doutoramento en materia agraria (R.I.)-Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.) |
|
11 |
MRA112600315010056 |
Xefatura Sección de Investigación XVI |
MR |
Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña) |
Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (Agacal) |
Abegondo |
A1 |
25 |
|
Doutoramento en materia agraria (R.I.) |
|
12 |
MRA113300336001003 |
Técnico/a Apoio á Divulg. e Investig. Forestal I |
MR |
Centro de Investigación Forestal de Lourizán (Pontevedra) |
Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (Agacal) |
Pontevedra |
A1 |
20 |
|
Doutoramento en materia forestal (R.I.) |
|
13 |
PEC030000415770075 |
Técnico/a analista (Gabinete Estatística) |
PE |
S. X. de Pesca |
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica |
Santiago de Compostela |
A1 |
22 |
|
|
|
14 |
PEC991090215001021 |
Técnico/a facultativo/a de Recursos Mariños |
PE |
Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro A Coruña |
Servizos periféricos |
Coruña (A) |
A1 |
24 |
|
Permiso conducir B (R.I.) |
Horario especial |
15 |
PEC994020136600018 |
Técnico/a investigador/a |
PE |
Centro de Investigacións Mariñas Corón-Vilanova de Arousa |
Servizos periféricos |
Vilanova de Arousa |
A1 |
24 |
|
|
|
16 |
PEC994020136600019 |
Técnico/a investigador/a |
PE |
Centro de Investigacións Mariñas Corón-Vilanova de Arousa |
Servizos periféricos |
Vilanova de Arousa |
A1 |
24 |
|
|
|
17 |
PEC030000115770021 |
Xefatura Sección de Equipamentos e Restruturación |
PE |
S. X. de Competitividade da Cadea Mar-Industria |
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica |
Santiago de Compostela |
A1 |
25 |
|
|
|
18 |
MAC991000032001021 |
Posto base subgrupo A1 |
MA |
Xefatura Territorial Ourense |
Servizos periféricos |
Ourense |
A1 |
20 |
|
|
|
19 |
PEC993000036590013 |
Técnico/a facultativo/a de Recursos Mariños |
PE |
Xefatura Comarcal Vilagarcía |
Servizos periféricos |
Vilagarcía de Arousa |
A1 |
24 |
|
Permiso conducir B (R.I.) |
Horario especial |
20 |
MAC030000015770015 |
Posto base subgrupo A1 |
MA |
D. X. de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático |
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
|
|
|
21 |
MRC050010127001113 |
Posto base subgrupo A1 |
MR |
Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (Lugo) |
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias |
Lugo |
A1 |
20 |
|
|
Xornada de tarde |
22 |
MAC030000015770014 |
Posto base subgrupo A1 |
MA |
D. X. de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático |
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
|
|
|
23 |
PEC991090215001022 |
Técnico/a facultativo/a de Recursos Mariños |
PE |
Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro A Coruña |
Servizos periféricos |
Coruña (A) |
A1 |
24 |
|
Permiso conducir B (R.I.) |
Horario especial |
24 |
PEC991090215001023 |
Técnico/a facultativo/a de Recursos Mariños |
PE |
Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro A Coruña |
Servizos periféricos |
Coruña (A) |
A1 |
24 |
|
Permiso conducir B (R.I.) |
Horario especial |
25 |
PEC040000315770073 |
Técnico/a |
PE |
S. X. de Investigación e Apoio Científico-Técnico |
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro |
Santiago de Compostela |
A1 |
22 |
|
|
|
26 |
PEC040000315770072 |
Técnico/a |
PE |
S. X. de Investigación e Apoio Científico-Técnico |
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro |
Santiago de Compostela |
A1 |
22 |
|
|
|
27 |
PEC040000315770071 |
Técnico/a |
PE |
S. X. de Investigación e Apoio Científico-Técnico |
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro |
Santiago de Compostela |
A1 |
22 |
|
|
|
28 |
MAC040000015770007 |
Posto base subgrupo A1 |
MA |
Dirección Xeral de Patrimonio Natural |
Dirección Xeral de Patrimonio Natural |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
|
|
|
29 |
MAC991000036001026 |
Posto base subgrupo A1 |
MA |
Xefatura Territorial Pontevedra |
Servizos periféricos |
Pontevedra |
A1 |
20 |
|
|
|
30 |
PEC994020136600008 |
Técnico/a investigador/a |
PE |
Centro de Investigacións Mariñas Corón-Vilanova de Arousa |
Servizos periféricos |
Vilanova de Arousa |
A1 |
24 |
|
Doutoramento (R.I.) |
|
31 |
PEC994020136600020 |
Técnico/a investigador/a |
PE |
Centro de Investigacións Mariñas Corón-Vilanova de Arousa |
Servizos periféricos |
Vilanova de Arousa |
A1 |
24 |
|
Doutoramento (R.I.) |
|
32 |
PEC994020136600017 |
Técnico/a investigador/a |
PE |
Centro de Investigacións Mariñas Corón-Vilanova de Arousa |
Servizos periféricos |
Vilanova de Arousa |
A1 |
24 |
|
Doutoramento (R.I.) |
|
33 |
PEC994020136600011 |
Técnico/a investigador/a |
PE |
Centro de Investigacións Mariñas Corón-Vilanova de Arousa |
Servizos periféricos |
Vilanova de Arousa |
A1 |
24 |
|
Doutoramento (R.I.) |
|
34 |
PEC991090315001025 |
Xefatura Sección de Pesca |
PE |
Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica A Coruña |
Servizos periféricos |
Coruña (A) |
A1 |
25 |
|
|
|
35 |
PEC994020136600009 |
Técnico/a investigador/a |
PE |
Centro de Investigacións Mariñas Corón-Vilanova de Arousa |
Servizos periféricos |
Vilanova de Arousa |
A1 |
24 |
|
Doutoramento (R.I.) |
|
36 |
PEC040000015770004 |
Técnico/a |
PE |
D. X. de Desenvolvemento Pesqueiro |
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro |
Santiago de Compostela |
A1 |
22 |
|
|
|
37 |
PEC993000015720028 |
Técnico/a facultativo/a de Recursos Mariños |
PE |
Xefatura Comarcal Ribeira |
Servizos periféricos |
Ribeira |
A1 |
24 |
|
Permiso conducir B (R.I.) |
Horario especial |
38 |
PEC994020136600013 |
Técnico/a investigador/a |
PE |
Centro de Investigacións Mariñas Corón-Vilanova de Arousa |
Servizos periféricos |
Vilanova de Arousa |
A1 |
24 |
|
Doutoramento (R.I.) |
|
39 |
PEC993000036590012 |
Técnico/a facultativo/a de Recursos Mariños |
PE |
Xefatura Comarcal Vilagarcía |
Servizos periféricos |
Vilagarcía de Arousa |
A1 |
24 |
|
Permiso conducir B (R.I.) |
Horario especial |
40 |
PEC993000036590011 |
Técnico/a facultativo/a de Recursos Mariños |
PE |
Xefatura Comarcal Vilagarcía |
Servizos periféricos |
Vilagarcía de Arousa |
A1 |
24 |
|
Permiso conducir B (R.I.) |
Horario especial |
41 |
PEC994020136600028 |
Técnico/a investigador/a |
PE |
Centro de Investigacións Mariñas Corón-Vilanova de Arousa |
Servizos periféricos |
Vilanova de Arousa |
A1 |
24 |
|
Doutoramento (R.I.) |
|
42 |
MAC991000132001009 |
Xefatura Sección Xestión Ambiental II |
MA |
Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental (Ourense) |
Servizos periféricos |
Ourense |
A1 |
25 |
|
Permiso conducir B (R.I.) |
|
43 |
MRA113300336001004 |
Técnico/a Apoio á Divulg. e Investig. Forestal II |
MR |
Centro de Investigación Forestal de Lourizán (Pontevedra) |
Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (Agacal) |
Pontevedra |
A1 |
20 |
|
Doutoramento en materia forestal (R.I.) |
|
44 |
MRA113300336001025 |
Técnico/a Apoio á Investig. Forestal III |
MR |
Centro de Investigación Forestal de Lourizán (Pontevedra) |
Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (Agacal) |
Pontevedra |
A1 |
20 |
|
Doutoramento en materia forestal (R.I.) |
|
45 |
PEC993000015720006 |
Técnico/a facultativo/a de Recursos Mariños |
PE |
Xefatura Comarcal Ribeira |
Servizos periféricos |
Ribeira |
A1 |
24 |
|
Permiso conducir B (R.I.) |
Horario especial |
46 |
PEC991090215001024 |
Técnico/a facultativo/a de Recursos Mariños |
PE |
Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro A Coruña |
Servizos periféricos |
Coruña (A) |
A1 |
24 |
|
Permiso conducir B (R.I.) |
Horario especial |