Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2023 Páx. 16849

IV. Oposicións e concursos

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2023 pola que se nomea a Comisión de Selección do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, convocado pola Resolución do 23 de decembro de 2022, do director do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

O Consello Reitor do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), na súa xuntanza do 22 de decembro de 2022, acordou aprobar a resolución da mesma data pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías/grupos da entidade instrumental consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), que figuran convocadas na oferta pública de emprego extraordinaria recollida no Decreto 79/2022, do 25 de maio, da Consellería de Facenda e Administración Pública (Xunta de Galicia), anunciada no DOG do 29 de decembro de 2022. No mesmo acordo, o Consello Reitor outorgou ao director de ACSUG a competencia para ditar todas as resolucións necesarias para desenvolver o dito proceso selectivo, así como para nomear a súa Comisión de Selección.

Mediante a Resolución do 23 de decembro de 2022, o director de ACSUG convocou o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías/grupos II (técnico/a grao medio) e IV (auxiliar administrativo/a), respectivamente, da entidade instrumental consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), que figuran convocadas na oferta pública de emprego extraordinaria recollida no Decreto 79/2022, do 25 de maio, da Consellería de Facenda e Administración Pública (Xunta de Galicia).

Polo exposto, e de conformidade co disposto no artigo 59 da LEPG, artigo 60 do TRLEBEP e no artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, e no Decreto 95/91, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVO:

Nomear como membros da Comisión de Selección do proceso selectivo extraordinario de estabilización de persoal a que se refire a citada Resolución do 23 de decembro de 2022, do director de ACSUG, as seguintes persoas:

Presidenta: María Patrocinio Morrondo Pelayo.

Secretario: Francisco Rico Rey.

Vogais:

– Benito Fernández Rodríguez.

– María Isabel Casal Reyes.

– Lourdes Rodilla Jiménez.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2023

Eduardo López Pereira
Director do consorcio Axencia para a
Calidade do Sistema Universitario de Galicia