Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2023 Páx. 16760

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, dentro dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigas legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento á devandita obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social e Xuventude durante o terceiro cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2023

María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social e Xuventude

ANEXO

Convenios asinados no terceiro cuadrimestre de 2022

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación Alcer Galicia para o desenvolvemento dun programa de intervención psicosocioeducativa en menores con enfermidade renal crónica en Galicia (programa Medro con Alcer) no ano 2022.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Xuventude, do programa Medro con Alcer da entidade Federación Alcer Galicia de intervención psicosocial con menores con enfermidade renal crónica en Galicia, que ten como finalidade a intervención psicosocial cos menores con enfermidades renais crónicas e as súas familias, tratando de comprender, predicir e cambiar a súa conduta social, axudándolles a adaptarse á enfermidade, así como a modificación daqueles aspectos nocivos da súa contorna para mellorar a súa calidade de vida e establecer bases sólidas de coordinación entre todas as partes implicadas dentro dos procesos da súa atención sociosanitaria.

1.9.2022

37.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e Manaia, Asociación Galega de Adopción e Acollemento, para a execución do Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas e acolledoras no ano 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a través da concesión directa dunha subvención pública a Manaia, Asociación Galega de Adopción e Acollemento para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas e acolledoras do que é titular a devandita entidade, mediante o cal se facilita o axeitado desenvolvemento da persoa menor adoptada mediante a orientación, o asesoramento, acompañamento e apoio especializado ás familias adoptantes e acolledoras e/ou ás persoas menores.

1.9.2022

42.400,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a entidade Fundación Camiña Social para a atención residencial e a intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña).

Establecer o réxime de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a entidade Fundación Camiña Social para a atención residencial e a intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña).

1.9.2022

5.463.500,62 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á protección e promoción dos dereitos da infancia no ano 2022.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención pública, do desenvolvemento das actuacións recollidas no programa de actividades da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, dirixidas á promoción da participación dos nenos e nenas en todos os ámbitos da sociedade e de xeito especial no deseño e toma de decisións das medidas que inciden directamente na súa calidade de vida e no respecto dos seus dereitos, así como ao fortalecemento das estruturas democráticas e da sociedade civil galega mediante o apoio, a creación e consolidación de coordinadoras ou redes de traballo a prol da infancia, e deste xeito procurar a protección e promoción na Comunidade Autónoma de Galicia dos dereitos da infancia recollidos na Convención sobre os dereitos do neno, do 20 de novembro de 1989.

5.9.2022

15.000,00 €

Convenio de colaboración para o ano 2022, entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo), para o desenvolvemento do programa Xerando cultura de acollemento, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia –financiado pola Unión Europea– NextGenerationEU.

Contribuír ao financiamento cos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia procedentes de fondos europeos a través da concesión directa dunha subvención pública da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo) para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do programa Xerando cultura de acollemento do que é titular a devandita entidade, mediante o cal se facilita o axeitado desenvolvemento da persoa menor acollida mediante a orientación, o asesoramento, o acompañamento e o apoio especializado ás familias acolledoras e/ou ás persoas menores.

5.9.2022

115.168,72 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Galega de Familias Numerosas para a realización de actuacións na consecución de beneficios e vantaxes destinados ás familias numerosas galegas, no ano 2022.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Xuventude das actuacións desenvoltas pola Asociación Galega de Familias Numerosas consistentes na difusión dos beneficios e das vantaxes dos programas e medidas destinadas ás familias numerosas e do desenvolvemento de accións de captación de empresas e entidades en xeral que ofrezan vantaxes, como medidas de apoio e axudas ás devanditas familias.

23.9.2022

26.365,10 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Secretariado Gitano para o desenvolvemento do programa Promociona no ano 2022.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude, dos gastos derivados da execución do programa Promociona da Fundación Secretariado Gitano durante o exercicio 2022, programa destinado a prestar apoio ás familias xitanas con menores en idade escolar co fin de mellorar as súas condicións educativas no ámbito do fogar e conseguir deste xeito reducir o abandono escolar neste colectivo.

28.9.2022

132.908,24 €

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Camiña Social para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións en medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores na provincia da Coruña.

Prorrogar o convenio de colaboración asinado o 1 de outubro de 2020, para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións en medio aberto na provincia da Coruña, por un ano e con efectos desde o 1 de outubro de 2022 ata o 30 de setembro de 2023.

29.9.2022

535.209,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a entidade Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dun programa de apoio a familias monoparentais no ano 2022.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión dunha subvención pública, dun programa da entidade Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela destinado á prestación de apoio ás familias formadas por unha única persoa proxenitora con fillos e fillas menores ao seu cargo, mediante o establecemento de accións específicas cuxo obxectivo é potenciar a autonomía das familias monoparentais, favorecer a incorporación da persoa responsable da familia ao mundo laboral, a súa asistencia a actividades de formación laboral e/ou formación continua, posibilitar o autoemprego, promover a inserción e permanencia laboral das mulleres soas con responsabilidades familiares e favorecer a súa promoción profesional, previr situacións de risco social e axudar á crianza dos nenos e nenas favorecendo a súa socialización.

6.10.2022

32.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Universidade de Santiago de Compostela para a aplicación da gratuidade da atención educativa na escola infantil 0-3 Breogán de titularidade desta última.

Contribuír ao financiamento a través dunha concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Xuventude para a aplicación dunha bonificación do 100 % do prezo correspondente á atención educativa prestada a nenos e nenas matriculados na escola infantil Breogán da Universidade de Santiago de Compostela no curso 2022/23.

20.10.2022

151.800,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Andrea de apoio aos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais, para o desenvolvemento dun programa denominado Soporte vital ás familias con nenas/nenos con enfermidades de longa duración ou terminais con escasos recursos económicos no ano 2022.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Xuventude destinada ao programa da Fundación Andrea denominado Soporte vital ás familias con nenas e nenos con enfermidades de longa duración ou terminais con escasos recursos económicos mediante sesións de fisioterapia, logopedia, musicoterapia e os derivados da adecuación das vivendas ou vehículos para nenas e nenos con diversidade funcional en Galicia.

8.11.2022

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación de celíacos de Galicia (Acega) para o desenvolvemento do programa A restauración galega sen glute no ano 2022.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención pola Consellería de Política Social e Xuventude do programa A restauración galega sen glute, da Asociación de Celíacos de Galicia (Acega), que inclúe a realización de actuacións encamiñadas á formación en materia de celiaquía a desenvolver pola entidade en 200 locais sitos na Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de mellorar a calidade de vida das persoas celíacas fóra do seu contorno doméstico a través da capacitación de establecementos hostaleiros en materia de celiaquía.

16.12.2022

51.785,05 €

Convenio de colaboración para o ano 2022, entre a Consellería de Política Social e Xuventude e Faiben Fundación de Apoio á Infancia e ao Benestar, Manaia Asociación Galega de Adopción e Acollemento, Inspectoría María Auxiliadora e a Asociación Casa de Familia Santa Joaquina de Vedruna, para o desenvolvemento do programa de experiencias familiares de referencia En familia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia –financiado pola Unión Europea– NextGenerationEU.

Contribuír ao financiamento, por parte da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, a través da concesión directa dunha subvención, á agrupación constituída polas entidades Faiben Fundación de Apoio á Infancia e ao Benestar, Manaia Asociación Galega de Adopción e Acollemento, a Inspectoría María Auxiliadora e a Asociación Casa de Familia Santa Joaquina de Vedruna, para o desenvolvemento do programa de experiencias familiares de referencia En familia mediante o cal se lles facilita aos nenos, nenas e adolescentes un marco referencial de vida nun núcleo pequeno como é a familia, onde a colaboración, a axuda e o respecto posibiliten experiencias que permitan o coñecemento que supón unha relación familiar e que axude a incrementar a súa autoestima e seguridade persoal á vez que amplíe a súa rede relacional.

22.12.2022

31.982,70 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude (Xunta de Galicia) e a Deputación Provincial da Coruña para a atención de menores no centro residencial Fogar Infantil Emilio Romay na Coruña no ano 2023.

Establecer o marco de colaboración para a atención de menores, tutelados pola Xunta de Galicia ou en situación de garda, a través de medidas de acollemento residencial e atención de día, en 27 prazas distribuídas en tres módulos ou unidades de convivencia no centro Fogar Infantil Emilio Romay da Deputación Provincial da Coruña.

30.12.2022

325.904,85 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e a entidade colaboradora Abanca, Corporación Bancaria, S.A., para a instrumentación da axuda económica ás familias a través da Tarxeta Benvida para
os/as nenos/nenas nados/as, adoptados ou declarados en situación de garda con fins adoptivos no ano 2023.

Establecer o marco da colaboración entre as partes asinantes para a instrumentación da axuda económica a través da Tarxeta Benvida para as familias que no ano 2023 teñan, tanto por natureza como por adopción, un fillo ou unha filla ou sexan declarados en situación de garda con fins adoptivos dun/dunha neno/a.

30.12.2022

Sen custo

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Arela, para o desenvolvemento do Proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil nas cidades de Santiago de Compostela e de Vigo, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia –financiado pola Unión Europea– NextGenerationEU.

Contribuír ao financiamento a través dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia procedentes de fondos europeos pola Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor da Asociación Arela, para o desenvolvemento nas cidades de Santiago e Vigo do Proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil, mediante o cal se facilitará ás familias participantes apoios específicos para a atención social, o apoio socioeducativo e a mellora ou promoción da participación laboral.

20.10.2022

2.838.379,44 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e Cáritas Diocesana de Lugo, para o desenvolvemento do Proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil na área rural 22, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia –financiado pola Unión Europea– NextGenerationEU.

Contribuír ao financiamento a través dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia procedentes de fondos europeo pola Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor da entidade Cáritas Diocesana de Lugo, para o desenvolvemento na área rural 22 do Proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil, mediante o cal se facilitará ás familias participantes apoios específicos para a atención social, o apoio socioeducativo e a mellora ou promoción da participación laboral.

20.10.2022

684.579,01 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol, para o desenvolvemento do Proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil na cidade de Ferrol, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia –financiado pola Unión Europea– NextGenerationEU.

Contribuír ao financiamento a través dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia procedentes de fondos europeos pola Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor da entidade Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol, para o desenvolvemento na cidade de Ferrol do Proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil, mediante o cal se facilitará ás familias participantes apoios específicos para a atención social, o apoio socioeducativo e a mellora ou promoción da participación laboral.

20.10.2022

787.028,28 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o centro de desenvolvemento rural Portas Abertas, para o desenvolvemento do Proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil na área rural 30, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia –financiado pola Unión Europea– NextGenerationEU.

Contribuír ao financiamento a través dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia procedentes de fondos europeos pola Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor do centro de desenvolvemento rural Portas Abertas, para o desenvolvemento na área rural 30 do Proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil, mediante o cal se facilitará ás familias participantes apoios específicos para a atención social, o apoio socioeducativo e a mellora ou promoción da participación laboral.

20.10.2022

470.648,07 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Juan Soñador para o desenvolvemento do Proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil nas cidades da Coruña, Lugo e Ourense, e a realización de actuacións complementarias de apoio na xestión e na avaliación do proxecto, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia –financiado pola Unión Europea– NextGenerationEU.

Contribuír ao financiamento a través dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia procedentes de fondos europeos pola Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor da Fundación Juan Soñador para contribuír ao desenvolvemento nas cidades da Coruña, Lugo e Ourense do Proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil, mediante o cal se facilitará ás familias participantes apoios específicos para a atención social, o apoio socioeducativo e a mellora ou promoción da participación laboral. Ademais, a Fundación Juan Soñador realizará as actuacións que sexan necesarias para o desenvolvemento coherente e conxunto do proxecto, así como a realización daquelas actuacións complementarias que sirvan para o apoio na súa xestión.

20.10.2022

4.726.256,43 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Meniños para o desenvolvemento do proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil na cidade de Pontevedra, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia –financiado pola Unión Europea–NextGenerationEU.

Contribuír ao financiamento a través dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia procedentes de fondos europeos pola Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor da entidade Fundación Meniños para o desenvolvemento na cidade de Pontevedra do Proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil, mediante o cal se lles facilitará ás familias participantes apoios específicos para a atención social, o apoio socioeducativo e a mellora ou promoción da participación laboral.

20.10.2022

544.918,62 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Cruz Roja Española en Galicia, para a execución dun programa de acompañamento e apoio a persoas sen teito ou en situación de vulnerabilidade extrema no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Xuventude a través da concesión directa dunha subvención pública a favor da entidade Cruz Roja Española en Galicia, para a realización do programa de acompañamento e apoio a persoas sen fogar que consistirá no establecemento de liñas de atención a estas persoas a través da intervención coordinada con enfoque integral levada a cabo polos equipos técnicos municipais da entidade con capacidade de actuación en todo o territorio galego.

20.10.2022

169.950,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o centro de desenvolvemento rural O Viso para o desenvolvemento do Proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil na área rural 29, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia –financiado pola Unión Europea– NextGenerationEU.

Contribuír ao financiamento a través dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia procedentes de fondos europeos, pola Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor da entidade e o centro de desenvolvemento rural O Viso para o desenvolvemento na área rural 29 do Proxecto piloto da abordaxe da pobreza infantil, mediante o cal facilitarase ás familias participantes apoios específicos para a atención social, o apoio socioeducativo e a mellora ou promoción da participación laboral.

Ademais o centro realizará as actuacións que sexan necesarias para o desenvolvemento coherente e conxunto do proxecto, así como a realización daquelas actuacións complementarias que sirvan para o apoio na súa xestión.

24.10.2022

213.930,94 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación de Adultos Discapacitados da Coruña (Adcor), para o financiamento dos gastos derivados da execución de programas de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinados ás persoas con discapacidade no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor da Fundación de Adultos Discapacitados da Coruña (Adcor), dos gastos derivados da execución de actuacións que forman parte dos programas de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia, destinados ás persoas adultas con discapacidade intelectual no ano 2022, e que se desenvolven nas áreas de estimulación cognitiva, estimulación física, estimulación funcional, estimulación sensorial e área de actividades recreativas e de lecer.

5.9.2022

40.566,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación para la Protección de Discapacitados Psíquicos de Vilalba-Terra Chá, para o financiamento dos gastos derivados da execución de programas de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinados ás persoas con discapacidade no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor da Fundación para la Protección de Discapacitados Psíquicos de Vilalba-Terra Chá, para a realización dos programas de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia da fundación, destinados ás persoas adultas con discapacidade intelectual no seu centro ocupacional no ano 2022.

5.9.2022

14.964,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación Down Galicia, para o financiamento do Proxecto de avaliación do envellecemento das persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual en 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor da Federación Down Galicia, para a realización das actuacións no ano 2022 e dun Proxecto de avaliación do envellecemento das persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual.

5.9.2022

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación de Padres, Profesionales y Amigos de Personas con Discapacidad Intelectual Special Olympics Galicia, para o financiamento dun programa de promoción da autonomía persoal (Proxecto Xacobeo) no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento, por parte da Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor da Asociación de Padres, Profesionales y Amigos de Personas con Discapacidad Intelectual Special Olympics Galicia, dun programa de promoción da autonomía persoal, o Proxecto Xacobeo, para o desenvolvemento de actividades de participación de persoas con discapacidade intelectual no ano santo compostelán 2022.

5.9.2022

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación de Discapacitados Intelectuales Virgen de la O, para o financiamento dos gastos derivados da execución de programas de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia, no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor da Asociación de Discapacitados Intelectuales Virgen de la O, dos gastos derivados da execución das actividades dos programas de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinados ás persoas con discapacidade usuarias do centro da asociación no ano 2022.

5.9.2022

16.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e Saúde Mental Feafes Galicia (Federación Galega de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia), para o financiamento dun programa de apoio socioeducativo comunitario e prevención da situación de dependencia no medio rural a persoas con enfermidade mental residentes en Galicia no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor de Saúde Mental Feafes Galicia, do seu programa específico no ano 2022, orientado ao apoio socioeducativo comunitario e á prevención das situacións de dependencia no medio rural para persoas con enfermidade mental en Galicia.

5.9.2022

150.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Por Eles TEA Ourense (PETEA), para o financiamento dun programa de atención sociofamiliar para persoas con trastornos do espectro autista, no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor da Asociación Por Eles TEA Ourense (PETEA), para a realización dun programa de atención sociofamiliar para persoas con trastornos do espectro autista, durante o exercicio 2022.

5.9.2022

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (Cermi Galicia), para contribuír ao financiamento do mantemento da entidade para o exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención para o mantemento do Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (Cermi Galicia), co fin de prestar servizos ás organizacións e entidades dedicadas á atención das persoas con discapacidade e de defensa dos dereitos das persoas con discapacidade, no exercicio 2022.

5.9.2022

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Tutelar Galega para Persoas con Discapacidade Intelectual Sálvora, para o financiamento das actuacións da entidade en relación co exercicio da capacidade xurídica das persoas con discapacidade intelectual no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor da Fundación Tutelar Galega para Persoas con Discapacidade Intelectual Sálvora, para a realización das actuacións da fundación no ano 2022 relacionadas co exercicio da capacidade xurídica das persoas con discapacidade intelectual que se atopan baixo a súa protección.

23.9.2022

120.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Compañía de las Hijas de la Caridad de San Vicente de Paúl, do Centro Asistencial San Pablo e San Lázaro, para o financiamento dos gastos derivados da execución de programas de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinados ás persoas con discapacidade intelectual, no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor da Compañía de las Hijas de la Caridad de San Vicente de Paúl, do Centro Asistencial San Pablo e San Lázaro, para os gastos derivados da execución das actividades que configuran os programas de promoción da autonomía persoal destinados ás persoas con discapacidade intelectual, para desenvolver ou recuperar as capacidades e potencialidades de cada persoa, mellorando a súa calidade de vida e a súa integración social, no ano 2022.

24.11.2022

76.559,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e Artefíos, Asociación para a Inclusión de Persoas con Discapacidade Intelectual, para o financiamento dos gastos derivados da execución dun programa de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinado ás persoas con discapacidade, no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor de Artefíos, Asociación para a Inclusión de Persoas con Discapacidade Intelectual, para os gastos derivados da execución dun programa de promoción da autonomía persoal e de prevención e atención á dependencia destinados ás persoas con discapacidade intelectual que desenvolve a asociación no ano 2022.

24.11.2022

7.169,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Barcala, para o financiamento dos gastos derivados da execución de programas de promoción da autonomía persoal destinados ás persoas con discapacidade, no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor da Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Barcala, para os gastos derivados da execución de actuacións da fundación que forman parte de programas de promoción da autonomía persoal destinados ás persoas con discapacidade no ano 2022.

24.11.2022

10.435,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), para o desenvolvemento dun programa integral de actuacións para a promoción da autonomía persoal e a inclusión social das persoas con discapacidade.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), para o desenvolvemento dun programa integral de actuacións para a promoción da autonomía persoal e a inclusión social das persoas con discapacidade para obter as habilidades e capacidades necesarias para dispoñer dunha vida autónoma, atendendo á súa situación particular e á súa contorna.

2.12.2022

940.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, para o Programa do incremento dos servizos de accesibilidade universal a través da comunicación social e da sociedade da información no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, para a posta en marcha das actuacións que a federación ten previsto desenvolver durante o ano 2022 a través dun programa específico para incrementar a accesibilidade universal a través da comunicación social e da sociedade da información.

9.12.2022

125.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Club Praia de Pantín, para financiar a celebración dun evento de surf adaptado no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a través da concesión directa dunha subvención a favor da Asociación Club Praia de Pantín, para o apoio á celebración dun evento de surf adaptado na praia de Pantín-Valdoviño, que comprende a competición de surf adaptado con dotación de premios económicos, a divulgación e difusión da historia de superación das persoas con discapacidade participantes, o espazo para a dinamización e a creación de experiencias dirixido a colectivos e asociacións de persoas con discapacidade, a obradoiros de motivación a través da práctica deportiva e á difusión e promoción da autonomía persoal a través de ferramentas de márketing dixital.

9.12.2022

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Congregación Esclavas de la Virgen Dolorosa para o financiamento dos gastos derivados da execución do Programa de atención á autonomía de persoas con discapacidade, na casa de Santa María da Esperanza de Mos, no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor da Congregación Esclavas de la Virgen Dolorosa, para os gastos derivados da execución do programa específico de atención á autonomía persoal de mulleres con discapacidade intelectual, orientadas á rehabilitación das capacidades físicas, psíquicas e á promoción da autonomía persoal, na casa de Santa María da Esperanza en Mos no ano 2022.

9.12.2022

84.991,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Congregación Esclavas de la Virgen Dolorosa, para o financiamento dos gastos derivados da execución do Programa de atención á autonomía de persoas con discapacidade, na casa de Nosa Señora de Fátima e Cristo Rei de Crecente, no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor da Congregación Esclavas de la Virgen Dolorosa, dos gastos derivados da execución dun programa específico de atención á autonomía das persoas con discapacidade na casa de Nosa Señora de Fátima e Cristo Rei en Crecente no ano 2022.

9.12.2022

84.991,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Orde Hospitalaria de San Juan de Dios para o financiamento dos gastos derivados da execución do proxecto do plan Avanzamos 2022, de promoción da autonomía persoal, destinado ás persoas con discapacidade intelectual no Hogar y Clínica San Rafael de Vigo, para o exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor da Orde Hospitalaria de San Juan de Dios, dos gastos derivados da execución do programa específico de promoción da autonomía persoal, plan Avanzamos 2022, destinado ás persoas con discapacidade intelectual.

9.12.2022

116.506,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación de Daño Cerebral (Fudace), para o financiamento dos gastos derivados da execución de programas de promoción da autonomía persoal destinados ás persoas con discapacidade, no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor da Fundación de Daño cerebral (Fudace), para os gastos derivados da execución pola fundación dun programa específico de promoción da autonomía persoal destinado a persoas con discapacidade no ano 2022.

9.12.2022

21.967,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), para o financiamento dun proxecto específico de prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal no medio rural no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), para o desenvolvemento dun proxecto específico de apoderamento da persoa con discapacidade residente en contornas rurais no ano 2022.

9.12.2022

145.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Aspace Coruña, para o financiamento do proxecto de información e asesoramento, provisión de apoios e curatela dirixido a persoas con parálise cerebral e patoloxías asociadas, e as súas familias, no ano 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor da Fundación Aspace Coruña, para os gastos derivados da execución do proxecto de información e asesoramento, provisión de apoios e curatela para persoas con parálise cerebral e patoloxías asociadas, e ás súas familias, que a fundación desenvolverá no exercicio 2022.

9.12.2022

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., para o incremento dos servizos de accesibilidade universal a través da comunicación social e da sociedade da información no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude mediante a concesión directa dunha subvención a favor da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., para o programa singular e específico que a Corporación ten previsto desenvolver durante o ano 2022 para incrementar os servizos de accesibilidade universal a través da comunicación social e da sociedade da información, principalmente o servizo de interpretación en lingua de signos na emisión dos informativos de máxima audiencia da Televisión de Galicia, así como as actuacións da campaña de divulgación da importancia da accesibilidade da comunidade xorda galega e do coñecemento da lingua de signos.

21.12.2022

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Concello de Salvaterra de Miño, para o financiamento dun programa de promoción da autonomía e prevención da dependencia para maiores no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a través da concesión de subvencións a favor do Concello de Salvaterra do Miño, para a realización das actuacións do Programa de promoción da autonomía e prevención da dependencia para maiores que o Concello de Salvaterra de Miño ten previsto desenvolver durante o ano 2022.

7.9.2022

13.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Concello de Riotorto, de cara a instrumentar a colaboración para a realización de actividades de atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da situación da dependencia e do agravamento desta, así como da promoción da autonomía persoal para o exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a través da concesión dunha subvención a favor do Concello de Riotorto para a realización de actuacións que ten previsto desenvolver durante o ano 2022, de cara á realización de programas e actividades dirixidos á atención de persoas en situación de dependencia, de prevención da situación de dependencia e do agravamento desta, así como de promoción da autonomía persoal das persoas maiores residentes nese concello, prestándolles os servizos nas antigas escolas rehabilitadas en centros veciñais de que dispón o Concello.

7.9.2022

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Concello de Catoira, de cara a instrumentar a colaboración para a realización de actividades de prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a través da concesión dunha subvención a favor do Concello de Catoira para a realización das actuacións que o Concello ten previsto desenvolver durante o ano 2022, de cara á realización de programas e actividades de promoción da autonomía persoal e prevención da dependencia das persoas maiores residentes nese concello e que terán lugar no Centro Municipal do Maior.

21.9.2022

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Concello de Boimorto, de cara a instrumentar a colaboración para a realización de actividades de atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da situación da dependencia e do agravamento desta, así como da promoción da autonomía persoal para o exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a través da concesión directa dunha subvención a favor do Concello de Boimorto, para a realización das actividades de atención integral á dependencia que o Concello ten previsto desenvolver durante o ano 2022, dirixidas á atención de persoas en situación de dependencia, de prevención da situación de dependencia e do agravamento desta, así como de promoción da autonomía persoal das persoas maiores residentes nese concello.

22.9.2022

80.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Centro Asociado da UNED da Coruña, para o financiamento do programa UNED Sénior no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Xuventude a través da concesión directa a favor do Centro Asociado de UNED da Coruña para a a consolidación do programa UNED Sénior, para desenvolver no ano 2022, que é unha oferta de estudos para aquel sector da sociedade maior que concluíu a súa vida laboral e demanda un novo tipo de formación actualizada e axeitada ás súas inquedanzas formativas e intereses culturais.

22.9.2022

13.860,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Universidade de Vigo, para o financiamento do Programa universitario para maiores no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Xuventude a través da concesión directa dunha subvención a favor da Universidade de Vigo, para a realización nos seus campus de Ourense, Pontevedra e Vigo, dun programa universitario específico denominado Programa universitario para maiores no exercicio 2022.

23.9.2022

32.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e as universidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Vigo, para o financiamento do proxecto de democratización do coñecemento no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Xuventude a través da concesión directa dunha subvención a favor das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para o desenvolvemento do proxecto de democratización do coñecemento, potenciando e difundindo o coñecemento científico e artístico a toda a poboación maior de cincuenta anos das comarcas en que se desenvolverá o dito proxecto.

29.9.2022

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, para o financiamento do programa e das actuacións das Aulas Sénior de Galicia da entidade para o exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Xuventude a través da concesión directa dunha subvención a favor da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, para o mantemento do programa e das actuacións das Aulas Sénior de Galicia da entidade durante o exercicio 2022.

28.10.2022

190.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Concello de Lousame, para o financiamento do Programa integral de envellecemento activo e prevención da dependencia no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a través da concesión dunha subvención a favor do Concello de Lousame, para a realización das actuacións do Programa integral de envellecemento activo e prevención da dependencia que o Concello de Lousame ten previsto desenvolver durante o ano 2022.

11.11.2022

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Concello de Castrelo de Miño, para a realización dun proxecto de actividades para persoas maiores e persoas en situación de vulnerabilidade, no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a través da concesión dunha subvención a favor do Concello de Castrelo de Miño, para a realización de actividades que ten previsto desenvolver o Concello durante o ano 2022 dirixidas ás persoas maiores e persoas en situación de vulnerabilidade residentes nese concello.

5.12.2022

40.631,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación O Castro de Baión-Vilanova de Arousa, para o financiamento dos gastos derivados da execución do Programa de dinamización e acompañamento ás persoas maiores dentro do proxecto de envellecemento activo no rural no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Xuventude a través da concesión directa dunha subvención a favor da Asociación O Castro de Baión-Vilanova de Arousa, dos gastos derivados da execución do Programa de dinamización e acompañamento ás persoas maiores dentro do proxecto de envellecemento activo no rural no exercicio 2022.

16.12.2022

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Casa da Muller, para o financiamento dun proxecto de promoción da autonomía persoal no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte de Consellería de Política Social e Xuventude a través da concesión dunha subvención, a favor da Asociación Casa da Muller, dos gastos derivados da execución dun proxecto de promoción da autonomía persoal da asociación, na aldea do Couto, en Ponteceso, no exercicio 2022, denominado Universidade Rural Aldea do Couto.

16.12.2022

16.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Concello de Palas de Rei, para a realización dun proxecto de autonomía persoal das persoas maiores no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a través da concesión directa dunha subvención a favor do Concello de Palas de Rei para a realización das actuacións que o Concello ten previsto desenvolver durante o ano 2022, de cara á realización dun proxecto de actividades dirixido ás persoas maiores e persoas en situación de vulnerabilidade usuarias do Centro de Día e residentes nese concello.

20.12.2022

25.679,97 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Concello de Lalín para o financiamento do Programa de respiro familiar Lalín activa para o exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a través da concesión dunha subvención a favor do Concello de Lalín para a realización das actuacións do Programa de conciliación e respiro familiar Lalín activa, de cara a proporcionar espazos de esparexemento dirixidos ás persoas maiores, partindo das necesidades de conciliación e respiro familiar demandadas polos seus familiares para fomentar a conciliación laboral e do tempo libre.

20.12.2022

75.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Española de Ayuda a la Investigación en Párkinson, para o financiamento do proxecto de información e sensibilización social, captación de fondos para a investigación e mantemento do párkinson para o exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Xuventude a través da concesión directa dunha subvención a favor da Fundación Española de Ayuda a la Investigación en Párkinson, destinada á realización de actuacións para difundir a información e sensibilización social e á captación de fondos para a investigación e o mantemento do párkinson durante o exercicio 2022, cos medios necesarios para a súa consecución.

27.12.2022

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización e o desenvolvemento dun encontro informático no ano 2022.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención, a favor da Fundación Semana Verde de Galicia, á organización e ao desenvolvemento durante tres días, entre os meses de setembro a novembro de 2022, dun encontro informático, punto de referencia para a xuventude no eido das novas tecnoloxías; combinando actividades educativas, lúdicas, formativas e culturais, e que levará a cabo a Fundación Semana Verde de Galicia.

29.9.2022

50.000,00 €

Acordo de prórroga para o ano 2023 do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Servizo Galego de Saúde para a implantación do Programa de acompañamento nos hospitais e centros de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prorrogar por outro ano o convenio de colaboración subscrito o 13 de xaneiro de 2020, entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Servizo Galego de Saúde, para a implantación do Programa de acompañamento nos hospitais e centros de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia, con efecto desde o día 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de decembro de 2023.

24.10.2022

Sen custo

Convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña e a Consellería de Política Social e Xuventude, para o recoñecemento de créditos do sistema europeo de transferencia de créditos.

Establecer unha canle de colaboración para a posta en marcha dun proxecto orientado a que as persoas universitarias que participen en programas de voluntariado impulsados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social e Xuventude e se desenvolvan en calquera das áreas definidas na Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria, vexan acreditadas estas actividades como recoñecemento académico en virtude do Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, que regula os créditos universitarios consonte a normativa de transferencia e recoñecemento de créditos da Universidade da Coruña.

24.10.2022

Sen custo

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Política Social e Xuventude, para o recoñecemento de créditos do sistema europeo de transferencia de créditos.

Establecer unha canle de colaboración para a posta en marcha dun proxecto orientado a que as persoas universitarias que participen en programas de voluntariado impulsados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social e Xuventude e que se desenvolvan en calquera das áreas definidas na Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria, vexan acreditadas estas actividades como recoñecemento académico en virtude do Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, que regula os créditos universitarios consonte a normativa de transferencia e recoñecemento de créditos da Universidade de Santiago de Compostela.

24.10.2022

Sen custo

Convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e a Consellería de Política Social e Xuventude, para o recoñecemento de créditos do sistema europeo de transferencia de créditos.

Establecer unha canle de colaboración cara a posta en marcha dun proxecto orientado a que as persoas universitarias que participen en programas de voluntariado impulsados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social e Xuventude e se desenvolvan en calquera das áreas definidas na Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria, vexan acreditadas estas actividades como recoñecemento académico en virtude do Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, que regula os créditos universitarios e consonte a normativa de transferencia e recoñecemento de créditos da Universidade de Vigo e o Regulamento de recoñecemento de créditos, aprobado no Consello de Goberno da Universidade de Vigo na súa sesión do 10 de outubro de 2016.

24.10.2022

Sen custo

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Galicia Europa para a realización de programas de información sobre a Unión Europea e de proxectos de cooperación europea, destinados á xuventude galega, no exercicio 2022.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Xuventude, a través da concesión directa dunha subvención para a realización dos programas de información e sensibilización da Fundación Galicia Europa sobre a Unión Europea dirixidos á xuventude galega, así como para a preparación e o desenvolvemento pola fundación de proxectos de cooperación europea en beneficio da mocidade galega e portuguesa, durante o ano 2022.

17.11.2022

42.500,00 €