Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2023 Páx. 16960

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ante a imposibilidade de efectuar a comunicación á persoa titular da parcela coa referencia catastral que se relaciona a continuación, por ser esta descoñecida, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a comunicación de xestión da biomasa, coa finalidade de que no prazo de quince (15) días naturais, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para que a persoa interesada no procedemento proceda á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, comunícaselle á persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade dos expedientes administrativos, está á súa disposición no Departamento de Urbanismo do Concello de Fene, sito no segundo andar do edificio do Concello, na praza do Alcalde Ramón José Souto, s/n, Fene.

Número de expediente

Referencia catastral

Localización

2022/I004/000092

15036A02900198

Camiño do Castelo, Limodre

Fene, 6 de febreiro de 2023

Juventino José Trigo Rey
Alcalde