Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2023 Páx. 17147

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Rosal

ANUNCIO polo que se aproba a oferta de emprego público ordinaria para o ano 2023.

A Xunta de Goberno local deste concello, en sesión ordinaria do día 9 de febreiro de 2023, aprobou, entre outros, a oferta de emprego público ordinaria para o ano 2023, segundo a seguinte desagregación:

Persoal funcionario

Dotación

Vacante

Denominación

Grupo/subgrupo

Escala/subescala/clase

Nivel

Quenda

1

1

Conserxe de
edificios públicos

AP

Administración xeral

12

Libre

Persoal laboral

Dotación

Vacante

Denominación

Grupo/subgrupo

Escala/subescala/clase

Nivel

Quenda

1

1

Xefe de equipo

Asimilado C2

Administración especial

17

Promoción interna

2

2

Oficiais de
servizos varios

Asimilado C2

Administración especial

17

Promoción interna

O que se fai público para xeral coñecemento. Advírtese aos interesados de que contra o dito acordo poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Xunta de Goberno local, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Tamén poderán interpoñer alternativamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, de conformidade co establecido nos artigos 30, 114.c) e 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 8, 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso optar pola interposición do recurso de reposición, non poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que haxa notificación da resolución expresa do recurso de reposición ou transcorrese un mes desde a súa interposición sen recibir a notificación, data en que poderá entenderse desestimado por silencio administrativo.

O Rosal, 13 de febreiro de 2023

Ánxela Fernández Callís
Alcaldesa