Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2023 Páx. 17380

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 18 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 27 de febreiro do 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de maio de 2022 (DOG núm. 97, do 20 de maio), modificado pola Resolución do 3 de xuño de 2022 (DOG núm. 109, do 8 de xuño) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG núm. 115, do 18 de xuño),

acordou:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, así como cos criterios de corrección, valoración e superación do terceiro exercicio deste tribunal con data do 3 de xaneiro de 2023, superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dezasete puntos e medio (17,5 puntos). Tal e como establece a convocatoria, non se sumaron as cualificacións das dúas partes de que consta o terceiro exercicio se a cualificación obtida en calquera delas foi inferior a 8,75 puntos, caso en que non se considera superado o exercicio.

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.3.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Declarar exentas de realizar o cuarto exercicio da fase de oposición do proceso selectivo a todas as persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio, por ter acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral de Función Pública, de acordo co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria.

Quinto. Declarar rematada a fase de oposición del proceso selectivo.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2023

José Ángel Mourelo Ortueta
Presidente del tribunal