Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2023 Páx. 17317

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2023 pola que se convocan cursos descentralizados no ámbito da formación continua para o persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 43 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, establece que o persoal do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia estará formado tanto por persoal de carácter profesional de servizos que realicen algunha actividade relacionada coa xestión de riscos e de emerxencias como por persoal voluntario de entidades ou organizacións públicas ou privadas sen ánimo de lucro que teñan como fin a protección das persoas, dos bens e do ambiente en situacións de xestión de riscos e de emerxencias. Segundo o artigo 44 da citada lei, este persoal organizarase en grupos operativos.

Mediante a Resolución do 2 de agosto de 2010 publicouse o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga), onde se establecen a estrutura de dirección e coordinación e as unidades organizativas para facer fronte dun xeito coordinado ás emerxencias que poidan producirse en Galicia derivadas de riscos naturais, tecnolóxicos ou antrópicos.

Aprobado o programa anual de actividades para o ano 2023 da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), conforme o establecido no artigo 46 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, e na Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a convocatoria dos cursos descentralizados no ámbito da formación continua para o persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao primeiro semestre do ano 2023, cuxas bases e características, se especifican nos anexos desta resolución.

A Estrada, 7 de marzo de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Actividades formativas

As actividades formativas serán as que se especifican no anexo II desta resolución, no cal se indica tamén, de ser o caso, o número de edicións por curso, número de horas lectivas, número de prazas, datas de realización e horarios dos distintos cursos. As actividades formativas terán preferentemente horario de mañá e tarde.

De ser o caso, as persoas seleccionadas nas diferentes actividades formativas serán notificadas por correo electrónico de calquera outra información necesaria.

Segunda. Contido das actividades formativas

O contido das diferentes actividades formativas convocadas pola presente resolución pode consultarse na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública (http://agasp.xunta.gal) na epígrafe «Formación de colectivos».

Terceira. Destinatarios/as

Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia.

Este persoal forma parte do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia).

Cuarta. Requisitos de participación dos/das solicitantes

1. Requisitos xerais:

a) Ter superado o curso básico de protección civil.

b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.

A agrupación/asociación de voluntarios de protección civil a que pertenza o solicitante deberá estar inscrita regulamentariamente no Rexistro de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia (RGAVPC).

2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou co desempeño das funcións correspondentes ao curso a que se opta, mediante declaración que se efectuará xunto coa solicitude de matrícula no curso, e será obriga de cada alumno/a poñer en coñecemento da Agasp calquera alteración relacionada con ela.

3. Para realizar o curso de desfibrilación externa semiautomática (DESA), os/as solicitantes deberán acreditar ser maiores de idade.

Quinta. Solicitudes

a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.gal); non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o teléfono móbil, co obxecto de posibles comunicacións. No suposto de non seren correctos ou exactos tales datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados aos interesados.

b) As persoas que non sexan usuarias da páxina web da Agasp deberán previamente darse de alta nela, para o que é necesario facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

c) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á Agasp a través dos números de teléfono 886 20 61 37, 886 20 61 38 e 886 20 61 11 ou do enderezo de correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

d) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

e) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normalizado ou sexan presentadas fóra de prazo.

f) Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nunha ou en varias sesións presenciais. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles.

g) Se as solicitudes para participar nun curso non superan o 50 % das prazas convocadas, a Agasp reserva para si a facultade de anular a actividade formativa.

Sexta. Prazo de inscrición

O prazo de inscrición será de dez (10) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que reúnan os requisitos do curso, poderá completarse o alumnado asignado a este mediante a apertura dun novo prazo público de presentación de solicitudes na páxina web da Agasp, coa antelación posible en función da data do curso e para que teña lugar unha adecuada selección das persoas candidatas.

Sétima. Criterios xerais de selección

Os criterios xerais de selección son os que a continuación se relacionan e na orde indicada, sen prexuízo de que algúns cursos requiran criterios específicos, os cales se indicarán na ficha de cada acción formativa concreta publicada na páxina web da Agasp, http://agasp.xunta.gal

1º. De acordo co artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, en cada edición do curso reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.

2º. Reservarase un 40 % das prazas ás persoas con residencia no concello onde se realice o curso.

3º. Teñen preferencia as persoas con residencia na provincia onde se realice o curso.

4º. Teñen preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos.

5º. Teñen preferencia as solicitudes por orde de presentación.

Cando no proceso de selección non se completasen as reservas establecidas nos puntos 1º e 2º, as ditas reservas, de existir suficiente número de solicitantes, completaranse co resto de solicitudes.

Unicamente serán seleccionadas aquelas persoas que non realizase o curso solicitado nos últimos cinco anos, excepto as persoas que solicitaran o curso Desfibrilación externa semiautomática, que poderán ser seleccionadas aquelas que non houberan realizasen o curso nos últimos dous anos.

Oitava. Admisión

A Agasp publicará na súa páxina web, http://agasp.xunta.gal, unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os/as alumnos/as seleccionados serán informados da súa selección a través do correo electrónico e tamén, para quen facilite un número de teléfono móbil, a través de mensaxe telefónica.

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.

A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, e cunha antelación mínima de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

A Agasp reserva para si o dereito de solicitar todos aqueles datos que considere necesarios para a adecuada realización da selección.

Novena. Uniformidade

É obrigatorio asistir ao curso co uniforme de traballo. As persoas que incumpran esta norma poderán ser dadas de baixa na actividade.

Décima. Dereitos e deberes do alumnado participante

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp.

Décimo primeira. Faltas de asistencia

O Regulamento de réxime interior da Agasp regula no seu artigo 16 as faltas de asistencia nos cursos:

1. A asistencia ás clases e actividades comprendidas no programa do curso é obrigatoria. As faltas que as/os alumnas/os acumulen deberán xustificarse debidamente e penalizaranse disciplinariamente en caso contrario.

2. A/o alumna/o que, por enfermidade ou algunha outra causa xustificada, perda máis do 10 % das clases do curso de formación será declarado non apto e poderá incorporarse ao curso seguinte ou cando a causa determinante llo permita.

De ser necesario, e só nos casos en que a inasistencia ás clases estea motivada por accidente ou lesión sufridos con ocasión da actividade académica, o director xeral poderá considerar a conveniencia ou a oportunidade de permitir ao/á alumno/a poder recuperar ata un determinado número de horas e participar posteriormente nun exame extraordinario para poder superar o curso sen ter que repetilo.

3. No entanto, aínda que as ausencias acumuladas non cheguen á porcentaxe sinalada, a/o alumna/o poderá verse obrigado a recuperar todas ou parte das horas perdidas ao longo do curso. Neste caso a xefatura de ensino proporá ao director xeral o número de horas que se deban recuperar, tendo en conta, en cada caso concreto, o tipo de xustificación presentada para cada ausencia, así como o número total destas e o comportamento e a actitude da/do alumna/o ao longo do curso.

Décimo segunda. Certificado de aproveitamento

Ao finalizar a actividade entregarase un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada e superen a proba final.

Para superar o curso de desfibrilación externa semiautomática (DESA), os/as alumnos/as deberán obter na proba final un mínimo do 75 % da puntuación máxima, a dita proba final constará de 25 preguntas.

Décimo terceira. Facultades da Agasp

A Agasp poderá modificar sen necesidade de nova publicación o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Agasp tamén poderá, sen necesidade de nova publicación, suprimir o curso, cambiar as datas ou o lugar da súa realización, ampliar novas edicións ou prazas deste, ou suspendelo, cando así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización ou docencia, especificamente, poderase suprimir o curso cando o alumnado admitido antes da data de inicio non supere o 50 % das prazas convocadas.

Así mesmo, facúltase o director xeral para ditar resolución sen necesidade de nova publicación para interpretar, se for o caso, o desenvolvemento da convocatoria ou docencia.

ANEXO II

Cursos presenciais descentralizados no ámbito da formación continua
para o persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil
da Comunidade Autónoma de Galicia

Modalidade semipresencial

Denominación do curso

Modalidade

Provincia

Lugar

Horas lectivas

Prazas

Datas

Parte en liña

Parte práctica

Exame

Accidentes na estrada

Semipresencial

A Coruña

Padrón

34

30

Do 9 de maio ao 2 de xuño

3 de xuño

5 de xuño

Accidentes na estrada

Semipresencial

Ourense

Maceda

34

30

Do 2 ao 26 de maio

27 de maio

29 de maio

Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais

Semipresencial

A Coruña

Muros

40

30

Do 30 de marzo ao 28 de abril

29 de abril

2 de maio

Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais

Semipresencial

Ourense

O Pereiro de Aguiar

40

30

Do 13 de abril ao 12 de maio

13 de maio

15 de maio

Organización e seguridade en eventos multitudinarios, probas deportivas e de motor

Semipresencial

A Coruña

Narón

16

30

Do 30 de maio ao 9 de xuño

10 de xuño

12 de xuño

Organización e seguridade en eventos multitudinarios, probas deportivas e de motor

Semipresencial

Ourense

Esgos

16

30

Do 30 de maio ao 9 de xuño

10 de xuño

12 de xuño

Coordinación de incendios en situación 2

Semipresencial

A Coruña

Zona Concello da Coruña

20

30

Do 2 ao 15 de maio

16 de maio

18 de maio

Coordinación de incendios en situación 2

Semipresencial

Ourense

Verín

20

30

Do 19 de maio ao 2 de xuño

3 de xuño

5 de xuño

Busca de persoas desaparecidas

Semipresencial

A Coruña

Pontedeume

20

30

Do 2 ao 16 de xuño

17 de xuño

19 de xuño

Busca de persoas desaparecidas

Semipresencial

Ourense

Xunqueira de Espadanedo

20

30

Do 9 ao 21 de xuño

24 de xuño

28 de xuño

Condución de vehículos todoterreo

Semipresencial

A Coruña

As Pontes de García Rodríguez

20

16

Do 5 ao 16 de abril

20 de abril

24 de abril

Condución de vehículos todoterreo

Semipresencial

A Coruña

Santa Comba

20

16

Do 5 ao 16 de abril

21 de abril

24 de abril

Condución de vehículos todoterreo

Semipresencial

Lugo

Monforte de Lemos

20

16

Do 5 ao 16 de abril

18 de abril

24 de abril

Condución de vehículos todoterreo

Semipresencial

Lugo

Meira

20

16

Do 5 ao 16 de abril

19 de abril

24 de abril

Condución de vehículos todoterreo

Semipresencial

Ourense

A Rúa

20

16

Do 29 de marzo ao 9 de abril

11 de abril

17 de abril

Condución de vehículos todoterreo

Semipresencial

Ourense

Toén

20

16

Do 29 de marzo ao 9 de abril

12 de abril

17 de abril

Condución de vehículos todoterreo

Semipresencial

Pontevedra

Figueirido

20

16

Do 29 de marzo ao 9 de abril

13 de abril

17 de abril

Condución de vehículos todoterreo

Semipresencial

Pontevedra

A Estrada

20

16

Do 29 de marzo ao 9 de abril

14 de abril

17 de abril

Modalidade presencial

Denominación do curso

Modalidade

Provincia

Lugar

Horas lectivas

Prazas

Datas

Accidentes na estrada

Presencial

A Coruña

Carballo

34

20

19, 20, 21, 27 e 28 de maio

Desfibrilación externa semiautomática

Presencial

A Coruña

Ferrol

5

24

6 de maio

Desfibrilación externa semiautomática

Presencial

A Coruña

Betanzos

5

24

13 de maio

Desfibrilación externa semiautomática

Presencial

A Coruña

Boiro

5

24

27 de maio

Desfibrilación externa semiautomática

Presencial

Lugo

Cervantes

5

24

4 de xuño

Desfibrilación externa semiautomática

Presencial

Lugo

Lugo

5

24

1 de abril

Desfibrilación externa semiautomática

Presencial

Lugo

Taboada

5

24

3 de xuño

Desfibrilación externa semiautomática

Presencial

Ourense

Ourense

5

24

29 de abril

Desfibrilación externa semiautomática

Presencial

Ourense

Lobios

5

24

6 de maio

Desfibrilación externa semiautomática

Presencial

Ourense

Verín

5

24

22 de abril

Desfibrilación externa semiautomática

Presencial

Pontevedra

Vigo

5

24

17 de xuño

Desfibrilación externa semiautomática

Presencial

Pontevedra

Pontevedra

5

24

24 de xuño

Curso básico de motoserras

Presencial

A Coruña

Ortigueira

16

20

6-7 de xuño

Curso básico de motoserras

Presencial

Lugo

Lagos de Teixeiro

16

20

8-9 de xuño

Curso básico de motoserras

Presencial

Ourense

Ribadavia

16

20

27-28 de xuño

Curso básico de motoserras

Presencial

Pontevedra

Lalín

16

20

29-30 de xuño

Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais

Presencial

A Coruña

Bergondo

40

20

14, 15, 16, 22 e 23 de abril

Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais

Presencial

Lugo

Lugo

40

20

6, 7, 12, 13 e 14 de maio

Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais

Presencial

Lugo

Monforte de Lemos

40

20

10, 11, 16, 17 e 18 de xuño

Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais

Presencial

Ourense

Cortegada

40

20

14, 15, 16, 21, 22, 23 de abril

Prevención e loita contra incendios urbanos e forestais

Presencial

Pontevedra

O Porriño

40

20

3, 4, 9, 10, 11 de xuño