Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2023 Páx. 17370

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2023 pola que se amplía o prazo máximo de execución dos proxectos e de presentación da xustificación e solicitude de cobramento da Resolución do 16 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios 2022), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG421A).

O 17 de marzo de 2022 publicouse no DOG núm. 53 a Resolución do 16 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios 2022).

No punto cuarto do resolvo establécense os prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento.

Así, establécese que o prazo de execución se iniciará o 1 de xaneiro de 2022, ben que o proxecto para o cal se solicita a axuda non poderá estar executado integramente no momento de presentar a solicitude de axuda, e rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 30 de setembro de 2022, para as solicitudes con accións que se van realizar ata esta data, e o 31 de marzo de 2023, para solicitudes con accións que se van realizar ata esta data.

Tendo en conta o elevado número de solicitudes recibidas e a posta en marcha dunha nova aplicación para a xestión da subvención que motivou a demora na resolución das solicitudes, é necesario ampliar o prazo de execución e solicitude de cobramento establecido para os proxectos, de maneira que se poida dar cumprimento ao establecido no artigo 15 das bases da convocatoria que regula a modificación da resolución.

Polo anteriormente exposto e de conformidade co disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas,

RESOLVO:

Artigo 1

Ampliar ata o 30 de abril de 2023 o prazo máximo para a execución do proxecto e solicitude de cobramento establecido no resolvo cuarto da Resolución de 16 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios 2022).

Artigo 2

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2023

Fernando Guldrís Iglesias
Director do Instituto Galego de Promoción Económica