Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2023 Páx. 17656

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dodro

ANUNCIO da convocatoria dos procesos selectivos, polo sistema de concurso, correspondentes ás prazas de estabilización do emprego temporal incluídas na oferta de emprego público extraordinaria de 2022.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 15, do 23 de xaneiro de 2023, publicáronse integramente as bases xerais e específicas da convocatoria para a estabilización do emprego temporal da oferta de emprego público extraordinaria de 2022.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Dodro, 20 de febreiro de 2023

Francisco Xabier Castro Tourís
Alcalde