Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2023 Páx. 17655

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bóveda

ANUNCIO da convocatoria dun posto de administrativo/a adxunto á secretaría.

Pola Resolución de Alcaldía do 3 de marzo de 2023 aprobáronse as bases que deberán rexer a provisión dunha praza de administrativo/a adxunto á secretaría, pertencente á OEP de 2023, en réxime de funcionario de carreira, mediante o sistema de concurso-oposición, pola quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As bases e os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, así como no taboleiro físico e electrónico deste Concello (https://concellodeboveda.sedelectronica.es).

Bóveda, 7 de marzo de 2023

José Manuel Arias López
Alcalde