Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2023 Páx. 17654

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Becerreá

ANUNCIO do proceso ordinario de selección de persoal funcionario para o acceso en propiedade a unha praza de auxiliar administrativo do Concello de Becerreá, incluído no cadro de persoal do Concello de Becerreá, por oposición libre (OEP 2023).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 39, do 16 de febreiro de 2023, publícanse integramente a convocatoria e as bases que rexerán o proceso ordinario de selección de persoal funcionario para o acceso en propiedade a unha praza de auxiliar administrativo do Concello de Becerreá incluído no cadro de persoal, aprobadas pola Resolución da Alcaldía do 10 de febreiro de 2023.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Becerreá no enderezo https://concellodebecerrea.sedelectronica.gal

Becerreá, 16 de febreiro de 2023

Manuel Martínez Núñez
Alcalde presidente