Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2023 Páx. 17885

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Universitario da Defensa - Escola Naval Militar de Marín

RESOLUCIÓN D16/2023, do 1 de marzo, pola que se nomea profesor contratado doutor a Jorge Feijoo Conde (PCD-24).

De conformidade coa proposta de provisión elevada pola Comisión de Selección nomeada para xulgar as probas selectivas da praza de profesor contratado doutor PCD-24 do Centro Universitario da Defensa localizado na Escola Naval Militar (en diante, CUD-ENM), convocada pola Resolución D59/2022, do 4 de novembro (DOG do 15 de novembro), e logo de que o candidato proposto presentase a documentación a que fai referencia a base 7.1 da convocatoria, esta dirección, no uso das súas atribucións, resolveu nomear a Jorge Feijoo Conde, con DNI ***1098**, profesor contratado doutor do CUD-ENM.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato pola persoa interesada.

Marín, 1 de marzo de 2023

José Martín Davila
Director do Centro Universitario da Defensa da
Escola Naval Militar de Marín