De conformidade coa proposta de provisión elevada pola Comisión de Selección nomeada para xulgar as probas selectivas da praza de profesor contratado doutor PCD-25 do Centro Universitario da Defensa localizado na Escola Naval Militar (en diante, CUD-ENM), convocada pola Resolución D59/2022, do 4 de novembro (DOG do 15 de novembro), e logo de que a candidata proposta presentase a documentación a que fai referencia a base 7.1 da convocatoria, esta dirección, no uso das súas atribucións, resolveu nomear a Lorena González Gil, con DNI ***0943**, profesora contratada doutora do CUD-ENM.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato pola persoa interesada.
Marín, 1 de marzo de 2023
José Martín Davila
Director do Centro Universitario da Defensa da
Escola Naval Militar de Marín