Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2023 Páx. 18049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2022 pola que se somete a información pública a aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico (PTL) de Vigo.

Antecedentes:

O Consorcio da Zona de Franca de Vigo pretende cubrir o déficit de solo empresarial na área funcional de Vigo e dar resposta á necesidade de dotar a zona de Vigo dun ámbito de actuación no cal se poidan implantar as empresas de diferentes sectores produtivos que pretenden situar ou ampliar os seus proxectos nesta zona. Para tal fin, decidiu acometer o proxecto de ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, xa existente, nunha superficie aproximada de 252.484 m2.

Esta actuación, debido ao interese público xeral suscitado na comarca de Vigo e nos municipios limítrofes, foi incluída entre as recollidas no Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia, aprobado mediante a Resolución do 5 de maio de 2014, modificado posteriormente mediante o Acordo aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 29 de novembro de 2018, e desenvolvida a través dun proxecto sectorial tramitado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) por proposta do propio Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Esta actuación non se desenvolve a través do plan municipal en que estaba recollida como consecuencia da anulación do Plan xeral do ano 2008 mediante sentenza xudicial ditada polo Tribunal Supremo o 10 de novembro de 2015, polo que desde ese momento retomou a súa vixencia o PXOU do ano 93, o cal non recollía a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo ao xustificar que a planificación desta actuación se realizaría a través do proxecto sectorial para a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo en desenvolvemento do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (PSOAEG).

O Consello da Xunta de Galicia, mediante o Acordo do 17 de abril de 2020 (DOG núm. 99, do 25 de maio), aprobou de maneira definitiva o proxecto sectorial de ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo. A aprobación deste instrumento urbanístico leva implícita, ademais, a declaración de prevalencia dos intereses públicos do proxecto sectorial, así como a necesidade de ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para a súa execución, tal como establecen o artigo 85 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 42 do Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e de rehabilitación urbana.

En consecuencia, encontrámonos ante unha actuación urbanística para a creación de solo empresarial no cal participan, en consenso co Concello de Vigo, o Consorcio da Zona de Franca de Vigo, en canto promotor e executor do ámbito, sendo o Consorcio da Zona de Franca de Vigo quen actúa como parte beneficiaria da expropiación e o IGVS, que actúa como Administración competente para dotar toda esta actuación da necesaria cobertura xurídica mediante a tramitación e aprobación do correspondente proxecto sectorial e, ao mesmo tempo, como Administración titular da potestade expropiatoria.

O día 20 de maio de 2021, o Consorcio da Zona Franca de Vigo presenta para a súa oportuna tramitación o proxecto de expropiación de bens e dereitos afectados pola ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, redactado pola empresa Calixto Escariz, S.L.U., no IGVS, que actúa como expropiador da citada actuación.

O proxecto recibiu informe do Servizo de Planificación e Ordenación do Solo da Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade con data do 17 de agosto de 2022.

Consideracións legais:

O procedemento do expediente expropiatorio iníciase en virtude da aprobación definitiva do proxecto sectorial de ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo. A aprobación deste instrumento urbanístico leva implícita, ademais, a declaración de prevalencia dos intereses públicos do proxecto sectorial, así como a necesidade de ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para a súa execución, de conformidade cos artigos 117.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 290.2 do Decreto 143/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, nos cales establecen que a expropiación se aplicará por polígonos completos e abranguerá todos os bens e dereitos incluídos neles.

O IGVS goza de potestade expropiadora forzosa en virtude do artigo 4.2 da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do IGVS.

Trátase dunha expropiación urbanística e, como tal, regulada na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, no Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, e no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016.

O artigo 85 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, establece que a aprobación dos instrumentos de planeamento urbanístico implicará a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados para os fins da expropiación ou imposición de servidumes.

O expediente formúlase polo procedemento de taxación conxunta e de acordo co disposto nos artigos 117 e 118 da Lei 2/2016, 42 e seguintes do Real decreto lexislativo 7/2015, e 290 e seguintes do Decreto 143/2016.

Para os efectos de fixación do prezo xusto, o seu pagamento ás persoas propietarias e a ocupación dos predios afectados confeccionouse o oportuno expediente, de acordo coa normativa previamente citada. Este expediente de taxación conxunta ten por obxecto a expropiación por parte do IGVS dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto sectorial de ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, en que o IGVS ten a condición de expropiador e o Consorcio da Zona Franca de Vigo, de beneficiario da expropiación.

A persoa titular da Dirección Xeral do IGVS é o órgano competente para asinar esta resolución, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.2.k) do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do IGVS.

De conformidade co previsto no artigo 118.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e á vista do Informe de supervisión do 27 de xullo de 2022, do Servizo de Planificación e Ordenación do Solo, a Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade

ACORDA:

Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico (PTL) de Vigo.

Someter a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia, o citado proxecto de expropiación forzosa, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Así mesmo, darase audiencia ao Concello de Vigo e notificarase ao Ministerio Fiscal e á Delegación Provincial do Ministerio de Economía e Facenda, e, para os efectos previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Igualmente, os expedientes estarán expostos polo prazo dun mes, á disposición das persoas interesadas, no Concello de Vigo e nas oficinas da Área Provincial do IGVS en Pontevedra, sitas na rúa Alcalde Hevia, 7, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, ademais de na páxina web do IGVS-http://igvs.xunta.gal/. Para acceder de forma presencial aos citados organismos, deberanse ter en conta os protocolos que cada entidade ten establecidos pola COVID-19.

Durante o dito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas, dirixidas á Área Provincial do IGVS en Pontevedra, no enderezo rúa Alcalde Hevia, 7, 36071 Pontevedra, así como nos lugares establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Notificar individualmente as valoracións ás persoas que aparecen como titulares de bens e dereitos nos expedientes, mediante traslado literal da correspondente folla de prezo xusto e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación.

Incorpórase como anexo a relación inicial de bens, dereitos e titulares.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2022

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO I

Relación inicial de bens, dereitos e titulares da ampliación da PTL de Vigo

Núm. de
orde

Referencia catastral

Persoas titulares

Superficie (m2)

Afección

1102

54057A16900575

Novoa Salgueiro, Nicanor

260

Total

1104

54057A16900577

Leiras Estévez, Álvaro

154

Total

1108

54057A16900581

Figueroa Davila, Isabel

145

Total

1111

54057A16900584

Davila Novoa, Carmen

15

Total

1113

54057A16900586

Barreiro Barros, Gloria

20

Total

1114

54057A16900587

Barreiro Barros, Guadalupe e Rodríguez Álvarez, Rodolfo

20

Total

1115

54057A16900587

Correa Barros, Silvino

55

Total

1116

54057A16900588

Davila Abalde, Concepción

30

Total

1120

54057A16900591

Abalde Comesaña, Mª Begoña

115

Total

1121

54057A16900592

Barreiro Abalde, Sara

236

Total

1124

54057A16900595

Pereira Caetano, Sara e Dos Santos Pereira, Armando (cónxuxes)

40

Total

1127

54057A16800259

Alonso Novoa, Benigno

135

Total

1132

54057A16800281

Correa Barros, Silvino

652

Total

1139

54057A16800280

Estévez Lago, José Luis

502

Total

1140

54057A16800280

Estévez Abalde, Juan

507

Total

1141

54057A16800273

Correa Barros, Manuela

71

Total

1142

54057A16800275

Figueiroa Salgueiro, María Yolanda

66

Total

1143

54057A16800276

Seijo Abalde, José Benito

206

Total

1145

54057A16800269

Bastos Román, Pedro

205

Total

1146

54057A16800268

Fernández Rodríguez, Manuel

499

Total

1147

54057A16800266

Barreiro Abalde, María

122

Total

1151

Concello de Vigo

2.261

Total

1153

Muíño

19

Total

1205

54057A16900441

Villar Alonso, Elvira

383

Total

1206

54057A16900442

Abalde Novoa, Áurea

418

Total

1207

54057A16900443

Estévez Abalde, Juan

417

Total

1208

54057A16900446

Caride Alonso, Pacita

651

Total

1209

54057A16900444

Abalde Novoa, Carmen

440

Total

1212

54057A17100502

Abalde Novoa, Áurea

772

Total

1214

54057A17100502

Freiría Balde, Carmen

752

Total

1215

54057A17100498

Abalde Novoa, Áurea

282

Total

1221

54057A17100496

Fernández Vila, José Carlos

1.002

Total

1301

54057A16900447

Caridade Abalde, María del Rosario

152

Total

1302

54057A16900555

Muíño

220

Total

1304

54057A16900476

Novoa Costas, Soledad

27

Total

1305

54057A17000117

Concello de Vigo

79

Total

1307

54057A17000115

Álvarez Fernández, Josefa

132

Total

1308

54057A17000112

Álvarez Vila, Angustias

132

Total

1312

Muíño

232

Total

1317

54057A17000216

Hros. Plamira Vila Nieto

274

Total

1318

54057A17000215

Bastos Román, Luisa

198

Total

2101

54057A16800561

Correa Barros, Manuela

753

Total

2102

54057A16800560

Fomento

97

Total

2103

54057A16800562

Leirós Davila, Guadalupe

213

Total

2104

54057A16800563

Pequeño Vila, Purificación

290

Total

2106

54057A16800644

Rodríguez Leirós, Carmen

764

Total

2109

54057A16800570

Comesaña Estévez, Leonor

440

Total

2110

54057A16800571

Barros Estévez, Juan

417

Total

2111

54057A16800572

Estévez Casanova, Antonio

813

Total

2112

54057A16800573

Iglesias Posada, Digna

989

Total

2114

54057A16800576

Fernández González, Manuel

1.313

Total

2115

54057A16800576

Salgueiro Estévez, Olga

675

Total

2117

54057A16800607

Salgueiro Estévez, Olga

1.391

Total

2122

54057A16800614

Novoa Salgueiro, Indalecio

295

Total

2123

54057A16800615

Correa Barros, Manuela

662

Total

2125

54057A16800702

Barros Estévez, Manuela

940

Total

2130

54057A16800621

Barros Estévez, Juan

360

Total

2131

54057A16800622

Alonso Comesaña, Jesús

594

Total

2133

54057A16800624

Pérez Arca, Leopoldo

969

Total

2202

54057A17100054

Fernández Novoa, Concepción e Novoa Abalde, Beatriz

524

Total

2205

54057A17100058

Piñeiro Pérez, Manuel e Cándido

546

Total

2206

54057A17100059

Bastero Salgueiro, Ubaldo

620

Total

2207A

Fomento

62

Total

2210

54057A17100063

Fomento

319

Total

2210A

Fomento

56

Total

2212

54057A17100111

Comesaña Estévez, Leonor

380

Total

2214

54057A17100066

Barreiro Orge, Consuelo

388

Total

2216

54057A17100109

Orge Costas, José Manuel

416

Total

2218

54057A17100068

Estévez Estévez, Mercedes

254

Total

2219

54057A17100080

Correa Barros, Manuela

23

Total

2222

54057A17100153

Barreiro Abalde, María

276

Total

2223

54057A17100153

Barreiro Abalde, Sara

327

Total

2224

54057A17100153

Hros. Isolina Alonso Porto

234

Total

2225

54057A17100153

Pérez Vila, Cesáreo

244

Total

2226

54057A17100153

Novoa Salgueiro, Indalecio

253

Total

2227

Presa

10

Total

2228

54057A17100085

Domínguez Estévez, Irene

55

Total

2228A

Fomento

254

Total

2229

54057A17100103

Benavides Vila, Sara

937

Total

2230

54057A17100104

Iglesias Estévez, Carmen

1.013

Total

2231

54057A17100105

Leirós Davila, Enedina

1.227

Total

2232

54057A17100106

Benavides Vila, Sara

531

Total

2233

54057A17100107

Hros. Isolina Alonso Porto

589

Total

2240

54057A17100665

Davila Posada, Cándida

392

Total

2242

54057A17100664

Davila Posada, Cándida

322

Total

2244

Fomento

3.836

Total

2303

54057A17100124

Alonso González, José

211

Total

2304

54057A17100125

Román Vila, Nieves

201

Total

2305

54057A17100125

Davila Abalde, Amparo

252

Total

2309

54057A17100131

Hros. Celia Alonso Pérez

212

Total

2316

54057A17100284

Bastero Salgueiro, Ubaldo

618

Total

2320

54057A17100283

Estévez Costas, Etelvina

445

Total

2321

54057A17100284

Materiales Construcción Fernando Alonso, S.L.

446

Total

2323

54057A17100667

Alonso Alonso, Fernando

473

Total

2324

54057A17100280

Rodríguez Alonso, Emilia

340

Total

2327

54057A17100276

Vila Vila, Manuel

358

Total

2328

54057A17100275

Fernández Vila, Dolores

595

Total

2329

54057A17100278

Comesaña Alonso, María

641

Total

2330

54057A17100366

Piñeiro Alonso, Elvira

742

Total

2331

54057A17100367

Pérez Abalde, Esperanza

812

Total

2333

54057A17100369

Gómez Romero, Margarita

431

Total

2401

54057A17100371

Pérez Estévez, Eduardo

775

Total

2402

54057A17100372

Comesaña Abalde, Antonio

124

Total

2403

54057A17100372

Costas Abalde, Mercedes

108

Total

2405

54057A17100372

Abalde Fernández, Antonio

121

Total

2406

54057A17100373

Rodríguez Bastos, Engracia

353

Total

2407

54057A17100374

Vila Barros, Purificación

311

Total

2417

54057A17100427

Alonso Correa, José Fernando

460

Total

2419

54057A17100425

Vila Fernández, Concepción

112

Total

2420

54057A17100424

Vila Vila, Marisol

506

Total

2421

54057A17100423

Fernández Pérez, Fernando

332

Total

2423

54057A17100385

Veiga Estévez, Antonio

185

Total

2424

54057A17100386

Comesaña Estévez, Leonor

169

Total

2425

54057A17100387

Comesaña Estévez, Mercedes

65

Total

2428

54057A17100269

Da Concepción Barcia, José Manuel

229

Total

2430

54057A17100266

Rodríguez Novoa, Antonio

105

Total

2431

54057A17100266

Costas Costas, José Luis

97

Total

2432

54057A17100267

Davila Gallo, Mabel Alejandra

246

Total

2433

54057A17100382

Hros. José Pequeño Alonso

352

Total

2434

54057A17100384

Barreiro Orge, Consuelo

160

Total

2436

54057A17100271

Estévez Costas, Elvira

646

Total

2440

54057A17100273

Caride Abalde, María del Rosario

286

Total

2442

54057A17100376

Fernández Novoa, Concepción e Novoa Abalde, Beatriz

860

Total

2502

54057A17100275

Rodríguez Novoa, Antonio

956

Total

2503

54057A17100274

Veloso Novoa, Emilia

831

Total

2505

54057A17100143

Estévez Costas, Elvira

918

Total

2506

54057A17100144

Estévez Costas, Elvira

918

Total

2507

54057A17100145

Estévez Posada, Herminia

749

Total

2508

54057A17100146

Bastero Estévez, Fernando

387

Total

2509

54057A17100147

Correa Barros, Manuela

384

Total

2511

54057A17100149

Posada Freiría, Amelia

683

Total

2514

54057A17100152

Vila Vila, Manuel

995

Total

2519

54057A17100158

Vila Pérez, Manuela

602

Total

2520

54057A17100159

Rodríguez Alonso, Emilia

902

Total

2521

54057A17100160

Pérez Arca, Leopoldo

608

Total

2522A

Fomento

142

Total

2523A

Fomento

57

Total

2526

54057A17100236

Rodrígez Novoa, José

183

Total

2527

54057A17100671

Nieto Leirós, Eulalia

259

Total

2528

54057A17100257

Vila Nieto, José

436

Total

2532

54057A17100238

Piñeiro Alonso, Elvira

720

Total

2533

54057A17100239

Hros. Amelia Pérez Vila

477

Total

2535

54057A17100259

Comesaña Abalde, María Paz

241

Total

2536

54057A17100254

Costas Comesaña, Eva María

529

Total