Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2023 Páx. 18407

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, mediante persoal funcionario de carreira e polo sistema de oposición libre, de dúas prazas de policía, do corpo da Policía Local, incluídas nas ofertas de emprego público de 2021 (1) e 2022 (1).

No Boletín Oficial da provincia (BOP) da Coruña núm. 39, do 27 de febreiro de 2023, publicáronse integramente as bases que rexerán na convocatoria para a provisión de dúas (2) prazas de policía, do corpo da Policía Local do Concello das Pontes de García Rodríguez, incluídas nas ofertas de emprego público da entidade local dos exercicios de 2021 (1) e 2022 (1).

A provisión das prazas levarase a cabo por oposición libre, consonte o establecido no artigo 35 da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

As Pontes de García Rodríguez, 27 de febreiro de 2023

O alcalde
P.D. (Decreto 993/2019, do 24 de xuño; BOP núm. 121, do 28 de xuño)
Ana María Pena Purriños
Concelleira delegada da Área de Recursos Humanos, Industria e Emprego