Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2023 Páx. 18408

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións do sistema xeral E-84B, adscrito ao SU 8, tramitado por instancia da Xunta de Compensación do ámbito (expediente 2010001125).

A Xunta de Goberno Local, en sesión do 10 de febreiro de 2023, acordou prestar aprobación inicial ao Plan especial de infraestruturas e dotacións do sistema xeral E-84B, adscrito ao SU 8, na Granxa, Dorrón, tramitado por instancia da Xunta de Compensación do Polígono Único do Plan Parcial do SU 8.

De conformidade co establecido no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente á información pública polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia, co obxecto de que se poidan formular as alegacións que se consideren procedentes.

O documento inicialmente aprobado pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Sanxenxo (https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal) e nas dependencias municipais do Servizo de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, con cita previa no teléfono 986 72 00 75.

Sanxenxo, 13 de febreiro de 2023

Telmo Martín González
Alcalde presidente