Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2023 Páx. 18462

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural

ORDE do 14 de marzo de 2023 pola que se nomean as persoas que desempeñarán as presidencias e vicepresidencias dos consellos reguladores do ámbito agroalimentario convocados a eleccións mediante a Orde do 7 de novembro de 2022.

Ultimando o proceso de renovación dos órganos de goberno dos quince consellos reguladores convocados a eleccións mediante a Orde da Consellería do Medio Rural do 7 de novembro de 2022 (DOG núm. 214, do 10 de novembro) e tras a elección polos seus plenos das persoas que ocuparán as súas presidencias e vicepresidencias, consonte as atribucións que teño conferidas polo Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores,

DISPOÑO:

Artigo único. Nomeamento das persoas que ocuparán as presidencias e as vicepresidencias dos consellos reguladores convocados a eleccións pola Orde do 7 de novembro de 2022

Noméanse as seguintes persoas para ocupar as presidencias e as vicepresidencias dos consellos reguladores convocados a eleccións a través da Orde do 7 de novembro de 2022:

a) Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei:

Presidencia: Jonatás Gago García.

Vicepresidencia: Manuel Vázquez Losada.

b) Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas:

Presidencia: Isidoro Serantes Serantes.

Vicepresidencia: Carballal Vázquez Abal, S.L., representada por Juan Carlos Vázquez Abal.

c) Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra:

Presidencia: Antonio Lombardía Crespo.

Vicepresidencia sector produtor: Héctor Ferreiro Abelairas.

Vicepresidencia sector industrial: Adega Cachín, S.C., representada por César Enríquez González.

d) Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro:

Presidencia: Juan Manuel Casares Gándara.

Vicepresidencia: Concepción Iglesias Pousa.

e) Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras:

Presidencia: José Ramón Rodríguez Castellanos.

Vicepresidencia sector produtor: Antonio García Fernández.

Vicepresidencia sector industrial: Adega A Coroa, SAT, representada por Roberto Fernández García.

Vicepresidencia sector cooperativo: Bodega Cooperativa Jesús Nazareno, S.C.G., representada por Manuel Fernández Pérez.

f) Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia:

Presidencia: José Antonio Feijóo Mateo.

Vicepresidencia: Viña Blanca do Salnés, S.A., representada por Sonia Otero Padín.

g) Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa:

Presidencia: Luis Lamas Costa.

Vicepresidencia: Antonio Ferreiro Ferreiro.

h) Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla:

Presidencia: Benigno Pereira Ramos.

Vicepresidencia: Queixería Barral, S.L.U., representada por Juan Carlos Barral Camba.

i) Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa:

Presidencia: Daniel Pérez Pérez.

Vicepresidencia: Queixería Prestes, S.L., representada por Adelaida Fernández Cuba.

j) Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia:

Presidencia: José Manuel Gómez Gómez.

Vicepresidencia sector produtor: Amador Díaz Penín.

Vicepresidencia sector industrial: Patatas Conde, S.L., representada por Diego Conde Ucha.

k) Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia:

Presidencia: María Esther Ordóñez Dios.

Vicepresidencia: Fernando Fernández García.

l) Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea:

Presidencia: Carlos Manuel Rodríguez Rodríguez.

Vicepresidencia: Juan Luis Calviño Testa.

m) Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia:

Presidencia: Jesús Quintá García.

Vicepresidencia: María Páez Pérez.

n) Consello Regulador das Indicacións Xeográficas de Carne de Vacún de Galicia

Presidencia: Jesús González Vázquez.

Vicepresidencia sector produtor: Hermanos González Rodríguez, S.C.G., representada por José Ramón González Rodríguez.

Vicepresidencia sector industrial: Matadero Carballiño, S.L., representada por Emilio Pedro González Iglesias.

ñ) Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia:

Presidencia: Francisco López Valladares.

Vicepresidencia sector produtor: Mónica Brey Baltar.

Vicepresidencia sector industrial, importador e comercializador: Alibos Galicia, S.L., representada por Rocío Freire Rodríguez.

Disposición derradeira única

Esta orde producirá efectos desde o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural