Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2023 Páx. 18798

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Camariñas

ANUNCIO do extracto das convocatorias, das bases xerais e das bases específicas dos procesos selectivos para o ingreso como persoal laboral fixo en prazas incluídas na oferta de emprego público ordinaria do ano 2022.

No Boletín Oficial da provincia (BOP) da Coruña núm. 20, do 30.1.2022, publícanse as bases xerais e no BOP da Coruña núm. 34, do 17.2.2023, publícanse as convocatorias e as bases específicas que regulan os procesos selectivos para o ingreso nas prazas de persoal laboral fixo no Concello de Camariñas, incluídas na oferta de emprego público ordinaria do ano 2022, que a continuación se sinalan:

Denominación da praza: capataz. Grupo: V. Núm. de prazas: 1. Situación laboral: vacante. Sistema de acceso: concurso-oposición. Xornada completa.

Denominación da praza: oficial/a de obras. Grupo: V. Núm. de prazas: 1. Situación laboral: vacante. Sistema de acceso: concurso-oposición. Xornada completa.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e das bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP da Coruña, así como no taboleiro de anuncios da sede electrónica e na páxina web do Concello de Camariñas.

Camariñas, 27 de febreiro de 2023

Sandra Insua Rial
Alcaldesa