Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2023 Páx. 18795

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para ordenación da parcela de equipamento de sistema xeral E-151, do Plan xeral de ordenación municipal.

Expediente: 2587/2020.

O Pleno do Concello de Caldas de Reis, na sesión ordinaria do 23 de febreiro de 2023, aprobou definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para ordenación da parcela de equipamento do sistema xeral E-151 do PXOM, co acordo seguinte:

«(…) Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para ordenación da parcela de equipamento de sistema xeral E-151 do PXOM. Concello de Caldas de Reis, redactado polo arquitecto Antonio Iglesias Álvaro Gracia, promovido por esta administración municipal, coas modificacións resultantes do condicionando imposto no informe previo á aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para ordenación da parcela de equipamento de sistema xeral E-151 do PXOM do Concello de Caldas de Reis, emitido polo Servizo de Urbanismo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e que se indican a continuación:

– O punto 6. Xestión e execución do PEID, das normas urbanísticas do PEID trasládase co mesmo contido ao punto 2.4 da memoria xustificativa, concretando que o sistema de obtención do solo de propiedade privada será por expropiación.

– O punto 4.5. Medidas de integración paisaxística das normas urbanísticas substitúese polo punto 4.5. Ficha do AP-15-R e condicións complementarias, onde se incorpora a ficha do AP-15-R coas ditas medidas de integración como condicións complementarias ás do punto 8. Observacións e recomendacións da ficha do PXOM. Engádense tamén o parágrafo primeiro do punto 2.4.3. e o punto 2.4.4. da memoria xustificativa como condicións que hai que ter en conta na execución futura do PERI do AP-15-R.

– Revísanse as condicións das NTP que son de aplicación, engadindo marcadores no panel de navegación dos arquivos pdf.

– Por último, ocúltanse os datos persoais que aparecían no cadro do anexo 3.3_Listaxe catastral.

Segundo. Publicar o presente acordo no Diario Oficial de Galicia, no prazo dun mes desde a súa adopción, e o documento que contén a normativa e as ordenanzas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, de conformidade co establecido nos artigos 186.4 RLSG en relación cos artigos 82 LSG e 199 RLSG.

Terceiro. Notificar o presente acordo individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás cales xa se lles notificase a aprobación inicial en cumprimento do establecido no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, de conformidade co previsto no artigo 186.4 RLSG in fine.

Cuarto. Remitir á consellería competente en materia de urbanismo da Xunta de Galicia comunicación do acordo de aprobación definitiva, así como un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, do instrumento de planeamento aprobado definitivamente, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, no prazo dun mes desde a data de aprobación definitiva, de conformidade co previsto no artigo 186.4 RLSG en relación cos artigos 88 LSG e 208 a 215 RLSG.

Quinto. Levantar a suspensión de licenzas na área afectada polo Plan especial de infraestruturas e dotacións para ordenación da parcela de equipamento de sistema xeral E-151 do PXOM. Concello de Caldas de Reis, establecida mediante acordo da Xunta de Goberno local, adoptado en sesión ordinaria do 25 de outubro de 2021, para efectos do previsto nos artigos 47.2 LSG e 86.2 RLSG (…)».

O contido íntegro deste plan especial está á disposición de calquera interesado no enderezo electrónico (https://sede.caldasdereis.gal).

O que se fai público para o seu xeral coñecemento, en cumprimento dos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 199 a 208 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado plan especial, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Caldas de Reis, 13 de marzo de 2023

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente