Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2023 Páx. 19098

I. Disposicións xerais

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

DECRETO 21/2023, do 2 de marzo, polo que se modifica o Decreto 211/1996, do 2 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do espazo natural das Fragas do Eume, e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural das Fragas do Eume.

O artigo 149.1.23 da Constitución española atribúelle competencia exclusiva ao Estado para aprobar a lexislación básica sobre protección do ambiente, sen prexuízo das facultades das comunidades autónomas de estableceren normas adicionais de protección. Así mesmo, o seu artigo 148.1.9 dispón que as comunidades autónomas poderán asumir competencias na xestión en materia de protección do ambiente.

O artigo 27.30 do Estatuto de autonomía de Galicia establece a competencia para aprobar normas adicionais sobre a protección do ambiente e da paisaxe nos termos do artigo 149.1.23.

A Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, sinala no seu artigo 31: «Os parques son áreas naturais que, en razón da beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou da súa diversidade xeolóxica, incluídas as súas formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos cuxa conservación merece unha atención preferente».

Na Comunidade Autónoma de Galicia aprobouse a Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, que ten entre os seus obxectivos a protección, restauración e mellora dos recursos naturais e a adecuada xestión dos espazos naturais e da flora e fauna silvestres. Nesta lei tamén aparece a figura do parque natural entre as categorías de espazos naturais protexidos. A Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, derroga a Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, ben que a disposición transitoria sétima recolle no seu punto 2 que o resto dos procedementos administrativos en tramitación no momento da entrada en vigor desta lei se tramitarán pola normativa vixente ao se iniciar a súa tramitación.

Este espazo declarouse como parque natural mediante o Decreto 218/1997, do 30 de xullo, polo que se declara o Parque Natural das Fragas do Eume (DOG nº 153, do 11 de agosto).

O Parque Natural das Fragas do Eume dispón dun plan de ordenación dos recursos naturais, aprobado polo Decreto 211/1996, do 2 de maio (DOG nº 110, do 5 de xuño), que, de conformidade coa normativa de aplicación, establece as directrices que deberá desenvolver o plan reitor de uso e xestión, o cal se elaborará segundo o disposto na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, e na Lei 4/1989, de conservación dos espazos naturais e da flora e fauna silvestres (normas derrogadas polas leis 5/2019, do 2 de agosto, e 42/2007, do 13 de decembro, respectivamente).

Pola súa banda, o artigo 31 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, enumeraba os distintos instrumentos de planificación dos espazos naturais protexidos e establecía que nos parques a xestión se levaría a cabo mediante plans reitores de uso e xestión.

Na actualidade, a Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, norma que derroga a Lei 9/2001, do 21 de agosto, establece o requirimento dun plan reitor de uso e xestión para os parques naturais e as reservas naturais e marca os contidos básicos do plan. Non obstante, este decreto xa estaba en tramitación no momento da aprobación da Lei 5/2019, do 2 de agosto, polo que se continuou a súa tramitación conforme a Lei 9/2001, do 21 de agosto, de acordo co disposto na disposición transitoria sétima da Lei 5/2019, do 2 de agosto.

Este decreto contén tres artigos, unha disposición derrogatoria única, tres disposicións derradeiras e tres anexos.

O artigo 1 refírese á modificación da zonificación do Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural das Fragas do Eume, aprobado polo Decreto 211/1996, do 2 de maio, co obxecto de homoxeneizar as denominacións da zonificación dos distintos parques naturais e delimitar as ditas zonas (sen alterar de ningún modo os límites do espazo protexido), mentres que o artigo 2 aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural das Fragas do Eume, como instrumento de planificación específico que desenvolve o Plan de ordenación dos recursos naturais deste parque natural.

O artigo 3 deste decreto sinala o réxime sancionador de aplicación derivado do incumprimento das premisas establecidas neste instrumento de planificación.

A disposición derrogatoria única derroga determinados preceptos do Decreto 211/1996, do 2 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do espazo natural das Fragas do Eume, para así adecualo á nova zonificación establecida, e cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto nesta disposición.

No referido ás disposicións derradeiras primeira, segunda e terceira, prevé unha habilitación normativa para o desenvolvemento das disposicións precisas mediante orde deste decreto; o prazo de vixencia deste plan reitor, que como mínimo será de dez anos, e a entrada en vigor desta disposición.

En canto ao procedemento de elaboración, este decreto someteuse á participación do público conforme o establecido no artigo 16 da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso ao ambiente.

O 3 de xaneiro de 2018 publícase no Diario Oficial de Galicia número 2 o Anuncio do 7 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se acorda someter a participación pública o documento de inicio do Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural das Fragas do Eume.

Igualmente, de conformidade co artigo 16.1.a) da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente, e para promover unha participación real e efectiva do público na elaboración, modificación e revisión dos plans, programas e disposicións de carácter xeral relacionados co ambiente a que se refiren os artigos 17 e 18 desta lei, as administracións públicas, ao establecer ou tramitar os procedementos que resulten de aplicación, velarán para que se informe o público, mediante avisos ou outros medios apropiados, como os electrónicos cando se dispoña deles, sobre calquera proposta de plans, programas ou disposicións de carácter xeral.

Tendo en conta o establecido no parágrafo anterior e co fin de asegurar que se observen as garantías en materia de participación na elaboración de disposicións de carácter xeral, o día 29 de novembro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 227 o Anuncio do 22 de novembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se acorda someter ao procedemento de información pública o proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 211/1996, do 2 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do espazo natural das Fragas do Eume, e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural das Fragas do Eume.

Con posterioridade ao trámite de información pública, solicitáronse os informes sectoriais preceptivos exixidos pola normativa vixente de aplicación.

Igualmente, incorporáronse ao expediente os informes emitidos pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, polo Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e pola Xunta Reitora do Parque Natural das Fragas do Eume.

Polo exposto, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta de Galicia e da súa Presidencia, por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dous de marzo de dous mil vinte e tres,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da zonificación do Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural das Fragas do Eume

Un. Modifícase o artigo 3 do Decreto 211/1996, do 2 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do espacio natural das Fragas do Eume, que queda redactado como segue:

«Artigo 3

Para facer compatible no parque natural a conservación dos recursos naturais con distintas actividades que se desenvolvan nel, os terreos incluídos no ámbito do plan clasifícanse en catro categorías, en función do estado de conservación dos recursos naturais e da presenza e fraxilidade de elementos físicos e bióticos singulares: zona I, de reserva; zona II, de uso limitado; zona III, de uso compatible, e zona IV, de uso xeral.

3.1. Zona I, de reserva: son aquelas áreas que requiren un alto grao de protección por albergaren os maiores valores naturais, científicos e paisaxísticos, así como pola singularidade dos seus hábitats, especies e comunidades.

Esta zona estará destinada preferentemente a actuacións e usos directamente vinculados coa xestión, investigación, seguimento e recuperación dos compoñentes da biodiversidade e do patrimonio natural. Debido ao seu valor ecolóxico, calquera uso ou actividade que non se consideren dunha forma específica na normativa zonal serán considerados como prohibidos. Ocupa unha superficie total de 432,87 hectáreas.

O seu obxectivo é asegurar a conservación ou, se for o caso, a restauración dos hábitats e poboacións de especies silvestres de fauna e flora, evitando ou anulando a interferencia humana negativa sobre a dinámica dos ecosistemas.

3.2. Zona II, de uso limitado: está constituída por áreas que presentan un elevado grao de naturalidade e que poden soportar un certo nivel de uso público, orientado á investigación, educación e interpretación ambiental e á contemplación da natureza de forma controlada. Garantirase a conservación íntegra dos seus recursos e valores ao mesmo tempo que se permitirán determinados aproveitamentos primarios. Ocupa unha superficie total de 3.395,38 hectáreas.

O seu obxectivo é manter ou, se for o caso, restaurar as paisaxes, os ecosistemas, os hábitats protexidos e as áreas prioritarias para as especies de interese para a conservación nun estado favorable.

3.3. Zona III, de uso compatible: esta categoría inclúe os terreos en que as formacións naturais, xeralmente de mediana calidade e singularidade, soportaron un maior grao de humanización, ou ben presentan boa capacidade para soportar un uso público máis intenso. Nestas zonas permitirase a práctica de usos agropecuarios (forestais, agrícolas e gandeiros) e aproveitamentos tradicionais. Ocupa unha superficie total de 5.238,97 hectáreas.

O seu obxectivo é o mantemento dos usos sustentables por parte da poboación local, evitando aqueles que supoñan un risco grave para a conservación ou dinámica dos hábitats naturais e das poboacións de especies de flora e fauna de interese para a conservación.

3.4. Zona IV, de uso xeral: a zona de uso xeral inclúe terreos desnaturalizados pola actividade humana ou nos cales se xera unha actividade antrópica elevada, como parcelas urbanas, equipamentos e infraestruturas de uso público. Ocupa unha superficie total de 39,30 hectáreas.

Clasificarase como zona de uso xeral todo o solo incluído baixo o réxime de solo urbano, solo urbanizable e solo apto para urbanizar. Inclúe as zonas de dominio público das infraestruturas de comunicación de titularidade estatal, autonómica, provincial ou local, así como todas as infraestruturas construídas con anterioridade á declaración do parque natural.

Os seus obxectivos son propiciar a integración paisaxística das contornas habitadas minimizando os impactos e fomentando a restauración das contornas degradadas, así como o mantemento dos usos tradicionais por parte da poboación local, evitando aqueles que supoñan un risco grave para a conservación ou dinámica dos hábitats naturais e das poboacións de especies de flora e fauna de interese para a conservación».

Dous. Todas as referencias contidas no Decreto 211/1996, do 2 de maio, relativas á zona de reserva natural entenderanse referidas á zona I, de reserva. Do mesmo xeito, todas as referencias relativas á zona de fragas entenderanse referidas á zona II ,de uso limitado. No caso das referencias á zona de repoboacións, zona de mato e pasto e zona de rede fluvial, entenderanse referidas á zona III, de uso compatible.

Tres. O mapa de zonificación do Parque Natural das Fragas do Eume queda establecido no anexo I.

Artigo 2. Aprobación do Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural das Fragas do Eume

1. Apróbase o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural das Fragas do Eume.

2. No anexo II deste decreto recóllese o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural das Fragas do Eume.

3. No anexo III deste decreto recóllese a cartografía correspondente ao Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural das Fragas do Eume.

4. A consellería con competencias en materia de conservación da natureza deberá garantir o acceso permanente na súa web á información contida no plan, incluída a cartografía, e manter actualizada a dita información cando se produzan modificacións ou revisións.

Artigo 3. Réxime de infraccións e sancións

O réxime sancionador aplicable será o recollido na Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, e con carácter complementario, o establecido na Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.

Disposición derrogatoria única. Derrogacións

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ou contradigan o disposto no presente decreto e, en particular, o artigo 6 do Decreto 211/1996, do 2 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do espazo natural das Fragas do Eume.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

Habilítase a persoa titular da consellería competente en materia de conservación da natureza para aprobar, mediante orde, no ámbito das súas competencias, as disposicións precisas para o desenvolvemento deste decreto.

As ditas ordes respectarán o establecido no título III da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente.

Disposición derradeira segunda. Vixencia

O Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural das Fragas do Eume terá unha vixencia de, como mínimo, dez anos e deberase revisar ao terminar o prazo de vixencia establecido ou antes, se for necesario, conforme o estado da ciencia e da técnica ou da aplicación das medidas de seguimento que correspondan.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dous de marzo de dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

missing image file

ANEXO II

Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural das Fragas do Eume

Índice.

1. Memoria.

2. Obxectivos operativos e de xestión.

3. Zonificación.

4. Medidas de uso e xestión.

5. Plan de xestión de emerxencias.

6. Programa de actuacións.

7. Cronograma e programa financeiro.

8. Sistema de seguimento e avaliación.

9. Organización administrativa.

10. Vixencia e revisión do plan.

1. Memoria.

O presente Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural das Fragas do Eume foi elaborado tendo en conta as circunstancias físicas e socioeconómicas que caracterizan o espazo. Ao mesmo tempo, a aplicación das novas tecnoloxías dispoñibles que permiten un coñecemento máis detallado do territorio contribúen á xénese dun documento axustado á realidade territorial, tanto desde o punto de vista ambiental como socioeconómico.

Respecto ao seu contido, o presente plan axústase ao establecido no artigo 56, sección 3ª, da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, que establece que os plans reitores de uso e xestión terán, como mínimo, o seguinte contido:

a) A análise e a diagnose do medio.

b) A zonificación do espazo conforme o contido do Plan de ordenación dos recursos naturais, con delimitación das áreas de diferentes usos.

c) Os obxectivos.

d) As previsións de uso e de aproveitamento.

e) As normas xerais de xestión, coa inclusión, como mínimo, das relativas á vixencia e á revisión do plan.

f) As normas de regulación dos usos e das actividades, así como para a xestión, a protección, a conservación ou a mellora dos recursos naturais e dos valores ambientais, cando resulte preciso completar ou desenvolver as contidas no Plan de ordenación dos recursos naturais.

g) A programación das actuacións para acadar os obxectivos do Plan de ordenación dos recursos naturais que se deben desenvolver no espazo natural, durante a vixencia do Plan reitor de uso e de xestión.

h) O programa de seguimento.

i) A identificación das medidas para garantir a conectividade ecolóxica, establecendo ou restablecendo uns corredores con outros espazos naturais de singular relevancia para a biodiversidade.

j) A memoria económica acerca dos custos e dos instrumentos financeiros previstos para a súa aplicación.

1.1. Introdución.

1.1.1. Antecedentes.

As Fragas do Eume, situadas no sector nororiental da provincia da Coruña, foron declaradas parque natural polo Decreto 218/1997, do 30 de xullo (DOG nº 153, do 11 de agosto).

Por outra banda, no contexto da política de conservación da Unión Europea, a Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, impulsouse a rede europea de espazos protexidos Rede Natura 2000, que se aplica en Galicia. Neste senso, o territorio delimitado no Parque Natural das Fragas do Eume (PNFE) integrou a lista galega de lugares da rexión bioxeográfica atlántica formando parte do LIC ES1110003 «Fragas do Eume». A proposta galega de lugares foi aprobada pola Decisión 2004/813/UE da Comisión, do 7 de decembro, pola que se aproba, de conformidade coa Directiva 92/43/CEE do Consello, a lista de lugares de importancia comunitaria da rexión bioxeográfica atlántica (DOUE L387/1, do 29 de decembro de 2004).

En 2001, a Xunta de Galicia, en virtude das súas competencias en materia de ambiente e de acordo cos termos do artigo 149.1.23 da Constitución e do Real decreto 1535/1984, aprobou a Lei 9/2001, de conservación da natureza de Galicia, que, entre outros aspectos, creou figuras adicionais de protección, entre as que estaban as zonas de especial protección dos valores naturais de Galicia (ZEPVN). O artigo 25.4 desta lei permitiu aplicar un réxime de protección preventiva aos espazos propostos para a Rede Natura 2000, ao declaralos espazo natural protexido mediante a declaración como ZEPVN. Neste contexto, aprobouse o Decreto 72/2004, do 2 de abril (DOG nº 69, do 12 de abril). A última actualización desta lista realizouse mediante a Decisión de execución (UE) 2018/40 da Comisión.

No que a instrumentos de planificación se refire, o Plan de ordenación dos recursos naturais (PORN), aprobado polo Decreto 211/1996, do 2 de maio (DOG nº 110, do 5 de xuño), previamente á declaración e seguindo o procedemento establecido na Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espazos naturais e da flora e fauna silvestres, é o instrumento que rexe a xestión do parque natural. Desta forma, a estrutura e os contidos do PORN das Fragas do Eume son previos á actual lexislación ambiental.

No que á Rede Natura 2000 se refire, a planificación articulouse mediante o Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia, como instrumento de planificación e xestión dos lugares Rede Natura 2000, con carácter de PORN. Non obstante, o artigo 24.1 do Plan director establece que naqueles territorios incluídos no ámbito territorial do Plan director que, pola súa condición de parque nacional ou parque natural, posúen un plan de ordenación dos recursos naturais, o presente plan director considérase complementario dos obxectivos, directrices e normas incluídos nos ditos instrumentos de planificación.

Na actualidade, o marco normativo galego para a conservación dos espazos naturais e da biodiversidade vén dado pola Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, e con carácter básico pola Lei 42/2007, do patrimonio natural e da biodiversidade.

1.1.2. Ámbito de aplicación.

O ámbito de aplicación das normas e directrices contidas neste PRUX referirase ao ámbito territorial dentro dos límites definidos pola declaración do parque natural.

De acordo co artigo 55 da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, os plans reitores de uso e xestión desenvolverán as directrices e criterios emanados do PORN, establecendo as directrices de actuación tanto da Administración como dos particulares no seu ámbito de aplicación para garantir a conservación, protección e mellora dos valores ambientais presentes neles e para fomentar a investigación e un uso público sostible.

O ámbito territorial de aplicación abrangue unha superficie total de 9.106,36 hectáreas (ha) e vén recollido e cartografado no mapa 1 do anexo III, que recolle tamén o deslindamento do dominio público marítimo-terrestre. A súa área de influencia socioeconómica, de acordo coa Lei 5/2019, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, esténdese polos concellos de Cabanas, Pontedeume, A Capela, Monfero e As Pontes de García Rodríguez, todos eles na provincia da Coruña.

O Decreto 218/1997, do 30 de xullo, polo que se declara o Parque Natural das Fragas do Eume, delimita no seu artigo 2 o ámbito territorial do espazo cunha superficie de 9.125,65 ha, e os seus límites defínense no Decreto 211/1996, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais das Fragas do Eume. Da revisión destes límites comprobouse unha diferenza de 19,29 ha menos con respecto ás que figuran no devandito decreto, debido a axustes cartográficos nos límites de concellos segundo a información do Instituto Xeográfico Nacional de España, así como a unha revisión e maior precisión nos elementos cartográficos de apoio na delimitación, como estradas e pistas, límites de predios particulares e de montes públicos, e curvas de nivel.

1.1.3. Alcance e efectos.

O presente plan prevalecerá sobre calquera outro instrumento de ordenación territorial ou física. As disposicións establecidas no presente plan constituirán un límite para os devanditos instrumentos, as cales non se poderán alterar ou modificar e aplicaranse, en todo caso, prevalecendo sobre os instrumentos de ordenación preexistentes.

Cando os instrumentos de protección existentes do patrimonio natural, de ordenación territorial, urbanística, de recursos naturais e, en xeral, física resulten contraditorios co presente plan, deberán adaptarse a el. Mentres esta adaptación non teña lugar, as determinacións do plan aplicaranse, en todo caso, prevalecendo sobre os devanditos instrumentos.

Así mesmo, o plan será determinante respecto a calquera outra actuación, plan ou programa sectorial, sen prexuízo do que dispoña respecto diso a lexislación autonómica. As actuacións, plans ou programas sectoriais só poderán contradicir ou non acoller o contido do plan por razóns imperiosas de interese público de primeira orde, caso en que a decisión se deberá motivar e facer pública.

O plan desenvolve as directrices en función das súas características morfolóxicas, agrícolas, gandeiras, forestais, paisaxísticas ou ecolóxicas diferenciadas que exixan unha consideración e tratamento unitarios, fortalecendo o desenvolvemento económico e social no ámbito do desenvolvemento sostible.

1.2. Caracterización e diagnose.

1.2.1. O medio físico.

O PNFE atópase nunha zona sublitoral do nordeste da provincia da Coruña de marcada influencia oceánica, situada entre o medio litoral do esteiro do río Eume e as montañas setentrionais en que nace o devandito río, e constitúe unha das mostras máis importantes dos bosques sublitorais galegos e un dos escasos bosques atlánticos europeos ben conservados.

Trátase dun territorio articulado polo leito do río Eume e os seus afluentes que, ao presentar unha brusca ruptura cara ao interior, dá lugar a profundas gargantas e partes encaixadas de fraga rodeadas nos seus cumios principalmente por zonas de repoboacións forestais e zonas de matogueiras e pastos.

As precipitacións son elevadas, ao igual que no resto da fachada atlántica galega. Ademais, ao tratarse dun río que presenta fortes rupturas de pendente no seu perfil lonxitudinal pola proximidade de elevados relevos ao mar, actúan como pantalla pluviométrica para a súa bacía hidrográfica, polo que recibe precipitacións moi abundantes. Na zona occidental do parque natural, a propia vertente do río e os bosques circundantes contan cun réxime termométrico suave durante todo o ano, polo que os invernos non acadan temperaturas moi baixas e a época estival é temperada. Non obstante, a zona oriental do parque natural está asociada ás serras, polo que presenta altitudes entre os 400 m e os 600 m, e posúe xa temperaturas significativamente máis extremas.

Os principais compoñentes bióticos deste espazo natural están claramente relacionados co hábitat de bosque atlántico meridional que, aínda que non presenta unha alta diversidade, posúe especies e comunidades cuxa representación en Galicia é practicamente exclusiva, o que supón un alto valor desde o punto de vista da súa significación e no relativo á conservación da biodiversidade existente na Comunidade Autónoma.

O PNFE posúe unha importante configuración antropizada do medio que está marcada pola presenza do Encoro do Eume na metade oriental do parque natural, e polo patrón característico do leito do río. En función da pendente do terreo e da distancia ao río Eume e aos principais afluentes, os bosques naturais ocupan as áreas máis próximas chegando a cubrir unha distancia de ata máis de 1 km, e o resto de bosques menos dependentes da humidade edáfica ocupan as zonas máis afastadas e de maior pendente. As zonas máis elevadas, afastadas do curso do río e de elevada pendente aparecen maioritariamente cubertas por repoboacións forestais de especies alóctonas, especialmente de eucalipto, aínda que tamén se atopan grandes superficies de piñeirais, mentres que os terreos elevados en que a pendente non é tan acusada aparecen tamén aproveitados por cultivos agrícolas e usos agropecuarios. Nas zonas de cumios non cubertas por repoboacións forestais a vexetación maioritaria está composta por matogueiras e queirogais tanto húmidos como secos, que aparecen mesturados con afloramentos rochosos.

1.2.1.1. Localización.

Máis da metade do PNFE está incluída no concello de Monfero, con 5.963,60 ha, seguido polos concellos das Pontes de García Rodríguez (1.464,87 ha), A Capela (846,80 ha), Cabanas (662,70 ha) e Pontedeume (168,39 ha). Así mesmo, o concello de Monfero tamén é o que posúe unha maior proporción de territorio incluído no parque natural, con case o 35 % dentro del, seguido do concello de Cabanas, que posúe tamén unha porcentaxe moi significativa dentro do ámbito do parque natural, con algo máis dun 22 %. O concello da Capela ten incluído no parque natural case un 15 % do seu territorio, Pontedeume pouco menos dun 6 % e, finalmente, o concello das Pontes de García Rodríguez posúe menos dun 6 % dentro do Parque Natural das Fragas do Eume (táboa 1).

O territorio do PNFE é coincidente co espazo da Rede Natura 2000 ZEC Fragas do Eume (ES1110003).

Táboa 1. Superficie do Parque Natural das Fragas do Eume. Hectáreas por concello e porcentaxe incluída dentro do parque natural. Superficie de cada concello dentro do espazo natural e porcentaxe que supón dentro do parque natural.

Concello

Parque natural

Concello

Superficie (ha)

Porcentaxe do PNFE (%)

Superficie (ha)

Porcentaxe no PNFE (%)

Cabanas

662,70

7,28

3.007,61

22,03

A Capela

846,80

9,30

5.766,79

14,68

Monfero

5.963,60

65,49

17.213,05

34,65

Pontedeume

168,39

1,85

2.933,74

5,74

As Pontes de García Rodríguez

1.464,87

16,09

24.968,57

5,87

Total: 9.106,36 ha

1.2.1.2. Clima.

O PNFE atópase nunha zona de macroclima temperado típico, o cal se reflicte nos parámetros climáticos. Hai que destacar a presenza no parque natural dunha considerable diversidade de microclimas condicionados pola situación, a inclinación, a altitude, a exposición, os cambios da orientación no curso do río ou os fenómenos de inversión térmica no fondo dos vales.

Estas condicións reflíctense na composición da vexetación.

Dentro dos límites do parque natural tan só se atopa unha estación meteorolóxica dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV): a estación de Marco da Curra, situada na parroquia do Alto de Xestoso (concello de Monfero), a uns 645 metros de altitude. Ademais desta estación, existen outras dúas non dependentes deste organismo que ofrecen información relativa á climatoloxía do parque natural: a estación da Central do Eume e a da Capela, a 73 e 364 metros de altitude, respectivamente.

A temperatura media anual oscila entre os máis de 15 ºC, correspondentes á área occidental do espazo natural máis próxima á desembocadura do río Eume, e os 11 ºC da zona oriental, correspondente á Serra do Queixeiro e ao Serrón do Lobo, nas altitudes maiores do parque natural. Estas diferenzas nas temperaturas nos terreos do parque natural reflíctense nos datos das diferentes estacións. Así, na da Central do Eume esta é de 15 ºC, na da Capela de 14 ºC e na do Marco da Curra de tan só 11 ºC.

Os valores máis elevados de temperatura acádanse nos meses de xullo e agosto, en que se chega a temperaturas extremas de 35 ºC, mentres que os máis baixos adoitan acadar os -4 ºC durante o período invernal (decembro, xaneiro).

A precipitación total anual varía entre os 1.200 mm preto da costa e os 1.900 mm nas zonas máis altas do interior. A súa distribución ao longo do ano ten un marcado máximo entre os meses de outubro a abril, e diminúe notablemente nos meses de xuño, xullo e agosto, coincidindo co período estival. A humidade relativa sitúase arredor do 80 % e este valor mantense relativamente constante ao longo de todo o ano.

A evapotranspiración potencial anual sitúase na maior parte do territorio entre 600 e 800 mm, e amosan os valores máis elevados as zonas de menor altitude próximas á desembocadura do río Eume e os máis baixos as serras orientais. O balance hídrico na práctica totalidade do parque natural é positivo. Os valores máis baixos (200 mm) rexístranse nas áreas máis occidentais correspondentes ao curso baixo do río Eume. Os valores máis elevados do balance hídrico localízanse nas zonas máis elevadas, especialmente na Serra do Queixeiro. É de esperar un déficit de auga dispoñible no solo nos meses de xuño e agosto, maior nas zonas costeiras ca nas zonas altas e do interior.

Os ventos dominantes son do suroeste e a velocidade media anual é de 5,41 m/s (medida a 2 m de altura).

Segundo a Clasificación bioclimática mundial (Rivas-Martínez et al. 2002), Galicia é un territorio comprendido dentro da cintura latitudinal a través da que se estende o denominado macroclima temperado, caracterizado pola ausencia ou escasa incidencia de seca estival. En función dos datos climáticos dispoñibles, pódese afirmar que o parque natural presenta un macroclima temperado típico.

Outro parámetro considerado na clasificación bioclimática citada é o grao de influencia das masas oceánicas no clima, aspecto que se pondera a partir do denominado índice de continentalidade, equivalente á amplitude térmica anual, determinada a partir da diferenza de temperaturas medias mensuais dos meses máis cálidos e máis fríos. A maior parte de Galicia presenta un clima pouco contrastado debido ao efecto modulador do mar. Este feito ponse especialmente de manifesto no parque natural xa que, como se observa, os parámetros meteorolóxicos indican un bioclima semihiperoceánico, con temperaturas medias mensuais que sofren variacións pouco marcadas ao longo do ano.

Enténdese como termotipo ou piso bioclimático un intervalo altitudinal caracterizado por uns valores termométricos determinados, ao cal se asocian un ou varios tipos de vexetación característicos. Entre os termotipos presentes nas áreas temperadas no parque natural atópanse ata catro diferentes: nas zonas baixas próximas ao curso baixo do río Eume o termotipo é o termotemperado superior, a medida que aumenta a altitude e a distancia ao mar o termotipo pasa a mesotemperado inferior primeiro e a mesotemperado superior despois, e chega en zonas puntuais máis elevadas ao supratemperado inferior.

Un parámetro que inflúe de xeito decisivo na distribución das formacións vexetais é a relación existente entre o réxime de temperaturas e de precipitacións ao longo do ano. Este aspecto é abordado na clasificación bioclimática a través da determinación dos denominados ombrotipos. A maior parte dos terreos do parque natural correspóndense cun ombrotipo de tipo húmido superior. Tan só os terreos máis próximos ao curso baixo do Eume e de menor altitude presentan o tipo húmido inferior, e nos terreos máis elevados, como o Serrón do Lobo e o Pico de Fontardión, o ombrotipo correspóndese cun tipo hiperhúmido inferior.

Allué Andrade (1990) desenvolveu unha clasificación fitoclimática (asociación de grandes tipos de vexetación aos grandes tipos climáticos) para España a partir dos datos do Instituto Nacional de Meteoroloxía (INM), das Series de vexetación potencial (Rivas Martínez, 1987) e do traballo de campo. O resultado é a caracterización de 19 subtipos de vida vexetal, cada un deles asociado a unhas características climáticas concretas. De acordo con esta clasificación fitoclimática, o Parque Natural das Fragas do Eume atoparíase dentro do tipo nemoral VI (V), que é o tipo máis frecuente en Galicia. Os tipos nemoriais distínguense por posuír características intermedias entre os mediterráneos e os oroborealoides, polo que o autor vincúlaos coas seguintes asociacións de vexetación potencial: reboleiras, aciñeirais, carballeiras e faiais.

1.2.1.3. Aspectos xeolóxicos e xeomorfolóxicos.

A bacía do río Eume aséntase sobre o Macizo Hercínico da Península Ibérica e presenta na súa metade final, correspondente co PNFE, un notable interese xeolóxico tanto en formas coma en materiais.

A maior parte da superficie do parque natural aséntase sobre materiais pertencentes ao dominio do Ollo de Sapo, e queda o dominio de Ordes restrinxido á parte máis occidental. O dominio do Ollo de Sapo caracterízase pola presenza de gneises e xistos porfiroides, e por unha ampla secuencia paleozoica de cuarzoxistos, filitas e cuarcitas. A serie Ollo de Sapo localízase fundamentalmente na parte posterior á cola do Encoro do Eume e na contorna do curso do río de San Bartolomeu. Entre estes materiais precámbricos atópanse facies grosas con megacristais ou gneis porfiroides; facies medias de grao medio compostas por xistos, gneis plaxioclásicos, xistos porfiroides e facies finas de grao fino ou metagrauvacas. Estas dúas últimas son as máis frecuentes no parque natural. Xunto con estes materiais atópase unha reducida superficie de cuarzoxistos e unha superficie moi superior de filitas e xistos con impregnacións ferrosas e niveis areentos de idade ordovícica inferior, situados fundamentalmente na marxe esquerda do río Eume. Tanto na marxe dereita do Encoro do Eume como no límite occidental do dominio do Ollo de Sapo localízanse materiais do ordovícico medio e superior compostos por cuarcitas e cuarzoxistos. Na marxe occidental sitúanse materiais silúricos compostos por cuarzoxistos verdosos, xistos e filitas con intercalacións de bancos ampelíticos, metagrauvacas e arenitas conglomeráticas (IGME, 1975).

Cara ao oeste atópase o dominio de serie de Ordes, composta por xistos con filóns de cuarzo e de anfibolitas intercalados. Os materiais deste dominio aparecen normalmente alterados formando solos de ata 1,5 metros de potencia. O seu bordo oriental contacta mecanicamente con rochas básicas antehercínicas, metagabros fundamentalmente, que ao instruír deixaron restos da serie.

Na parte máis oriental do parque natural aparecen rochas sedimentarias diversas (metasedimentos), lousas, xistos, cuarcitas e pedras de grava. Estas limitan cara ao oeste con rochas graníticas ou granitoides, moi variadas en idade, composición e textura. Entre estas cabe destacar o Macizo de Forgoselo, composto por rochas graníticas algo porfiroides, de cor clara, e gran mediogroso.

O espazo protexido inclúe dentro dos seus límites o lugar de interese xeolóxico Encoro do Eume, que subliña a morfoloxía e o metamorfismo de contacto entre as lousas ordovícicas e os granitos de Forgoselo.

Desde o punto de vista xeomorfolóxico, o relevo é o resultado da interacción de factores litolóxicos, a dinámica cortical e a acción dos axentes do modelado ao longo da historia xeolóxica. De xeito sintético, en Galicia pódense diferenciar dous grandes dominios: o relevo litoral e o interior. En cada un deles pode identificarse unha serie de subunidades caracterizadas pola combinación de determinados elementos que outorgan ás distintas áreas de Galicia un relevo característico, e así no relevo interior pódense diferenciar tres grandes subunidades: as depresións sedimentarias, as montañas sublitorais e as montañas interiores.

No parque natural localízanse diferentes niveis de aplanamento: o primeiro deles sitúase a uns 300 metros e o seguinte está a uns 400 metros de altitude, máis disperso e reducido que o anterior. Este bordea a depresión das Pontes de García Rodríguez polo norte, leste e sur, ata o Eume, e forma a Serra do Forgoselo, situada entre os ríos Eume e Vilariño, ao norte do parque natural. Polo norte deste nivel ata A Capela atópase outro chanzo, a unha altitude de 500 metros (Pérez Alberti, 1993). Sobre as superficies aplanadas sobresaen relevos residuais: o Monte Breamo e o de Fontardión.

O encaixamento dos cursos baixos e medios dos ríos rompe esta imaxe global, ao atravesar granitos dunha ou dúas micas, con gran de medio a groso e grande homoxeneidade. A erosión provocada polo río Eume formou grandes gargantas e cortadas, chegando a abrir un canón de mais de 300 metros de altura. Aparecen tamén numerosas fervenzas e pozas e outras formacións xeolóxicas características do modelado granítico, como tors (relevos residuais que se producen por erosión diferencial da rocha), pías (cavidades habitualmente cheas de auga) e rochas erosionadas con formas redondeadas, que dan un aspecto singular á zona.

A modo de resumo, a característica máis relevante no referente á xeomorfoloxía das Fragas do Eume é a variación altitudinal e a sucesión de superficies escaladas que se corresponden con antigas superficies de aplanamento.

1.2.1.4. O solo.

No PNFE diferéncianse varios grupos de solo segundo as características dos materiais de partida:

Os solos desenvolvidos sobre rochas graníticas son solos pouco evolucionados, debido á resistencia á alteración química dos materiais de partida. Presentan texturas grosas e elevada porosidade, facilitando a percolación da auga cara aos niveis inferiores dos perfís e as partes baixas das vertentes. Xeralmente son leptosolos, umbrisolos, cambisolos e umbrisolos ántricos, aínda que segundo o proceso edafoxenético poden dar lugar a procesos de podzolización ou gleificación (Macías Vázquez e Calvo de Anta, 2001).

Os solos derivados das rochas da formación de Ollo de Sapo, en xeral bastante resistentes á alteración, proceden fundamentalmente da alteración física destas rochas polo que a formación de solos profundos soamente se produce nos casos de menor contido en minerais resistentes e en posicións topográficas pouco inclinadas en que é posible atopar cambisolos, mentres que no resto de situacións predominan os leptosolos e regosolos. En xeral, presentan texturas grosas e boa drenaxe, con propiedades similares ás dos solos graníticos, aínda que con contido en materia orgánica algo menor nos horizontes superficiais, e con cores máis claras que aqueles.

No caso dos solos sobre os xistos de Ordes, relativamente pobres en cuarzo e ricos en biotita, poden presentar características de elevado grao de evolución, xa que os materiais de partida se alteran intensamente (IGME, 1975).

As rochas básicas, que ocupan soamente unha estreita franxa nas proximidades de Pontedeume, son ricas en minerais moi alterables nas condicións ambientais actuais, polo que estas rochas tenden a orixinar solos relativamente profundos e ricos en elementos finos, polo xeral cunha elevada capacidade de retención de auga. Os solos máis representativos destas áreas son os cambisolos (húmicos e ferrálicos), entre os que poden aparecer ferralsolos e leptosolos ándicos (Macías Vázquez e Calvo de Anta, 2001).

Os solos sobre lousas e filitas ocupan unha superficie considerable no parque natural. Están pouco evolucionados e a formación de solos profundos soamente se produce nos casos de menor contido en minerais resistentes e en posicións topográficas pouco inclinadas, nas cales é posible atopar cambisolos, mentres que no resto de situacións predominan os leptosolos e regosolos. É frecuente a presenza de solos hidromorfos debido á baixa permeabilidade do substrato, que son solos fortemente ácidos.

Os solos sobre cuarcitas, arenitas e diques de cuarzo, así como sobre os sedimentos que proceden deles, favorecen o proceso edafoxenético de podzolización, sendo os podzois o tipo de solo máis frecuente.

Por último, os solos desenvolvidos sobre as rochas sedimentarias son, en xeral, de textura fina, case sempre recubertos por textura grosa dando lugar a pedregosidade abundante e afloramentos rochosos; tamén son de estrutura pouco desenvolvida e ácidos. Sobre os sedimentos, debido á súa gran diversidade de orixe, fórmanse tamén solos moi diferentes: fluvisolos sobre os sedimentos fluviais recentes das ribeiras dos ríos, arenosolos sobre os depósitos areentos da ría e solos moi variados, en función do proceso edafoxenético, sobre os sedimentos terciarios e cuaternarios.

1.2.1.5. A auga.

A meirande parte dos terreos do parque natural intégrase na bacía do río Eume, constituíndo o seu eixe vertebrador e dividíndoo en dirección leste-oeste, que despois da depresión das Pontes de García Rodríguez comeza a formar o Encoro do Eume ou da Capela, coincidindo cos límites do inicio do parque natural. Tan só se identifica un pequeno sector ao norte do ámbito do parque natural que forma parte da bacía do Belelle (en torno a 79 ha), así como 83 ha ao norte do parque natural pertencentes á bacía do Lambruxo.

Ao longo dos case 15 km de lonxitude con que conta o encoro, chéganlle as augas de numerosos afluentes, entre eles o máis importante dos colectores secundarios da bacía, o río Frai Bermuz. Nada máis saír da presa, o Eume comeza xa a discorrer vigorosamente encaixado nos materiais graníticos e propiciando a existencia de fortes pendentes. Neste tramo recibe as augas de pequenos regatos e outras achegas, entre as cales destaca o río de San Bartolomeu ou Parrote.

Pódese dicir que o río Eume ofrece un forte caudal. Presenta os máximos de volume de auga corrente nos meses de xaneiro ou febreiro e os valores máis baixos en agosto, o revela un réxime fluvial de tipo pluvial oceánico ou atlántico, en que a alimentación do río vén condicionada unicamente pola distribución anual das precipitacións, cunha notable semellanza entre os pluviogramas da bacía e o hidrograma do río (Río Barja & Rodríguez Lestegás, 1996).

1.2.2. O medio biótico.

O extraordinario valor ambiental das Fragas do Eume, distinguidas pola súa naturalidade e biodiversidade, fai que este espazo conte cun peso específico grande para a conservación de determinadas especies, ben debido a que albergan poboacións importantes na Península Ibérica, ben porque inclúen poboacións illadas ou case illadas.

1.2.2.1. A vexetación.

O PNFE presenta aproximadamente 450 especies vexetais con desigual distribución taxonómica. As familias con maior representación son Compositae (Asteraceae), Gramineae (Poaceae) e Leguminosae (Fabaceae), cun 10,1 %, 8,5 % e 7,6 %, respectivamente, do total da flora. Nun segundo plano están as familias Scrophulariaceae (3,8 %) e Cyperaceae (3,5 %). Estes datos concordan amplamente co espectro taxonómico da flora de Galicia (Javier Guitián e José L. M. Villar, 2020).

A vexetación arborizada das Fragas do Eume está valorada como unha das mostras máis representativas dos bosques atlánticos termófilos, tanto pola súa extensión como pola súa diversidade e representatividade (Vales, 1994). O PNFE conserva nas zonas de menor altitude unha das mellores representacións deste tipo de bosque húmido comunmente chamado fragas, e caracterizado polo súa escaseza na Península Ibérica, na cal historicamente ocupaba unha grande extensión no noroeste.

No ámbito do parque natural, os bosques atlánticos mixtos van variando na súa configuración en función da altitude, tipo de relevo e orientación das ladeiras e, polo tanto, polas distintas condicións climáticas. Estas condicións determinan as especies dominantes e asociadas e, por conseguinte, tanto a ecoloxía das comunidades.

O bosque atlántico termófilo típico das Fragas do Eume está representado por un tipo de bosque atlántico mixto dominado por Quercus robur, acompañado normalmente por ameneiros (Alnus glutinosa), salgueiros (Salix atrocinerea), acivros (Ilex aquifolium), pradairos (Acer pseudoplatanus), abeleiras (Corylus avellana), freixos (Fraxinus excelsior e F. Angustifolia) e mesmo loureiros (Laurus nobilis). Está distribuído normalmente por debaixo duns 300 m de altitude e, por tanto, na zona oeste do ámbito xeográfico do PNFE, desde a presa Encoro do Eume. Obviamente, segundo a vexetación se achega máis aos cursos fluviais, aumentan en importancia moitas das citadas especies acompañantes típicas de bosques riparios, ata formar propiamente bosques de ribeira ou mesmo bosques aluviais no curso baixo do Eume, nos cales destacan fundamentalmente os ameneiros, freixos e salgueiros.

Este bosque atlántico termófilo dominado por Quercus robur e de baixa altitude, xunto cos propios bosques de ribeira, conservan uns dos máis importantes valores naturais do parque natural, dado que inclúen un gran número de especies ameazadas e mesmo relictas, como os fentos ibero-macaronésicos ameazados. O grupo dos fentos en sentido amplo é un bo indicador da naturalidade do medio, dado que acada o total de 28 especies no parque natural, entre as cales destaca o citado grupo de fentos relictos da flora tropical que cubría as terras perimediterráneas durante o Terciario. En conxunto, as Fragas do Eume acollen unha magnífica representación de fentos protexidos e ameazados, asociados xeralmente a bosques de valgada de pendentes abruptas con orientacións de avesedo, que resultan pouco frecuentes no contexto galego e peninsular e de gran singularidade pola súa grande especificidade de hábitat e por ser poboacións locais, pequenas e únicas.

Das 12 especies de fentos protexidos en Galicia, 3 inclúense nos anexos II e IV da Directiva Hábitats: Culcita macrocarpa, Trichomanes speciosum (denominada Vandenboschia speciosa no Catálogo galego de especies ameazadas (CGEA) e Woodwardia radicans, todos eles elementos paleotropicais desde unha perspectiva bioxeográfica. A primeira considérase en perigo de extinción no CGEA, mentres que as outras dúas son consideradas como vulnerables.

Historicamente, o impacto da actividade humana diminuíu a extensión deste tipo de bosques termófilos húmidos de baixa altitude, ameazando a viabilidade das especies de maior singularidade biolóxica. Neste sentido, a fragmentación no contorno e ámbito do parque natural foi moi intensa debido principalmente á alta actividade forestal da contorna e á forte presión antrópica exercida sobre estes hábitats. De aí que o bosque atlántico termófilo de baixa altitude conservado nas Fragas do Eume posúe unha grande importancia para a conservación pola gran representación de fentos relictos, e outros pteridófitos, liques e musgos ameazados, así como pola súa singularidade e escaseza na Península, o que determina o seu alto valor de conservación.

Segundo os bosques atlánticos mixtos están presentes a maior altitude, estes veñen influenciados por outras características climáticas, que fan que estean representados por Quercus robur e Quercus pyrenaica como especies dominantes, acompañadas por outras especies menos termófilas, como pode ser o acivro (Ilex aquifolium) e o estripeiro (Crataegus monogyna), acidófilas como a pereira brava (Pyrus cordata), o sanguiño (Frangula alnus) e mesmo ericáceas. Estes bosques mixtos son as chamadas carballeiras galaico-portuguesas de Quercus robur e Quercus pyrenaica, que xa están mellor representados no territorio galego. No PNFE están situados normalmente a máis duns 300-400 m de altitude, polo tanto, fundamentalmente na zona centro e leste do ámbito xeográfico do parque natural.

Xa nos sectores do parque natural dominados por matogueiras, cabe diferenciar tamén aquelas formacións naturais que constitúen hábitats de especies de interese para a conservación, de certas comunidades arbustivas de carácter sinantrópico, que deben a súa formación á actividade humana. A maior parte das matogueiras presentes no ámbito do parque natural ocupan etapas intermedias no proceso de recuperación do arboredo, debido á actividade deforestadora. Entre as comunidades arbustivas de carácter natural é necesario salientar as matogueiras secas, matogueiras húmidas, xesteiras, comunidades de hidrófitos, comunidades de turbeira e comunidades pioneiras.

Os medios que albergan un maior número de especies e subespecies botánicas protexidas no ámbito do parque natural son as fragas, as matogueiras, os medios rochosos e as zonas húmidas continentais. Débese destacar a presenza de 26 taxons de interese para a conservación, incluídos nas diferentes listaxes de protección a nivel europeo, nacional e autonómico, entre os que predominan as criptógamas: liques, brións e fentos.

É relevante a presenza de liques catalogados como en perigo de extinción no CGEA Leptogium cochleatum e Pseudocyphellaria aurata, por albergar as únicas poboacións españolas destas especies (Aragón et al., 2005; Burgaz & Martínez, 1999). Entre os taxons do grupo de liques tamén se atopa protexido a Cladonia subgenus cladina, ao estar tipificado no anexo V da Directiva Hábitats.

Outras especies que cómpre destacar incluídas nos anexos II e IV son o endemismo Sphagnum pylaesii e as especies de narcisos Narcissus asturiensis e Narcissus cyclamineus.

En definitiva, no ámbito do parque natural, 5 especies están incluídas no Convenio de Berna; 11 nalgún dos anexos da Directiva 92/43/CEE; 20 especies no CGEA, das cales 3 están consideradas en perigo de extinción e 17 vulnerables; e finalmente, 6 están incluídas na Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial (LESRPE). Isto supón un número importante de especies protexidas no PNFE, o que fai que este espazo natural protexido contribúa de forma significativa á conservación da biodiversidade.

Táboa 2. Lista de especies botánicas recollidas nas normativas de protección europeas, nacionais e galegas para o territorio do Parque Natural das Fragas do Eume. [D92/43/CEE]: especies incluídas nos anexos II, IV ou V da Directiva Hábitats. [Berna]: especies incluídas no anexo I do Convenio de Berna. [LESRPE]: especies incluídas na Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial. [E]: en perigo de extinción no Catálogo español de especies ameazadas (CEEA). [V]: vulnerable no CEEA. [L] na lista sen estar no CEEA. [CGEA]: especies incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas. [E]: en perigo de extinción. [V]: vulnerable.

Orde

Familia

Especies

DC 92/43/CEE

Berna

LESRPE

CGEA

II

IV

V

Asparagales

Amaryllidaceae

Narcissus asturiensis

x

x

L

Asparagales

Amaryllidaceae

Narcissus bulbocodium

x

Asparagales

Amaryllidaceae

Narcissus cyclamineus

x

x

L

V

Asparagales

Amaryllidaceae

Narcissus triandrus

x

x

I

L

Asparagales

Asparagaceae

Ruscus aculeatus

x

Asterales

Asteraceae

Arnica montana

x

Filicales

Blechnaceae

Woodwardia radicans

x

x

I

L

V

Filicales

Dicksoniaceae

Culcita macrocarpa

x

x

I

L

E

Filicales

Dryopteridaceae

Dryopteris aemula

V

Filicales

Dryopteridaceae

Dryopteris guanchica

V

Filicales

Hymenophyllaceae

Hymenophyllum tunbrigense

V

Filicales

Hymenophyllaceae

Trichomanes speciosum

x

x

I

L

V

Hookeriales

Daltoniaceae

Cyclodictyon laetevirens

V

Hypnales

Cryphaeaceae

Cryphaea lamyana

V

Isobryales

Fontinalaceae

Fontinalis squamosa

V

Jungermanniales

Cephaloziellaceae

Cephalozia crassifolia

V

Jungermanniales

Lepidoziaceae

Lepidozia cupressina

V

Jungermanniales

Lepidoziaceae

Telaranea nematodes

V

Jungermanniales

Lophocoleaceae

Chiloscyphus fragrans

V

Lecanorales

Cladoniaceae

Cladonia subgenus Cladina

x

Metzgeriales

Metzgeriaceae

Metzgeria temperata

V

Peltigerales

Collemataceae

Leptogium cochleatum

E

Peltigerales

Lobariaceae

Pseudocyphellaria aurata

E

Porellales

Radulaceae

Radula holtii

V

Ranunculales

Ranunculaceae

Ranunculus serpens

V

Sphagnales

Sphagnaceae

Sphagnum pylaisii

x

I

V

1.2.2.2. A fauna.

O grao de coñecemento actual sobre a fauna existente neste territorio é moi desigual segundo o grupo de que se trate. En termos xerais e a semellanza do que acontece en todo o contexto europeo, os datos sobre distribución e ecoloxía da fauna de vertebrados superan moi amplamente os que se dispoñen para o conxunto dos invertebrados, para o que se carece mesmo dunha estimación fiable do número de especies presentes en España (Ramos et al., 2002).

O PNFE presenta unha notable diversidade do grupo dos vertebrados, coa presenza de 191 especies repartidas en: 5 especies de peixes continentais, 12 especies de anfibios, 10 de réptiles, 44 mamíferos e unhas 120 especies de aves. Destacan os grupos de anfibios e mamíferos, xa que no ámbito do parque natural están representados o 80 % e o 70 %, respectivamente, das especies presentes en Galicia.

Entre os principais valores poderíanse citar os mustélidos, como a londra (Lutra lutra), as aves de río como o picapeixe (Alcedo atthis) e os anfibios como a salamántiga galega ou píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica) (Castillejo Murillo et al. 2001). En definitiva, este territorio proporciona refuxio a numerosas poboacións faunísticas de gran valor e importancia para a súa conservación, como consecuencia da interacción entre as características orográficas, a extensa e variada rede hidrográfica existente e as diversas comunidades vexetais presentes no parque natural.

A presenza de invertebrados non está moi documentada, aínda que diversos estudos realizados a nivel autonómico citan unha diversidade de invertebrados de relativa importancia (Azpilicueta 2002, Eiroa 1988, González 1988, Lombardero 1996, Membiela 1996). A maior parte dos invertebrados de interese para a conservación do parque natural están vinculados aos hábitats fluviais e ás fragas. En total, están documentados un total de 8 taxons incluídos nas diferentes listaxes e disposicións legais de protección e de ameaza (Rosas et al. 1992, Rolán et al. 1996, Ramos et al. 2001): os moluscos Margaritifera margaritifera, Elona quimperiana, Geomalacus maculosus (Castillejo Murillo et al. 2001) e Unio pictorum, presentes os 4 no CGEA –considerados os dous primeiros como en perigo de extinción e os outros dous como vulnerables–; os odonatos Macromia splendens e Coenagrion mercuriale, ambos no LESRPE –considerado o primeiro en perigo de extinción tanto no CEEA como no CGEA–; o lepidóptero Euphydryas aurinia, e o coleóptero Lucanus cervus, ambos protexidos a nivel europeo e incluídos no LESRPE.

No relativo á ictiofauna, nos cursos fluviais do parque natural atópanse 5 especies de peixes autóctonos. Deles, o comunmente chamado boga do Douro (Chondrostoma duriense) e a vermelliña (Achondrostroma arcasii) están incluídos no anexo II da Directiva Hábitats e no anexo III do Convenio de Berna, mentres que o espiñento (Gasterosteus gymnurus) está considerado como vulnerable no CGEA. Ademais, a vermelliña está incluída no LESRPE.

A herpetofauna (anfibios e réptiles) das Fragas do Eume inclúe 22 especies, todas elas autóctonas, que representan o 56 % do total galego e o 27 % das presentes no territorio nacional (MMA, 1999). No LESRPE atópanse tipificadas 16 especies de hérpetos. Entre elas destacan a píntega rabilonga (Chioglosa lusitanica) e a lagarta da serra (Iberolacerta monticola), e ambas figuran como vulnerables no CEEA e no CGEA. Neste último catálogo atoparíanse ademais presentes 2 especies de ras consideradas tamén como vulnerables: a ra vermella (Rana temporaria parvipalmata) e a ra patilonga (Rana iberica).

Considérase que un total dunhas 120 especies de aves viven temporal ou permanentemente nas Fragas do Eume (táboa 4), das cales a maior parte son nidificantes. No parque natural nidifica o 47 % das que o fan en Galicia (SGHN 1995, Martí & del Moral 2003, Penas Patiño et al. 2004).

A escala comunitaria, 18 especies de avifauna dentro do parque natural figuran no anexo I da Directiva Aves, polo que gozan deste xeito dunha protección estrita. Entre elas está o grupo das rapaces diúrnas (ordes Accipitriformes e Falconiformes), que aparece representado por 6 especies: as ordes das Paseriformes e das Charadiformes ou limícolas, con 3 especies cada unha; 2 especies da orde das Stringiformes, destacando entre elas o bufo real (Bubo bubo); e por último só 1 especie das ordes das Anseriformes, Caprimulgiformes, Ciconiformes e Coraciiformes. Así mesmo, a nivel estatal inclúense no LESRPE un total de 78 especies, das cales están recollidas no CEEA a escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica) como en perigo de extinción e como vulnerables o voitre negro (Aegypius monachus) e a tartaraña cincenta (Circus pygargus). Por último, o CGEA considera de novo a escribenta das canaveiras en perigo de extinción, xunto coa becacina común (Gallinago gallinago), mentres que as citadas tartaraña cincenta e bufo real, xunto coa arcea (Scolopax rusticola) e a gatafornela (Circus cyaneus), figuran como vulnerables.

Por último, a relación de mamíferos que habitan no parque natural incluídos en listaxes e disposicións legais de protección e de ameaza é de 40 especies, o que constitúe unha das zonas de Galicia de maior importancia para esta clase de vertebrados, e é a poboación de quirópteros unha das máis relevantes de Galicia.

De acordo cos resultados do Censo de lobo ibérico 2021-2022, promovido e coordinado pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural, confírmase que 1 grupo familiar de lobo ibérico solapa parcialmente o seu territorio co do PNFE. A reprodución deste grupo vén sendo confirmada a partir dos censos realizados desde o ano 2003.

O parque natural alberga unha das únicas poboacións reprodutoras de Galicia de morcego bigotudo (Myotis mystacinus), ademais doutros taxons que tamén figuran no CGEA, como o morcego de Bechstein (Myotis bechsteinii), o morcego de orellas fendidas (Myotis emarginatus), o morcego de ferradura mediterráneo (Rhinolophus euryale), o morcego rateiro grande (Myotis myotis), o morcego de ferradura grande (Rhinolophus ferrumequinum) e o morcego de ferradura pequeno (Rhinolophus hipposideros). En canto ao Convenio de Berna, recóllese nas súas listaxes o total de mamíferos protexidos ou ameazados que habitan no parque natural, mentres que nas listaxes do Convenio de Bonn se inclúen 17 especies.

Táboa 3. Lista de especies de fauna recollidas nas normativas de protección europeas, nacionais e galegas para o territorio das Fragas do Eume. [D92/43/CEE]: especies incluídas nos anexos II, IV ou V da Directiva Hábitats. [Bonn]: especies incluídas nos anexos I e II do Convenio de Bonn. [Berna]: especies incluídas nos anexos II e III do Convenio de Berna. [LESRPE]: especies incluídas na Lista de especies silvestres en réxime de protección especial. [E]: en perigo de extinción no CEEA. [V]: vulnerable no CEEA. [L]: na lista sen estar no CEEA. [CGEA]: especies incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas. [E]: en perigo de extinción. [V]: vulnerable.

Orde

Familia

Especie

DC 92/43/CEE

Bonn

Berna

LESRPE

CGEA

II

IV

V

Invertebrados

Coleptera

Lucanidae

Lucanus cervus

x

III

L

Lepidoptera

Nymphalidae

Euphydryas aurinia

x

II

L

Odonata

Coenagrionidae

Coenagrion mercuriale

x

II

L

Odonata

Corduliidae

Macromia splendens

x

x

II

E

E

Ostreida

Margaritidae

Margaritifera margaritifera

x

x

III

E

E

Stylommatophora

Arionidae

Geomalacus maculosus

x

x

II

L

V

Stylommatophora

Elonidae

Elona quimperiana

x

x

II

E

Unionoida

Unionidae

Unio pictorum

V

Peixes

Cypriniformes

Cyprinidae

Achondrostoma arcasii

x

III

L

Cypriniformes

Cyprinidae

Chondrostoma duriense

x

III

Gasterosteiformes

Gasterosteidae

Gasterosteus gymnurus

V

Anfibios

Anura

Alytidae

Alytes obstetricans

x

L

Anura

Alytidae

Discoglossus galganoi

x

x

II

L

Anura

Bufonidae

Bufo spinosus

III

Anura

Bufonidae

Epidalea calamita

x

II

L

Anura

Ranidae

Pelophylax perezi

x

III

Anura

Ranidae

Rana iberica

x

II

L

V

Anura

Ranidae

Rana parvipalmata

x

III

L

V

Caudata

Salamandridae

Chioglossa lusitanica

x

x

II

V

V

Caudata

Salamandridae

Lissotriton boscai

III

L

Caudata

Salamandridae

Lissotriton helveticus

III

L

Caudata

Salamandridae

Salamandra salamandra

III

Caudata

Salamandridae

Triturus marmoratus

x

III

L

Réptiles

Squamata

Anguidae

Anguis fragilis

III

L

Squamata

Colubridae

Coronella austriaca

x

L

Squamata

Colubridae

Natrix astreptophora

III

L

Squamata

Colubridae

Natrix maura

III

L

Squamata

Lacertidae

Iberolacerta monticola

x

x

II

V

V

Squamata

Lacertidae

Lacerta schreiberi

x

x

II

L

Squamata

Lacertidae

Podarcis bocagei

III

Squamata

Lacertidae

Timon lepidus

II

L

Squamata

Scincidae

Chalcides striatus

III

L

Squamata

Viperidae

Vipera seoanei

x

III

Mamíferos

Artiodactyla

Cervidae

Capreolus capreolus

III

Carnivora

Canidae

Canis lupus

x

II

L

Carnivora

Felidae

Felis silvestris

x

II

L

Carnivora

Mustelidae

Lutra lutra

x

x

II

L

Carnivora

Mustelidae

Martes foina

III

Carnivora

Mustelidae

Martes martes

x

III

Carnivora

Mustelidae

Meles meles

III

Carnivora

Mustelidae

Mustela erminea

III

L

Carnivora

Mustelidae

Mustela nivalis

III

Carnivora

Mustelidae

Mustela putorius

x

III

Carnivora

Viverridae

Genetta genetta

x

III

Chiroptera

Rhinolophidae

Rhinolophus euryale

x

x

II

II

V

V

Chiroptera

Rhinolophidae

Rhinolophus ferrumequinum

x

x

II

II

V

V

Chiroptera

Rhinolophidae

Rhinolophus hipposideros

x

x

II

II

L

V

Chiroptera

Vespertilionidae

Barbastella barbastellus

x

x

II

II

L

Chiroptera

Vespertilionidae

Eptesicus serotinus

x

II

II

L

Chiroptera

Vespertilionidae

Myotis alcathoe

x

II

II

L

Chiroptera

Vespertilionidae

Myotis bechsteinii

x

x

II

II

V

V

Chiroptera

Vespertilionidae

Myotis crypticus

x

II

II

L

Chiroptera

Vespertilionidae

Myotis daubentonii

x

II

II

L

Chiroptera

Vespertilionidae

Myotis emarginatus

x

x

II

II

V

V

Chiroptera

Vespertilionidae

Myotis escalerai

x

II

II

L

Chiroptera

Vespertilionidae

Myotis myotis

x

x

II

II

V

V

Chiroptera

Vespertilionidae

Myotis mystacinus

x

II

II

V

V

Chiroptera

Vespertilionidae

Nyctalus leisleri

x

II

II

L

Chiroptera

Vespertilionidae

Pipistrellus pipistrellus

x

II

III

L

Chiroptera

Vespertilionidae

Plecotus auritus

x

II

II

L

Chiroptera

Vespertilionidae

Plecotus austriacus

x

II

II

L

Erinaceomorpha

Erinaceidae

Erinaceus europaeus

III

Rodentia

Gliridae

Eliomys quercinus

III

Rodentia

Myoxidae

Glis glis

III

Rodentia

Sciuridae

Sciurus vulgaris

III

Soricomorpha

Soricidae

Crocidura russula

III

Soricomorpha

Soricidae

Crocidura suaveolens

III

Soricomorpha

Soricidae

Neomys fodiens

III

Soricomorpha

Soricidae

Neomys anomalus

III

Soricomorpha

Soricidae

Sorex coronatus

III

Soricomorpha

Soricidae

Sorex granarius

III

Soricomorpha

Soricidae

Sorex minutus

III

Soricomorpha

Talpidae

Galemys pyrenaicus

x

x

II

V

V

Táboa 4. Lista de especies de aves recollidas nas normativas de protección europeas, nacionais e galegas para o territorio das Fragas do Eume. [DC 2009/147/CE]: especies incluídas nos anexos I, II e III da Directiva de aves. [Bonn]: especies incluídas nos anexos I e II do Convenio de Bonn. [Berna]: especies incluídas nos anexos II e III do Convenio de Berna. [LESRPE]: especies incluídas na Lista de especies silvestres en réxime de protección especial. [E]: en perigo de extinción no CEEA. [V]: vulnerable no CEEA. [L]: na Lista sen estar no CEEA. [CGEA]: especies incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas. [E]: en perigo de extinción. [V]: vulnerable.

Orde

Familia

Especie

DC 2009/147/CE

Bonn

Berna

LESRPE

CGEA

I

II

III

Accipitriformes

Accipitridae

Accipiter gentilis

II

II

L

Accipitriformes

Accipitridae

Accipiter nisus

II

II

L

Accipitriformes

Accipitridae

Aegypius monachus

x

II

II

V

Accipitriformes

Accipitridae

Buteo buteo

II

II

L

Accipitriformes

Accipitridae

Circaetus gallicus

x

II

II

L

Accipitriformes

Accipitridae

Circus cyaneus

x

II

II

L

V

Accipitriformes

Accipitridae

Circus pygargus

x

II

II

V

V

Accipitriformes

Accipitridae

Milvus migrans

x

II

II

L

Accipitriformes

Accipitridae

Pernis apivorus

x

II

II

L

Anseriformes

Anatidae

Anas plathyrhynchos

x

x

II

III

Anseriformes

Anatidae

Aythya fuligula

x

x

II

III

Apodiformes

Apodidae

Apus apus

III

L

Bucerotiformes

Upupidae

Upupa epops

II

L

Caprimulgiformes

Caprimulgidae

Caprimulgus europaeus

x

II

L

Charadriiformes

Charadriidae

Vanellus vanellus

x

II

III

Charadriiformes

Laridae

Chlidonias hybridus

x

II

L

Charadriiformes

Laridae

Larus canus

x

III

L

Charadriiformes

Laridae

Larus fuscus

x

Charadriiformes

Scolopacidae

Gallinago gallinago

x

x

II

III

E

Charadriiformes

Scolopacidae

Lymnocryptes minimus

x

x

II

III

Charadriiformes

Scolopacidae

Scolopax rusticola

x

x

II

III

V

Charadriiformes

Scolopacidae

Tringa ochropus

II

II

L

Charadriiformes

Sternidae

Sterna albifrons

x

II

II

L

Charadriiformes

Sternidae

Sterna paradisaea

x

II

II

L

Ciconiiformes

Ciconiidae

Ciconia ciconia

x

II

II

L

Columbiformes

Columbidae

Columba livia

x

III

Columbiformes

Columbidae

Columba palumbus

x

x

Columbiformes

Columbidae

Streptopelia decaocto

x

III

Columbiformes

Columbidae

Streptopelia turtur

x

III

Coraciiformes

Alcedinidae

Alcedo atthis

x

II

L

Cuculiformes

Cuculidae

Cuculus canorus

III

L

Falconiformes

Falconidae

Falco peregrinus

x

II

II

L

Falconiformes

Falconidae

Falco subbuteo

II

II

L

Falconiformes

Falconidae

Falco tinnunculus

II

II

L

Galliformes

Phasianidae

Alectoris rufa

x

x

Galliformes

Phasianidae

Coturnix coturnix

x

III

Passeriformes

Aegithalidae

Aegithalos caudatus

II

L

Passeriformes

Alaudidae

Alauda arvensis

x

III

Passeriformes

Alaudidae

Lullula arborea

x

III

L

Passeriformes

Certhiidae

Certhia brachydactyla

II

L

Passeriformes

Cettiidae

Cettia cetti

II

II

L

Passeriformes

Cinclidae

Cinclus cinclus

L

Passeriformes

Cisticolidae

Cisticola juncidis

II

L

Passeriformes

Corvidae

Corvus corax

III

Passeriformes

Corvidae

Corvus corone

x

Passeriformes

Corvidae

Corvus monedula

x

Passeriformes

Corvidae

Garrulus glandarius

x

Passeriformes

Corvidae

Pica pica

x

Passeriformes

Emberizidae

Emberiza cia

II

L

Passeriformes

Emberizidae

Emberiza cirlus

II

L

Passeriformes

Emberizidae

Emberiza citrinella

II

L

Passeriformes

Emberizidae

Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica

II

E

E

Passeriformes

Emberizidae

Miliaria calandra

III

Passeriformes

Fringillidae

Carduelis cannabina

II

Passeriformes

Fringillidae

Carduelis carduelis

II

Passeriformes

Fringillidae

Carduelis chloris

II

Passeriformes

Fringillidae

Carduelis spinus

II

Passeriformes

Fringillidae

Fringilla coelebs

III

Passeriformes

Fringillidae

Fringilla montifringilla

III

Passeriformes

Fringillidae

Loxia curvirostra

II

L

Passeriformes

Fringillidae

Pyrrhula pyrrhula

III

L

Passeriformes

Fringillidae

Serinus serinus

II

Passeriformes

Hirundinidae

Delichon urbica

II

L

Passeriformes

Hirundinidae

Hirundo daurica

II

L

Passeriformes

Hirundinidae

Hirundo rustica

II

L

Passeriformes

Hirundinidae

Ptyonoprogne rupestris

II

L

Passeriformes

Hirundinidae

Riparia riparia

II

L

Passeriformes

Laniidae

Lanius collurio

x

II

L

Passeriformes

Laniidae

Lanius excubitor

II

Passeriformes

Motacillidae

Anthus pratensis

II

L

Passeriformes

Motacillidae

Anthus trivialis

II

L

Passeriformes

Motacillidae

Motacilla alba

II

L

Passeriformes

Motacillidae

Motacilla cinerea

II

L

Passeriformes

Motacillidae

Motacilla flava

II

L

Passeriformes

Muscicapidae

Erithacus rubecula

II

II

L

Passeriformes

Muscicapidae

Monticola saxatilis

II

II

L

Passeriformes

Muscicapidae

Oenanthe oenanthe

II

II

L

Passeriformes

Muscicapidae

Phoenicurus ochruros

II

II

L

Passeriformes

Muscicapidae

Saxicola torquata

II

II

L

Passeriformes

Oriolidae

Oriolus oriolus

II

L

Passeriformes

Paridae

Parus ater

II

Passeriformes

Paridae

Parus caeruleus

II

Passeriformes

Paridae

Parus cristatus

II

Passeriformes

Paridae

Parus major

II

L

Passeriformes

Passeridae

Passer montanus

III

Passeriformes

Phylloscopidae

Phylloscopus bonelli

II

L

Passeriformes

Phylloscopidae

Phylloscopus collybita

II

L

Passeriformes

Phylloscopidae

Phylloscopus ibericus

II

L

Passeriformes

Prunellidae

Prunella modularis

II

L

Passeriformes

Regulidae

Regulus ignicapillus

II

L

Passeriformes

Sittidae

Sitta europaea

II

L

Passeriformes

Sturnidae

Sturnus unicolor

II

Passeriformes

Sturnidae

Sturnus vulgaris

x

Passeriformes

Sylviidae

Hippolais polyglotta

II

II

L

Passeriformes

Sylviidae

Acrocephalus arundinaceus

II

II

Passeriformes

Sylviidae

Acrocephalus scirpaceus

II

II

Passeriformes

Sylviidae

Locustella naevia

II

L

Passeriformes

Sylviidae

Sylvia atricapilla

II

L

Passeriformes

Sylviidae

Sylvia borin

II

L

Passeriformes

Sylviidae

Sylvia communis

II

L

Passeriformes

Sylviidae

Sylvia melanocephala

II

L

Passeriformes

Sylviidae

Sylvia undata

x

II

L

Passeriformes

Troglodytidae

Troglodytes troglodytes

II

L

Passeriformes

Turdidae

Turdus iliacus

x

III

Passeriformes

Turdidae

Turdus merula

x

III

Passeriformes

Turdidae

Turdus philomelos

x

III

Passeriformes

Turdidae

Turdus pilaris

x

III

Passeriformes

Turdidae

Turdus viscivorus

x

III

Piciformes

Picidae

Dendrocopos major

II

L

Piciformes

Picidae

Jynx torquilla

II

L

Piciformes

Picidae

Picus viridis

II

L

Podicipediformes

Podicipedidae

Tachybaptus ruficollis

II

L

Strigiformes

Strigidae

Asio flammeus

x

II

L

Strigiformes

Strigidae

Asio otus

II

L

Strigiformes

Strigidae

Athene noctua

II

L

Strigiformes

Strigidae

Bubo bubo

x

II

L

V

Strigiformes

Strigidae

Otus scops

II

L

Strigiformes

Strigidae

Strix aluco

II

L

Strigiformes

Tytonidae

Tyto alba

II

L

Suliformes

Phalacrocoracidae

Phalacrocorax carbo

III

1.2.2.3. Hábitats de interese comunitario.

O PNFE alberga representacións de 22 tipos de hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE, dos cales 7 tipos son considerados prioritarios (o 32 % do total), de acordo coa información oficial dispoñible na ficha de datos normalizada, actualizada en última instancia en setembro de 2019 e dispoñible na web do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Táboa 5. Lista de hábitats de interese comunitario, incluídos no anexo I da DC 92/43/CEE.

Cód. Nat. 2000

Prioritario

Designación abreviada do hábitat

Hábitats de auga doce

3160

Non

Lagos e charcas distróficos naturais

3260

Non

Ríos dos pisos basal a montano

3270

Non

Ríos de beiras lamacentas (Chenopodium rubri p.p. e de Bidention p.p.)

Queirogais e matogueiras de zonas temperadas

4020*

Si

Queirogais húmidos atlánticos de Erica ciliaris e Erica tetralix

4030

Non

Queirogais secos europeos

Matogueiras esclerófilas

5230*

Si

Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis

Formacións herbáceas naturais e seminaturais

6220*

Si

Pseudoestepas de gramíneas e anuais da orde Thero-Brachypodietea

6230*

Si

Formacións herbáceas con Nardus

6410

Non

Prados con Molinia

6430

Non

Megaforbios eutótrofos higrófilos das orlas de chairas

6510

Non

Prados pobres de sega de baixa altitude

Turbeiras e áreas limosas

7110*

Si

Turbeiras altas activas

7140

Non

Mires de transición

7150

Non

Depresións sobre substratos turbeirosos do Rhynchosporion

Hábitats rochosos e covas

8130

Non

Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos

8220

Non

Pendentes rochosas silíceas con vexetación casmofítica

8230

Non

Rochedos silíceos con vexetación pioneira

8310

Non

Covas non explotadas polo turismo

Bosques

9180*

Si

Bosques de encostas, desprendementos e barrancos do Tilio-Acerion

91E0*

Si

Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior

9230

Non

Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica

9260

Non

Soutos (bosques de Castanea sativa)

Dentro dos tipos de hábitat identificados, o grupo mellor representado é o das formacións herbáceas naturais e seminaturais, con 5 tipos de hábitats. Non obstante, os hábitats boscosos resultan os máis representativos do parque natural en canto á súa extensión territorial e relevancia no contexto galego.

Destaca neste sentido o hábitat prioritario 5230* Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis, que ten unha presenza moi restrinxida en Galicia, xa que se localizan unicamente noutros 2 espazos da Rede Natura 2000 pertencente ás áreas de montaña; e tamén o hábitat de tipo prioritario 9180* Bosques de encostas, desprendementos e barrancos do Tilio-Acerion, igualmente de restrinxida presenza no territorio galego.

Son salientables, ademais, as representacións de hábitats de tipo prioritario 91E0* Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae), que forman bosques de galería ao redor dos pequenos regatos que nacen e discorren polo interior das fragas, debido á importancia destes como corredores ecolóxicos, así como polo excelente grao de conservación que presentan as comunidades riparias. Por último, entre os tipos de hábitats boscosos albergados nas fragas, cómpre salientar a dominancia do tipo 9230 Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica, acompañado polos citados prioritarios 9180* Bosques de encostas, desprendementos e barrancos do Tilio-Acerion e 5230* Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis.

1.2.2.4. Plans de xestión de especies.

No ámbito territorial do PNFE é de aplicación o Plan de recuperación da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus L. subsp. lusitanica Steinbacher) en Galicia, aprobado mediante o Decreto 75/2013, do 10 de maio. Unha porción da superficie do parque natural, que se reflicte no mapa 1 do anexo III, inclúe parte da súa superficie na área de distribución potencial, que se corresponde coas zonas con características naturais e estado de conservación que reúnen condicións como hábitat da especie na zona occidental do parque natural. Forman tamén parte desta área de distribución potencial as áreas perimetrais da zona húmida costeira con vexetación palustre de gran porte, que podería ser empregada pola subespecie ben como áreas de descanso durante movementos dispersivos ou entre as áreas de distribución actual, ben en épocas diferentes ás de cría, en especial durante o inverno.

1.2.2.5. Especies exóticas invasoras.

A Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, establece as bases para a prevención e control das especies exóticas invasoras (EEI), así como medidas para reducir o seu impacto sobre a biodiversidade nativa. Esta lei creou o Catálogo español de especies exóticas invasoras, que foi desenvolvido posteriormente polo Real decreto 630/2013, do 14 de novembro, polo que se regula a Lista e o Catálogo español de especies exóticas invasoras.

Posteriormente, aprobouse o Regulamento (UE) 1143/2014, do 22 de outubro, sobre a prevención e a xestión da introdución e propagación de especies exóticas invasoras, e as súas posteriores modificacións, que ditan as normas para evitar, reducir ao máximo e mitigar os seus efectos adversos sobre a biodiversidade na Unión Europea. Seguiron os regulamentos de execución (UE) 2016/1141 da Comisión, do 13 de xullo, e 2017/1263 da Comisión, do 12 de xullo; o Regulamento delegado (UE) 2018/968 da Comisión, do 30 de abril, e o Regulamento de execución (UE) 2019/1262 da Comisión, do 25 de xullo. Todos eles actualizan a lista de especies exóticas invasoras preocupantes para a Unión e as estratexias para controlalas.

O artigo 8, punto 1, do Real decreto 630/2013 establece que as comunidades autónomas e a Administración xeral do Estado, no marco das súas competencias, realizarán un seguimento xeral das especies exóticas con potencial invasor.

Así mesmo, o artigo 10 establece que as administracións competentes adoptarán, se for o caso, as medidas de xestión, control e posible erradicación das especies incluídas no catálogo. E as autoridades competentes poderán requirirlles ás persoas titulares dos terreos que faciliten información e acceso aos seus representantes co fin de verificar a presenza de especies invasoras e, se for o caso, tomar medidas axeitadas para o seu control.

O artigo 16 establece o contido das estratexias de xestión e control e posible erradicación, que terán, ao menos, o seguinte contido:

a) Definición da especie ou especies obxectivo e diagnóstico da súa problemática.

b) Análise de riscos.

c) Análise de vías de entrada.

d) Medidas de actuación e definición da estratexia que se seguirá: xestión, control e posible erradicación.

e) Distribución e abundancia.

f) Actuacións de coordinación entre as diferentes administracións públicas.

g) Actuacións de seguimento da eficacia de aplicación da estratexia.

h) Actuacións de sensibilización e educación ambiental sobre a problemática das especies exóticas invasoras.

i. Análise económica dos custos da aplicación da estratexia sobre terceiros ou instalacións afectadas de forma involuntaria pola presenza de especies exóticas invasoras.

Conforme a documentación técnica dispoñible, procedente da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, o parque natural alberga as seguintes EEI:

Táboa 6. Lista de especies exóticas invasoras con presenza no parque natural. Inclúense as especies listadas no Catálogo español de especies exóticas invasoras (CEEEI; RD 630/2013, do 2 de agosto), así coma na Lista de especies preocupantes para a Unión Europea (Regulamento de execución (UE) 2019/1262 da Comisión, do 25 de xullo, polo que se modifica o Regulamento de execución (UE) 2016/1141 co fin de actualizar a lista de especies exóticas invasoras preocupantes para a Unión).

Especie

CEEEI

Listaxe de especies preocupantes para a UE

Acacia melanoxylon

x

Acacia dealbata

x

Crocosmia x crocosmiiflora*

Hedychium gardnerianum

x

Neovison vison

x

Oxalis pes-caprae

x

Robinia pseudoacacia *

Tradescantia fluminensis

x

Vespa velutina nigritorax

x

x

* Especies alóctonas de carácter invasor non incluídas no CEEEI nin na Listaxe de especies preocupantes para a Unión Europea, aínda que presentes na Listaxe de especies exóticas con potencial invasor segundo o RD 630/2013, do 2 de agosto. Farase especial seguimento destas especies debido á súa rápida expansión.

A estas especies hai que engadir outras que figuran no CEEEI ou na Listaxe de especies preocupantes para a UE, presentes nas proximidades do parque natural, como son Oxalis pescaprae, Acacia dealbata, Ailanthus altissima e Procyon lotor. Non se constata a súa presenza de forma notable no interior do parque, polo que non supoñen no momento actual un perigo inmediato para a biodiversidade da zona.

a) Obxectivos de conservación.

Polo exposto, entre os obxectivos de conservación figura a recompilación de información sobre a presenza de flora e fauna alóctona. A partir destes estudos de presenza, desenvolveranse plans de erradicación centrados en cada unha das especies. En función dos datos obtidos, e de cara á conservación dos valores naturais do parque natural, valorarase ou ben a erradicación ou ben a redución drástica da presenza destas especies.

b) Directrices.

i. A execución dos traballos de eliminación de EEI debe ter en conta os posibles efectos sobre os hábitats en que se desenvolven e as especies autóctonas que os conforman.

ii. É preciso fomentar o coñecemento da Rede de alerta temperá de Galicia, que establece un protocolo para informar respecto da aparición e detección de novas especies exóticas no noso territorio á Rede nacional para a vixilancia de especies exóticas invasoras.

iii. As novas informacións sobre a presenza de EEI deben ser avaliadas o antes posible co obxectivo de establecer as actuacións precisas.

iv. Das actuacións de eliminación de EEI farase unha avaliación, que incluirá como mínimo:

– Especie sobre a cal se actúa.

– Hábitat sobre o cal se actúa.

– Métodos empregados.

– Número de exemplares retirados e superficie afectada.

– Se a eliminación da poboación é total ou parcial e, neste último caso, estimación da porcentaxe eliminada.

1.2.3. A paisaxe.

O ámbito do PNFE está situado na grande área paisaxística Golfo Ártabro, de acordo co Catálogo das paisaxes de Galicia, aprobado polo Decreto 119/2016, do 28 de xullo (DOG do 25 de agosto). Dentro do Golfo Ártabro, a maior parte do PNFE está na comarca paisaxística do Golfo Ártabro Interior e unha reducida zona ao oeste do parque natural está incluída na comarca paisaxística Golfo Ártabro Litoral.

A gran variedade de unidades paisaxísticas descritas no ámbito do parque natural está caracterizada pola xeomorfoloxía, clima e cuberta. A xeomorfoloxía das zonas baixas próximas á desembocadura do río Eume estaría representada polo val sublitoral; as zonas de maior altitude, como o Pico de Fontardión, o Serrón do Lobo ou a Serra do Queixeiro, pertencerían á unidade de serras, e outras zonas representativas do PNFE augas abaixo da presa entran dentro da categoría de canóns.

Segundo o Catálogo de paisaxes de Galicia, atópanse as seguintes unidades de paisaxe con respecto á xeomorfoloxía, clima e cuberta:

Táboa 7. Unidades de paisaxe dentro do ámbito do Parque Natural das Fragas do Eume, segundo o Catálogo de paisaxes de Galicia.

Cat.

Xeomorfoloxía

Cuberta

Clima

Área (ha)

52

Vales sublitorais

Matogueira e rochedo

Mesotemperado inferior

69,69

53

Vales sublitorais

Matogueira e rochedo

Mesotemperado superior

153,56

55

Vales sublitorais

Turbeira

Mesotemperado inferior

21,21

56

Vales sublitorais

Turbeira

Mesotemperado superior

40,55

60

Vales sublitorais

Bosque

Mesotemperado inferior

206,29

61

Vales sublitorais

Bosque

Mesotemperado superior

34,52

64

Vales sublitorais

Agrosistema intensivo (plantación forestal)

Termotemperado

2,91

65

Vales sublitorais

Agrosistema intensivo (plantación forestal)

Mesotemperado inferior

246,10

66

Vales sublitorais

Agrosistema intensivo (plantación forestal)

Mesotemperado superior

18,40

70

Vales sublitorais

Agrosistema intensivo (superficie de cultivo)

Mesotemperado superior

2,71

74

Vales sublitorais

Agrosistema extensivo

Mesotemperado inferior

404,59

75

Vales sublitorais

Agrosistema extensivo

Mesotemperado superior

137,98

80

Vales sublitorais

Rururbano (diseminado)

Mesotemperado inferior

10,86

89

Vales sublitorais

Agrosistema intensivo (mosaico agroforestal)

Termotemperado

21,12

90

Vales sublitorais

Agrosistema intensivo (mosaico agroforestal)

Mesotemperado inferior

618,70

91

Vales sublitorais

Agrosistema intensivo (mosaico agroforestal)

Mesotemperado superior

171,94

98

Vales sublitorais

Lámina de auga

Mesotemperado inferior

2,67

108

Serras

Matogueira e rochedo

Mesotemperado inferior

84,67

109

Serras

Matogueira e rochedo

Mesotemperado superior

1.365,30

110

Serras

Matogueira e rochedo

Supra e orotemperado

0,20

113

Serras

Turbeira

Mesotemperado inferior

1,51

114

Serras

Turbeira

Mesotemperado superior

59,48

115

Serras

Turbeira

Supra e orotemperado

34,66

118

Serras

Bosque

Mesotemperado inferior

99,76

119

Serras

Bosque

Mesotemperado superior

660,96

120

Serras

Bosque

Supra e orotemperado

16,63

124

Serras

Agrosistema intensivo (plantación forestal)

Mesotemperado inferior

54,33

125

Serras

Agrosistema intensivo (plantación forestal)

Mesotemperado superior

141,19

126

Serras

Agrosistema intensivo (plantación forestal)

Supra e orotemperado

7,48

130

Serras

Agrosistema intensivo (superficie de cultivo)

Mesotemperado superior

48,61

135

Serras

Agrosistema extensivo

Mesotemperado inferior

75,91

136

Serras

Agrosistema extensivo

Mesotemperado superior

379,19

137

Serras

Agrosistema extensivo

Supra e orotemperado

9,30

142

Serras

Rururbano (diseminado)

Supra e orotemperado

0,60

156

Serras

Agrosistema intensivo (mosaico agroforestal)

Mesotemperado inferior

175,70

157

Serras

Agrosistema intensivo (mosaico agroforestal)

Mesotemperado superior

279,29

158

Serras

Agrosistema intensivo (mosaico agroforestal)

Supra e orotemperado

11,58

245

Canóns

Matogueira e rochedo

Mesotemperado inferior

136,20

246

Canóns

Matogueira e rochedo

Mesotemperado superior

71,41

249

Canóns

Turbeira

Mesotemperado inferior

19,63

250

Canóns

Turbeira

Mesotemperado superior

5,30

251

Canóns

Bosque

Sen datos

2,23

252

Canóns

Bosque

Termotemperado

437,21

253

Canóns

Bosque

Mesotemperado inferior

1.122,12

254

Canóns

Bosque

Mesotemperado superior

345,44

257

Canóns

Agrosistema intensivo (plantación forestal)

Sen datos

2,03

258

Canóns

Agrosistema intensivo (plantación forestal)

Termotemperado

51,58

259

Canóns

Agrosistema intensivo (plantación forestal)

Mesotemperado inferior

138,47

260

Canóns

Agrosistema intensivo (plantación forestal)

Mesotemperado superior

14,12

268

Canóns

Agrosistema extensivo

Mesotemperado inferior

212,60

269

Canóns

Agrosistema extensivo

Mesotemperado superior

94,46

274

Canóns

Rururbano (diseminado)

Mesotemperado inferior

3,68

280

Canóns

Agrosistema intensivo (mosaico agroforestal)

Termotemperado

45,71

281

Canóns

Agrosistema intensivo (mosaico agroforestal)

Mesotemperado inferior

268,17

282

Canóns

Agrosistema intensivo (mosaico agroforestal)

Mesotemperado superior

42,63

289

Canóns

Lámina de auga

Mesotemperado inferior

418,13

290

Canóns

Lámina de auga

Mesotemperado superior

5,09

1.2.3.1. Fitos de interese paisaxístico.

No parque natural atópanse os seguintes lugares e áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, puntos singulares e miradoiros:

Táboa 8. Fitos de interese paisaxístico: lugares e áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, puntos singulares e miradoiros.

Lugares de especial interese paisaxístico

Fragas do Eume: flora e fauna autóctonas. Patrimonio cultural.

Parque Natural das Fragas do Eume

Ponte colgante Fragas do Eume

Mosteiro de Caaveiro

Fragas do Eume: bosque atlántico mellor conservado da fachada costeira galega

Penas do Mel

Afloramento rochoso Vilariño

Fraga da Cortella

Aldea de Rebardille

Val con paisaxe agrícola e antropizada entre o Mandeo e o Eume

Área de especial interese paisaxístico

Cód. AEIP

Denominación

Superficie (ha)

AEIP_10_05

Fragas do Eume

7.012,42 ha

Lugares de interese xeolóxico

Encoro do Eume

Puntos singulares

Nome

Tipo

Categoría

Mosteiro de San Xoán de Caaveiro

Mosteiro

Arquitectura popular

Soaserra (Santa Olaia)

Igrexa parroquial

Arquitectura popular

San Pedro de Eume

Igrexa parroquial

Arquitectura popular

Capela de San Bartolomeu

Capela

Arquitectura popular

Capela de San Xiao e San Miguel

Capela

Arquitectura popular

Capela de Santo André

Capela

Arquitectura popular

Ruínas do Muíño de Sesín

Ruínas

Arquitectura popular

Parque Etnográfico Río Sesín

Parque etnográfico

Arquitectura popular

Antiga Central Hidroeléctrica de Ventureira

Explotación hidroeléctrica

Arquitectura popular

Miradoiros

Miradoiro de Caaveiro

Miradoiro de Teixido

Miradoiro da Presa do Eume

Miradoiro dos Cerqueiros ou da Carbueira

Miradoiro do Monte Pendella ou Pena de Fexa

En resumo, a paisaxe vén caracterizada polos factores de altitude e pendente, xa que a maior parte da superficie do territorio dentro do ámbito do parque natural supera pendentes de máis do 20 %, o que supón un grao de fraxilidade paisaxística elevado. Isto tamén determinou ao longo dos anos o posible uso ou aproveitamento do territorio nas zonas do parque natural antropizadas ou baixo a súa influencia.

Así, os principais elementos caracterizadores da paisaxe son, por un lado, zonas de matogueiras e agrosistemas nas serras que rodean o parque natural, dando paso segundo baixa a cota de altitude a formacións boscosas derivadas principalmente das repoboacións forestais; por outro, lado, elementos representados por masas boscosas de caducifolios autóctonos encaixadas en canóns de fortes desniveis ao paso do río Eume e dos seus afluentes, que lle confiren á paisaxe do PNFE unha gran singularidade.

1.2.3.2. Os corredores ecolóxicos.

A conectividade ecolóxica pódese definir como a capacidade que teñen os seres vivos para desprazarse entre diferentes lugares e dese modo conectar as súas diferentes poboacións, facilitando o fluxo xenético e aumentando a probabilidade de supervivencia a longo prazo das comunidades biolóxicas e, en última instancia, os procesos ecolóxicos e evolutivos. É dicir, aqueles espazos que permiten o desprazamento das especies e a conexión entre diferentes poboacións denomínanse corredores ecolóxicos.

A fragmentación da superficie, ocupada por hábitats naturais en extensións cada vez máis pequenas e afastadas entre si, chega a motivar a perda da capacidade do territorio para acoller determinadas especies de fauna ou flora ou ser utilizadas por estas, especialmente cando se perde a conexión entre elas.

Ademais da fragmentación dos hábitats por cambios no uso do solo, determinadas infraestruturas provocan un maior impacto por fragmentación dos hábitats ao supor barreiras impermeables ao paso de determinadas especies. É o caso do Encoro do Eume, presas, infraestruturas viarias, cercados, etc.

Os efectos da fragmentación maniféstanse máis rapidamente na fauna de gran tamaño, como por exemplo os grandes carnívoros, que precisan de amplos territorios para sobrevivir; porén, a longo prazo afecta tamén outros grupos de fauna e incluso de flora.

No caso do PNFE, trátase dun espazo de área de montaña, tal e como aparece indicado no Plan director da Rede Natura 2000 en Galicia, e polo tanto as especies clave para a conservación deste espazo estarán adaptadas a estes ambientes montañosos.

O parque natural inclúe na zona oriental unha serie de territorios de serras, máis concretamente o Serrón do Lobo e outros contrafortes da Serra da Loba no extremo leste, e ao norte do Encoro do Eume a Serra de Queixeiro. Ademais, dentro do ámbito do parque natural existe unha significativa zona de serra ao redor do Pico de Fontardión, situado ao norte da presa do Encoro do Eume.

Neste senso, a conectividade entre territorios de serra no ámbito do parque está garantida, aínda que salienta na área oriental unha parcial interrupción existente fóra dos seus límites, entre a Serra do Queixeiro e os contrafortes da Serra da Loba. Esta fragmentación de hábitats vén dada pola estrada local que atravesa a parroquia de Santa María do Alto de Xestoso, pertencente ao concello de Monfero, xunto cos seus asentamentos e infraestruturas de escasa entidade. Esta interrupción na conectividade entre hábitats supón un elemento de baixa afección entre poboacións faunísticas e mesmo de flora.

En canto á zona occidental do parque natural, a conectividade da serra ao redor do Pico de Fontardión e outros espazos no extremo oeste do parque natural estaría totalmente asegurada nos distintos planos pola fluída permeabilidade entre hábitats, escalamentos sucesivos e a súa conexión por medio do corredor fluvial do Eume.

Pola contra, a conectividade na zona central do parque natural, entre os territorios da vertente norte e o norte do río Eume é máis problemática, xa que o río está neste punto encorado, o cal pode supor un problema para o desprazamento de determinadas especies.

Por esta mesma razón, as especies vinculadas a medios fluviais e especialmente as estritamente acuáticas teñen impedida a posibilidade de desprazamento a consecuencia do propio encoro, xa que a presa, desde a súa construción en 1960, non conta en ningún caso con escalas para peixes migradores ou para a interconexión entre outras poboacións piscícolas. Ademais, debido á súa grande altura (101 m sobre cimentos), supón un obstáculo que impide ou condiciona significativamente o desprazamento de moitas outras especies a través do eixe fluvial, impedindo a súa función como corredor da biodiversidade.

1.2.4. O medio socioeconómico.

Diversa normativa estatal e autonómica recolle, de forma expresa, a obrigatoriedade de articular as medidas necesarias para asegurar e mellorar a calidade de vida das persoas do espazo natural protexido mediante a dinamización e desenvolvemento económico, especialmente no referido ás actividades relacionadas co uso público, o turismo e o aproveitamento sostible dos recursos naturais.

Ao longo dos últimos 15 anos, os concellos situados na área de influencia do PNFE experimentaron no seu conxunto un descenso demográfico que supera o 10 %. Por concellos, Monfero é desde 2007 o concello onde máis se fixo notar este descenso –posúe unha evolución demográfica regresiva de case un 20 %–, seguido das Pontes de García Rodríguez e da Capela, con porcentaxes próximas ao 13 %, namentres que Pontedeume experimentou unha variación poboacional negativa de preto do 10 %. Pola contra, Cabanas sería a excepción, dado que presenta unha evolución demográfica progresiva, ao aumentar a súa poboación desde 2007 en máis dun 6 %.

Segundo os datos estatísticos de 2022, súmanse un total de 24.138 habitantes nun territorio de 53.889,76 ha, contando os municipios que constitúen o Parque Natural das Fragas do Eume.

Táboa 9. Variacións no número de habitantes de cada concello dentro do Parque Natural das Fragas do Eume nos últimos 15 anos (fonte: IGE, 2022).

Ano

Habitantes por concello

Total

Variación interanual (%)

Cabanas

A Capela

Monfero

Pontedeume

As Pontes de García Rodríguez

2007

3.228

1.498

2.381

8.519

11.376

27.002

-

2008

3.240

1.471

2.331

8.439

11.246

26.727

-1,02

2009

3.283

1.455

2.283

8.359

11.254

26.634

-0,35

2010

3.331

1.436

2.221

8.303

11.185

26.476

-0,59

2011

3.303

1.419

2.167

8.195

11.038

26.122

-1,34

2012

3.262

1.410

2.119

8.163

10.942

25.896

-0,87

2013

3.275

1.403

2.110

8.160

10.808

25.756

-0,54

2014

3.288

1.399

2.089

8.101

10.648

25.525

-0,90

2015

3.301

1.386

2.029

8.011

10.516

25.243

-1,10

2016

3.264

1.372

2.013

7.914

10.338

24.901

-1,35

2017

3.321

1.337

1.981

7.823

10.250

24.712

-0,76

2018

3.326

1.301

1.955

7.771

10.159

24.512

-0,81

2019

3.325

1.296

1.937

7.694

10.072

24.324

-0,77

2020

3.341

1.291

1.911

7.669

9.993

24.205

-0,49

2021

3.432

1.314

1.918

7.616

9.858

24.138

-0,28

% Var. período

6,32

-12,28

-19,45

-10,60

-13,34

-10,61

-

1.2.5. Infraestruturas viarias.

No relativo ás infraestruturas viarias dentro do PNFE (mapa 2 do anexo III), existe unha ampla rede de vías que pertencen ás seguintes categorías:

• Rede viaria (estradas asfaltadas).

• Pistas forestais con acceso para vehículos.

• Outras pistas forestais.

1.2.6. Patrimonio cultural.

O patrimonio cultural da zona de influencia socioeconómica do PNFE é abondoso e moi importante. Este feito levou a Comarca do Eume á súa declaración como conxunto histórico e lugar pintoresco como parte do patrimonio histórico-artístico do Estado español no ano 1971, mediante o Decreto 2234/1971, do 13 de agosto, polo que se declara conxunto histórico e lugar pintoresco a comarca eumesa.

As fragas son unha parte importante deste patrimonio cultural, xa que o bosque actual é o resultado dun longo proceso de intervención humana, de explotación dos recursos naturais sen levar consigo a súa destrución. Esta intervención reflíctese no tamaño e forma das árbores, na estrutura compositiva do bosque e, moi especialmente, nos artefactos e construcións que aparecen integrados nel, entre os que quizais os máis salientables sexan as curripas (Vales, 1993). Tamén como mostra da interesante arquitectura popular da zona pode sinalarse, entre outras, a multitude de pontes, muíños e hórreos que acolle o territorio dentro e ao redor do parque natural, moitos deles aínda en uso na actualidade.

Ademais, no ámbito e contorna do PNFE podemos atoparnos con arquitectura relixiosa de singular importancia, da que destaca o Mosteiro de Caaveiro. Está situado entre os ríos Sesín e Eume, e crese que foi fundado por San Rosendo no ano 936. Foi declarado ben de interese cultural do patrimonio histórico-artístico do Estado español co nome de Excolexiata de Santa María de Caaveiro. A finais do século XVIII perde o seu carácter de colexiata, polo que se precipita o final da súa vida monacal. Na actualidade, o seu carácter orixinal románico mantense intacto, aínda que a maioría de edificacións típicas da orde que o habitaba se encontran en condicións moi deficientes ou mesmo practicamente desaparecidas.

No interior do parque natural tamén se atopan outros edificios e construcións de interese histórico-artístico de menor entidade, como son a Igrexa Parroquial de Santa Olaia de Soaserra e os seus edificios anexos, a Igrexa de San Pedro de Eume, a Capela de Santo André, a Capela de San Bartolomeu e a Capela de San Xiao e San Miguel.

No exterior da igrexa parroquial de San Pedro de Eume destaca especialmente o seu cemiterio, que como característica particular presenta un gran número de lápidas recubertas por conchas de bivalvos, principalmente vieiras.

A cultura non se manifesta só nos bens materiais, senón que tamén o fai nos espirituais e lúdicos. Son interesantes as romarías que teñen lugar todos os anos en Caaveiro, na Ermida de San Xiao e nas aldeas do concello de Monfero que se atopan incluídas no parque natural. Festas, hábitos culturais e lendas son de gran valor e interese no ámbito e contorna do Parque Natural das Fragas do Eume.

1.2.7. Identificación de riscos e ameazas.

Lista de presións e ameazas identificadas no Parque Natural das Fragas do Eume, codificadas de acordo co sistema de codificación normalizado empregado pola Axencia Europea de Medio Ambiente:

Táboa 10. Listaxe de presións e ameazas identificadas no ámbito do Parque Natural das Fragas do Eume.

Listaxe de presións e ameazas

A. Agricultura

A02 - Modificación de prácticas agrícolas

B. Silvicultura, ciencias forestais

B02 Xestión de bosques e plantacións

B02.01 Repoboación en solo forestal tras corta

B02.01.02 Repoboación (especies alóctonas)

B02.02 Cortas a eito, corta, eliminación de todas as árbores

B06 Pastoreo en bosques (*)

B07 Actividades forestais non mencionadas anteriormente (e.g. erosión debida á corta de bosques, fragmentación)

K04.05 Danos causados por herbívoros (incluíndo especies de caza) (*)

C. Actividade mineira e extractiva e produción de enerxía

C01 Minas e canteiras (**)

C01.04 Minas

C01.04.01 Minaría a ceo aberto

C03 Uso de enerxías renovables abióticas (**)

C03.03 Produción de enerxía eólica

D. Transportes e redes de comunicación

D01 Estradas, camiños e vías de tren

D01.01 Sendas, pistas, carrís para bicicletas (inclúe camiños forestais sen asfaltar)

D01.02 Estradas e autoestradas (todas as estradas pavimentadas/asfaltadas)

D01.03 Aparcadoiros e áreas de estacionamento de vehículos

D02 Infraestruturas lineais de servizo público

D02.01 Tendidos eléctricos e liñas telefónicas (**)

E. Urbanización, desenvolvemento residencial e comercial

E01 Zonas urbanas, asentamentos humanos

E01.03 Poboación dispersa

G. Intrusión humana e perturbacións

G01 Deportes ao aire libre e actividades de lecer, actividades recreativas organizadas

H. Contaminación

H01 Contaminación de augas superficiais

H01.03 Outras fontes puntuais de contaminación de augas superficiais

H04 Contaminación atmosférica

H05 Contaminación de solos e residuos sólidos (excluíndo verteduras)

H05.01 Refugallos e residuos sólidos

I. Especies invasoras, especies problemáticas e modificacións xenéticas

I01 Especies invasoras e especies alóctonas. Especies de plantas e animais

J. Alteracións do sistema natural

J01 Incendios e extinción de incendios

J01.01 Incendios provocados

J02 Cambios inducidos nas condicións hidráulicas

J03 Outras alteracións dos ecosistemas

J03.02 Diminución da conectividade dos hábitats debida a causas antropoxénicas-fragmentación

M. Cambio climático

M01 Cambios nas condicións abióticas

M01.02 Seca e diminución da precipitación

(*) Non derivado de explotacións gandeiras, senón da acción de gando caprino asilvestrado.

(**) Actividade prohibida no parque natural. Risco proveniente da actividade na súa contorna.

Deseguido inclúese unha análise e valoración das presións e ameazas identificadas máis determinantes no ámbito do parque natural e a súa contorna próxima:

1.2.7.1. B06 Pastoreo en bosques e K04.05 Danos causados por herbívoros (incluíndo especies de caza): risco de afección á vexetación protexida por presenza de cabras asilvestradas (Capra hircus).

No ámbito do PNFE existían explotacións de cabras desde tempos inmemoriais, aínda que a súa presenza como especie asilvestrada se remonta a pouco máis de 20 anos. A súa orixe na zona foi debido ao abandono das explotacións en réxime de semiliberdade, á falta de rendemento económico, á emigración da poboación local ou á morte das persoas propietarias. Progresivamente, e co paso do tempo, a poboación de cabras asilvestradas viu incrementado o seu número e expandiuse val abaixo.

A presenza de cabras domésticas asilvestradas (Capra hircus) en varias zonas do parque natural está a provocar afeccións sobre a flora e vexetación autóctonas, e pode pór en perigo as poboacións de especies de pteridófitos macaronésicos ameazados incluídos no CGEA, como Culcita macrocarpa, Vandenboschia speciosa e Woodwardia radicans, que presentan unha distribución restrinxida na Península Ibérica.

Para comprobar se a flora protexida está a sufrir algún tipo de afección, no ano 2010 levouse a cabo un estudo (Romero Suances, 2010) que pretendía coñecer con exactitude os seguintes obxectivos:

• Coñecer a distribución das cabras asilvestradas nos terreos do parque natural.

• Estimar a abundancia relativa da poboación de cabras.

• Coñecer os hábitats preferidos polas cabras.

• Realizar unha primeira apreciación cualitativa dos danos producidos.

Para desenvolver o traballo dividiuse a área de estudo en 6 sectores xeográficos que tivesen características homoxéneas no que se refire á súa topografía e cobertura vexetal. Catro dos sectores comprendían as ladeiras que marcan o mesmo val do Eume, mentres que os outros dous sectores corresponden un ao río San Bartolomeu afluente do anterior e o outro sector augas arriba do Encoro do Eume no monte denominado Cerqueiros.

Os resultados obtidos no citado estudo indican que existen cabras en 3 dos 6 sectores do parque natural analizados, que corresponderían con zonas do parque natural tras a presa do Encoro do Eume.

A análise da abundancia relativa poboacional revela que a presenza maioritaria dos grupos de cabras se sitúa no sector que presenta unha riqueza media de fentos baixa. Non obstante, tamén se constata a existencia de individuos en dous sectores, que coinciden parcialmente coa zona de reserva do parque natural que acolle importantes poboacións de Culcita macrocarpa, nas marxes do río San Bartolomeu ou río Parrote. Resulta salientable tamén que se observaron ademais, durante o desenvolvemento do dito estudo, excrementos de cabra nun dos enclaves onde se localizan varios pés de Culcita macrocarpa.

Sobre a preferencia de hábitat, o estudo indica unha preferencia polos bosques caducifolios fronte a plantacións de eucalipto ou formacións mixtas, xa que aquí as cabras atopan maior dispoñibilidade de alimento, e de aí que nesas zonas se localizase un maior número de exemplares arbustivos ramiscados. As especies máis afectadas son fundamentalmente o loureiro (Laurus nobilis), as silvas (Rubus ulmifolius) e algúns fentos, aínda que os danos tamén se poden atribuír a corzos. Ademais, convén salientar que, segundo o modelo de probabilidade de distribución da poboación de cabras, o estudo sinala que o hábitat en que se inscriben os fentos protexidos é moi propicio á súa presenza.

Actualmente, estase a apreciar unha estabilización e incluso unha pequena diminución da poboación de cabra asilvestrada, acompañada dunha focalización da súa distribución ao redor do canón do Eume no sector próximo á presa.

Por esta razón, e pola necesidade de dar lugar a solucións ante esta ameaza para as especies protexidas, está en marcha outro traballo en que se pretende analizar e coñecer en detalle as poboacións de cabra doméstica asilvestradas (Capra hircus) presentes no parque natural e avaliar os seus efectos sobre os hábitats e especies nas áreas de maior valor ecolóxico dentro do parque natural. Espérase determinar a abundancia e distribución dos individuos na actualidade, para establecer dun xeito obxectivo unha planificación para o seu control poboacional.

1.2.7.2. B02.01.02 Repoboación (especies alóctonas): expansión de repoboacións forestais con especies alóctonas.

O monte deixou de ser na maioría das comarcas galegas un complemento da actividade agrícola e gandeira, abandonou a súa función tradicional de provedor de pastos e fertilizantes para converterse nunha actividade con peso propio na economía das familias. As repoboacións forestais de especies como o piñeiro e o eucalipto, e especialmente o monocultivo deste último, incrementaron considerablemente os beneficios obtidos polas persoas propietarias dos montes.

O PNFE acolle un dos bosques caducifolios mellor conservados de Galicia, pero non está excluído da presenza de plantacións de eucalipto con interese comercial. Historicamente, o impacto das actividades humanas diminuíu en gran parte a extensión destes bosques, ameazando a viabilidade dalgunhas das especies de maior singularidade biolóxica. Ademais, o tamaño reducido das parcelas (minifundios) favoreceu un uso moi heteroxéneo do solo.

As plantacións de eucalipto son o cultivo forestal máis abundante, especialmente na metade oeste do parque natural e na beira norte do Encoro do Eume, por seren zonas de baixa altitude e de gran produtividade para a especie.

O bosque autóctono nas Fragas do Eume perdeu ata un 20 % da súa superficie desde a década dos 50 do pasado século (Teixido et al., 2010) e na actualidade representa ao redor do 30 % da superficie do parque natural. A cobertura vexetal do espazo protexido sufriu cambios substanciais na súa configuración espacial, e destaca como causa fundamental deste efecto a progresiva expansión das plantacións de eucalipto, entre outros factores, dado que aproximadamente o 12 % do bosque que había en 1957 se converteu en plantacións de eucalipto.

Á parte das súas implicacións na fragmentación do bosque autóctono, convén lembrar o elevado impacto ambiental e paisaxístico do modelo de xestión intensivo das plantacións de eucalipto, cuxa implantación provoca fortes cambios no equilibrio dos ecosistemas naturais e unha notable perda de biodiversidade, evidenciada na pobreza do seu sotobosque. Por norma xeral, a relación na cantidade de auga interceptada pola follaxe dunha plantación de eucalipto resulta moi diferente á da cobertura orixinal (bosque autóctono), o que deriva nunha diferente achega hídrica e afecta as características do solo. Ademais, as raíces do eucalipto adoitan estenderse moitos metros en forma horizontal, polo que ocupan maior espazo e competen por auga e nutrientes coa vexetación e cultivos lindeiros.

1.2.7.3. B02.02 Cortas a eito, corta, eliminación de todas as árbores: realización de cortas a eito, corta, eliminación de árbores.

As zonas de repoboacións forestais presentan importantes afeccións dos solos derivados das infraestruturas de explotación forestal, en especial as pistas e vías de saca.

O tipo de corta, por medio de cortas a eito de exemplares arbóreos de xeito continuo nun curto período de tempo, crean masas regulares que dan lugar a unha homoxeneización da paisaxe no plano horizontal e vertical, o que deriva nunha menor riqueza de especies de flora e fauna.

Este modelo de xestión intensivo dos cultivos forestais supón, ademais, un elevado risco de activación de procesos erosivos, agravados polas pronunciadas pendentes do parque natural, especialmente nas ribeiras do Eume. Entre outros riscos para a conservación dos solos, destacan a compactación edáfica producida polo paso da maquinaria, a morte dos sistemas radicais dos pés extraídos e a redución da concentración de nutrientes no solo pola propia eliminación de vexetación.

Segundo o estudo Análise da fragmentación e da conectividade da Rede galega de espazos protexidos, da CMATV, a realización de cortas a eito e o control do estrato arbustivo para maximizar a produción de madeira poden incluír en ocasións a eliminación do sotobosque e das especies secundarias de frondosas que se van rexenerando baixo o estrato arbóreo, que se consideran enriquecedoras e que supoñen o refuxio para varias especies de micromamíferos e réptiles.

Ademais, as tarefas de corta e limpeza da vexetación poden supor tamén efectos negativos sobre a fauna, pola alteración do seu hábitat.

1.2.7.4. J03.02 Diminución da conectividade dos hábitats debida a causas antropoxénicas-fragmentación.

O ámbito das Fragas do Eume conserva bosques autóctonos e sistemas agrarios e agroforestais extensivos que acollen unha importante biodiversidade. A subdivisión dos ecosistemas é un dos procesos máis graves de perda de diversidade biolóxica, xa que deriva nunha perda da súa funcionalidade. O parque natural engloba diversos hábitats de interese comunitario, varios deles prioritarios, entre os que destacan pola súa extensión e grao de conservación no seu ámbito as carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica. En conxunto, segundo o Análise da fragmentación e da conectividade da Rede galega de espazos protexidos (CMATV), o Parque Natural das Fragas do Eume presenta as seguintes unidades ambientais:

Táboa 11. Superficie das unidades ambientais clasificadas no ámbito do Parque Natural das Fragas do Eume segundo a Análise da fragmentación e da conectividade da Rede galega de espazos protexidos (CMATV).

Hábitat

Superficie (ha)

Superficie (%)

Frondosas caducifolias

2.853,34

31,33

Coníferas

839,91

9,22

Plantacións de eucaliptos*

1.234,16

13,55

Acacias e outras especies invasoras

0,18

0,002

Mosaico agrícola-gandeiro con sebes

633,04

6,95

Mosaico agrícola-gandeiro

447,90

4,92

Matogueira

2.479,96

27,23

Turbeiras

0

0,00

Zonas húmidas

29,74

0,33

Zonas húmidas costeiras

0

0,00

Augas continentais

497,55

5,46

Ermos e coberturas artificiais

90,58

0,99

Total

9.106,36

100

* Termo actualizado.

A nivel xeral, o medio natural galego caracterízase por unha intensa fragmentación debido ao reducido tamaño das parcelas (minifundismo), á densidade demográfica e ao carácter disperso do poboamento, que exercen unha elevada presión sobre os hábitats. Este patrón mantense no ámbito do parque natural, que se insire nunha contorna que presenta unha alta densidade de poboación, con gran cantidade de pequenos núcleos rodeados de manchas de pradeiras e terras de labor que, en conxunto, suman máis do 12 % da superficie do parque natural.

No PNFE rexístrase un total de 19.467 propiedades, o que representa un claro exemplo do minifundismo no parque natural. Incluso esta intensa fragmentación non se corresponde finalmente coa cantidade de superficie do parque natural que representan as pequenas ou medianas propiedades, dado que case o 90 % das parcelas posúe menos de 5.000 m², pero supoñen cerca do 25 % do territorio do PNFE.

Táboa 12. Clases e abundancia de parcelas catastrais no Parque Natural das Fragas do Eume segundo a súa superficie (Sistema de información xeográfica do Catastro, Ministerio de Facenda e Función Pública, 2022).

Clase de parcelas por superficie

Número de parcelas

Porcentaxe de parcelas (%)

Superficie (ha)

Porcentaxe do parque natural (%)

< 1.000 m2

8.341

42,85

372,63

4,09

1.000-2.500 m2

5.633

28,94

915,69

10,06

2.500-5.000 m2

2.966

15,24

1.041,17

11,43

5.000-10.000 m2

1.474

7,57

1.007,35

11,06

10.000-100.000 m2

969

4,98

2.178,34

23,92

>100.000 m2

84

0,42

3.591,18

39,44

Totais

19.467

100

9.106,36

100

Desde os anos centrais do século XX, as repoboacións forestais, a construción de encoros e infraestruturas de comunicación, a actividade mineira ou os incendios forestais, entre outros factores, incidiron fortemente na fragmentación de ecosistemas no interior do parque natural, o que alterou a conectividade ambiental e funcional do territorio.

No Parque Natural das Fragas do Eume (Teixido et al., 2009) cuantificouse a perda de bosque e os seus patróns de fragmentación desde 1957, mediante ferramentas de fotointerpretación e análise da paisaxe. Os resultados do estudo indicaron unha duplicación do número de parches de bosque autóctono no citado período. Ademais, constátase a diminución do tamaño medio dos parches de ata un 64 %, e o aumento da súa distancia media (un 31 %); redúcese consecuentemente a conectividade biolóxica do bosque autóctono. En 2009 os ecosistemas de bosque ocupaban ao redor do 30 % do ámbito do parque natural, fragmentados nun total de 137 parches, a meirande parte dos cales de menos de 10 ha (Teixido et al., 2009). Unicamente existían tres parches que superasen as 200 ha, que supoñían case toda a superficie de bosque autóctono. Isto evidencia un elevado nivel de fragmentación e, polo tanto, menores taxas de diversidade e riqueza específica.

Esta fragmentación da superficie de bosque autóctono (fragas e bosques de ribeira) no parque natural afecta de forma directa as poboacións de especies de fauna e flora que acolle, a causa da proliferación de «parches» de bosque de pequeno tamaño e para o efecto de bordo entre ecosistemas, xa que os organismos se ven sometidos a unhas condicións máis adversas ca no interior das grandes masas de arboredo autóctono.

No entanto, nas ribeiras fluviais do parque natural a deforestación é menor e os bosques de galería predominan ao longo de 97 km (o 76 % da súa localización potencial no ámbito). Ademais, 47 km están cubertos por bosques de ribeira a baixa altitude (inferior a 400 metros) e orientados ao norte, condicións óptimas para o desenvolvemento de varias especies ameazadas, e en especial dos fentos macaronésicos ameazados. A relativa continuidade e bo estado de conservación do bosque fluvial relaciónase coa inaccesibilidade das ribeiras, debido ao encaixonamento da rede fluvial, o que reduce o impacto dos incendios e aumenta a súa capacidade de rexeneración tras perturbacións. Aínda así, a expansión de Eucalyptus globulus tamén chegou a afectar cotas baixas do parque natural, xa que reduciu a extensión das galerías fluviais ao redor dun 11 % e contribuíu á fragmentación do bosque de ribeira, especialmente desde mediados dos anos 50.

Outro tipo de hábitats, como os queirogais húmidos con presenza de Erica ciliaris e Erica tetralix, constitúen, xunto cos bosques aluviais e as zonas de fraga, o tipo de hábitat esencial para as especies de anfibios presentes no parque natural, entre as cales se encontran varios taxons ameazados de réptiles, aves e mamíferos. Estes ecosistemas, que ocupan as posicións máis elevadas e pouco drenadas das vertentes, e en ocasións asociados a formacións de turbeira, resultan tamén moi sensibles ás perturbacións e frecuentemente son fragmentados debido á súa transformación en prados ou empregados como pasteiros, o que dá lugar a formacións das facies herbáceas destas comunidades arbustivas.

En xeral, os factores que determinan a progresiva degradación e fragmentación dos hábitats de matogueira no parque natural son fundamentalmente a substitución da matogueira por plantacións de eucalipto, os incendios forestais ou a apertura de pistas e outras infraestruturas.

Non obstante, segundo o estudo Obtención do índice de conectividade ecolóxica de Galicia mediante metodoloxías paramétricas (Ecoloxía da Paisaxe), feito en 2008 pola Xunta de Galicia en relación co territorio galego e outros espazos naturais protexidos, o Parque Natural das Fragas do Eume presenta un índice de conectividade ecolóxica elevado, cun 61,2 % da súa superficie que rexistra unha conectividade moi alta.

Posteriormente, no ano 2022 realizouse un novo traballo para a elaboración do cartografado das masas de bosque autóctono do Parque Natural das Fragas do Eume, co obxecto de avaliar a evolución da superficie ocupada polo bosque autóctono dentro dos límites do parque natural, conforme a ortofotografía aérea máis actual dispoñible (xullo de 2020), ao respecto da ortofotografía aérea do ano 2005.

Os resultados do estudo amosan unha superficie de frondosas autóctonas en 2020 de 3.346,38 ha fronte ás 3.053,21 do ano 2005. Este incremento no período 2005-2020 corresponde á diferenza entre un aumento de 549,41 ha en certas zonas do parque natural e unha diminución de 256,24 ha noutros sectores, tal e como se representa no mapa 3 do anexo III. Isto supón un balance neto positivo de 293,17 ha.

1.2.7.5. J01.01 Incendios provocados: incendios forestais.

O número de lumes forestais reduciuse en Galicia na última década. Os efectos dos incendios son innumerables nos hábitats, flora e fauna, pero ademais reducen o valor paisaxístico da zona afectada e aceleran os procesos erosivos do solo, entre outros factores.

Para analizar o impacto dos incendios no parque natural, levouse a cabo un estudo técnico sobre a incidencia dos incendios forestais na zona de especial protección dos valores naturais (ZEPVN) Fragas do Eume, xunto cunhas propostas de mellora da infraestrutura de defensa do monte.

Logo de analizar os datos da Consellería do Medio Rural de 2011 a 2020, na provincia da Coruña e, máis concretamente, na Comarca do Eume reducíronse tanto o número de incendios como a superficie queimada durante o dito período. Na Comarca do Eume producíronse un total de 159 lumes forestais que afectaron un total de 1.198 ha. Comparando estes datos cos rexistrados noutras comarcas da provincia, obsérvase que tanto o número de lumes ocorridos nos últimos 10 anos como a superficie afectada polo lume están por debaixo da media respecto ao resto de comarcas da provincia. Non obstante, na Comarca do Eume, a superficie media afectada por incendio forestal foi de 7,54 ha, o que duplica a media provincial, que foi de 3,73 ha/incendio forestal. Ademais, é moi destacable que o concello da Capela foi o máis afectado por grandes incendios forestais da provincia, cunha superficie media afectada de 72,16 ha/incendio forestal.

Atendendo ao Plan especial de protección civil de Galicia (Peifoga) 2015 e ao Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) 2022, dos cinco termos municipais afectados polo parque natural, unicamente o concello de Monfero se cualifica como zona de risco alto de incendio (ZAR). Non obstante, dentro deste concello adscríbese aproximadamente o 65 % da superficie do PNFE. Nestas zonas a Administración recoñece como prioritaria a aplicación de medidas máis rigorosas de defensa contra os incendios forestais ante o elevado risco de incendio, pola especial frecuencia ou virulencia dos incendios forestais ou a importancia dos valores ameazados. Por outra banda, na ZEPVN Fragas do Eume non existen parroquias catalogadas como de alta actividade incendiaria.

O incendio máis catastrófico neste período foi o lume do ano 2012, que afectou unha superficie de 804,94 ha da contorna do parque natural, das cales 549,67 ha afectaron o PNFE. O lume, iniciado o 31 de marzo de 2012, non chegou a afectar as zonas de maior valor para a conservación do espazo protexido, pero si alcanzou a zona de fragas, polo que se iniciaron desde o momento da súa extinción labores anuais de seguimento das superficies afectadas por parte de persoal do parque natural.

Para o control da evolución da vexetación logo do incendio, escolléronse 8 puntos de mostraxe, de xeito que se visen representados os dous tipos de hábitats de máis relevancia e interese afectados polo lume: as matogueiras e a fraga. Escolléronse os puntos nas vertentes de solaina e de avesedo, inspeccionouse a evolución de 6.586 pés arbóreos e arbustivos de 22 especies e, por último, tomáronse 20 mostras da vexetación herbácea, co que se identificaron 66 taxons herbáceos.

En conxunto, as mostras amosaron resultados positivos na recuperación dos ecosistemas afectados, con estimacións de supervivencia que variaron nas árbores afectadas polo lume entre o 100 % e o 61 %, para as especies arbustivas entre o 97 % a 48 %, e índices indicativos dunha recuperación positiva na diversidade herbácea.

1.2.7.6. E01.03 Poboación dispersa e A02 Modificación de prácticas agrícolas: núcleos de poboación no ámbito territorial do parque natural.

O carácter disperso que caracteriza o poboamento do rural galego ten múltiples consecuencias a nivel económico, social e ambiental. Dentro dos límites do PNFE existen 57 entidades de poboación, que acollen un total de 311 habitantes (INE, 2021), o que ofrece unha idea da diseminación e baixa poboación dos asentamentos.

Na proposta de zonificación do presente PRUX (anexo I) acorde co Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia, todos os núcleos rurais están adscritos á zona de uso xeral. Esta zona abrangue territorios cun importante nivel de urbanización, así como grandes áreas destinadas ao uso público ou superficies cun valor de conservación medio ou baixo en que predominan os medios seminaturais cunha reducida naturalidade e medios sinantrópicos desvinculados na maioría dos casos dos sistemas de explotación tradicional dos recursos naturais.

Deste xeito, nesta zona inclúense os asentamentos e núcleos rurais que teñan a dita condición conforme a normativa estatal e autonómica en materia de ordenación do territorio e urbanismo. Así mesmo, tamén abrangue as zonas de dominio público das infraestruturas de comunicación de titularidade estatal, autonómica, provincial ou local.

Táboa 13. Núcleos de poboación dentro do Parque Natural das Fragas do Eume segundo o seu concello e número de habitantes (INE, 2021).

Concello

Nome

Habitantes

A Capela

A Ribeira

5

O Sillabreu

0

Suapena

4

Ventureira

0

As Pontes de García Rodríguez

A Cruz

6

A Filgueira

5

A Louseira

0

Benade

7

Fragachá

9

O Carballo

2

O Couce

6

O Pazo

6

O Ramallal

1

Os Cadavás Grandes

4

Os Cadavás Pequenos

5

Pereira de Abaixo

1

Rebardille

3

Terbá

1

Cabanas

A Lagoa

5

O Barqueiro

6

O Igrexario

7

Os Durás

8

Os Lamas

18

Valedoso

14

Monfero

A Aira Vella

8

A Armada do Cando

0

A Castiñeira

0

A Ermida

2

A Escoitadoira

14

A Espadana

21

A Picheira

18

A Ribeira

0

A Torre de San Bartolomeu

6

As Dureixas

4

As Eiras

5

As Fontes

4

As Leguas

5

Caúlfe

5

Coira

8

Curra

0

Guilfonso

7

Muros

7

O Bidueiro

5

O Couce Nabeira

2

O Igrexario

1

O Peteiro

0

O Piñeiro

8

O Pumariño

17

O Regueiro

5

O Rodeiro

0

O Torno

3

Os Fornos

1

Portapena

8

Rebordochao

4

Sanguiñedo

4

Santo André da Ribeira

11

Vilachá

5

Total

311

Se comparamos estes datos con 2014, pódese observar que, ao igual que no resto do rural galego, a tendencia xeral dentro dos límites do parque natural é a diminución da poboación, que pasa neste período de 345 habitantes (IGE, 2014) aos sinalados 311 habitantes en 2021. No entanto, unha serie de entidades poboacionais presentaron un crecemento poboacional: Fragachá e Os Cadavás, no concello das Pontes de García Rodríguez, con 2 habitantes máis cada un; O Barqueiro e Valedoso en Cabanas, con 3 e 4 habitantes máis, respectivamente; e por último no concello de Monfero, A Espadana e Muros achegan 1 habitante máis cada un, Vilachá con 2 máis, e A Escoitadoira e A Torre de San Bartolomeu con 3 habitantes máis cada un.

O mantemento das estruturas de poboamento rural resulta fundamental para a conservación dos aproveitamentos silvopastorais e outros tipos de cultivo tradicionais, que forman parte da paisaxe e dos ecosistemas propios do parque natural e que son fundamentais para o mantemento destes hábitats.

1.2.7.7. H01 Contaminación de augas superficiais.

A nivel xeral, os cursos fluviais do parque natural non presentan problemas graves de contaminación, motivo polo cal varios dos regatos que drenan o seu ámbito constitúen un hábitat esencial para a conservación de especies protexidas, que presentan entre os seus requirimentos a necesidade de augas correntes non contaminadas. Non obstante, a posición xeográfica do parque natural (na bacía media-baixa do Eume) supón que lle poida afectar a contaminación difusa derivada das presións que poidan provir de augas arriba do ámbito do parque natural. Neste sentido, segundo o informe emitido por Augas de Galicia, as principais presións ás cales se ve sometido o sistema de explotación 13, no que se refire ao parque natural, son a demanda urbana, gandeira e industrial e a existencia de 5 centrais hidroeléctricas e a central térmica de Endesa nas Pontes de García Rodríguez, aínda que esta última está próxima á súa interrupción definitiva de actividade.

Nalgúns tramos do Eume, a incidencia das verteduras de xurro derivados das prácticas agrogandeiras é unha circunstancia que debe minimizarse polas súas afeccións sobre as poboacións de fauna e flora fluviais.

1.2.7.8. C01.04.01 Minaría a ceo aberto: presenza de explotacións mineiras a ceo aberto na contorna próxima do parque natural.

A actividade mineira constitúe unha ameaza que implica serias alteracións ambientais, cuxa intensidade depende de varios factores como a situación, a morfoloxía da explotación e as características da contorna. Estas influencias van transformando a paisaxe e provocan o empeoramento cualitativo ou cuantitativo dos recursos, así como a orixe ou desenvolvemento de procesos daniños ou degradantes.

No ámbito estrito da superficie do parque natural non se atopan explotacións mineiras actualmente en funcionamento. Non obstante, a presenza de dúas canteiras na súa contorna próxima supón un risco para a conservación do espazo, polo que se deberá analizar o funcionamento destas instalacións e, se é o caso, ben limitar e controlar de xeito estrito a súa posible ampliación ou ben limitar a realización de certas actividades que puideren dar lugar a unha afección sobre a flora e fauna da contorna, sobre as augas superficiais ou subterráneas, riscos xeolóxicos, cambios xeomorfolóxicos ou da paisaxe, alteracións no solo ou atmosfera, ou incluso impactos sobre o medio socioeconómico ou o patrimonio cultural.

1.2.7.9. C03.03 Produción de enerxía eólica e D02.01 Tendidos eléctricos e liñas telefónicas.

Entrando e saíndo dos límites na fronteira oriental do parque natural sitúanse os aeroxeradores do Parque Eólico de Sotavento. Asi mesmo, augas abaixo do encoro, existe unha liña eléctrica de alta tensión que percorre o parque natural en dirección sueste-noroeste, cunha lonxitude total de 16,77 km.

Os efectos destas infraestruturas de produción e distribución enerxética son evidentes a nivel paisaxístico, aínda que tamén hai que mencionar que a súa instalación pode incidir negativamente na fragmentación de hábitats a pequena escala e no tránsito libre da fauna, especialmente avifauna e quirópteros. Precisamente, o risco fundamental deste tipo de instalacións recae nas súas implicacións para as aves de gran porte, como algunhas especies de rapaces presentes no parque natural.

Neste sentido, convén lembrar a necesaria aplicación das medidas descritas no Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, polo que se establecen zonas de protección para a avifauna, contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión, así como na Resolución do 18 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se actualiza a delimitación das áreas prioritarias de reprodución, de alimentación, de dispersión e de concentración local de aves incluídas no CGEA, e se dispón a publicación das zonas de protección existentes na Comunidade Autónoma de Galicia nas que serán de aplicación medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.

1.2.7.10. D01.02 Estradas e autoestradas (todas as estradas pavimentadas/asfaltadas).

As infraestruturas de comunicación provocan efectos de fragmentación de hábitats que poden afectar en maior ou menor medida a fauna, afección que dependerá da capacidade de resposta de cada especie. Aquelas especies con maior redución de mobilidade, e con necesidade de maiores territorios ou un determinado tipo de hábitat, serán as primeiras en sufrir a perda e o illamento do seu hábitat.

Nas zonas de fraga e outras zonas de especial interese do parque natural, a densidade de estradas e infraestruturas lineais é baixa e as vías existentes son de escasa entidade, e presentan tamén unha densidade de tráfico moi reducida. Porén, as estradas son unha importante causa de perturbación antrópica e mortaldade, especialmente para anfibios e réptiles, así como para outras especies faunísticas do parque natural. Deste xeito, no tramo de estrada entre o Coto da Trapa, Pouso e Fonte do Maio (parroquia de Sta. María de Ombre, Pontedeume) ata a ponte que leva ao Mosteiro de Caaveiro, existe un índice de atropelos significativo (Galán, 2000).

A apertura de pistas forestais en zonas de alta pendente preto de cursos fluviais pode provocar derrubamentos, coa consecuente perda de horizontes edáficos superiores, o que supón un efecto negativo debido ás escorrentías que teñen lugar nestas pistas.

1.2.7.11. Reordenación e organización do acceso de visitantes ao PNFE.

A alta concorrencia de visitantes ao espazo protexido que se observa en determinadas épocas do ano pode xerar problemas de saturación, incluso perturbacións da vida cotiá dos habitantes locais ou riscos na seguridade derivados do uso masivo de automóbiles.

Para evitar efectos non desexados derivados do alta afluencia de visitantes no parque natural, é necesario promover a entrada por vías alternativas ao Portal de Caaveiro, como o Portal da Capela ou o Portal de Monfero, así como a elaboración de plans de reordenación de accesos ao parque natural.

1.2.7.12. J02 Cambios inducidos nas condicións hidráulicas.

O réxime hidráulico do río Eume foi modificado pola construción de presas para o aproveitamento hidroeléctrico previas á declaración do parque natural como espazo protexido, o que variou o réxime natural de caudais. Augas abaixo existen 3 minicentrais para a produción de enerxía eléctrica, polo que consecuentemente o río presenta un baixo grao de naturalidade neste tramo no que a caudais se refire, e isto condiciona o desenvolvemento das comunidades animais e vexetais dependentes do río.

O efecto máis evidente é o impacto visual e paisaxístico, aínda que existen outros relevantes para a conservación da biodiversidade, como o aumento do fitoplancto nas augas encoradas e as afeccións sobre a ictiofauna, ao impedir o remonte dos peixes para desovar.

1.2.7.13. H05.01 Refugallos e residuos sólidos: vertedoiros incontrolados.

É importante a vixilancia disuasoria para evitar puntos incontrolados de verteduras, dado que supoñen un grave risco de filtración de substancias tóxicas ao subsolo e de contaminación das augas do Eume, ademais dunha grave alteración paisaxística e agresión dos hábitats.

1.2.7.14. G01 Deportes ao aire libre e actividades de lecer, actividades recreativas organizadas.

Existe unha alta demanda de actividades lúdico-deportivas que poden xerar efectos non desexables sobre os valores do parque natural. É o caso de actividades que deben evitarse, como o uso de vehículos de motor campo a través ou por vías non autorizadas para tal fin, ou calquera outra ameaza potencial relativa da presión turístico-recreativa por un incorrecto desenvolvemento ou tránsito non autorizado que poida causar molestias ou danos a especies protexidas ou degradacións das súas zonas de cría, repouso ou hibernación. Tamén é necesario evitar os impactos de eventos e probas deportivas masivas, que deben someterse a unha regulación específica.

Así mesmo, dentro dos límites do parque natural, existe unha ampla área á altura da presa do encoro que constitúe un ámbito empregado para a práctica da escalada desde hai varias décadas. Esta zona de uso público coincide coa área de cría histórica do bufo real (Bubo bubo), especie catalogada como vulnerable no CGEA. Polo tanto, resulta un ámbito territorial moi sensible ante as alteracións derivadas do tránsito de persoas e vehículos, e da presión antrópica en xeral.

A preservación das especies que habitan nestas zonas require de estudos que permitan un mellor coñecemento da súa evolución. A heteroxeneidade da pendente e a superficie explican a maior parte da variación na distribución das plantas en comunidades de rochedos e, por esas razóns, son o principal obxecto de medición nos estudos do impacto producido por moitas actividades humanas.

Os enclaves onde se leva a cabo a escalada dentro do parque natural son A Canteira, A Xesteira, A Ventureira e O Pico Vello.

1.2.7.15. M01.02 Seca e diminución da precipitación.

Consonte o establecido no Plan nacional de adaptación ao cambio climático (PNACC), deberá considerarse todo o espectro de efectos de cara á mellora da planificación dos espazos naturais protexidos.

Unha das consecuencias máis drásticas dos recentes cambios do clima a nivel global son as secas que, aínda que excepcionalmente, tamén están a afectar as nosas latitudes de xeito cada vez máis frecuente.

Un caso recente no contexto do parque natural é o episodio de seca extrema acontecido no ano 2012, no cal durante o inverno na maior parte da Comunidade se recolleron precipitacións un 70 % inferiores aos valores normais. Foi un mínimo histórico que non se superaba desde 1931, cando se comezaron a facer medicións. A última vez que se produciu unha situación semellante foi nos anos 2004 e 2005.

Por este motivo, no ano 2013 aprobouse o Plan de seca da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, co obxecto de minimizar os efectos negativos tanto ambientais como económicos e sociais que xorden durante episodios de seca, e estableceuse como un instrumento que lle permita á Administración a toma de decisións e a adopción de medidas.

O obxectivo do Plan de seca é minimizar os impactos ambientais, económicos e sociais de eventuais situacións de seca. Para iso, ademais de establecer un sistema de indicadores hidrolóxicos que permita avaliar a proximidade, presenza e gravidade da seca, o Plan de seca inclúe as normas de explotación dos sistemas e as medidas que haberá que aplicar en situacións de alerta e eventual seca. No plan delimítase o sistema de explotación número 13 (río Eume e ría de Ares), que comprende unha área de 578,64 km².

Por outra banda, o Informe de cambio climático de Galicia 2012-2015 pon de manifesto que no caso da flora, na medida en que as condicións climáticas son determinantes para a vexetación dunha zona xeográfica concreta, as previsións dun cambio futuro no clima, con base en diferentes escenarios de emisión de gases de efecto invernadoiro, provocarán variacións na distribución dos diferentes taxons analizados. Dado que se trata de taxons de flora especialmente ameazada, os cambios nas variables climáticas poden prever incluso a súa desaparición. Porén, nalgún caso excepcional pode acontecer que ese cambio dea lugar a condicións máis favorables que teñan como resultado unha maior distribución potencial.

Ao igual que a análise desenvolvida para a flora, a principal conclusión que se pode detraer do estudo concreto para a fauna vén determinada pola relevancia das condicións climáticas e dos seus cambios na distribución potencial de especies de vertebrados, que actualmente se atopan en situación de vulnerabilidade ou en perigo de extinción. O cambio da situación climática no futuro, ante os dous escenarios de emisións previstos, debuxa en termos moi xenéricos unha situación máis difícil para os taxons analizados, ben que cómpre deterse na análise individual para poder obter conclusións máis concretas, considerando sempre que se trata de proxeccións.

1.2.8. Usos e aproveitamentos actuais e previstos.

1.2.8.1. Usos e aproveitamentos actuais.

A distribución actual da ocupación do solo dentro do territorio incluído no PNFE é o resultado da combinación das dinámicas naturais xunto coa cambiante actividade humana ao longo dos séculos (mapa 4 do anexo III).

Os distintos hábitats do parque natural experimentaron diferentes usos e tipos de aproveitamento, o que inflúe no seu estado actual. A distribución territorial dos usos e aproveitamentos do solo nos terreos do parque natural foi tamén estudada durante o período 2000-2010 polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) no momento en que se desenvolveu o Mapa de cultivos e aproveitamentos de España, que corresponde a unha cartografía a escala 1:50.000 (2000-2010) a nivel nacional sobre os usos.

Táboa 14. Usos do solo no Parque Natural das Fragas do Eume, segundo o Mapa de cultivos e MCA 2000-2010 (MAPA).

Designación abreviada da unidade ambiental

Superficie (ha)

Superficie (%)

Encoros e ríos

435,35

4,77

Caducifolias

2.473,41

27,1

Caducifolias e piñeiro

55,68

0,61

Cultivos e caducifolias

26,23

0,29

Cultivos forraxeiros e especies madeireiras

39,89

0,44

Cultivos forraxeiros e mato

163,24

1,79

Cultivos forraxeiros e outros cultivos

702,37

7,7

Cultivos forraxeiros

38,29

0,42

Eucalipto

27,18

0,3

Eucalipto e piñeiro

876,59

9,61

Eucalipto, piñeiro e caducifolias

954,52

10,46

Mato e caducifolias

37,67

0,41

Mato e especies madeireiras

136,24

1,49

Mato-pasto

1.950,30

21,58

Mato-pasto con rocha

495,05

5,42

Mato

449,4

4,92

Piñeiro

113,42

1,24

Prados

18,07

0,2

Prados e cultivos anuais

113,46

1,24

Total

9.106,36

100

Deste xeito, cabe salientar que máis dunha terceira parte da superficie do parque natural está ocupada por formacións de carácter arbóreo, e destacan as formacións de caducifolias, que ocupan un 27,10 % do total. Desde mediados do século XX, a progresiva transformación da paisaxe e a introdución de especies alóctonas orixinaron unha perda de naturalidade do medio e dos valores de conservación da biodiversidade, de tal xeito que na actualidade a superficie ocupada por piñeirais de repoboación e eucaliptais rolda as 2.000 ha en masas puras e mixtas (21,6 % do ámbito).

A superficie ocupada por matogueiras e pasteiros ocupa case 2.000 ha, é dicir, preto do 22 % do espazo, ademais da superficie ocupada polas matogueiras e pasteiros con rocha, que abranguen unha superficie de case 500 ha, o que supón algo máis do 5 % do PNFE, que indica a importancia deste tipo de hábitats no parque natural.

En conxunto, a poboación da área de influencia do parque natural presenta un carácter marcadamente rural, caracterizada por una gran dispersión, e cunha evolución claramente regresiva nos últimos dez anos. As actividades económicas céntranse nos sectores agrario, industrial e de servizos (en importancia correlativa crecente). Os usos e aproveitamentos actuais desagréganse en seis grandes grupos:

a) Usos agrogandeiros.

O sector agropecuario sufriu unha importante redución na súa importancia relativa nas últimas décadas, debido principalmente ao avellentamento da poboación, á remuda xeracional (abandono da actividade por parte da poboación nova) e ao mantemento dunha excesiva parcelación (minifundismo), que fan complicada a viabilidade produtiva deste sector.

As explotacións agrarias son moi pequenas, en xeral 2/3 delas son de menos de 5 ha e apenas unha de cada dez dispón de máis de 20 ha. A isto engádese a notable descontinuidade das parcelas que forman parte delas, co cal cada explotación está moi fragmentada. As explotacións presentan características comúns coas do resto da bisbarra, polo que predominan os agrosistemas de carácter tradicional, marcados pola compenetración da produción agrícola, gandeira e forestal, cunha baixa intensidade na adopción de procesos industriais. A produción agrícola está centrada no cultivo de herba, cereais e pequenas parcelas para a produción de patacas e especies hortícolas.

Entre a produción cárnica, destacan as explotacións estabuladas de bovinos destinados á comercialización de leite e a porcina. Existe tamén gandaría semiestabulada, para beneficio cárnico, cun importante número de reses equinas e, en menor medida, de ovellas e cabras.

Da transcendencia agrogandeira da comarca fala a importancia que os produtos de calidade diferenciada e artesáns acadan na Comarca do Eume:

• Requeixo: o requeixo é un tipo de queixo fresco resultado da fermentación do leite cru ou pasteurizado polos fermentos propios do leite. É un produto propio e tradicional galego, sobre todo en comarcas como a do Eume, onde perviviu e incluso se profesionalizou nos últimos anos a súa produción. O requeixo foi recoñecido coma produto artesán galego polo Decreto 174/2019, da Consellería do Medio Rural, que regula a artesanía alimentaria en Galicia, e xa son varios os produtores da Comarca do Eume que están amparados por esta certificación.

• Mel de Galicia: a Comarca do Eume é, polas súas características xeoclimáticas, moi favorable para a produción de mel de alta calidade. Son 6 os produtores e envasadores desta zona inscritos no Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia, que acadan case o medio millar de colmeas.

• Agricultura ecolóxica: nesta comarca hai 12 explotacións inscritas no Craega (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia), sobre todo nas explotacións produtivas de carne e leite de vacún.

• Ternera gallega: existen nesta zona numerosas explotacións inscritas no Consello Regulador da Carne de Vacún de Galicia (IXP Ternera Gallega e IXP Vaca e Boi de Galicia), dada a forte tradición e vocación na produción de carne de vacún desta bisbarra. O número total de explotacións amparadas pola certificación acada as 193, que no ano 2021 chegaron a criar 1.786 cuxos.

b) Usos forestais.

Na actualidade, a superficie forestal na Comarca do Eume supón arredor do 68 % do total da superficie agraria, e é unha das bisbarras que presenta unha maior superficie forestal na provincia da Coruña (Instituto Galego de Estatística, Consellería do Medio Rural. Anuario estatística agraria-2020).

Principalmente, o uso forestal está centrado en explotacións forestais de especies alóctonas, fundamentalmente eucalipto, aínda que tamén se atopan áreas significativas de piñeirais.

En canto á propiedade dos montes no ámbito do PNFE, os montes son na súa meirande parte de titularidade privada (o 79,39 %) e o resto da superficie é de titularidade pública (mapa 5 do anexo III). A superficie da propiedade dos montes públicos e dos montes veciñais en man común (MVMC) no ámbito do PNFE indícase na táboa seguinte:

Táboa 15. Inventario de montes públicos e MVMC (Instituto Galego de Estatística, 2020).

Montes públicos

Concello

Nome

Titularidade

Superficie (ha)

Superficie dentro do parque natural (ha)

A Capela

Fontardeón de Capela

Concello da Capela

337,50

337,50

Monfero

Marco da Curra

Estado-Xunta

666,50

501,83

Monfero

Os Cerqueiros

Estado-Xunta

151,97

151,97

Concello

Nome

Titularidade

Superficie (ha)

Superficie dentro do parque natural (ha)

Monfero

Fraga de Teixeiro

Estado-Xunta

181,12

181,12

Monfero

Penacavada e Marola

Estado-Xunta

225,00

221,47

Monfero

Fraga dos Cerqueiros

Estado-Xunta

110,67

110,67

Monfero

Penafesa de San Pedro

Estado-Xunta

292,21

292,21

As Pontes de

García Rodríguez

Fontardeón de Eume

Concello das Pontes de García Rodríguez

110,07

91,72

As Pontes de

García Rodríguez

Fontardeón de Goente

Concello das Pontes de García Rodríguez

27,70

26,95

MVMC

Concello

Nome

Titularidade

Superficie (ha)

Superficie dentro do parque natural (ha)

Pontedeume

CMVMC Coto da Trapa, Pouso e Fonte do Maio

Veciños de Ombre

90,31

56,15

Monfero

CMVMC Penafesa e Marola

Dialcabo, As Seixas, Valcovo, Guitiriz, A Pila da Leña, Bouzamaior e Montelongo

259,37

259,37

c) Usos cinexéticos.

No ámbito do PNFE sitúanse 7 terreos cinexeticamente ordenados (tecores), 3 zonas libres e 1 zona en que se prohibe o exercicio da caza, clasificados en función do réxime cinexético que lles é aplicable conforme a Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia.

As zonas libres de caza no ámbito do parque natural afectan só o concello de Monfero, clasificadas baixo os códigos C-09, C-10 e LU-01.

Táboa 16. Inventario de tecores dentro do ámbito do Parque Natural das Fragas do Eume.

Matrícula

Titulares

Superficie (ha)

Superficie dentro do parque natural (ha)

C-10036

Asociación de cazadores Fraga Redonda

3.967,05

1.309,77

C-10049

Sociedade de caza Virxe da Cela

8.739,32

2.615,15

C-10110

Sociedade de caza e pesca O Castro

2.222,24

653,83

C-10116

Asociación deportiva de cazadores Santa María do Cabalar

5.591,26

824,68

C-10139

Asociación de Cazadores do Medio Eume

2.569,91

145,22

C-10165

Sociedade de caza Xabarín

2.865,22

168,23

C-10213

Sociedade de cazadores Xestoso

5.140,8

1.627,14

d) Usos industriais e comerciais.

Se nos centramos exclusivamente na actividade industrial, segundo o IGE os concellos das Pontes de García Rodríguez, Pontedeume e Cabanas teñen un claro predominio na contorna, con máis das dúas terceiras partes das empresas, mentres que os concellos de Monfero e A Capela desempeñan un papel moito máis discreto. As Pontes de García Rodríguez é o municipio con máis poboación ocupada na industria e na construción, factor moi determinado pola actividade que xera a planta termoeléctrica das Pontes de García Rodríguez e a súas empresas e actividades asociadas.

Respecto á industria ligada ao sector forestal/agrícola, destacan especialmente os concellos de Monfero, A Capela e as Pontes de García Rodríguez, como os concellos con maior peso da industria agroforestal.

Táboa 17. Datos económicos por concello (IGE, 2021).

A Capela

Monfero

As Pontes de

García Rodríguez

Pontedeume

Cabanas

Empresas do sector gandeiro bovino (total de bovinos)

68 (2.493)

197 (6.227)

198 (3.367)

11 (68)

12 (110)

Empresas do sector agroforestal

79

203

118

49

18

Empresas do sector industria

8

8

48

28

17

Empresas do sector construción

6

29

68

60

57

Empresas do sector servizos

51

71

564

400

173

Con respecto ao número de empresas do sector servizos por tipo de actividade, en todos os concellos predominan as empresas ligadas ao comercio, con valores comprendidos entre o 4 % no caso da Capela e o 44 % das Pontes de García Rodríguez.

Outro sector de actividade salientable é o da hostalaría e o turismo, especialmente en época estival. Neste sentido, cabe mencionar que dos cinco termos municipais considerados o de Pontedeume aparece na relación dos concellos que contan coa declaración de concello turístico, cualificación que lle foi outorgada en outubro de 2011.

Finalmente, cómpre subliñar que en Galicia a artesanía ocupa un lugar destacado, non só desde o punto de vista económico, senón tamén desde o punto de vista cultural, xa que conta cunha gran diversidade de oficios, nos cales ocupan un lugar moi importante as tradicións populares. Nese senso a Comarca do Eume non é unha excepción e existen obradoiros artesáns (é dicir, xente que se dedica profesionalmente a un oficio artesán) que se recollen na zona. En concreto, no concello das Pontes de García Rodríguez figuran 5 obradoiros rexistrados na Sección de Actividades Artesanais do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, 2 no concello de Pontedeume e 1 no concello de Cabanas, que desenvolven actividades artesanais de tornaría, luthier, encaixes, marroquinaría ou xoiaría.

e) Usos construtivos e habitacionais.

Existe un total de 71 entidades de poboación dentro dos límites do PNFE, a maioría no termo municipal de Monfero (43), seguido do concello das Pontes de García Rodríguez con 17, soamente 7 en Cabanas, 4 na Capela e ningunha no concello de Pontedeume.

Con respecto ás vivendas, nos 5 municipios da Comarca do Eume, arredor do 35 % destas posuía no 2011 a condición de seren vivendas non principais segundo o IGE, a partir do ficheiro de microdatos máis recente correspondente ao Censo de poboación e vivendas elaborado polo INE no mesmo ano. Sobresae desta media o concello de Cabanas, en que case o 50 % corresponde a segundas vivendas.

f) Uso público.

O termo uso público fai referencia a todas aquelas actividades que se desenvolven por e para o público visitante do parque natural. Como parte das actuacións para desenvolver, teñen un gran peso as actividades de educación e divulgación ambiental.

Desde a súa creación no ano 1997, o Parque Natural das Fragas do Eume é un dos parques naturais de Galicia que recibe un maior número de visitas ao longo do ano. Por exemplo, o total de visitas rexistradas entre os tres centros de recepción en 2021 ascendeu a 26.097.

Para isto, o PNFE conta entre as súas instalacións cun centro de interpretación e sede principal no Portal de Caaveiro (Pontedeume), que serve como punto de información ao público, está adaptado para discapacitados e conta con material divulgativo e paneis interpretativos. Tamén existe un centro de visitantes en Monfero e outro centro de interpretación na Capela, aínda que nestes casos de titularidade municipal pero atendidos por persoal financiado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Por outra banda, son de especial relevancia, especialmente no tocante á sensibilización ecolóxica da poboación, todas as actividades de voluntariado efectuadas, tanto as promovidas pola Dirección do Parque Natural coma todas aquelas de iniciativa asociativa ou particular.

O parque natural conta cunha rede de rutas do parque natural e outras rutas e sendeiros á disposición das persoas visitantes (mapa 6 do anexo III):

• Rede de sendas do parque, constituída por aquelas vías que, tras a análise previa respecto a compatibilidade cos valores naturais e culturais do parque natural, serán sinalizadas, mantidas, publicitadas e promovidas polo Parque Natural. Esta rede contará coa colaboración de entidades interesadas.

• Sendeiro de gran percorrido (GR) GR 55 Camiño de Santo André.

• Rutas BTT.

1.2.8.2. Usos e aproveitamentos previstos.

Co fin de contribuír á conservación e mantemento do parque natural e favorecer o desenvolvemento socioeconómico das poboacións locais de forma compatible cos obxectivos de conservación do espazo, poderán ser aplicadas determinadas medidas de estímulo económico, uso público, educación ambiental ou equivalentes na área de influencia socioeconómica do parque natural, tal e como establece o artigo 39 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade.

a) Usos agrogandeiros.

A tendencia que se observa no sector agrícola e gandeiro é unha diminución significativa do número de explotacións na contorna, e predominan os agrosistemas de carácter tradicional cunha baixa intensidade na adopción de procesos industriais. Polo tanto, pasan a ser unha actividade complementaria para a economía familiar.

Fomentarase a promoción e o desenvolvemento da economía rural a través dos respectivos plans e programas de acción sectorial, primándose as accións respectuosas co medio e a participación nos obxectivos de promoción e desenvolvemento do sistema rural, posta en valor dos seus recursos e potencialidades, e fomentaranse accións encamiñadas á creación de emprego, incremento do valor engadido final e mellora da calidade de vida dos habitantes, sempre en concordancia coa conservación da zona. Ademais, promoverase a produción ecolóxica, e priorizarase aquela que busque a obtención de certificados ou selos de calidade, baseada moitas veces nun modo de produción biolóxico.

Neste senso, fomentaranse os produtos de calidade diferenciada e artesáns que buscan potenciar e protexer os produtos agroalimentarios.

b) Usos forestais.

No relativo aos usos forestais, debe terse en conta que as explotacións forestais están dedicadas fundamentalmente a especies alóctonas, como piñeiro e eucalipto, aínda que adoitan estar centradas nesta última.

Os usos forestais futuros ateranse e estarán en consonancia cos instrumentos de ordenación ou xestión forestal que se regulen e aproben nos próximos anos.

No referente á rexeneración e restauración de zonas con especial potencial na conservación de hábitats e especies no PNFE, e que poderían ademais facer a función de conectores ecolóxicos, disporase das seguintes especies destinadas para tal fin:

Táboa 18. Listaxe de especies aceptadas para reforestación e restauración no Parque Natural das Fragas do Eume.

Especie

Acer pseudoplatanus - Pradairo

Alnus glutinosa - Ameneiro

Arbutus unedo - Érbedo

Betula alba - Bidueiro

Castanea sativa* - Castiñeiro

Corylus avellana - Abeleira

Crataegus monogyna - Estripeiro

Frangula alnus - Sanguiño

Fraxinus excelsior - Freixo común

Fraxinus angustifolia - Freixo de folla estreita

Ilex aquifolium - Acivro

Laurus nobilis - Loureiro

Malus sylvestris - Maceira brava

Pyrus cordata - Pereira brava

Prunus avium - Cerdeira

Prunus spinosa - Abruñeiro

Quercus robur - Carballo

Quercus pyrenaica - Rebolo

Salix atrocinerea - Salgueiro negro

Sambucus nigra - Sabugueiro

Sorbus aucuparia - Capudre

Taxus baccata - Teixo

Ulmus glabra - Olmo de montaña

(*) Os pés empregados tradicionalmente para as novas plantacións no PNFE foron os procedentes de individuos de castiñeiro europeo (Castanea sativa) nacidos no mesmo souto ou en soutos próximos. Non obstante, hoxe en día nas plantacións que se vaian realizar nas zonas situadas a menos de 400 m de altitude e, polo tanto, no ámbito de afección pola enfermidade da tinta, ocasionada por fungos do xénero Phytophthora, promoverase a realización das plantacións con patróns resistentes á tinta de variedades híbridas do castiñeiro, enxertadas en todo caso con variedades de Castanea sativa. Este fungo infecta os sistemas radicais das árbores e produce a súa morte.

c) Usos cinexéticos.

En canto a este tipo de uso, non se prevén cambios substanciais nos próximos anos.

d) Usos industriais e comerciais.

Ben que non se prevén cambios nos usos industriais e comerciais, si é factible un incremento no sector servizos, así como en actividades de restauración polo recente auxe do turismo relacionado coa natureza, cultural e gastronómico, onde teñen cabida os produtos de calidade diferenciada e artesáns, así como os produtos elaborados polos obradoiros de artesanía.

e) Usos construtivos e habitacionais.

Os usos construtivos e habitacionais céntranse nos núcleos rurais presentes no parque natural e pódese predicir un incremento no número de actuacións relacionadas coa crecente demanda turística.

Ligada á declaración como espazo protexido, esta rexión experimentou nos últimos anos melloras na dotación de equipamentos e infraestruturas, así como melloras nas dotacións básicas que implican pavimentación, abastecemento, saneamento, recollida selectiva de lixo, adecuación de áreas recreativas, etc., unidas ás liñas de subvencións dos espazos naturais protexidos integrados no parque natural.

f) Uso público.

O obxectivo a longo prazo é que as actividades de uso público ofertadas polo parque natural para as súas persoas visitantes siga sendo, como mínimo, da mesma variedade e calidade ca as ofrecidas actualmente.

Prepararanse novas rutas de sendeirismo adaptadas ás persoas con diversidade funcional e impulsaranse actividades de voluntariado que busquen a sensibilización das persoas visitantes co medio.

Ademais, fomentarase o uso público de iniciativa privada, e estas actividades sempre se conducirán ata un turismo máis responsable e respectuoso co ambiente. Búscase evitar un turismo de masas e potenciar que implique grupos reducidos para que teña un carácter regulado e sostible.

2. Obxectivos operativos e de xestión.

O presente plan ten como obxectivo global o mantemento ou, de ser o caso, o restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies de flora e fauna de interese para a conservación, tendo en conta as exixencias económicas, sociais e culturais, así coma as particularidades rexionais e locais.

Para acadalo, o plan fíxase nos seguintes obxectivos derivados das normativas que rexen a xestión dos espazos naturais e a biodiversidade, a nivel comunitario (DC 92/43/CEE e DC 2009/147/CEE), nacional (Lei 42/2007, modificada pola Lei 33/2015) e autonómico (Lei 5/2019 e Decreto 211/1996):

a) A conservación da biodiversidade a través do mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais, garantindo a preservación das paisaxes, os medios ecolóxicos e os hábitats, así como a conexión das poboacións de fauna e flora silvestres e preservando a diversidade xenética.

b) Contribuír a garantir a conservación da biodiversidade mediante o establecemento de medidas de xestión para o mantemento, restablecemento nun estado de conservación favorable, dos tipos de hábitats naturais destacados no anexo I da DC 92/43/CEE e das poboacións e dos hábitats das especies silvestres de flora e fauna dos anexos II e IV da DC 92/43/CEE, xunto coas especies de aves e, de forma concreta, das destacadas no anexo I da DC 2009/147/CEE, e as especies de aves migratorias, así como os núcleos poboacionais e os hábitats das especies incluídas no LESRPE e no CGEA.

c) Establecer un marco de protección das augas superficiais continentais e das augas subterráneas, así coma dos ecosistemas acuáticos, que favoreza a súa conservación e uso sostible.

d) A regulación de actividades, proxectos e plans susceptibles de afectar a integridade dos espazos ou as súas compoñentes (hábitats e especies), en coherencia co artigo 6 do DC 92/43/CEE e acorde coa lexislación vixente.

e) Propiciar o desenvolvemento sostible, favorecendo os usos e aproveitamentos respectuosos e necesarios co medio. Este uso debe ser compatible co mantemento dos ecosistemas e non reducir a viabilidade dos outros recursos nin diminuír as posibilidades de gozo destes nas xeracións próximas.

f) Integrar os obxectivos concretos de conservación coas exixencias económicas, sociais e culturais, así como coas particularidades do parque natural e da súa área de influencia socioeconómica.

g) Consolidar a xestión e protección do parque natural mediante unha xestión adecuada de acordo co réxime xurídico establecido, impulsando a recuperación de actividades tradicionais e promovendo unha maior resiliencia fronte ao lume a través das diferentes medidas de prevención.

3. Zonificación.

Os límites da zonificación teñen como obxectivo facer compatible no parque natural a conservación dos recursos naturais con distintas actividades que se desenvolvan nel, recuperando os equilibrios que crearon a biodiversidade hoxe ameazada. Clasifícase o territorio en catro categorías, aproveitando os novos medios e ferramentas dos sistemas de información xeográfica e o novo coñecemento de campo. Delimítanse así con maior precisión as seguintes zonas:

3.1. Zona I, de reserva.

Son aquelas áreas que requiren un alto grao de protección por albergaren os maiores valores naturais, científicos e paisaxísticos, así como pola singularidade dos seus hábitats, especies e comunidades.

Os territorios do parque natural incluídos na zona de reserva posúen un valor de conservación moi alto e integran áreas prioritarias de conservación de especies de interese comunitario (DC 92/43/CEE, DC 2009/147/CE) ou das especies catalogadas como en perigo de extinción ou vulnerables a través dos seus correspondentes plans de recuperación ou conservación.

A zona I (zona de reserva) ocupa no parque natural unha superficie de 432,87 ha, o que supón un 4,75 % do total do parque natural. A zona de reserva abrangue 4 zonas: canón do Eume, río Parrote e rego da Vaca, o regueiro Porto da Trapa ou do Conde, e mais o río Frai Bermuz.

3.2. Zona II, de uso limitado.

A zona II, de uso limitado, está constituída por aquelas áreas que requiren dunha protección adecuada por presentaren unha ou varias das seguintes características:

• Albergan valores naturais de excepcional rareza.

• Albergan valores naturais de especial interese pola súa escaseza e/ou diversidade.

• Albergan valores naturais de especial fraxilidade.

Estas áreas inclúen na súa maior parte hábitats prioritarios ou de interese comunitario (anexo I da DC 92/43/CEE, DC 2009/147/CE), pero tamén áreas prioritarias para a conservación de especies de interese comunitario (anexo II da DC 92/43/CEE, DC 2009/147/CE) ou especies incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas.

Está constituída polas áreas que, aínda presentando un elevado grao de naturalidade, poden soportar un certo nivel de uso público, orientado á investigación, educación e interpretación ambiental e á contemplación da natureza de forma controlada. Garántese a conservación íntegra dos seus recursos e os valores, á vez que se permiten determinados aproveitamentos tradicionais.

Abarca no parque natural unha superficie de 3.395,38 ha, o que representa o 37,29 % do total. Nesta zona inclúese a maioría das fragas, bosques seminaturais de castiñeiro, bosques maduros de ribeira e queirogais húmidos (HIC 4020*).

3.3. Zona III, de uso compatible.

A zona de uso compatible abrangue aqueles ámbitos do parque natural que presentan un valor de conservación medio, que acollen unha porción variable de hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE, en xeral con baixas coberturas, ben que se trata de ámbitos que se integran nun territorio cun certo nivel de humanización e co desenvolvemento de actividades tradicionais agrícolas e forestais, que coexisten coa presenza dos citados hábitats de interese comunitario que:

• Forman parte dunha matriz que inclúe elementos da paisaxe agraria tradicional e cultivos forestais.

• Se sitúan en espazos moi demandados polo uso público.

Está constituída polos terreos en que as formacións naturais, xeralmente de mediana calidade e singularidade, soportan un maior grao de humanización ou ben presentan boa capacidade para soportar un uso público máis intenso.

Ocupa unha superficie de 5.238,97 ha, o que representa o 57,53 % do parque natural.

Esta zona inclúe zonas de plantacións forestais, cultivos e matogueira (uceiras, queirogais e xestas).

3.4. Zona IV, de uso xeral.

Correspóndese cos territorios do parque natural cun importante nivel de urbanización, así como coas grandes áreas destinadas a uso público.

Clasificarase como zona IV, de uso xeral, todo o solo incluído baixo o réxime de solo urbano, solo urbanizable e solo apto para urbanizar.

Inclúe todos os núcleos de poboación que están dentro do parque natural, unha canteira sita no concello de Pontedeume e os edificios administrativos do parque natural. Ademais, inclúe as zonas de dominio público das infraestruturas de comunicación de titularidade autonómica, provincial ou local, así como todas as infraestruturas construídas con anterioridade á declaración do parque natural.

Ocupa unha superficie de 39,30 ha, o que supón o 0,43 %.

4. Medidas de uso e xestión.

4.1. Introdución.

As medidas de uso e xestión recollidas neste documento teñen como finalidade concretar e definir os usos permitidos, autorizables e prohibidos que se poidan dar neste parque natural, sen prexuízo das previsións establecidas nas normativas sectoriais que resulten de aplicación. Con isto, promóvese unha xestión operativa e práctica no día a día do funcionamento deste territorio.

De acordo cos obxectivos de conservación da Rede Natura 2000, e unha vez identificados os principais compoñentes e valores do espazo natural, así como as principais afeccións e ameazas, defínense os obxectivos e directrices que se adoptarán na ordenación dos usos e das actividades que se van desenvolver no espazo natural obxecto do presente plan. A orientación principal da ordenación será o mantemento nun estado de conservación favorable da biodiversidade de cada espazo e, en especial, dos tipos de hábitats e das especies de maior significación existentes nel, así como aqueles usos tradicionais que modelaron a biodiversidade do parque natural.

As necesidades de conservación e restauración están moi ligadas cos aproveitamentos tradicionais, cuxo mantemento é ademais fundamental para garantir o desenvolvemento das comunidades que viven neste territorio.

Para a súa consecución, o presente plan apóiase nos seguintes instrumentos:

– Unha zonificación do territorio comprendido polo espazo natural, de carácter homoxéneo para o conxunto da rede de espazos, a partir da cal se definen as diferentes categorías de protección que condicionan os usos, aproveitamentos e actuacións de cada unha delas.

– Unha regulación de usos e actividades, co fin de garantir os obxectivos de conservación da Rede Natura 2000, propostos pola DC 92/43/CEE e a DC 2009/147/CE, así como pola normativa de ámbito estatal (Lei 42/2007, modificada pola Lei 33/2015) e autonómica (Lei 5/2019), regulación que se establece de forma xenérica para todo o ámbito do espazo natural ou ben de forma específica para as diferentes unidades territoriais fixadas na zonificación do espazo (zonas).

O presente plan articula as directrices e normativas de xestión en tres niveis.

– O primeiro nivel correspóndese coas «Medidas xerais de xestión», que marcan o desenvolvemento das actuacións no parque natural, así como das políticas sectoriais que incidan sobre este e sobre os seus valores, que derivan das normativas de ámbito europeo (DC 2009/147/CE, DC 92/43/CEE, DC 2000/60/CE), estatal (Lei 42/2007, modificada pola Lei 33/2015) e autonómico (Lei 5/2019; Decreto 77/2002).

– Nun segundo nivel desenvólvese a «Normativa por compoñentes e actividades» que conforman o parque natural e defínense, en consecuencia, obxectivos, directrices e normas de aplicación das principais actividades e proxectos. A normativa por compoñentes inclúe obxectivos, directrices e normas elaboradas a partir da lexislación sectorial vixente.

– O terceiro nivel vén marcado pola normativa zonal, de modo que para cada unha das unidades de zonificación establecidas no plan e delimitadas no parque natural, en función da expresión territorial dos compoñentes da biodiversidade, se propón un réxime de ordenación e xestión específico, que responde, en consecuencia, ás diferentes necesidades de conservación e xestión e a diferentes graos de aproveitamento dos recursos naturais.

4.2. Medidas xerais de xestión.

O primeiro nivel de medidas de xestión do Parque Natural das Fragas do Eume correspóndese cunha normativa xeral de ordenación, que marca o desenvolvemento das actuacións no espazo protexido, así como das políticas territoriais que inciden sobre este e sobre os seus valores. Esta epígrafe integra as medidas e normativa xeral, e define a continuación o alcance e ámbito de aplicación do PRUX, a exclusión e promoción de diferentes actividades socioeconómicas, así como a difusión do propio parque natural e dos seus valores.

4.2.1. Medidas e normativa xeral.

A normativa xeral de ordenación e xestión regula o desenvolvemento das actuacións no espazo, así como das políticas territoriais que incidan sobre este e sobre os seus valores. As normas xerais elabóranse a partir dos obxectivos e criterios orientadores derivados da normativa comunitaria (DC 2009/147/CE, DC 92/43/CEE, DC 2000/60/CE), estatal (Lei 42/2007, modificada pola Lei 33/2015) e autonómica (Lei 5/2019), así como dos derivados dos instrumentos de planificación existentes para o ámbito territorial do parque natural (Decreto 166/1999), e xunto con criterios propios relativos á exclusión ou, de ser o caso, á regulación de determinadas actividades.

4.2.1.1. Principal normativa sobre a cal se estrutura o PRUX.

4.2.1.1.1. Normativa da Unión Europea.

• Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres.

• Regulamento (CE) 338/97 do Consello, do 9 de decembro de 1996, relativo á protección de especies da fauna e flora silvestres mediante o control do seu comercio.

• Directiva 2000/60/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro, pola que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito da política de augas (Directiva marco de augas). DOCE, 327, do 22 de decembro de 2000.

• Directiva 2001/42/CE do Parlamento Europeo e do Consello, relativa á avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente (AAE).

• Directiva 2002/49/CE, do 25 de xuño, sobre avaliación e xestión do ruído ambiental. DOCE 189, do 18 de xullo de 2002.

• Directiva 2003/4/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de acceso público á información ambiental.

• Directiva 2004/35/CE do Parlamento e do Consello, do 21 de abril, sobre responsabilidade ambiental en relación coa prevención e reparación de danos ambientais.

• Protocolo de Cartaxena sobre seguridade da biotecnoloxía (29 de xaneiro de 2000; ratificado por España o 16 de xaneiro de 2002).

• Directiva 2008/99/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 19 de novembro, relativa á protección do ambiente mediante o dereito penal.

• Directiva 2008/105/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de decembro, relativa ás normas de calidade ambiental no ámbito da política de augas, pola que se modifican e se derrogan as anteriores directivas 82/176/CEE, 83/513/CEE, 84/156/CEE, 84/491/CEE e 86/280/CEE do Consello, e pola que se modifica a Directiva 2000/60/CE.

• Directiva 2009/147/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de novembro, relativa á conservación das aves silvestres.

• Directiva 2011/92/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 13 de decembro, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o ambiente (DOUE núm. 26, do 28.1.2012).

• Directiva 2014/38/UE da Comisión, do 10 de marzo, pola que se modifica o anexo III da Directiva 2008/57/CE do Parlamento Europeo e do Consello, no relativo á contaminación acústica.

• Directiva 2014/52/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de abril, pola que se modifica a Directiva 2011/92/UE, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o ambiente.

• Directiva 2014/80/UE da Comisión, do 20 de xuño, que modifica o anexo 11 da Directiva 2006/118/CE do Parlamento Europeo e do Consello, relativa á protección das augas subterráneas contra a contaminación e a deterioración.

• Regulamento (UE) 1143/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 22 de outubro, sobre a prevención e a xestión da introdución e propagación de especies exóticas invasoras.

• Directiva (UE) 2015/1127 da Comisión, do 10 de xullo, pola que se modifica o anexo II da Directiva 2008/98/CE do Parlamento Europeo e do Consello, sobre os residuos e pola que se derrogan determinadas directivas.

• Directiva (UE) 2015/996 da Comisión, do 19 de maio, pola que se establecen métodos comúns de avaliación do ruído en virtude da Directiva 2002/49/CE do Parlamento Europeo e do Consello.

• Acordo de París (22 de abril de 2016; vixente desde o 4 de novembro de 2016).

• Regulamento de execución (UE) 2016/1141 da Comisión, do 13 de xullo, polo que se adopta unha lista de especies exóticas invasoras preocupantes para a Unión, de conformidade co Regulamento (UE) 1143/2014 do Parlamento Europeo e do Consello.

• Regulamento de execución (UE) 2017/1263 da Comisión, do 12 de xullo, polo que se actualiza a Lista de especies exóticas invasoras preocupantes para a Unión, establecida polo Regulamento de execución (UE) 2016/1141, de conformidade co Regulamento (UE) 1143/2014 do Parlamento Europeo e do Consello.

• Directiva 1999/31/CE do Consello, do 26 de abril, relativa á vertedura de residuos.

• Directiva (UE) 2018/850 do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de maio, pola que se modifica a Directiva 1999/31/CE sobre vertedura de residuos.

• Directiva (UE) 2018/851 do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de maio, pola que se modifica a Directiva 2008/98/CE sobre residuos.

• Directiva 2008/98/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 19 de novembro, sobre os residuos e pola que se derrogan determinadas directivas.

• Directiva (UE) 2019/904 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xuño, relativa á redución do impacto de determinados produtos de plástico no ambiente.

• Regulamento delegado (UE) 2018/968 da Comisión, do 30 de abril, que complementa o Regulamento (UE) 1143/2014 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ás análises de riscos relativos a especies exóticas invasoras.

• Directiva (UE) 2019/904 sobre a redución do impacto ambiental de determinados produtos plásticos.

• Regulamento de execución (UE) 2019/1262 da Comisión, do 25 de xullo, polo que se modifica o Regulamento de execución (UE) 2016/1141 co fin de actualizar a lista de especies exóticas invasoras preocupantes para a Unión.

4.2.1.1.2. Normativa estatal.

Ordenación do territorio e urbanismo.

• Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de planeamento para o desenvolvemento e aplicación da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana (RPU/1978).

• Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de xestión urbanística (RXU/1978) en todo o que non se opoña ao disposto pola Lei 8/2007 e o RDL 1/1992, na parte non derrogada.

• Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación (modificada pola Lei 8/2013).

• Lei 45/2007, de desenvolvemento sustentable do medio rural.

• Lei 8/2013, do 26 de xuño, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas.

• Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de solo e rehabilitación urbana.

• Lei 12/2014, do 9 de xullo, pola que se regula o procedemento para a determinación da representatividade das organizacións profesionais agrarias e se crea o Consello Agrario.

Avaliación ambiental.

• Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Paisaxe.

• Ratificación do Convenio europeo da paisaxe por parte do Estado español, do 26 de novembro de 2007.

Conservación da natureza.

• Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais da flora e fauna silvestres (traspón a Directiva 79/409/CEE, 92/43/CEE e 97/62/CE sobre Rede Natura 2000).

• Real decreto 1739/1997, do 20 de novembro, sobre medidas de aplicación do Convenio sobre comercio internacional de especies ameazadas de flora e fauna silvestres (CITES), feito en Washington o 3 de marzo de 1973, e o Regulamento (CE) 338/97 do Consello, do 9 de decembro de 1996, relativo á protección de especies de fauna e flora salvaxes controlando o seu comercio.

• Orde MAM/2784/2004, do 28 de maio, pola que se exclúe e cambian de categoría determinadas especies no Catálogo nacional de especies ameazadas.

• Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade.

• Real decreto 139/2011, do 4 de febreiro, para o desenvolvemento da Lista de especies silvestres en réxime de protección especial e do Catálogo español de especies ameazadas, así como as súas modificacións: Orde AAA/75/2012, do 12 de xaneiro; Orde AAA/1771/2015, do 31 de agosto, Orde AAA/1351/2016, do 29 de xullo, e Orde TEC/596/2019, do 8 de abril.

• Real decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras.

• Real decreto 416/2014, do 6 de xuño, polo que se aproba o Plan sectorial de turismo de natureza e biodiversidade 2014-2020.

• Lei 21/2015, do 20 de xullo, pola que se modifica a Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.

• Lei 33/2015, do 21 de setembro, pola que se modifica a Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade.

• Orde AAA/1771/2015, do 31 de agosto, pola que se modifica o anexo do Real decreto 139/2011, do 4 de febreiro, para o desenvolvemento da Lista de especies silvestres en réxime de protección especial e do Catálogo español de especies ameazadas.

• Resolución do 6 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Medio Natural, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 24 de febreiro de 2017, polo que se aproban os criterios orientadores para a inclusión de taxons e poboacións no Catálogo español de especies ameazadas.

• Lei 7/2018, do 20 de xullo, modificación da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade.

• Real decreto 570/2020, do 16 de xuño, polo que se regula o procedemento administrativo para a autorización previa de importación no territorio nacional de especies alóctonas co fin de preservar a biodiversidade autóctona española.

Patrimonio cultural.

• Decreto 571/1963, do 14 de marzo, sobre protección dos escudos, emblemas, pedras heráldicas, rodetes de xustiza, cruces de termo e pezas similares de interese histórico-artístico.

• Decreto 798/1971, do 3 de abril, polo que se dispón que nas obras e nos monumentos e conxuntos histórico-artísticos se empreguen no posible materiais e técnicas tradicionais.

• Decreto 449/1973, do 22 de febreiro, polo que se colocan baixo a protección do Estado os «hórreos» ou «cabazos» antigos existentes en Galicia e Asturias.

• Real decreto lei 2/2018, do 13 de abril, de modificación da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.

• Real decreto 162/2002, do 8 de febreiro, de modificación do Real decreto 111/1986, do 10 de xaneiro, de desenvolvemento parcial da Lei 16/1985.

Accesibilidade.

• Real decreto 505/2007, de condicións básicas de accesibilidade en espazos públicos urbanizados e edificacións.

• Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.

Augas.

• Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, que desenvolve os títulos preliminares I, IV, V, VI e VII da Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas.

• Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas.

• Real decreto 47/2022, do 18 de xaneiro, sobre protección das augas contra a contaminación producida polos nitratos procedentes de fontes agrarias.

• Real decreto 1051/2022, do 27 de decembro, polo que se establecen as normas para a nutrición sostible nos solos agrarios.

• Real decreto 1053/2022, do 27 de decembro, polo que se establecen as normas básicas de ordenación das granxas bovinas.

• Real decreto 509/1996, do 15 de marzo, polo que se desenvolve o Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas.

• Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas.

• Lei 10/2001, do 5 de xullo, do Plan hidrolóxico nacional.

• Real decreto 907/2007, do 6 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de planificación hidrolóxica.

• Real decreto 1341/2007, do 11 de outubro, sobre xestión da calidade das augas de baño.

• Real decreto 1514/2009, do 2 de outubro, polo que se regula a protección das augas subterráneas contra a contaminación e a deterioración.

• Real decreto 903/2010, do 9 de xullo, sobre avaliación e xestión dos riscos de inundación.

• Real decreto 1290/2012, do 7 de setembro, polo que se modifica o Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, e o Real decreto 509/1996, do 15 de marzo, de desenvolvemento do Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas.

• Real decreto 19/2016, do 15 de xaneiro, polo que se aproba o Plan de xestión do risco de inundación para a Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

• Real decreto 638/2016, do 9 de decembro, polo que se modifica o Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico que desenvolve os títulos preliminar I, IV, V, VI e VII da Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas.

• Lei 1/2018, do 6 de marzo, pola que se modifica o Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas.

Mobilidade.

• Real decreto 1812/1994, do 2 de setembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas.

• Lei 37/2015, do 29 de setembro, de estradas.

• Real decreto lei 3/2018, do 20 de abril, polo que se modifica a Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Ruído.

• Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído.

• Real decreto 1513/2005, do 16 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no referente á avaliación e xestión do ruído ambiental.

• Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, en relación coa zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións acústicas.

• Real decreto lei 8/2011, do 1 de xullo, polo que se modifica a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído.

Atmosfera e cambio climático.

• Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera.

• Lei 5/2013, do 11 de xuño, pola que se modifican a Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, e a Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.

• Real decreto 39/2017, do 27 de xaneiro, polo que se modifica o Real decreto 102/2011, do 28 de xaneiro, relativo á mellora da calidade do aire.

• Real decreto 773/2017, do 28 de xullo, polo que se modifica a Lei 5/2013, do 11 de xuño, pola que se modifican a Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, e a Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.

• Real decreto 1042/2017, do 22 de decembro, sobre a limitación das emisións á atmosfera de determinados axentes contaminantes procedentes das instalacións de combustión medianas e polo que se actualiza o anexo IV da Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera, e o Real decreto 115/2017, do 17 de febreiro, polo que que se regula a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados neles, así como a certificación dos profesionais que os utilizan, e polo que se establecen os requisitos técnicos para as instalacións que desenvolven actividades que emitan gases fluorados.

Residuos e solos contaminados.

• Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases e residuos de envases.

• Real decreto 9/2005, do 14 xaneiro, que establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados.

• Real decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición.

• Orde PRA/1080/2017, do 2 de novembro, pola que se modifica o Real decreto 9/2005, do 14 xaneiro, que establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados.

• Real decreto 646/2020, do 7 de xullo, polo que se regula o depósito de residuos en vertedoiros.

• Real decreto 265/2021, do 13 de abril, sobre vehículos ao final da súa vida útil.

• Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular.

Minaría.

• Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas.

• Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras.

Outras.

• Orde PRE/1841/2005, do 10 de xuño, pola que se modifica parcialmente a Orde do 18 de xaneiro de 1993, do Ministerio de Relacións coas Cortes e a Secretaría do Goberno, sobre zonas prohibidas e restrinxidas ao voo.

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, que modifica a Lei 54/1997, do 27 de novembro de 1997, do sector eléctrico.

• Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 36, do 31 de decembro).

• Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, polo que se establecen medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.

• Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (BOE núm. 181, do 29 de xullo), desenvolvida polo Regulamento aprobado polo Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro (BOE do 12 de decembro de 1997).

4.2.1.1.3. Normativa autonómica.

Ordenación do territorio e urbanismo.

• Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia.

• Decreto 330/1999, do 9 de decembro, polo que se establecen as unidades mínimas de cultivo para Galicia.

• Decreto 213/2007, do 31 de outubro, polo que se aproban os estatutos da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

• Decreto 19/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproban definitivamente as Directrices de ordenación do territorio (DOT).

• Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria.

• Decreto 176/2013, do 21 de novembro, polo que se aproba o Plan de seguimento das Directrices de ordenación do territorio de Galicia e da sustentabilidade territorial.

• Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

• Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

• Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

• Lei 3/2016, do 1 de marzo, de medidas relativas a proxectos públicos de emerxencia ou de interese excepcional.

• Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia (modifica aspectos referidos a diferentes leis e decretos, como a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais; Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e o Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia).

• Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia.

• Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

Avaliación ambiental.

• Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia.

• Lei 2/1995, do 31 de marzo, pola que se dá nova redacción á disposición derrogatoria única da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia.

• Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.

• Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

• Lei 5/2017, do 19 de outubro, para promover a implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica.

Paisaxe.

• Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.

• Decreto 119/2016, do 28 de xullo, polo que se aproba o Catálogo das paisaxes de Galicia.

• Decreto 96/2020, do 29 de maio, polo que se aproba o Regulamento da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.

• Decreto 238/2020, do 29 de decembro, polo que se aproban as Directrices de paisaxe de Galicia.

Montes e Medio Rural.

• Lei 13/1989, do 10 de outubro, sobre os montes veciñais en man común.

• Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

• Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

• Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

• Decreto 76/2018, do 19 de xullo, polo que se modifica o Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia.

• Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

• Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

Conservación da natureza.

• Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas.

• Decreto 167/2011, do 4 de agosto, polo que se modifica o Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas e se actualiza o dito catálogo.

• Orde do 6 de maio de 2014 pola que se inclúe a especie Cheilanthes guanchica C. Bolle no Catálogo galego de especies ameazadas, na categoría en perigo de extinción.

• Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia.

• Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.

Patrimonio cultural.

• Decreto 430/1991, do 30 decembro, polo que se regula a tramitación para a declaración de ben de interese cultural e se crea o Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

• Decreto 199/1997, do 10 xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica de Galicia.

• Decreto 232/2008, do 2 de outubro, sobre o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia.

• Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

Accesibilidade.

• Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

Outras.

• Resolución do 18 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se actualiza a delimitación das áreas prioritarias de reprodución, de alimentación, de dispersión e de concentración local de aves incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas, e se dispón a publicación das zonas de protección existentes na Comunidade Autónoma de Galicia nas que serán de aplicación medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.

• Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia.

• Orde do 20 de xullo de 2009 pola que se regula a construción e a xestión dos vertedoiros dentro do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

4.2.1.2. Directrices xerais.

i. Os obxectivos de conservación primarán sobre calquera outra actividade que se planifique ou se desenvolva no Parque Natural das Fragas do Eume. En toda actuación primará o principio de cautela, de mínima intervención e menor agresividade para os compoñentes da biodiversidade do parque natural.

ii. Fomentaranse as actividades e usos tradicionais, necesarios para a conservación da biodiversidade e o uso sustentable dos recursos naturais.

iii. Fomentarase a utilización dos compoñentes naturais do espazo dun modo e a un ritmo que non ocasionen a diminución a longo prazo da biodiversidade, de modo que se aseguren as posibilidades de satisfacer as necesidades e as aspiracións das xeracións actuais e futuras.

iv. Velarase polo mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais dos ecosistemas.

v. Asegurarase a preservación da variedade, singularidade e beleza dos ecosistemas naturais e da paisaxe, evitando ou, de ser o caso, minimizando a degradación destes por elementos ou construcións que supoñan un elevado impacto visual, derivado da súa localización, materiais empregados ou das relacións de texturas e cores utilizados.

vi. Darase preferencia ás medidas de xestión orientadas á conservación, preservación e restauración dos hábitats naturais e seminaturais, facendo especial fincapé naqueles considerados como prioritarios ou de interese comunitario, e aqueles con reducida representatividade, ou elevada fraxilidade, no ámbito do parque natural.

vii. Darase preferencia ás medidas de conservación, preservación e recuperación das especies silvestres de flora e fauna, facendo especial fincapé naquelas consideradas como protexidas por normativas internacionais, comunitarias, nacionais ou galegas.

viii. Concederase prioridade ás especies de interese para a conservación, ás especies endémicas ou que posúan unha área de distribución limitada, así como ás especies de fauna migratoria.

ix. Darase preferencia á conservación da diversidade xenética das poboacións silvestres de flora e fauna, así como ao mantemento ou, de ser o caso, á recuperación de razas, variedades e cultivos tradicionais que formen parte dos agrosistemas tradicionais.

x. Evitarase a introdución e controlarase ou mitigarase a difusión e expansión de especies, subespecies ou razas xeográficas distintas das autóctonas, na medida en que poidan competir con estas, alterar a súa pureza xenética ou provocar desequilibrios ecolóxicos sobre os hábitats naturais e seminaturais, así como sobre as poboacións das especies de flora e fauna autóctonas.

xi. As actividades e actuacións que se desenvolvan no parque natural buscarán o mantemento das reservas naturais de carbono existentes no parque natural, a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, así como unha maior eficiencia no gasto dos recursos renovables e no control integral dos residuos e produtos contaminantes.

xii. Evitarase a realización de calquera tipo de actividade que poida supor un risco de contaminación das augas continentais, tanto superficiais como subterráneas.

xiii. Mellorarase a calidade de vida das persoas do parque natural mediante a adopción de medidas de dinamización e desenvolvemento económico, dirixidas especialmente ás actividades relacionadas co uso público, o turismo e o aproveitamento sustentable dos recursos naturais.

xiv. Elaborarase un programa de seguimento da realidade económica, sociolóxica e natural do parque natural co fin de poder avaliar adecuadamente a repercusión de programas e proxectos sobre as características naturais do espazo e a calidade de vida das persoas.

xv. Farase promoción do coñecemento dos valores naturais e culturais do parque natural a través da coordinación con outras administracións, a comunidade científica e a poboación local.

xvi. Fomentarase a implicación de entidades de custodia do territorio na xestión de parcelas agrarias e forestais coa finalidade de colaborar na reversión do seu abandono. O parque natural apoiará explicitamente estas iniciativas en caso de que sexan propostas ante as administracións públicas competentes ou existan liñas de subvención ou apoio para axudar a implementalas no territorio.

xvii. Fomentarase a xeración de rendas e a viabilidade de aquelas actividades agrarias e forestais necesarias para o mantemento do equilibrio natural.

4.2.1.3. Obxectivos específicos do parque natural.

i. Conservación da biodiversidade, das paisaxes, dos hábitats, das especies de fauna e flora (con especial atención aos hábitats prioritarios e ás especies de interese para a conservación) e da xea.

ii. Manter e recuperar as actividades e usos tradicionais da zona.

iii. Desenvolver as actuacións precisas para asegurar a conservación e divulgación dos bens e valores históricos, culturais ou arqueolóxicos relacionados co parque natural, e restauralos cando sexa posible.

iv. Restaurar os sistemas naturais vexetais degradados e aquelas áreas sometidas a procesos erosivos de orixe antrópica.

v. Protexer e recuperar, sempre que sexa posible, o réxime de funcionamento natural de ríos, arroios, regatos, charcas e acuíferos; establecer os caudais ecolóxicos que aseguren o mantemento da ictiofauna e os recursos naturais das augas superficiais, e evitar ou corrixir calquera actuación que poida ser causa de degradación da calidade da auga.

vi. Promover os aproveitamentos forestais e os tratamentos silvícolas sostibles.

vii. Garantir o cumprimento dos obxectivos de conservación establecidos nas distintas figuras de áreas protexidas que inciden no ámbito territorial do parque natural (Rede Natura 2000).

viii. Establecer un sistema de uso público que facilite o coñecemento e gozo do parque natural e promova unha visita de calidade e compatible coa conservación dos recursos naturais e culturais, adaptándoa á capacidade de acollida do parque natural.

ix. Impulsar e programar actividades de información, interpretación e educación ambiental e o recoñecemento do patrimonio natural e cultural, que logren o respecto imprescindible para conseguir os obxectivos de conservación.

x. Asegurar a prestación de servizos públicos de puntos de información, centros de visitantes e rede de itinerarios, de acordo coa demanda existente e a súa evolución previsible.

xi. Contribuír ao desenvolvemento sustentable social, económico e cultural na área de influencia do parque natural.

xii. Promover unha formación continuada que garanta un nivel crecente de sustentabilidade nos usos e actividades tradicionais desenvolvidos no parque natural.

xiii. Reforzar as relacións entre a administración do parque natural e o resto das administracións con competencias no territorio, potenciando a coordinación, colaboración e intercambio de información.

xiv. Favorecer a elaboración de traballos científicos ou de investigación que permitan mellorar o coñecemento sobre os compoñentes naturais e culturais do parque natural.

xv. Conservar e ordenar os usos das infraestruturas existentes no territorio do parque natural.

xvi. Manter e mellorar o funcionamento do parque natural.

4.2.2. Normativa xeral.

Regulación de usos e actividades:

i. De acordo co disposto no artigo 68 da Lei 5/2019, para a regulación dos usos e actividades que se van desenvolver no parque natural, estes clasifícanse como permitidos, autorizables ou prohibidos, en función da súa incidencia sobre os valores naturais que motivaron a súa declaración.

ii. No caso de que se pretendan desenvolver no ámbito do parque natural usos ou actividades que non estean previstos neste PRUX ou no Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia, aplicaranse os criterios establecidos nos artigos 69 a 71 da Lei 5/2019, ambos incluídos, para determinar o réxime xurídico aplicable. En particular, a consellería competente en materia de patrimonio natural, logo de comunicación por parte da persoa interesada, determinará se os ditos usos ou actividades resultan compatibles ou non compatibles cos obxectivos de declaración do espazo natural protexido ou se ben deben someterse a un réxime de intervención administrativa co fin de evitar posibles efectos apreciables á conservación dos valores relevantes do parque natural ou da ZEC ES1110003.

iii. A avaliación ambiental, cando proceda, de plans, programas e proxectos que afecten o parque natural, ou ben os valores relevantes da ZEC ES1110003, rexeranse pola Lei 21/2013, do 9 de decembro, de impacto ambiental, ou norma que a substitúa, e polo artigo 39 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

4.2.2.1. Usos permitidos.

i. Con carácter xeral, consideraranse usos e actividades permitidos aqueles de carácter tradicional que sexan compatibles coa protección do espazo natural ao non causar afección apreciable.

ii. Os usos e actividades permitidos non requirirán de autorización específica dos órganos de xestión do parque natural, sen prexuízo de calquera outro título habilitante que resulte exixible.

4.2.2.2. Usos autorizables.

Terán a consideración de usos e actividades autorizables aqueles sometidos a un réxime de intervención administrativa en razón da súa localización nun espazo natural protexido, co fin de evitar posibles efectos apreciables á conservación dos valores relevantes deste.

Para estes efectos, consideraranse usos e actividades autorizables todos aqueles que requiran:

a) Autorización expresa da consellería competente en materia de conservación do patrimonio natural.

b) Informe preceptivo e vinculante da consellería competente en materia de conservación do patrimonio natural en calquera procedemento de autorización sectorial que figure como sometido a informe preceptivo na súa propia normativa sectorial. No caso de procedementos de autorización regulados na normativa estatal, o informe da dita consellería será vinculante se así se recolle na normativa estatal aplicable. Este informe determinará a existencia ou non de afección apreciable sobre os valores naturais que xustificaron a declaración do espazo protexido.

Son autorizables aquelas actividades directamente relacionadas coa saúde humana e a seguridade pública, así como aquelas accións que concorran baixo razóns imperiosas de interese público de primeira orde.

Serán autorizables as actividades de investigación científica, incluíndo recolección de mostras ou experimentación in situ sobre os hábitats, principalmente as que contribúan á caracterización e mellor coñecemento do medio natural do parque natural. As actividades de investigación deberán contar coa autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural, que avaliará a súa adecuación ás necesidades de conservación e xestión do parque natural, e autorizará soamente aquelas actividades que non sexan susceptibles de provocar unha afección significativa sobre os compoñentes da biodiversidade e xeodiversidade.

Será autorizable o uso de biocidas de maneira controlada para a loita contra pragas agrícolas, especies exóticas invasoras ou outros fins debidamente xustificados, sempre que non supoñan unha afección significativa sobre o estado de conservación dos hábitats prioritarios e das especies de flora e fauna silvestres de interese para a conservación.

4.2.2.3. Usos prohibidos.

Especificaranse nas epígrafes seguintes do presente plan os usos ou actividades prohibidos que sexan susceptibles de causaren prexuízo á integridade do lugar ou sobre o estado de conservación dos compoñentes clave para a biodiversidade e que, por conseguinte, resulten incompatibles cos obxectivos de conservación do espazo.

4.2.2.4. Exclusión de actividades.

O Parque Natural das Fragas do Eume posúe uns valores naturais que deben ser respectados, de maneira que se manteñan os valores que motivaron a designación deste territorio como parque natural, así como o resto das figuras de áreas protexidas con que conta o seu ámbito territorial: espazo natural protexido da Rede galega de espazos protexidos. Por tanto, para que se poida preservar o labor previo, sustentable e respectuoso, o territorio delimitado polo Parque Natural das Fragas do Eume considérase como área de exclusión á hora de planificar, autorizar e executar:

i. Novas actividades extractivas mineiras.

ii. A creación de infraestruturas e equipamentos e a actividade extractiva de recursos e mineira, industrial ou calquera outra de singular incidencia na zona que non cumpra as regulacións do PORN e dos seus instrumentos de desenvolvemento e execución.

iii. Novas instalacións industriais de enerxía eólica. Quedan excluídas desta consideración as instalacións para uso doméstico ou as necesarias para a xestión das instalacións do parque natural que sexan autorizadas expresamente.

iv. Novas instalacións e centrais de enerxía hidroeléctrica.

v. Grandes instalacións fotovoltaicas, granxas solares ou equivalentes. Quedan excluídas desta consideración as instalacións para uso doméstico, para uso de pemes, pequenas explotacións agrarias ou as necesarias para a xestión das instalacións do parque natural que sexan autorizadas expresamente.

vi. Actividades industriais, incompatibles cos obxectivos de conservación do Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia (Decreto 37/2014) e da Rede galega de espazos protexidos (Lei 5/2019, de conservación da natureza).

4.2.3. Avaliación dos plans, programas e proxectos que poidan afectar o parque natural.

i. Calquera plan, programa ou proxecto que, sen ter relación directa coa xestión do lugar ou sen ser necesario para esta, poida afectar de forma apreciable as especies ou aos hábitats do parque natural, xa sexa individualmente ou en combinación con outros plans, programas ou proxectos, someterase a unha avaliación axeitada das súas repercusións no parque natural, que se realizará de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 5/2019, do 2 de agosto.

Para acreditar que un plan, programa ou proxecto está directamente relacionado coa xestión do parque natural ou é necesario para a súa xestión, o promotor poderá indicar a epígrafe correspondente do PRUX en que conste a dita circunstancia ou solicitar o informe do órgano de xestión do parque natural.

Así mesmo, para acreditar que un plan, programa ou proxecto non é susceptible de producir efectos apreciables, o promotor poderá indicar a epígrafe correspondente do PRUX en que conste expresamente, como actividade permitida, o obxecto do dito plan, programa ou proxecto, ou solicitar o informe do órgano de xestión do parque natural.

Nos supostos previstos nos dous parágrafos anteriores, non será necesario someter o plan, programa ou proxecto a unha avaliación ambiental nin a unha avaliación de repercusións.

ii. Os proxectos recollidos nos anexos I e II da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, serán obxecto de avaliación ambiental ordinaria ou simplificada, segundo proceda.

Aqueles proxectos que, polo efecto apreciable, conforme o disposto no artigo 7.2.b) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sexan susceptibles de someterse a avaliación de impacto ambiental simplificada unicamente por esta afección, someteranse a unha adecuada avaliación de repercusións consonte o establecido no artigo 39 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia. Neste contexto, requirirán dun informe previo que determine se o proxecto ten relación directa coa xestión do parque natural ou é necesario para esta xestión, e que tamén avalíe se afecta de maneira apreciable as especies ou os hábitats obxecto de conservación nos ditos espazos.

O informe previo será solicitado polo suxeito promotor do proxecto ou, se non o fixer, polo órgano substantivo, e será emitido polo órgano de xestión do parque natural, quen terá en conta o disposto no PRUX e, de ser o caso, no Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia.

O informe conterá de forma motivada unha das seguintes determinacións:

a) Que o proxecto pode afectar de forma apreciable as especies ou hábitats dun espazo protexido Rede Natura 2000 competencia da Comunidade Autónoma de Galicia e que, polo tanto, deberá someterse a unha avaliación de impacto ambiental simplificada. Neste caso, o informe emitido fundamentarase na información detallada, actualizada e real ou na súa comprobación sobre o terreo, e incluirá unha avaliación adecuada das repercusións do proxecto sobre o espazo protexido.

b) Que o proxecto non afecta de forma apreciable as especies ou os hábitats dun espazo protexido Rede Natura 2000 competencia da Comunidade Autónoma de Galicia e que, polo tanto, non resultará necesaria a tramitación da avaliación de impacto ambiental simplificada. Neste caso o informe incluirá as medidas preventivas e correctoras que, de seren adoptadas polo suxeito promotor, permitirán considerar que o proxecto non afectará de forma apreciable o parque natural.

O informe emitirase no prazo máximo de dous meses. De non emitirse nese prazo, entenderase que o proxecto causa efectos apreciables sobre o parque natural e someterase a unha avaliación de impacto ambiental simplificada.

Tanto os proxectos con informe previo de non afección, como aqueles sometidos a unha adecuada avaliación das súas repercusións que conten co informe da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, non necesitan de autorización do órgano competente en materia de patrimonio natural.

4.2.4. Fomento das actividades económicas.

Coa finalidade de atinxir os obxectivos expostos no número anterior, na área de influencia socioeconómica do parque natural poderán promoverse actividades socioeconómicas compatibles co parque natural, de acordo coa lexislación vixente. No territorio do Parque Natural das Fragas do Eume consideraranse como área preferente para o desenvolvemento daquelas actividades socioeconómicas de carácter tradicional, estratéxicas e coherentes cos obxectivos de conservación:

a) As actividades vinculadas co uso racional e sustentable dos recursos naturais:

– Agricultura.

– Gandaría.

– Silvicultura.

– Pequenas industrias sostibles de transformación dos produtos naturais.

– Actividades sostibles directamente relacionadas coas actividades dos núcleos rurais tradicionais.

b) As actividades de uso público.

c) As actividades de carácter turístico.

d) A mellora dos asentamentos rurais e tradicionais e a mellora da calidade de vida das persoas.

4.2.5. Promoción e difusión do parque natural.

a) Fomentarase a promoción e difusión dos valores e actividades do parque natural no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como noutras áreas limítrofes. Así mesmo, procurarase a dita difusión e comunicación ás propias persoas visitantes e residentes do parque natural.

b) Promoverase o intercambio de experiencias e coñecementos, así como a colaboración con proxectos de conservación en relación con outros espazos que formen parte da Rede Natura 2000, así como doutras redes de áreas protexidas ou de seguimento dos compoñentes do ambiente e da biodiversidade.

c) Colaborarase con programas e institucións implicados no seguimento a medio e longo prazo de ecosistemas e dos seus compoñentes, na conservación da biodiversidade ou na mitigación e adaptación fronte ao cambio climático.

4.3. Medidas e normativa por compoñentes.

4.3.1. Atmosfera.

4.3.1.1. Obxectivos.

a) Manter a calidade do aire, limitando no parque natural a emisión de substancias contaminantes en concentracións tales que modifiquen a calidade do aire por riba dos niveis autorizados.

b) Vixiar o cumprimento da normativa de carácter comunitario, estatal e autonómica relativa ás emisións atmosféricas de po, cheiros e ruído, producidos polas distintas actividades que se desenvolven no ámbito do parque natural.

c) Controlar os niveis de elementos contaminantes presentes no parque natural.

4.3.1.2. Directrices.

a) Promover as medidas correctoras necesarias para minimizar ou, se for o caso, eliminar posibles fontes de emisión de cheiros desagradables ou ruídos molestos.

b) Promover as medidas necesarias para minimizar a contaminación lumínica. Nas novas instalacións ou infraestruturas evitarase a emisión de luz directa cara ao ceo, as luces brancas e excesos nos niveis de iluminación.

c) Promover a redución do emprego de combustibles fósiles, en especial no relativo ás instalacións públicas.

4.3.1.3. Normativa xeral.

a) Con carácter xeral e en materia de contaminación atmosférica, seguirase o disposto na lexislación vixente respecto á protección do ambiente atmosférico, así como nas diferentes disposicións sectoriais.

b) Prohíbese a emisión de niveis de ruído por riba dos niveis legais que marca a normativa vixente e contrarios ás disposicións e aos obxectivos do presente plan que poidan perturbar significativamente a tranquilidade das poboacións e das especies animais de interese para a conservación no ámbito do parque natural, con excepción de celebracións tradicionais ou autorizadas.

4.3.2. Xea.

4.3.2.1. Obxectivos.

a) Conservar os recursos da xea e a xeodiversidade.

b) Promover, segundo a normativa ambiental vixente, o seu aproveitamento sustentable.

c) Establecer medidas preventivas para impedir a progresiva perda de solo.

d) Manter ou aumentar a capacidade de secuestro de carbono, dada a súa importancia na mitigación dos efectos derivados do cambio climático global.

4.3.2.2. Directrices.

a) Velar por manter as características químicas, estruturais e de textura dos solos, das cales depende en boa medida a súa vexetación, e para evitar a aparición de fenómenos erosivos por causas antrópicas.

b) Velar por manter as características biolóxicas dos solos, imprescindibles para manter o seu funcionamento natural e a calidade. Os solos acubillan a maior parte da biodiversidade nos ecosistemas terrestres.

c) Conservar aquelas superficies con pendente superior ao 35 % sobre as cales se desenvolvan hábitats naturais ou, de ser o caso, plantacións forestais.

d) A utilización do solo con fins agrícolas, forestais e gandeiros deberase realizar de forma sustentable, para asegurar o mantemento do seu potencial biolóxico e da súa capacidade produtiva.

e) Os plans de restauración mineira nas canteiras lindeiras co espazo protexido que poidan supor un risco derivado da súa actividade terán como obxectivos preferentes a recuperación paisaxística, así como a recuperación da posible afección nos hábitats de interese comunitario e das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

f) Realizarase un inventario e diagnóstico dos recursos xeolóxicos e xeomorfolóxicos, e adoptaranse as medidas que resulten precisas para a súa protección e conservación.

g) Nas autorizacións e nos procedementos de avaliación ambiental teranse en consideración as singularidades xeolóxicas e xeomorfolóxicas do territorio, tanto debido ao seu valor intrínseco (xeodiversidade) como a constituíren unha parte esencial de diversos tipos de hábitats de interese comunitario e prioritario (biodiversidade), e promoverase a súa conservación ou, se for o caso, estableceranse medidas compensatorias co fin de reducir o impacto sobre eles.

4.3.2.3. Normativa xeral.

a) Con carácter xeral, permítese a labra do solo relacionado con actividades tradicionais de carácter agrícola cando se realicen de acordo coas regulacións contidas no presente plan, co artigo 34 do Decreto 37/2014, do 27 de marzo, e coas normativas sectoriais.

b) Non se permitirán novas explotacións ou actividades extractivas no interior do parque natural.

c) Poderase realizar a extracción de pedra solta realizada polas persoas propietarias dos predios para a restauración de valados ou outros elementos da paisaxe agraria tradicional que contribúen á conservación da biodiversidade, sempre e cando a súa extracción non supoña unha afección sobre os valores e compoñentes do parque natural e conten coa autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

d) A recolección de pequenas cantidades de rochas, minerais ou fósiles para fins científicos ou educativos deberá contar coa autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

e) A realización de actuacións que poidan supor a modificación do estado actual do solo ou o inicio de estados erosivos, tales como movementos de terra por medios mecánicos ou manuais, apertura de catas, prospeccións, sondaxes, etc., deberá contar coa autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

f) Considérase prohibido dentro do ámbito territorial do parque natural:

i. A vertedura, acumulación, almacenamento, depósito, enterramento, transformación ou incineración de lixo, entullo ou calquera tipo de residuos, así como de substancias tóxicas, contaminantes ou perigosas, excluíndo o tratamento dos materiais xerados no desenvolvemento das actividades de xestión e procesamento de residuos nas instalacións actualmente en funcionamento e que teñan a correspondente autorización.

ii. O depósito temporal previo á eliminación ou degradación dos restos agrícolas ou gandeiros sobre o solo, nas condicións de seguridade que determine a normativa sectorial ou as respectivas autorizacións de aproveitamento, sempre que non afecten hábitats de interese comunitario, hábitats das especies de interese para a conservación, nin as propias especies de interese para a conservación.

4.3.3. Augas continentais.

4.3.3.1. Obxectivos.

a) Previr toda deterioración adicional e protexer e mellorar o estado dos ecosistemas acuáticos, e con respecto ás súas necesidades de auga, dos ecosistemas terrestres e zonas húmidas directamente dependentes dos ecosistemas acuáticos.

b) Promover un uso sustentable da auga baseado na protección a longo prazo dos recursos hídricos dispoñibles.

c) Promover unha maior protección e mellora do medio acuático.

d) Garantir a redución progresiva da contaminación da auga subterránea que evite novas contaminacións e contribúa a paliar os efectos das inundacións e secas.

e) Previr a contaminación das augas subterráneas.

f) Contribuír ao mantemento dos elementos tradicionais ligados ao aproveitamento da auga que representan un recurso de interese para a biodiversidade do parque natural.

g) Evitar a alteración dos cursos, leitos e ribeiras, así como a modificación significativa do réxime das augas.

4.3.3.2. Directrices.

a) Preservarase a calidade da auga, tanto superficial como subterránea, e aseguraranse os caudais mínimos ecolóxicos.

b) O organismo autonómico competente en materia de conservación da natureza velará pola conservación dos hábitats das marxes, leitos e ribeiras dos cursos de auga, así definidos pola lexislación de augas. A este respecto, minimizaranse os impactos que puider producir a realización de obras que supoñan a modificación da estrutura ou vexetación característica destes elementos.

c) Restauraranse aquelas zonas que sufrisen alteracións importantes por actuacións ou usos inadecuados.

d) Procurarase conseguir, no menor prazo posible, o adecuado tratamento de depuración para as verteduras, no caso de existiren, e velarase en todo momento por manter a calidade e o estado ecolóxico das augas.

e) Estableceranse mecanismos de coordinación cos organismos de bacía para asegurar a eficacia das medidas de protección e actuación.

f) No tratamento das augas residuais tenderase a cumprir os obxectivos de calidade máis estritos, desde o punto de vista ambiental, de entre as normativas técnicas existentes.

g) Para os efectos de conservación e planificación das pequenas canles e das zonas húmidas, consideraranse como límites territoriais os establecidos pola normativa vixente en relación coa zona de policía estipulada nas marxes ou, de ser o caso, a porción das marxes que alberga representacións de hábitats do anexo I característicos de medios hidrófilos e higrófilos.

4.3.3.3. Normativa xeral.

a) As novas captacións de augas, así como a realización de sondaxes, deberán contar coa autorización do organismo competente en materia de patrimonio natural, sen prexuízo das competencias do organismo de bacía ou doutros organismos competentes nos diferentes ámbitos sectoriais.

b) Toda actuación, construción ou instalación susceptible de provocar contaminación das augas do parque natural deberá posuír ou estar conectada aos sistemas de depuración, conforme a normativa sectorial vixente, e deberá ser sometida a informe do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

c) Considérase prohibido dentro do ámbito territorial do parque natural:

i. A realización de calquera tipo de vertedura, así como a utilización de calquera tipo de substancia química que poida afectar de modo significativo a calidade das augas nacentes ou circulantes ou o ciclo hidrolóxico do parque natural, cando se realicen fóra dos lugares habilitados para tal efecto ou sexan contrarias ás condicións establecidas na lexislación vixente ou no presente plan.

ii. A alteración dos cursos, leitos e ribeiras, así como a modificación significativa do réxime das augas, salvo por necesidades de xestión do propio parque natural, de uso público ou de restauración e mellora de hábitats, realizadas polo organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

iii. O desecamento ou sangradura de charcas ou de calquera outro tipo de zona húmida, salvo por necesidades de xestión do propio parque natural, de uso público ou de restauración e mellora de hábitats, realizados polo organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

iv. As acumulacións de materiais en ladeiras ou leitos que poidan supor un obstáculo ao libre paso das augas, ou ben poidan ser orixe de procesos erosivos intensos ou que entrañen unha modificación das condicións hidráulicas e hidrolóxicas naturais.

v. O lavado de calquera tipo de obxecto en ríos, regatos ou zonas húmidas, botar obxectos nas ditas zonas, así como a incorporación directa ás augas de deterxentes, xabóns, lixivias ou outros tipos de substancias que poidan afectar de forma significativa o estado ecolóxico dos ecosistemas acuáticos.

vi. Todo tipo de actividades das cales poida derivar contaminación das augas nacentes ou circulantes polo parque natural.

vii. A vertedura de entullo ou calquera outro material nos pozos tradicionais, así como o seu reenchemento sen a autorización expresa do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

4.3.4. Paisaxe.

4.3.4.1. Obxectivos.

a) O recoñecemento, a protección, a xestión e a ordenación da paisaxe co fin de preservar todos os elementos que a configuran nun marco de desenvolvemento sustentable, entendendo que a paisaxe exerce unha función principal de interese xeral nos ámbitos culturais, ambientais, sociais e económicos.

b) Manter nun estado de conservación favorable os tipos de paisaxes existentes no parque natural, así como os manexos tradicionais que contribúen ao mantemento destas paisaxes e a biodiversidade asociada.

c) Promover a eliminación dos elementos artificiais que a nivel estrutural e funcional actúan como barreiras ou mitigar os seus efectos, así como fortalecer a conservación daqueles de carácter natural ou seminatural que constitúen corredores ecolóxicos que resultan esenciais para a migración, a distribución xeográfica e o intercambio xenético das especies silvestres.

d) Nas actuacións susceptibles de alterar ou modificar a paisaxe do parque natural teranse especialmente en conta as súas repercusións sobre a calidade paisaxística e adoptaranse cantas medidas sexan necesarias co obxecto de minimizar o seu impacto, tendo en conta o recollido no artigo 30 do Decreto 96/2020, do 29 de maio, polo que se aproba o Regulamento da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.

e) Evitar a modificación drástica na paisaxe rural, promovendo a recuperación dos usos agropecuarios tradicionais, favorables para a conservación da biodiversidade.

4.3.4.2. Directrices.

a) Como norma xeral, seguirase o disposto no Decreto 96/2020, do 29 de maio, polo que se aproba o Regulamento da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.

b) Promover a recuperación daquelas áreas que conteñan elementos da paisaxe degradados, priorizando as áreas de maior accesibilidade visual.

c) Restaurar a calidade paisaxística alí onde fose deteriorada por accións humanas, como movementos de terra, actividades extractivas ou de calquera outro tipo.

d) Evitar a introdución no medio natural de calquera elemento artificial que limite o campo visual ou rompa a harmonía da paisaxe. Non obstante, poderán establecerse as infraestruturas que sexan imprescindibles, de acordo coas prescricións do presente plan, procurando minimizar o seu impacto sobre o medio.

e) Para a elección de materiais, disposición, tipoloxía, etc. dos elementos de mobiliario que poida incidir na calidade paisaxística do espazo, procurarase acadar a máxima homoxeneidade entre elementos e a integración co carácter do lugar. Empregaranse para iso as guías da colección Paisaxe galega.

f) Velar polo mantemento do territorio do parque natural libre de lixos, residuos e verteduras, aplicando a normativa vixente na materia.

g) Ter en conta criterios paisaxísticos na planificación das repoboacións forestais e na ordenación das masas arborizadas preexistentes.

h) O impacto paisaxístico deberá ser especialmente tido en conta nos proxectos de infraestruturas lineais e nas actuacións realizadas en áreas de alta visibilidade.

i) O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural poderá determinar aquelas singularidades da paisaxe, tanto elementos naturais como culturais, que deban ser preservados e delimitará o seu ámbito de protección, tendo en conta o seu campo visual.

j) O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural velará para que a introdución de calquera elemento estrutural de carácter artificial non altere de maneira significativa a paisaxe natural ou desfigure as súas formas e perspectiva nin modifique o seu valor estético.

4.3.4.3. Normativa xeral.

a) Considérase prohibido dentro do ámbito territorial do parque natural:

i. A instalación de carteis, inscricións ou elementos de calquera natureza con fin publicitario fóra dos núcleos de poboación ou fóra das áreas autorizadas para tal fin.

ii. A realización de inscricións, sinais, signos ou debuxos na pedra, árbores ou en calquera outro elemento do medio natural, así como sobre paneis informativos, elementos de valor histórico cultural ou en calquera tipo de ben moble ou inmoble, en xeral, e a deterioración ou destrución da infraestrutura propia do parque natural. Unicamente poderá realizar sinalizacións debidamente autorizadas o organismo competente en materia de patrimonio natural respectando os condicionamentos que se impoñan na autorización e cando sexan necesarias para mellorar e completar as redes de camiños e corredoiras.

iii. Tirar lixo fóra dos contedores establecidos para tal fin, así como o depósito de ferralla ou o abandono ao aire libre de maquinaria, vehículos ou calquera tipo de material alleo ao medio natural.

iv. A eliminación de muros tradicionais e a substitución destes por outros de tipoloxía non tradicional, salvo autorización expresa.

v. A instalación de abrigos, parasoles, hamacas, cadeiras e mesas de pícnic, ou calquera outro artefacto móbil que sirva para a estadía ao aire libre fóra dos núcleos rurais e nos xardíns e hortas das vivendas fóra de núcleo rural. Queda exceptuado o uso de mesas de pícnic e asentos destinados á estadía temporal nas áreas creadas para tal fin, en horario diúrno.

4.3.5. Hábitats.

4.3.5.1. Obxectivos.

a) Manter nun estado de conservación favorable os hábitats de interese comunitario presentes no parque natural.

b) Planificar as actuacións para que se manteña ou mellore o estado de conservación e a superficie ocupada dos hábitats prioritarios e de interese comunitario establecidos no anexo I da Directiva 92/43/CEE.

c) Mellorar e completar o inventario dos tipos de hábitats naturais prioritarios e de interese comunitario e establecer un protocolo de seguimento do seu estado de conservación.

d) Reducir a interferencia humana non relacionada coa xestión orientada á súa conservación ou cos usos e aproveitamentos tradicionais nos hábitats prioritarios e de interese comunitario establecidos no anexo I da Directiva 92/43/CEE.

e) Regular e fomentar o uso sustentable dos outros hábitats naturais e seminaturais, de xeito especial daqueles que posúen unha área de distribución reducida no parque natural, así como no conxunto da Rede Natura 2000.

f) Manter a integridade e conservar a funcionalidade de charcas e pozas que proporcionan o medio acuático vital para a reprodución dos anfibios.

g) Reducir a presenza de especies exóticas, en especial das especies exóticas invasoras.

h) Evitar a perda dos hábitats agrarios seminaturais vencellados a usos agropecuarios tradicionais.

i) Promover as medidas de xestión e conservación dos hábitats de interese comunitario directamente relacionadas cos usos tradicionais.

4.3.5.2. Directrices.

a) Velar pola conservación dos hábitats do parque natural. Os criterios de xestión de hábitats rexeranse, en ausencia de especificacións concretas, polo establecido no artigo 6 da Directiva 92/43/CEE e no artigo 46 da Lei 42/2007, do patrimonio natural e da biodiversidade, así como no Plan director da Rede Natura 2000.

b) Establecer medidas específicas de xestión para os hábitats de maior fraxilidade ecolóxica ou para aqueles que posúen unha escasa representación territorial no ámbito do parque natural ou do conxunto da Rede Natura 2000 en Galicia.

c) Definir cartograficamente áreas prioritarias para a conservación de hábitats, pola presenza de hábitats prioritarios de maior fraxilidade e/ou rareza ou por seren hábitats que albergan especies de maior fraxilidade e/ou rareza no parque natural. Nestas áreas e alí onde se presenten hábitats incluídos no anexo I da Directiva 92/43/CEE, darase prioridade á conservación destes fronte a calquera outro tipo de actuación, independentemente da unidade de zonificación en que se sitúen.

d) Para aqueles hábitats cuxa existencia depende do mantemento de actividades humanas, como a sega, a roza ou o pastoreo, promoverase o mantemento destas actividades.

e) Darase prioridade á conservación dos hábitats que alberguen áreas prioritarias de especies de flora ou fauna silvestre de interese para a conservación.

f) Darase prioridade á protección e conservación dos hábitats de especies de especial interese polo seu carácter endémico, a súa situación de ameaza ou por se atoparen no límite da súa área de distribución.

g) Revisar e mellorar os indicadores que permiten analizar e avaliar o estado de conservación dos hábitats para tomar, se é o caso, as medidas de xestión orientadas á protección, conservación e restauración que se consideren necesarias.

h) Promover a creación, a través da mellora do hábitat, de corredores verdes para fauna e flora nos cursos fluviais co fin de mellorar a conectividade ecolóxica e a prevención de incendios forestais.

i) Establecer un plan de xestión e investigación que determine os usos e manexos, así como a intensidade destes, que resultan favorables para a conservación dos hábitats naturais e seminaturais importantes para a conservación da biodiversidade.

j) As actuacións encamiñadas á conservación de especies de interese prevalecerán sobre outras actuacións e serán consideradas prioritarias, e será necesario compatibilizalas coas actuacións que veñan definidas nos plans de conservación de especies catalogadas, cando estes existan. Así, poderán ser xestionados hábitats naturais para favorecer hábitats seminaturais cando isto redunde nun beneficio para a conservación de especies de interese e da biodiversidade do parque natural.

k) Para os efectos da xestión do parque natural, e cando non exista unha delimitación territorial concreta dos corredores fluviais e das zonas húmidas, considéranse como área mínima os límites do dominio público máis a zona de servidume e policía (100 metros de ancho medidos horizontalmente a partir do leito do río), definidos na normativa básica sobre augas continentais, ou ben a área delimitada pola existencia de hábitats e especies características dos ecosistemas acuáticos e das zonas húmidas. En todo caso, promoveranse as franxas preferentemente de 25 m de ancho formadas polas especies recollidas na táboa 18 do presente plan.

l) Analizar as necesidades de xestión que poida precisar o mantemento axeitado dos hábitats naturais e a súa execución.

4.3.5.3. Normativa xeral.

a) Serán permitidos os proxectos que inclúan actuacións de recuperación de hábitats agrarios, existentes no momento da declaración de Rede Natura 2000 ou perdidos nos últimos 10 anos, como prados seminaturais e cultivos compatibles coa conservación e a mellora da biodiversidade.

b) Serán autorizables, e polo tanto o organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural someteraos a unha avaliación axeitada, os proxectos que inclúan a construción de vías, sendas ou outros elementos de carácter construtivo que afecten o estado de conservación dos hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE ou hábitats críticos para o mantemento de especies de interese para a conservación, que serán sometidos a avaliación de impacto ambiental.

c) Considérase prohibido dentro do ámbito territorial do parque natural:

i. O depósito ou vertedura de residuos urbanos, industriais ou calquera substancia química no territorio do parque natural fóra dos espazos que poidan habilitarse especificamente para tal efecto.

ii. Os cambios de usos que supoñan a desaparición ou diminución significativa do estado de conservación dos tipos de hábitats de interese comunitario ou dos hábitats das especies de interese para a conservación, tendo en conta a evolución dos últimos 10 anos, salvo que, segundo a normativa zonal, representen a recuperación de terreos de labor e pasteiros existentes no momento da declaración do espazo natural como LIC, ou sobre áreas ocupadas por formacións forestais de especies alóctonas.

iii. O depósito ou vertedura de materiais vexetais derivados do mantemento de xardíns, parques ou vías no interior do parque natural e, principalmente, sobre os hábitats naturais ou sobre as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

iv. A destrución, subsolaxe, sangradura que poidan levar consigo unha afección significativa sobre a estrutura, funcionamento e composición dos corredores fluviais (91E0* e 3260).

v. A circulación e o uso de vehículos motorizados ou maquinaria fóra das vías autorizadas para tal fin, en todo caso campo a través, quedarán prohibidos en todo o ámbito do parque natural e, polo tanto, sobre os hábitats de corredores fluviais do anexo I da DC 92/43/CEE ou áreas prioritarias de especies de interese para a conservación. Excepto por motivos de xestión, gardaría, seguridade, sinistros ou seguridade das persoas, ou para o tránsito de acceso a predios privados derivado do dereito da propiedade e as persoas titulares doutros dereitos lexítimos ou aproveitamento autorizados, salvo no caso de que o organismo competente en patrimonio natural estableza algún tipo de limitación por razóns de conservación ou de xestión.

vi. O depósito de materiais sobrantes de cortas ou outros aproveitamentos agrícolas ou forestais sobre os hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE ou áreas prioritarias de especies de interese para a conservación.

vii. A introdución de espécimes alóctonos de carácter invasor que poidan provocar unha alteración significativa sobre a estrutura, funcionamento e composición taxonómica dos hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE, ou ben das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

viii. A presenza nos 15 m das ribeiras de piñeiros, acacias ou eucaliptos en cursos de auga de polo menos 2 m de ancho.

ix. A liberación indiscriminada no medio natural de organismos modificados xeneticamente, cando poidan afectar o acervo xenético das especies de interese comunitario, ou ben poidan exercer fronte a estas unha maior competencia polo aproveitamento dos recursos naturais.

x. O uso non adecuado de vehículos e/ou maquinaria que provoque a compactación, erosión e perda da estrutura do solo, dos hábitats e dos núcleos de poboación das especies de interese para a conservación.

xi. As cortas a eito sobre formacións arborizadas naturais e, especialmente, sobre aquelas incluídas dentro do anexo I da DC 92/43/CEE ou que alberguen áreas prioritarias de especies de interese para a conservación.

xii. A eliminación de sebes e bosquetes nas áreas de aproveitamento agrícola ou gandeiro, salvo modificacións das sebes existentes en agrupacións de parcelas para mellorar a viabilidade da súa xestión, que serán autorizables.

xiii. No solo cualificado como rústico de protección, a construción de muros de contención e o peche ou valado de terreos terán a consideración de uso ou actividade autorizable. A realización destes axustarase ás condicións de edificación e termos que establece a normativa do solo vixente. Os peches destinados á protección do gando ou dos cultivos agrícolas fronte a especies de fauna silvestre que engloben unha superficie superior a 1 ha e empreguen mallas metálicas terán unha altura máxima de 2 metros, cunha separación mínima entre os dous arames horizontais más baixos de 15 centímetros, segundo a disposición adicional sexta da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.

4.3.6. Flora e fauna silvestre.

4.3.6.1. Obxectivos.

a) Manter ou incrementar a biodiversidade do parque natural.

b) Manter ou, se for o caso, restaurar o estado de conservación das especies de flora e fauna e, en especial, das especies de interese para a conservación, en paralelo cos seus hábitats.

i. No caso da flora, a posta en marcha de bancos de xermoplasma que aseguren a conservación ex situ, de forma que se posúa na medida do posible unha mostra adecuada da variabilidade xenética da poboación da flora de interese para a conservación.

ii. O mantemento da diversidade de ambientes e medios dos distintos tipos de ecosistemas, evitando a homoxeneización do territorio.

iii. O mantemento e conservación de árbores lonxevas nos bosques, xa que constitúen un importante refuxio para certas especies de invertebrados de interese para a conservación.

iv. Reducir o grao de fragmentación dos hábitats das especies de interese para a conservación mediante o aumento da conectividade e a permeabilidade dos medios terrestres e húmidos.

v. O control da contaminación, depuración das verteduras, eliminación de obstáculos e barreiras nas canles fluviais, restauración do bosque ripario, así como calquera outra actuación sobre os corredores fluviais que permita restaurar ou manter a dinámica, a distribución e os hábitats das poboacións fluviais de peixes de interese para a conservación.

vi. A construción de ascensores e pasos nas grandes presas fluviais para permitir os pasos migratorios das especies de peixes de interese para a conservación.

vii. O mantemento nun estado ecolóxico favorable das zonas húmidas, especialmente de charcas, pozas temporais e pequenas reservas artificiais.

viii. A creación e restauración de charcas, pozas temporais e pequenas reservas artificiais de auga que poidan ser colonizadas polas especies de herpetofauna de interese para a conservación, asegurando a existencia dun mosaico de medios acuáticos e higrófilos.

ix. A conservación dos hábitats cavernícolas que serven de refuxio a importantes poboacións de mamíferos de interese para a conservación.

x. Promover a consolidación de rexenerados de arboredo autóctono.

c) Establecer un programa de xestión e investigación arredor dos manexos necesarios para favorecer a conservación da biodiversidade, con especificidades para as distintas áreas de interese para a conservación dos hábitats.

d) Regular e fomentar o uso sustentable das especies de flora e fauna silvestres e garantir que os aproveitamentos que se realicen sobre especies de interese para a conservación non leven consigo unha afección significativa sobre o seu estado de conservación ou sexan relevantes para o mantemento da biodiversidade vexetal.

e) Evitar a introdución e expansión, así como o control e a redución de espécimes exóticos ou alóctonos no parque natural e, explicitamente, daqueles de carácter invasor.

f) Mitigar os conflitos derivados da convivencia da poboación local coa fauna silvestre.

g) Apoiar as actividades agrícolas e gandeiras tradicionais que non supoñan unha diminución significativa no estado de conservación das áreas prioritarias das especies de flora de interese para a conservación nin dos seus hábitats.

h) Delimitar e protexer as zonas máis sensibles ou cunha maior biodiversidade.

i) Respecto ás especies migratorias de aves con chegada regular, establecer medidas de conservación, tendo en conta as necesidades de protección na zona xeográfica terrestre no relativo ás súas áreas de reprodución, de muda e de invernada e ás zonas de descanso nas súas áreas de migración, prestando especial importancia ás zonas húmidas.

4.3.6.2. Directrices.

a) Velar pola conservación das especies de fauna e flora silvestres do parque natural. Os criterios de xestión de especies rexeranse, en ausencia de especificacións concretas, polas seguintes directrices:

i. Orientar a conservación das especies de flora e fauna silvestres presentes no parque natural cara a aqueles elementos considerados como «protexidos» ou «catalogados» pola normativa comunitaria, estatal ou autonómica, xunto cos elementos endémicos ou raros a nivel bioxeográfico presentes no territorio.

ii. Evitar a desaparición de calquera especie autóctona e asegurar a persistencia dos seus hábitats, e analizar posibles reintroducións ou reforzo de poboacións presa.

iii. Para as especies catalogadas que conten cun plan de conservación ou recuperación aprobados, desenvolveranse as medidas propostas nos ditos plans.

b) Velar pola pureza das poboacións e evitar introducir subespecies ou razas xeográficas distintas ás propias do parque natural, se as houbese.

c) Tender ao control e eliminación das especies alóctonas existentes no parque natural que poidan afectar os hábitats de interese comunitario, os hábitats das especies de interese para a conservación ou as propias especies de interese para a conservación.

d) Promoverase a erradicación, ou control de ser o caso, das especies exóticas invasoras presentes no parque natural. Implantarase a metodoloxía descrita na epígrafe 1.2.2.5. Especies exóticas invasoras, deste anexo.

e) Desenvolver un conxunto de indicadores que permitan vixiar e controlar o estado de conservación das poboacións de flora e fauna para tomar, se é o caso, as medidas de protección, conservación e restauración que se consideren necesarias.

f) Fomentar o desenvolvemento de estudos científicos que melloren o coñecemento da biodiversidade do parque natural.

g) Fomentar a divulgación e valoración da biodiversidade do parque natural.

h) Promover a eliminación de especies de eucaliptos, acacias e falsas acacias, especialmente na zona de reserva, na zona de uso limitado e nos terreos onde non estivesen cultivados con anterioridade á data de publicación do PORN das Fragas do Eume mediante o Decreto 11/1996, do 2 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do espazo natural das Fragas do Eume.

i) Promover a eliminación de acacias e robinias.

j) Fomentar a investigación arredor dos manexos necesarios, incluídos os usos agropecuarios tradicionais, para favorecer a conservación da biodiversidade.

k) As actuacións encamiñadas á conservación de especies de interese prevalecerán sobre outras actuacións e serán consideradas prioritarias. Será necesario compatibilizalas coas actuacións que veñan definidas nos plans de conservación de especies catalogadas, cando estes existan. Así, poderán ser alterados hábitats naturais para favorecer hábitats seminaturais cando isto redunde nun beneficio para a conservación de especies de interese e da biodiversidade do parque natural.

4.3.6.3. Normativa xeral.

a) Considérase permitido:

i. As actividades agrícolas e gandeiras tradicionais compatibles co mantemento da dinámica, da distribución e dos hábitats das poboacións das especies de flora de interese para a conservación.

ii. O desenvolvemento de actividades de uso público de acordo coas disposicións establecidas no presente plan, respectando os hábitats das especies para a conservación, así como as áreas prioritarias das súas poboacións.

iii. No referido ao aproveitamento de fungos, permitiranse os aproveitamentos para consumo propio por parte das persoas propietarias dos terreos no ámbito do parque natural, excepto na zona de reserva, e conforme o disposto no Decreto 73/2020, do 24 de abril.

b) Serán autorizables, e polo tanto o organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural someteraos a unha avaliación axeitada, os proxectos que inclúan:

i. A cría para reintrodución ou repoboación no medio natural de especies silvestres, nos lugares e coas condicións establecidos na dita autorización.

ii. O emprego de biocidas, nos lugares e coas condicións establecidos na dita autorización.

c) O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural poderá desenvolver ou autorizar actuacións de control sobre aquelas poboacións de especies que poidan afectar negativamente o estado de conservación dos hábitats do anexo I da Directiva 92/43/CEE e das especies de interese para a conservación.

d) A reintrodución de especies actualmente non presentes no parque natural deberá contar co correspondente proxecto de reintrodución, que constará, como mínimo, dunha exposición de obxectivos, dunha avaliación ambiental da incidencia da reintrodución e dun plan de seguimento e control desa especie, e deberá ser aprobado polo organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural. Non se aprobará ningunha reintrodución cando se considere que poida afectar negativamente o estado de conservación dos hábitats do anexo I da Directiva 92/43/CEE e das especies de interese para a conservación.

e) Considérase prohibido dentro do ámbito territorial do parque natural:

i. Con carácter xeral, queda prohibido dar morte, danar, molestar ou inquietar intencionadamente os animais silvestres, sexa cal sexa o método empregado ou a fase do seu ciclo biolóxico, salvo as actuacións necesarias para a erradicación de especies exóticas.

Esta prohibición inclúe a retención e captura en vivo, a destrución, dano, recolección e retención das crías, dos ovos ou dos niños, estes últimos aínda estando baleiros, así como a posesión, transporte, tráfico e comercio de exemplares vivos ou mortos ou dos seus restos, incluíndo o comercio exterior.

Para os animais non incluídos na Lista de especies silvestres en réxime de protección especial nin comprendidos nalgunha das categorías definidas no Catálogo español de especies ameazadas ou no Catálogo galego de especies ameazadas, estas prohibicións non se aplicarán nos supostos con regulación específica.

ii. A redución, fragmentación, degradación ou destrución dos hábitats das áreas prioritarias das especies de flora de interese para a conservación.

iii. A recolección, corta, mutilación, arrinca, destrución ou calquera outra acción directa na natureza sobre os individuos completos ou parte deles, así como a recolla das súas sementes, pole ou esporas, das especies de flora de interese para a conservación.

iv. A herborización sen autorización de especies de flora de interese para a conservación.

v. As actividades de uso público e recreativo incontroladas que causen perturbacións ás poboacións de flora de interese para a conservación.

vi. A destrución ou deterioración das formacións vexetais conformadas por especies silvestres que caracterizan os tipos de hábitats de interese comunitario prioritario.

vii. Prohíbese a utilización de cebos, comedeiros, reclamos ou calquera outra clase de atraentes para a fauna, salvo por motivos de xestión, educativos, divulgativos ou de investigación autorizados.

viii. Para as especies silvestres de flora e fauna consideradas como de interese para a conservación, especies que figuran como protexidas nos anexos das directivas de hábitats (Directiva 92/43/CEE) e de aves (Directiva 79/409/CEE) e nos convenios internacionais ratificados por España, así como as especies incluídas na Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial (LESRPE) ou no Catálogo galego de especies ameazadas (CGEA), establécense as seguintes prohibicións xenéricas:

– Tratándose de plantas, fungos ou algas: recollelos, cortalos, mutilalos, arrincalos ou destruílos intencionadamente na natureza.

– Tratándose de animais, incluídas as larvas, crías ou ovos: calquera actuación feita co propósito de darlles morte, capturalos, perseguilos ou molestalos, así como a destrución ou deterioración dos niños, criadeiros e áreas de reprodución, invernada ou repouso.

– En ambos os casos anteriores: posuír, naturalizar, transportar, vender, comerciar ou intercambiar, ofertar con fins de venda ou intercambio, importar ou exportar exemplares vivos ou mortos, así como os seus propágulos ou restos.

– Estas prohibicións aplicaranse a todas as fases do ciclo biolóxico destas especies, subespecies ou poboacións.

– As prohibicións establecidas neste punto poderán quedar sen efecto, logo da autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural, se non houber outra solución satisfactoria e sen que iso supoña prexudicar o mantemento nun estado de conservación favorable das poboacións de que se trate, na súa área de distribución natural, cando concorra algunha das circunstancias seguintes:

• Se da súa aplicación derivan efectos prexudiciais para a saúde e seguridade das persoas.

• Para previr prexuízos importantes aos cultivos, ao gando, aos bosques, á pesca e á calidade das augas.

• Cando sexa necesario por razóns de investigación, educación, repoboación ou reintrodución, ou cando se precise para a cría en catividade orientada aos devanditos fins.

• Para protexer a flora e a fauna silvestres e os hábitats naturais.

ix. A introdución e o cultivo de especies, subespecies ou razas xeográficas alóctonas de carácter invasor.

x. O cultivo de especies do xénero Eucalyptus nos terreos onde non estivesen cultivados con anterioridade á data de publicación do PORN das Fragas do Eume.

xi. A liberación no medio natural de organismos modificados xeneticamente.

xii. O establecemento de liñas eléctricas, telefónicas ou calquera outro tipo de infraestrutura que non cumpra as condicións establecidas no presente plan.

4.3.7. Patrimonio cultural material e inmaterial.

4.3.7.1. Obxectivos.

a) Preservar o patrimonio cultural material e inmaterial, arqueolóxico e paleontolóxico existente no espazo natural e favorecer a súa investigación e posta en valor.

b) Difundir e divulgar os valores educativos do patrimonio cultural, arqueolóxico e paleontolóxico do espazo natural, a prol do enriquecemento cultural da sociedade no seu conxunto.

c) Promover o estudo, recuperación e emprego dos coñecementos tradicionais que sexan de interese para a conservación do patrimonio natural e a biodiversidade.

4.3.7.2. Directrices.

a) Velarase polo correcto estado de conservación dos bens integrantes do patrimonio cultural, arqueolóxico e paleontolóxico.

b) Regularase e controlarase o acceso do persoal investigador aos elementos do patrimonio cultural, arqueolóxico e paleontolóxico, co fin de realizar o seu estudo.

c) Posibilitarase o acceso do público na medida en que iso non afecte negativamente a conservación dos elementos do patrimonio cultural, arqueolóxico e paleontolóxico.

d) Elaborarase a infraestrutura informativa e educativa precisa (sinalización, paneis explicativos, folletos, etc.) para a necesaria posta en coñecemento do público dos valores de patrimonio cultural, arqueolóxico e paleontolóxico do espazo natural.

e) Realizaranse estudos descritivos das tipoloxías arquitectónicas tradicionais co obxecto de facilitar a súa rehabilitación e coñecemento, e promoverase a protección e conservación das edificacións máis valiosas.

f) Elaborarase o estudo e recolla da microtoponimia existente, xunto coa cartografía para a súa localización xeográfica, co fin de evitar a perda deste patrimonio cultural inmaterial tan valioso que reflicte as localizacións precisas dos elementos singulares do patrimonio natural e cultural e, en particular, dos desaparecidos.

g) Promoverase o fomento das accións de revalorización, conservación e rehabilitación do patrimonio cultural material e inmaterial do espazo natural, incluídas as festas populares e as manifestacións folclóricas, en harmonía coa preservación dos recursos naturais.

4.3.7.3. Normativa.

a) Considérase prohibida a manipulación, extracción e transporte non autorizado de restos arqueolóxicos e paleontolóxicos, excepto no marco autorizado polo órgano competente.

b) Prohíbese a realización de accións que deterioren, desfiguren ou causen perda de identidade dos elementos do patrimonio cultural e arquitectónico do parque natural.

c) Os labores de prospección e escavación no espazo natural que están sometidos á normativa sectorial efectuaranse evitando ou minimizando as afeccións sobre os compoñentes da biodiversidade e, de forma especial, sobre os hábitats de interese comunitario e as especies de interese para a conservación.

d) As actuacións de restauración, consolidación, musealización ou, se é o caso, mantemento das áreas de interese patrimonial ou cultural do espazo natural adaptaranse ás características paisaxísticas de cada zona, co fin de evitar calquera tipo de afección significativa sobre os procesos ecolóxicos, os hábitats de interese comunitario e as especies de interese para a conservación.

e) Será autorizable a instalación de indicadores de acceso que conduzan aos compoñentes do patrimonio cultural e etnográfico e ao mobiliario informativo, que deberán ser coherentes co patrón formal e compositivo da sinalización do espazo protexido.

4.4. Medidas e normativa por actividades.

4.4.1. Actividades, usos e aproveitamentos incompatibles cos fins do PNFE.

4.4.1.1. Con carácter xeral.

a) A instalacións de infraestruturas e instalacións de enerxía eólica, de enerxía hidroeléctrica para instaurar sobre os cursos fluviais e as novas instalacións comerciais de enerxía fotovoltaica.

b) As actividades extractivas e mineiras. Do mesmo modo, decláranse incompatibles os traballos de prospección, exploración ou explotación con fins mineiros. Polo tanto, non se concederán novas explotacións extractivas nin mineiras dentro do espazo natural protexido.

c) A creación de autoestradas, autovías, así como liñas ferroviarias.

d) A vertedura, depósito, almacenamento, abandono, enterramento ou incineración de lixo, cascallos e calquera tipo de residuos, como tamén calquera tipo de substancia tóxica e perigosa para o espazo protexido e a súa conservación fóra dos lugares habilitados ou indicados para tal fin.

e) O abandono ou depósito de papeis, latas, botellas, plásticos, cabichas ou refugallos de calquera tipo fóra dos lugares habilitados para tal fin, en calquera parte do espazo protexido.

f) A introdución e liberación de substancias químicas ou bioloxicamente activas dentro dos límites do parque natural. Exceptúanse as necesarias para a xestión dos recursos do parque natural e o uso de produtos biocidas necesarios para levar un control vectorial no caso de gromos de determinadas enfermidades de transmisión vectorial e relevancia para a saúde pública. Así mesmo, exceptúase o uso de produtos fitosanitarios autorizados sobre os cultivos agrarios da zona de uso compatible e da zona de uso xeral.

g) A introdución de armas de calquera tipo dentro do parque natural ou medios que sirvan para atraer, perseguir, espantar, danar, dar morte ou capturar calquera ser vivo existente no parque natural. Exceptúanse as portadas pola gardaría, as forzas e corpos de seguridade do Estado e as dos cazadores nos días e actividades autorizados no exercicio da caza coas armas regulamentarias.

h) A circulación de calquera vehículo de motor, incluíndo quads, motos, patinetes eléctricos ou similares, fóra de pistas e estradas, así como polas que se sinalen como non transitables. Exceptúase desta regulación o tránsito de acceso a predios privados derivado do dereito da propiedade e ás persoas titulares doutros dereitos lexítimos ou aproveitamento autorizados, labores de xestión do parque natural, gardaría, seguridade, sinistros ou seguridade das persoas.

i) O estacionamento de vehículos nas pistas ou en calquera zona non habilitada para tal fin, coa excepción das competencias municipais dentro dos núcleos de poboación. Considérase prohibido o lavado de todo tipo de vehículos ou a realización de labores de mantemento deles, non vinculados ao funcionamento diario. Exceptúanse as persoas propietarias dentro dos seus terreos para a xestión das súas propiedades.

j) Transitar sen a correspondente autorización pola zona de reserva ou por aquelas de maior vulnerabilidade limitadas temporalmente por protección ou necesidades de xestión.

k) O exercicio da venda ambulante dentro do parque natural, coa excepción das competencias municipais dentro dos núcleos de poboación.

l) A instalación de elementos encamiñados ao soporte publicitario ou propagandístico no parque natural, excepto nos casos de patrocinio das actuacións recollidas neste PRUX ou en actuacións do propio parque.

m) A instalación de gasodutos e oleodutos e os novos tendidos eléctricos ou telefónicos aéreos ao longo da superficie do parque natural.

n) O emprego da imaxe do Parque Natural das Fragas do Eume en calquera forma, medio de divulgación ou uso non permitido ou contraposto aos seus obxectivos. O uso da imaxe, marca ou sinais de identidade gráfica do parque natural deberá contar coa autorización do organismo autonómico competente en materia de ambiente e conservación da natureza.

ñ) Facer lume, fogueiras e grelladas, excepto as queimas de residuos agrícolas amoreados, sometidas a comunicación previa á Consellería do Medio Rural. Permítense con carácter excepcional para a solución de problemas fitosanitarios, agrícolas ou por motivos de conservación, logo de informe favorable do organismo competente en patrimonio natural.

o) Emitir ruídos a través de megáfonos, aparellos de radio ou de reprodución de son, bucinas, chifres ou outros instrumentos, ou empregando outro medio que poida trastornar a tranquilidade do parque natural e da fauna que habita nel, salvo no caso de celebracións de carácter tradicional autorizadas polo organismo competente en patrimonio natural.

p) A realización de inscricións, sinais, signos, debuxos, adhesivos, pintadas ou calquera outro elemento artificial en elementos naturais, salvo os necesarios para o desenvolvemento de accións de xestión e investigación coa autorización do organismo competente, así como de elementos culturais, informativos e interpretativos, elementos mobles ou inmobles, incluíndo a súa destrución, deterioración ou uso indebido.

q) A realización de competicións deportivas de calquera tipo no interior do parque natural, sen a supervisión previa e autorización expresa da actividade por parte do organismo competente en patrimonio natural.

r) A acampada ou bivaque dentro do parque natural. Queda prohibida a pernoctación en caravana ou calquera outro medio semellante no ámbito do parque natural. Soamente está permitida nos espazos e inmobles habilitados para tal fin.

s) Acceder con artes ou medios que sirvan para atraer, perseguir, espantar, danar, dar morte ou capturar animais, salvo por motivos de xestión ou as actividades de caza e pesca autorizadas.

t) A manipulación, extracción e transporte non autorizados de restos arqueolóxicos e paleontolóxicos, excepto no marco de actuacións autorizadas polo órgano competente.

u) O lanzamento ou precipitación de pedras ou doutros obxectos desde áreas de cortado e/ou miradoiros.

v) A introdución, plantación, rexeneración e sementeira de especies alóctonas consideradas como invasoras no Real decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras, incluso en pequena escala, en xardíns, hortas, peches, e calquera actuación por parte de particulares, así como en calquera tipo de actuación pública ou privada dentro do ámbito do parque natural. En todo caso, os restos vexetais e propágulos das ditas especies deberán ser destruídos ou xestionados como residuos, e prohíbese o seu depósito baixo calquera circunstancia no ámbito do parque natural.

w) Promover por calquera medio a realización de actividades consideradas incompatibles no parque natural e promover aquelas que, sendo compatibles, precisen de autorización antes da emisión da devandita autorización.

x) Calquera acción ou omisión que vulnere as normas establecidas neste PRUX ou que non se axuste aos criterios e obxectivos de xestión do parque natural. Así mesmo, todas as actuacións concretas suxeitas a autorización que non superen unha valoración previa favorable por parte do organismo competente no proceso de avaliación.

4.4.2. Actividades, usos e aproveitamentos compatibles cos fins do parque natural.

4.4.2.1. As actividades agropecuarias.

4.4.2.1.1. Obxectivos.

a) Impulsar a recuperación dos aproveitamentos agrícolas e gandeiros tradicionais actualmente en regresión.

b) Promover a recuperación dos sistemas agropecuarios tradicionais de modo que se favoreza o mantemento dos tipos de paisaxes e a recuperación das poboacións de especies de interese para a conservación ligados ao ditos hábitats seminaturais.

c) Promover aproveitamentos agrícolas e gandeiros asimilables aos tradicionais, sostibles desde o punto de vista social, ambiental e económico.

4.4.2.1.2. Directrices.

a) Promover a recuperación dos cultivos agrícolas tradicionais e das terras agrícolas abandonadas, pola súa contribución ao mantemento da biodiversidade e da socioeconomía do parque natural.

b) Fomentar o mantemento da agricultura e gandaría en extensivo tradicional, promovendo a aplicación de medidas agroambientais compatibles coa conservación de hábitats e especies que aseguren:

– O mantemento dun mosaico de hábitats e bordos de hábitat.

– O control dos incendios forestais.

– A redución do risco de erosión e desertización.

– A redistribución e concentración de nutrientes.

–- A dispersión de sementes.

c) Promover a sega e ensilado da herba, pola súa contribución ao mantemento de pradeiras, a súa biodiversidade asociada e paisaxe, freando a colonización de especies arbustivas e a homoxeneización do territorio.

d) Promover a apicultura tradicional como unha actividade altamente positiva debido á súa contribución á polinización de especies vexetais e, consecuentemente, á biodiversidade do parque natural.

e) Fomentar o cultivo e a cría dentro das explotacións agropecuarias de especies, subespecies, variedades, ecotipos ou razas autóctonas representativos dos sistemas tradicionais de explotación agrícola ou gandeira existentes na zona.

f) Facilitar a recuperación da actividade na superficie agraria priorizando aquelas parcelas de maior interese para a conservación de hábitats agrarios e/ou especies ligadas a hábitats agrarios.

g) Os criterios e medidas ambientais contidos nos contratos globais de explotación e as medidas agroambientais que promova o organismo autonómico competente en materia agraria e do medio rural definiranse en colaboración co organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

h) Velar e promover a aplicación de códigos de boas prácticas agrícolas e gandeiras, así como os criterios establecidos de ecocondicionalidade.

i) Promover as producións agroalimentarias ás cales se poidan outorgar denominación de orixe, etiquetas de calidade ou outras cualificacións que as identifiquen co parque natural e a produción respectuosa co ambiente.

j) Evitar a introdución e expansión de especies alóctonas de carácter invasor.

k) Fomentar o uso de medidas preventivas na loita contra os danos causados por fauna silvestre, especialmente polo xabaril. A efectividade destas medidas e a súa xestión adaptativa ao longo do tempo de vixencia do presente plan deben ser avaliadas, e poden probarse diferentes métodos e proporse alternativas para diminuír os danos se non fosen efectivas as aplicadas durante o presente plan.

l) Nos terreos agrícolas e gandeiros procurarase respectar a vexetación autóctona de carácter natural ou seminatural establecida nos bordos de bosques e regueiros, así como as sebes arbustivas e arbóreas, as liñas de arboredo, os pequenos bosquetes e cantos elementos naturais poidan ser significativos para a conservación da biodiversidade e, en especial, da flora e fauna protexidas. Velarase, especialmente, polo mantemento daqueles elementos que:

i. Sirvan de hábitat secundario, refuxio, cría ou alimentación de especies protexidas.

ii. Constitúan os últimos lugares de refuxio, cría ou alimentación para os elementos silvestres de flora e fauna, por perduraren en paisaxes agrarias ou gandeiras fortemente degradadas.

iii. Establezan corredores biolóxicos con ou entre áreas de maior naturalidade que eviten o illamento xenético das poboacións.

4.4.2.1.3. Normativa.

a) Con carácter xeral, considéranse usos permitidos aqueles de carácter tradicional vinculados coas explotacións agrícolas e gandeiras existentes con anterioridade á declaración do parque natural e que cumpran coa normativa sectorial vixente e coas disposicións do presente plan, incluíndo entre eles:

i. O cultivo ou a cría dentro das explotacións agropecuarias en extensivo de especies, subespecies, variedades ou razas representativas dos sistemas tradicionais de explotación agrícola ou gandeira existentes en Galicia.

ii. O uso de fertilizantes orgánicos nos terreos de labor e nos pasteiros de carácter artificial, sempre que se apliquen de maneira racional, de acordo coas normativas vixentes e co Código galego de boas prácticas agrarias.

iii. A recuperación de terreos de labor e pasteiros existentes no momento da declaración do espazo natural como LIC. Así mesmo, sobre áreas ocupadas por formacións forestais de especies alóctonas. Exceptúase a zona de reserva, onde terán a condición de actividade non permitida.

iv. A xestión periódica necesaria naquelas superficies que estean constituídas por agrosistemas ou áreas herbosas que constitúan tipos de hábitat do anexo I da Directiva 92/43/CEE (6220*, 6230*, 6410 e 6510).

v. A nova instalación de alpendres para o refuxio das reses, depósito de alimento e similares nas zona de uso xeral, sen prexuízo do cumprimento da normativa sectorial de aplicación e dos permisos e autorizacións pertinentes.

v. A apicultura.

b) Está permitido o control biolóxico ou natural determinado pola comunidade internacional e coñecido como Entomology Management, a través do procedemento de avaliación de impacto ambiental en todos os casos posibles, sempre que a súa aplicación non requira unha necesidade urxente. Darase prioridade a estes tratamentos fronte a outros.

c) Coa finalidade de asegurar un uso sustentable dos recursos naturais, considéranse actuacións suxeitas a autorización por parte do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural, e que por tanto precisan dunha avaliación das súas repercusións, as seguintes:

i. A nova instalación de alpendres para o refuxio das reses, depósito de alimento e similares na zona de uso compatible, sen prexuízo do cumprimento da normativa sectorial de aplicación e dos permisos e autorizacións pertinentes.

ii. No solo cualificado como rústico de protección, a construción de muros de contención e o peche ou o valado de terreos terán a consideración de uso ou actividade autorizable. A realización destes axustarase ás condicións de edificación e aos termos que establece a normativa do solo vixente. Os peches destinados á protección do gando ou dos cultivos agrícolas fronte a especies de fauna silvestre que engloben unha superficie superior a 1 ha e empreguen mallas metálicas terán unha altura máxima de 2 metros, cunha separación mínima entre os dous arames horizontais más baixos de 15 centímetros; segundo a dita disposición adicional sexta da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.

d) Considérase prohibido no ámbito do parque natural:

i. A apertura de novas explotacións de gandaría intensiva en todo o ámbito do parque natural.

ii. O cambio de uso de terreos que afecten de forma irreversible, permanente ou a longo prazo, e supoñan unha redución significativa da superficie ocupada por hábitats de interese comunitario ligados a agrosistemas (6220*, 6230*, 6410 e 6510) e das especies asociadas aos cultivos tradicionais e do pastoreo.

iii. A fumigación con produtos fitosanitarios mediante medios aéreos, salvo que estea debidamente xustificada no caso da existencia de pragas e sempre logo de autorización do organismo competente de patrimonio natural.

iv. Levar a cabo a liberación no medio natural de organismos modificados xeneticamente.

v. A utilización de especies alóctonas de carácter invasor.

vi. A eliminación de sebes e bosquetes nas zonas de aproveitamento agropecuario. Nos terreos agrícolas e gandeiros respectarase a vexetación autóctona de carácter natural ou seminatural establecida nos lindeiros de parcelas, límites de bosques ou regatos. Respectaranse as sebes arbustivas e arbóreas, as liñas de arboredo, pequenos bosquetes e os diferentes elementos naturais significativos para a conservación da biodiversidade e, en concreto, da flora e fauna silvestres. Exclúense as prácticas tradicionais de podas de formación ou para frutificación.

vii. O depósito de tecnosolos e lodos de depuradoras industriais ou urbanas, así como o seu emprego como fertilizantes ou emendas dos solos agrícolas.

viii. As concentracións parcelarias.

4.4.2.2. As actividades forestais.

4.4.2.2.1. Obxectivos.

a) As actividades forestais teñen a consideración de actividade tradicional. A xestión forestal no parque natural estará orientada á xeración de forma sostible de rendas e emprego como actividade dinamizadora do desenvolvemento socioeconómico da poboación residente no parque natural.

b) No desenvolvemento das actividades forestais deberán primar os aproveitamentos e usos sustentables, de modo que se minimicen ou se eviten as afeccións sobre os compoñentes máis importantes do parque natural: tipos de paisaxe, hábitats protexidos e núcleos de poboación das especies de interese para a conservación.

c) As masas forestais deberán conservar o principio de persistencia da masa e serán consideradas como elementos clave na loita contra os efectos do cambio climático, tanto no seu papel de mitigación, ao seren considerados reservorios a longo prazo de carbono, como de substitución, ao forneceren produtos renovables e alternativos aos combustibles fósiles.

4.4.2.2.2. Directrices.

a) As actividades forestais terán a consideración de necesarias para o desenvolvemento económico na área do parque natural.

b) Promoveranse as políticas forestais que fomenten o mantemento nun estado de conservación favorable dos núcleos de poboación e das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación, e darase prioridade a aqueles compoñentes cuxa persistencia está ligada ao mantemento dos sistemas de explotación tradicional de carácter forestal.

c) Os criterios e as medidas ambientais recollidos nos contratos globais de explotación e as medidas ambientais que promova o organismo autonómico competente en materia forestal e de medio rural definiranse coa colaboración do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

d) Promoverase a xestión forestal mediante instrumentos de ordenación ou xestión forestal aprobados conforme a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Para a súa aprobación, terase en conta a diversidade e as necesidades de conservación dos hábitats naturais e seminaturais de interese comunitario, así como dos hábitats das especies de interese para a conservación. Os usos e aproveitamentos que se mencionen nestes documentos non poderán supor en ningún caso unha redución significativa do estado de conservación destes hábitats, sobre todo aqueles considerados como prioritarios ou que presenten unha reducida cobertura ou elevada fraxilidade no parque natural.

e) Garantirase a procedencia xenética das sementes e plántulas empregadas na reforestación con especies autóctonas.

f) As autorizacións dos aproveitamentos forestais en montes situados dentro do ámbito do parque natural que non conten cun plan de ordenación ou instrumento de planificación equivalente aprobado levaranse a cabo polo procedemento regulado pola Administración competente en materia forestal e o organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural.

g) Os aproveitamentos deberán realizarse mediante técnicas sostibles garantindo, en todo caso, a persistencia das masas, de acordo co establecido no presente plan, e a conservación do solo.

h) Os aproveitamentos forestais das formacións boscosas autóctonas realizaranse mediante cortas selectivas e garantindo a persistencia da masa.

i) Evitar que a circulación e o uso de maquinaria forestal causen compactación, erosión e perda das estrutura dos hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE ou dos núcleos de poboación das especies de interese para a conservación.

j) Promover a erradicación das especies invasoras, especialmente das acacias, e a súa substitución polas especies recollidas na táboa 18.

k) Fomentarase a consolidación e ampliación das masas forestais formadas por Quercus pyrenaica e Quercus robur mediante medidas silvícolas favorecedoras do rexenerado natural, que será complementado en caso necesario coa plantación de novos individuos destas especies.

l) Promoverase a recuperación das superficies de carballeiras e soutos destruídas polos incendios forestais, pragas ou enfermidades criptogámicas.

m) Promoverase a redacción dun código de boas prácticas forestais.

n) Os traballos de control de pragas deberán ter en conta as seguintes consideracións:

i. Permitirase o control biolóxico ou natural logo de autorización do organismo competente en patrimonio natural, e asegurando, en todo caso, a mínima afección das especies e os hábitats.

ii. O uso de biocidas será efectuado ao abeiro do disposto na lexislación sectorial vixente no presente plan.

iii. Con carácter preferente, en labores de prevención e loita contra pragas potenciarase o emprego de plantas cebo, loita biolóxica con uso de trampas de feromonas e, principalmente, a estabilización de insectívoros mediante caixas de nidificación de aves, así como a protección dos dormitorios de quirópteros.

4.4.2.2.3. Normativa.

a) As plantacións forestais que no momento da entrada en vigor do PORN do Parque Natural das Fragas do Eume estivesen poboadas por especies alóctonas, así como aquelas implantadas posteriormente con autorización, poderán seguir sendo explotadas en sucesivas quendas, sempre e cando non se realicen cambios de especie. Poderán realizarse cambios de especie cando estes cambios supoñan a transformación de eucaliptais a piñeirais ou de eucaliptais e piñeirais a pasteiros, ou cando se creen masas de frondosas do anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño. As ditas masas poderán ser rexeneradas de forma natural ou ben mediante repoboación. Aquelas plantacións realizadas sen a necesaria autorización con posterioridade á entrada en vigor do PORN en zona de uso compatible e zona de uso xeral poderán ser aproveitadas, ben que as sucesivas reforestacións quedarán supeditadas a unha autorización de plantación do órgano autonómico competente en materia de patrimonio natural.

Na zona de uso limitado, en todo caso, os aproveitamentos están sometidos a autorización previa.

No suposto de superficies forestais arborizadas no momento da entrada en vigor do PORN que foran destruídas polo lume sen rexeneración posterior, poderanse recuperar ou transformar igualmente que no caso anterior. A citada recuperación requirirá dun instrumento de ordenación ou de xestión forestal aprobado de acordo coa normativa sectorial forestal e que conte co informe favorable dos órganos de xestión do parque natural. Estes proxectos incluirán medidas preventivas estruturais que minimicen o risco de incendios forestais, así como criterios ambientais que garantan unha mellora da sostibilidade respecto da situación anterior.

b) O mantemento anual das faixas de xestión da biomasa ten a consideración de medidas de xestión do parque natural, xa que son medidas necesarias para a protección e conservación dos valores naturais polos cales o espazo foi declarado. As ditas actuacións só estarán sometidas á normativa sectorial de defensa contra incendios forestais e tan só contarán coa restrición de evitar a erosión ou a perda de estrutura do solo en hábitats de uceiras húmidas e turbeiras.

c) Cando se realicen traballos de control de pragas, teranse en conta as seguintes consideracións:

i. Non se realizarán tratamentos que supoñan o uso de insecticidas ou fitocidas que non sexan de aplicación selectiva.

ii. O uso de fitocidas e insecticidas deberá estar xustificado con argumentos fitopatolóxicos de rigor e co ánimo de conter o desenvolvemento de fases expansivas de pragas o patoloxías específicas.

iii. Utilizaranse produtos incluídos nas listaxes establecidas nos sistemas de xestión forestal sostible de referencia en España e a súa utilización deberá atender tanto ás condicións específicas de uso contidas na súa inscrición no Rexistro Oficial de Produtos e Material Fitosanitario, como ao Real decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios. En particular, darase prioridade á utilización de produtos sanitarios de baixo risco conforme o definido no Regulamento (CE) nº 1107/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de outubro de 2009.

iv. Está permitido o control biolóxico ou natural determinado pola comunidade internacional e coñecido como Entomology Management, a través do procedemento de avaliación de impacto ambiental en todos os casos posibles, sempre que a súa aplicación non requira unha necesidade urxente. Darase prioridade a estes tratamentos fronte a outros.

v. De maneira preferente, en labores de prevención e eliminación de patoloxías forestais potenciarase o emprego de árbores-cebo, loita biolóxica con trampas de feromonas e, principalmente, a estabilización de poboacións de insectívoros mediante o uso de caixas niño para aves insectívoras, ao igual que a protección dos dormitorios de quirópteros.

d) Cando se realicen traballos relacionados co aproveitamento madeireiro, teranse en conta as seguintes consideracións:

i. Nas execucións dos aproveitamentos, os pés non previstos no aproveitamento principal deberán ser respectados na medida do posible.

ii. Utilizaranse preferentemente, sempre que sexa posible, como vías de saca as infraestruturas existentes. No caso de ser preciso a construción de novas vías de saca, deberán evitar impactos paisaxísticos negativos. Estas vías deberán contar con pasos de auga nos desaugadoiros naturais permanentes do terreo. Precisarase autorización do organismo autonómico competente en patrimonio natural e deberán executarse seguindo as seguintes condicións:

– Pendente inferior ao 15 % no seu trazado.

– Anchura inferior a 2 metros, salvo nas curvas, onde poderá incrementarse a 3 m naquelas zonas de actuación cunha pendente media superior ao 50 %.

– Execución con retroescavadora, limitando a utilización de bulldózer ou pa empurradora.

– Restauración no prazo máximo de 6 meses desde o final da saca mediante restitución da terra vexetal acumulada nas marxes.

iii. Estas actuacións deberán ser realizadas, en todo caso, fóra das épocas de cría e nidificación.

e) As medidas de prevención de incendios forestais realizaranse seguindo as seguintes condicións:

i. O mantemento anual das faixas de xestión de biomasa ten a consideración de medidas de xestión do parque natural, xa que son medidas necesarias para a protección e conservación do parque natural polas cales o espazo foi declarado. As ditas actuacións só estarán sometidas á normativa sectorial de defensa contra incendios forestais, e tan só contarán coa restrición de evitar a erosión ou perda de estrutura do solo, en hábitats de uceiras húmidas ou turbeiras.

ii. As novas infraestruturas públicas de prevención de incendios forestais deberán estar incluídas nunha relación de infraestruturas preventivas contra incendios forestais ou nun plan de actuacións preventivas elaborado polo órgano competente en materia de defensa contra incendios forestais da Comunidade Autónoma de Galicia. En todo caso, unha vez que emita informe positivo a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, as actuacións nel incluídas terán a consideración de medidas de xestión do parque natural e, polo tanto, estarán permitidas.

iii. O mantemento das redes de infraestruturas preventivas contra os incendios forestais constitúe unha medida de xestión necesaria para a protección e conservación dos valores do parque natural ao estaren, polo tanto, permitidas.

iv. As obras ou infraestruturas de nova construción destinadas á prevención de incendios forestais que se pretendan realizar nos montes incluídos dentro do territorio comprendido polo parque natural e que non estean incluídas en instrumentos de ordenación ou xestión forestal aprobados conforme a Lei 7/2012, do 28 de xuño, requirirán unha autorización da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. As incluídas no Plan de infraestruturas e accións preventivas fronte aos incendios forestais terán a consideración de actividade permitidas. En todo caso, estas actuacións deberán ser realizadas fóra das épocas de cría e nidificación.

v. A realización de queimas controladas estará supeditada ao disposto no Plan director da Rede Natura 2000.

f) Considéranse actuacións permitidas as seguintes actuacións vinculadas coa xestión das explotacións forestais existentes no parque natural:

i. Todos os usos e aproveitamentos forestais incluídos nos correspondentes proxectos de ordenación, documento simple de xestión ou documento compartido de xestión, aprobados de acordo coa normativa sectorial forestal e que conten co informe favorable do órgano autonómico competente en materia de patrimonio natural.

ii. Na zona de uso xeral e na zona de uso compatible, e de acordo coa normativa sectorial forestal, os aproveitamentos de madeira nos montes xa arborizados con especies alóctonas ou autóctonas cultivadas que continúen co ciclo produtivo. Así mesmo, os coidados silvícolas necesarios. En todo caso, mantendo a mesma especie ou modificándoa de acordo co establecido no presente PRUX, ou se así o prevé o instrumento de ordenación e de xestión forestal aprobado en cada caso.

iii. A recollida de follaxe, castañas, cogomelos, landras e doutros pequenos froitos por parte das persoas propietarias dos montes.

iv. Na zona de uso xeral e na zona de uso compatible, os aproveitamentos de leñas nas masas arborizadas por parte das persoas propietarias, destinados ao autoconsumo e ao uso doméstico, que non sexan obxecto de comercialización, sen superar os límites de volume anual por persoa propietaria de acordo coa normativa sectorial vixente.

v. Tendo en conta as características intrínsecas dos soutos (bosques de Castanea sativa) e a súa condición de hábitat seminatural de interese comunitario (9260), as actividades e aproveitamentos destes, entre os cales se encontran a súa poda periódica, rozas do sotobosque, plantación e enxerto de novos individuos de Castanea sativa, tratamentos fitosanitarios, etc., todas elas necesarias para asegurar o mantemento temporal do dito hábitat. No ámbito de influencia da tinta do castiñeiro considérase permitido o emprego de pés enxertados con variedades de castiñeiro (Castanea sativa) e portaenxertos de castiñeiro híbrido resistente á tinta.

vi. Nas cortas de arboredo de obrigada execución das especies da disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, será suficiente unha comunicación ao órgano inferior competente en materia forestal por razón do territorio. O dito órgano enviará anualmente unha relación das ditas comunicacións ao órgano inferior competente en materia de conservación da natureza por razón do territorio, para o seguimento da incidencia destas cortas no parque natural.

vii. A eliminación en todo o ámbito do parque natural de mouteiras e exemplares do xénero Acacia e do xénero Robinia.

viii. A eliminación de mouteiras e exemplares do xénero Pinus, Eucalyptus, Acacia e Robinia a menos de 15 metros do dominio público hidráulico daqueles leitos fluviais de máis de 2 metros de ancho, así como a plantación de frondosas autóctonas, de ser o caso.

ix. Considéranse medidas de conservación e xestión as seguintes actuacións sobre superficies conformadas por queirogais secos (4030), incluídas dentro das grandes superficies de queirogais, matogueiras e medios rochosos silíceos:

1) A roza anual de ata o 20 % da superficie de hábitat estimada no momento da declaración do parque natural como LIC. Unha mesma zona non poderá rozarse de novo ata pasados polo menos 3 anos desde a última roza. Para os efectos de cómputo, serán comunicadas previamente aos servizos provinciais con competencias en patrimonio natural.

2) A queima controlada invernal entre outubro e febreiro de ata o 5 % da superficie de hábitat estimada no momento da declaración do LIC, que cumprirá en todo caso coa normativa sectorial de defensa contra os incendios forestais. Unha mesma zona non poderá ser obxecto dunha nova queima controlada ata pasados polo menos 6 anos da anterior. A superficie xestionada como queima controlada descontarase do tope do 20 % indicado no número 1) para as rozas. Para os efectos de cómputo, serán comunicadas previamente aos servizos provinciais con competencias en patrimonio natural.

3) O mantemento anual das faixas de xestión da biomasa, que non computarían no tope do 20 % indicado no número 1) para as rozas.

x. Así mesmo, consideraranse permitidas as seguintes actuacións sobre superficies conformadas por queirogais secos (4030), incluídas dentro das grandes superficies de queirogais e matogueiras e medios rochosos silíceos:

1) A recuperación daquelas áreas que estivesen ocupadas por pasteiros e/ou cultivos no momento da declaración do espazo natural como LIC. As antigas áreas ocupadas por cultivos poderán recuperarse como pasteiros. Para os efectos de seguimento, serán comunicados previamente aos servizos provinciais con competencias en patrimonio natural.

2) As áreas que no momento da declaración do espazo natural como LIC estivesen ocupadas por plantacións forestais exóticas ou de coníferas autóctonas puras ou mixtas, así como aquelas que fosen obxecto de reforestación posterior con autorización dos órganos de patrimonio natural, e que fosen destruídas polo lume sen rexeneración posterior, poderán ser de novo reforestadas co condicionado seguinte:

– Non poderán utilizarse plantas do xénero Eucalyptus, que en todo caso poderán substituírse por piñeiros autóctonos.

– Poderán substituírse por pasteiros, total ou parcialmente, en áreas con pendente inferior ao 30 % e cun 10 % de enclaves no seu interior, sen transformar ou con frondosas autóctonas, sen prexuízo do establecido na normativa de avaliación ambiental e de incendios forestais, e tendo en conta que isto non ten a condición de cambio de uso para os efectos do presente plan.

– As reforestacións incluídas previamente en instrumentos de ordenación ou xestión forestal aprobados pola normativa forestal e que conten con informe favorable do órgano competente en materia de patrimonio natural. As implantacións de pasteiros poden realizarse previamente á aprobación do instrumento de ordenación ou xestión forestal. Para os efectos de cómputo, as implantacións de pasteiros serán comunicadas previamente aos servizos provinciais.

xi. O órgano competente en materia de patrimonio natural velará polo mantemento do estado de conservación favorable dos queirogais secos (4030), e promoverá, de ser o caso, as medidas de conservación e xestión.

g) Considérase autorizable dentro do ámbito do parque natural:

i. Na zona de uso limitado, para as masas forestais de frondosas de carácter autóctono e para as masas mixtas de especies alóctonas e frondosas autóctonas, poderán ser autorizadas cortas selectivas atendendo a que se realicen garantindo a conservación dos solos e dos compoñentes naturais e non supoñan unha deterioración apreciable sobre os hábitats e as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación do parque natural, e se efectúen de acordo coa normativa sectorial de aplicación e obxectivos do presente plan.

ii. As forestacións ou reforestacións sobre terreos sen cobertura arbórea no momento da declaración como LIC de especies autóctonas, ou de especies do xénero Pinus (Pinus pinea, Pinus pinaster, Pinus sylvestris), que non supoñan unha afección apreciable sobre os hábitats do anexo I da Directiva 92/43/CEE ou sobre as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

iii. A introdución, plantación ou sementeira de especies alóctonas non pertencentes ao xénero Eucalyptus que non supoñan unha afección apreciable sobre os hábitats do anexo I da Directiva 92/43/CEE ou sobre as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación, salvo nas zonas de reserva e uso limitado, onde que se considerará prohibido.

iv. As cortas dos tipos de bosques do anexo I da Directiva 92/43/CEE, vinculadas estritamente ás necesidades de mantemento, restauración, rexeneración e sanidade vexetal, e así mesmo, cando sexan necesarias para garantir a seguridade das persoas, infraestruturas ou propiedades.

v. O uso de fitosanitarios, biocidas ou herbicidas, cando non supoñan unha afección apreciable sobre os hábitats do anexo I da Directiva 92/43/CEE ou sobre as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

vi. Os tratamentos fitosanitarios con medios aéreos, cando non supoñan unha afección apreciable sobre os hábitats do anexo I da Directiva 92/43/CEE ou sobre as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

vii. A recolección de especies silvestres con fins comerciais por parte das persoas propietarias dos montes.

viii. Consideraranse autorizables os usos e as actividades seguintes sobre os queirogais húmidos (4020*) incluídos dentro das matogueiras húmidas continentais, que non supoñan a desaparición ou diminución da superficie ocupada polo tipo de hábitat, tales como rozas manuais e pastoreo que non afecten os perfís do solo e que non comporten en ningún caso a transformación do tipo de hábitat.

Os órganos de xestión do parque natural soamente autorizarán a realización deste tipo de actuacións ata un máximo anual do 2 % do tipo de hábitat na área do espazo protexido no ámbito de aplicación deste decreto. Os ditos órganos velarán polo mantemento do estado de conservación favorable dos queirogais húmidos (4020*), para o cal avaliarán de maneira periódica a evolución temporal das actuacións autorizadas e os seus posibles efectos sinérxicos, e poderán adoptar as medidas oportunas que aseguren a conservación deste tipo de hábitat. Non se computarán nesta porcentaxe as superficies autorizadas nos proxectos de ordenación, no documento simple de xestión ou no documento compartido de xestión aprobados, nin a correspondente ao mantemento das redes de faixas de xestión de biomasa.

As autorizacións estarán suxeitas ás seguintes condicións:

1) A área de cada unha das actuacións non superará as 5 ha por solicitude e non se actuará na mesma superficie durante un período mínimo de 5 anos.

2) No caso de precisar do emprego de maquinaria, prestarase especial atención a que non se provoque a compactación, erosión ou perda da estrutura do solo. Para tal finalidade, soamente se poderán empregar máquinas portátiles ou tractores coa potencia que permita acoplar apeiros mecánicos suficientes para a actuación.

3) Non se afectarán de forma apreciable os núcleos poboacionais das especies de interese para a conservación.

4) As actuacións respectarán as áreas ecotónicas con hábitats turbófilos (7110*, 7140 e 7150).

5) Co fin de favorecer a rexeneración natural, poderase exixir o mantemento da matogueira nunha franxa perimetral á actuación.

6) En todo caso, as ditas actuacións non poderán realizarse cando, debido ás condicións de humidade do solo, poidan provocar durante a súa execución posibles alteracións dos perfís do solo e afeccións sobre a vexetación.

ix. Considéranse actividades suxeitas á autorización preceptiva do parque natural a implantación de pasteiros, a realización de repoboacións forestais e os cultivos, nas áreas ocupadas no momento da declaración do parque natural como LIC por queirogais secos (4030), incluídas dentro das grandes superficies de queirogais e matogueiras e medios rochosos silíceos, ata un máximo anual do 2 % do tipo de hábitat no espazo protexido. Quedan excluídos desta porcentaxe os terreos que conten con instrumentos de ordenación ou xestión forestal aprobados pola normativa forestal e con informe favorable do órgano competente en materia de patrimonio natural, así como as actuacións de mantemento das faixas de xestión de biomasa.

As autorizacións estarán sometidas ás seguintes condicións:

1) Que non se provoque unha afección apreciable sobre os núcleos poboacionais das especies de interese para a conservación.

2) Que non se afecten os compoñentes clave da paisaxe ou da xeodiversidade.

3) Que non se desenvolvan en áreas ecotónicas con queirogais húmidos (4020*).

4) No tocante á implantación de pasteiros, soamente serán autorizables as actuacións inferiores a 10 ha por solicitude, cunha pendente inferior ao 30 %. Deberán empregarse polo menos 2 gramíneas e 1 leguminosa autóctona na súa implantación. En ningún caso terán a consideración de cambio de uso. As autorizacións para os pasteiros de máis de 10 ha sobre queirogais secos (4030) realizaranse conforme o establecido no artigo 6.3 da Directiva 92/43/CEE e no artigo 45.4 da Lei 42/2007, do 28 de xuño, así como na normativa establecida no presente plan.

5) Con respecto ás repoboacións forestais, estas serán autorizables ata un máximo de 10 ha por solicitude. As forestacións deberán facerse con especies frondosas autóctonas. As autorizacións para as repoboacións forestais de máis de 10 ha sobre queirogais secos (4030) realizaranse conforme o establecido no artigo 6.3 da Directiva 92/43/CEE e no artigo 45.4 da Lei 42/2007, do 28 de xuño, así como na normativa establecida no presente plan.

6) Con respecto aos cultivos de cereal (excluíndo o millo), as superficies de actuación non poderán superar as 10 ha, cunha pendente inferior ao 20 %.

7) Ao longo dun sexenio, a superficie estimada no momento de declaración como LIC ocupada por queirogais secos (4030) non poderá verse reducida nunha porcentaxe superior ao 5 % debido á reforestación, implantación de pasteiros ou cultivo de cereal.

h) Considérase prohibido dentro do ámbito do parque natural:

i. A introdución, plantación ou sementeira de especies forestais alóctonas consideradas como invasoras no Real decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras.

ii. A realización de subsolaxes e sangraduras nos queirogais húmidos, pozas, brañas e turbeiras ou corredores fluviais.

iii. O uso de calquera tipo de biocida ou herbicida sobre hábitats incluídos no anexo I da Directiva 92/43/CEE ou sobre os hábitats das especies de interese para a conservación, excepto actuacións necesarias de conservación de hábitats ou especies.

iv. As cortas a eito ou a matarrasa sobre formacións arborizadas naturais e, especialmente, sobre aquelas incluídas dentro do anexo I da Directiva 92/43/CEE.

v. A realización de socalcos nos proxectos de plantacións forestais e repoboacións forestais, salvo o caso da existencia de procesos erosivos graves como consecuencia de reiterados incendios forestais, e sempre coa correspondente autorización do organismo competente en patrimonio natural.

vi. A vertedura de xurros e residuos agrícolas ou industriais sobre o medio forestal, salvo o establecido no punto ii) do número 4.4.2.1. As actividades agropecuarias, deste anexo.

vii. As subsolaxes en liña de máxima pendente, salvo que estean xustificadas por necesidades de evacuacións hídricas acumulativas ou por degradacións do medio físico como consecuencia de incendios forestais reiterados, e sempre coa correspondente autorización do organismo competente en patrimonio natural.

viii. O depósito de materiais sobrantes de cortas ou outros aproveitamentos forestais sobre os hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE ou sobre as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

ix. A fumigación con equipamentos aéreos, salvo en casos debidamente xustificados de pragas, coa autorización do órgano con competencias en patrimonio natural, e sempre que se realicen conforme a normativa vixente de aplicación.

x. Calquera outro aproveitamento comercial madeireiro non recollido no presente plan que supoña a destrución ou alteración dos hábitats incluídos no anexo I da DC 92/43/CEE ou das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

xi. A apertura de novas devasas na zona de reserva. Exceptúanse desta prohibición todas as medidas recollidas no Plan de infraestruturas e accións preventivas fronte aos incendios forestais, que terán a consideración de actividade permitida.

xii. A corta de árbores que sustenten plataformas de nidificación de especies ameazadas que fosen ocupadas nos últimos 10 anos, ou aquelas que supoñan especial significación cultural, histórica ou paisaxística, salvo por motivos xustificados de seguridade. Así mesmo, conservaranse os exemplares de especies alóctonas que estean incluídos en catálogos de árbores singulares ou gocen dalgunha protección oficial.

xiii. As sacas de madeira, xa sexa mecánica ou por tracción animal, non poderán realizarse ao longo dos leitos de ríos. O cruzamento de ríos e regatos será minimizado e, de ser o caso, realizarase por vaos ou mediante instalación de infraestruturas temporais.

xiv. A introdución, plantación ou sementeira de individuos de especies do xénero Eucalyptus nos terreos onde non estivesen cultivados con anterioridade á data de publicación do PORN das Fragas do Eume.

4.4.3. Actividades cinexéticas e piscícolas.

4.4.3.1. Obxectivos.

a) A xestión e o manexo responsable dos espazos cinexéticos e piscícolas, os seus aproveitamentos e os seus usos sustentables, a través dos correspondentes plans técnicos, de modo que se minimicen, cando non se eviten, as afeccións sobre compoñentes clave da biodiversidade: hábitats protexidos e enclaves de poboación de especies de interese para a conservación.

b) Fomentar a participación e a colaboración activa dos cazadores e pescadores no parque natural para a aplicación das medidas contidas neste plan, considerando as necesidades económicas, sociais e culturais como elementos fundamentais para lograr os obxectivos de conservación que se perseguen.

4.4.3.2. Directrices.

a) Considerar as prácticas cinexética e piscícola compatibles, con carácter xeral, no parque natural, entendéndoas como actividades económicas, ambiental e socialmente sustentables, aínda que deben estar suxeitas a plans técnicos competentes que ordenen o seu aproveitamento.

b) Manter os recursos cinexéticos e piscícolas seguindo os criterios establecidos na xestión sustentable e nos obxectivos do parque natural, co obxectivo de cubrir as necesidades económicas, sociais e culturais dos residentes das zonas rurais e das súas xeracións futuras.

c) Promover as políticas cinexéticas e piscícolas que fomenten o mantemento nun estado de conservación favorable dos hábitats e das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación.

d) Conciliar as prácticas de caza e pesca fluvial co debido respecto dos períodos sensibles da bioloxía das especies, das áreas de patrimonio cultural fráxil, da paisaxe, de salvagardar a cantidade e calidade dos recursos cinexéticos e piscícolas, así como para asegurar, mellorar e aumentar a diversidade dos seus bens e servizos a longo prazo.

e) Evitar que o exercicio da caza interfira co uso público, para o que se establecerán, se for necesario, accións para compatibilizar na medida do posible ambas as actividades.

f) Potenciar nos instrumentos de planificación e ordenación cinexética ou piscícola seguimentos periódicos e avaliacións posteriores da xestión realizada sobre os devanditos recursos, e utilizar os seus resultados no propio proceso de planificación posterior.

g) Promover a divulgación, coñecemento e comprensión do parque natural e do presente plan, así como dos hábitats naturais e das especies de interese para a conservación, mediante a información, programas de formación e de concienciación apropiados aos responsables dos tecores, entidades xestoras dos recursos cinexéticos e sociedades colaboradoras de pescadores.

4.4.3.3. Normativa.

a) Con carácter xeral, están permitidas as actividades de caza e pesca fluvial reguladas polas normativas sectoriais vixentes e que non causen unha afección significativa sobre o estado de conservación dos ecosistemas, os hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE e as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación. Estas actividades realizaranse de acordo coas regulacións establecidas pola lexislación sectorial, a normativa zonal do presente plan ou as que poida establecer o organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural, conforme o disposto no artigo 6 da DC 92/43/CEE e no artigo 46 da Lei 42/2007 (modificada pola Lei 33/2015). Co obxecto de preservar certos valores naturais do territorio, o organismo competente en patrimonio natural poderá establecer limitacións de índole espacial ou temporal.

b) En cumprimento do artigo 6 da Directiva 92/43/CEE e coa finalidade de asegurar o uso sustentable dos recursos naturais e o propio mantemento das explotacións forestais, o organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural considerará actividades suxeitas a autorización as seguintes:

i. As melloras de hábitat específicas para a recuperación das especies de caza menor con densidades baixas no parque natural.

ii. As medidas cinexéticas ou piscícolas complementarias non incluídas nas anteriores nin nas directrices descritas nin que fosen aprobadas nos correspondentes plans de ordenación cinexética e piscícola, e que estean vinculadas ás necesidades de mantemento e mellora dunha xestión sustentable dos recursos cinexéticos e piscícolas.

iii. As repoboacións con especies cinexéticas segundo a normativa sectorial de aplicación.

c) Considéranse como actividades prohibidas dentro do territorio do parque natural:

i. As actividades cinexéticas ou de pesca en augas continentais fóra das zonas e épocas, cotas ou especies permitidas.

ii. Todos aqueles usos que xa estean prohibidos polas respectivas normativas de caza e pesca fluvial.

iii. A caza e a pesca na zona de reserva.

iv. As explotacións cinexéticas comerciais, terreos cinexéticos deportivos, soltas de exemplares de especies cinexéticas con fins diferentes do reforzo de poboacións naturais, zonas de adestramento de cans e aves de falcoaría, zonas de caza permanente.

d) O exercicio da caza quedará vinculado ás disposicións que se establezan nos correspondentes plans de ordenación cinexética dos diferentes tecores, os cales necesariamente deben ser aprobados polos servizos administrativos competentes, que introducirán as limitacións ou requisitos que consideren oportunos.

e) No caso da presenza de epizootias, poderase autorizar a caza selectiva de especies de caza co obxectivo de manter un adecuado estado sanitario da fauna salvaxe. Estas actuacións serán tuteladas polo organismo competente en patrimonio natural, e non se organizarán como actividade recreativa ou deportiva.

f) O control poboacional da fauna considérase unha actividade autorizable se existen probas suficientes de que a súa proliferación causa danos significativos a outras especies, hábitats, comunidades ou valores recoñecidos pola aparición de epizootias na propia poboación, así como por danos producidos nas explotacións agrícolas e gandeiras. As actuacións de control poderán empregar diferentes técnicas e métodos, e estes serán sempre selectivos. Poderase solicitar a colaboración de sociedades locais de cazadores para as actuacións de control poboacional, sempre de maneira tutelada polo organismo competente en patrimonio natural, e non se organizarán como actividade recreativa ou deportiva.

g) Cando o método de control aplicado sexa a captura en vivo, serán de aplicación os criterios xerais relativos ao benestar animal. Neste casos, a acción poderá ser realizada por terceiras persoas e os exemplares poderán ser alleados.

h) Por razóns de conservación, o organismo competente en patrimonio natural poderá limitar o exercicio da caza ou pesca en determinadas zonas ou épocas, prohibir a caza ou a pesca ou limitar as cotas de especies cinexéticas e piscícolas que presenten unha diminución significativa nas súas densidades de poboación.

4.4.4. Actividades recreativas e turísticas. Uso público.

4.4.4.1. Obxectivos.

a) Compatibilizar o uso público e as actividades recreativas e deportivas cos obxectivos de conservación do parque natural e co desenvolvemento do medio rural.

b) Impulsar o uso público como elemento dinamizador do desenvolvemento socioeconómico da poboación residente na área de influencia do parque natural.

c) Ordenar e facilitar o gozo da persoa visitante baseado nos valores do parque natural, de modo compatible coa súa conservación. Darase prioridade e fomentaranse as actividades de paseo e contemplación. Neste sentido, prestarase especial atención aos valores culturais, estéticos, educativos e científicos e daráselles prioridade sobre os de carácter unicamente turístico, deportivo ou recreativo.

d) Achegar a poboación cara a un ámbito natural, co fin de aumentar o seu coñecemento sobre este medio, así como lograr unha maior sensibilización, sobre todo no caso das poboacións urbanas cara á necesidade da súa conservación.

4.4.4.2. Directrices.

a) Promoverase a posta en marcha dun sistema mediante o cal se facilite o acceso das persoas visitantes ao parque natural, de modo que os interesados poidan inscribirse a través de vía telemática.

b) No caso de ser necesario, adecuar a intensidade de uso do espazo á súa capacidade de acollida.

c) Promover coa Administración estatal, autonómica, provincial e local, así como cos concellos integrados na zona de influencia socioeconómica, o uso público, turístico e recreativo de carácter sustentable no parque natural.

d) Impulsarase o uso público, como elemento dinamizador do desenvolvemento socioeconómico da poboación residente na área de influencia socioeconómica do parque natural.

e) Realizarase un adecuado seguimento e avaliación das actividades de uso público e recreativo dentro do parque natural, que atenderá, especialmente, para os efectos sobre o medio natural e á calidade da visita. Cando sexa adecuado, aplicaranse as medidas correctoras oportunas.

f) Fomentaranse aquelas actividades que permitan un mellor coñecemento e divulgación dos valores naturais e culturais do espazo, sempre que non supoñan impacto significativo sobre estes.

g) Facilitarase o desenvolvemento de visitas educativas e culturais organizadas e previamente concertadas, en especial de centros escolares.

h) Disporase dos medios persoais e materiais necesarios para facilitarlles ás persoas visitantes o coñecemento e a interpretación dos valores naturais e culturais do espazo obxecto de ordenación.

i) Realizarase un seguimento dos usos educativos e culturais dentro do espazo protexido, en especial da súa incidencia sobre as actitudes das persoas visitantes.

j) Favoreceranse os intercambios de material e experiencias de carácter educativo con outros centros e institucións dedicados á educación ambiental, principalmente con aqueles situados dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

k) Estudarase, se é necesario, unha regulación das actividades recreativas e de uso público que sexa coherente coa capacidade de carga máxima do parque natural. Neste sentido, promoverase o establecemento de programas de seguimento desta actividade para realizar unha monitoraxe dos seus efectos e da posibilidade de modificar co tempo a devandita capacidade de carga máxima.

l) O parque natural deberá dispor dunha oferta integrada de servizos de atención ás persoas visitantes, deseñada e xestionada acorde cos obxectivos de conservación do espazo natural e que teña en conta a accesibilidade universal, con independencia das súas características individuais, como idade ou discapacidade, adaptándose á normativa vixente. Para tal efecto, para novas instalacións procurarase a creación de espazos para a lactación materna e a hixiene dos bebés, tanto nos aseos de homes como de mulleres. Así mesmo, procurarase xerar infraestruturas que permitan o acceso a determinadas zonas do parque natural a persoas con distintas capacidades, en especial mediante a creación de rutas adaptados á diversidade funcional.

m) Implementaranse as novas tecnoloxías dispoñibles para orientar a visita ao parque natural co obxectivo de pór á disposición da persoa visitante a información dispoñible para facilitarlla minimizando os elementos de información e sinalización instalados no medio.

n) Promoveranse as accións de voluntariado directamente relacionadas cos obxectivos operativos e de xestión do parque natural.

4.4.4.3. Normativa.

a) Aspectos xerais.

i. A práctica de calquera actividade desta natureza no interior do parque natural poderase limitar ou regular para evitar afeccións a especies de fauna ou flora ou por outras razóns de conservación se así se determina de forma xustificada, e en especial para evitar molestias durante a época de nidificación e/ou cría de determinadas especies de interese.

ii. No desenvolvemento de actividades de uso público, as persoas propietarias de cans ou doutros animais de compañía deberán evitar calquera afección que estes poidan provocar sobre os hábitats e as especies de interese para a conservación, así como sobre o resto de actividades de uso público e aproveitamentos existentes. As persoas propietarias dos animais de compañía deberán garantir en todo momento o seu control. Na zona de reserva prohíbese o acceso con cans, excepto os cans guía e os vencellados a tarefas de rescate. Na zona de uso limitado e na zona de uso compatible estes deberán ir con correa, con excepción de cans de labores de rescate, cans gandeiros en labores de compañía e vixilancia do gando, cans de cazadores no uso das actividades cinexéticas reguladas nos períodos hábiles, cans guía de persoas invidentes ou cánidos autorizados para empregarse por necesidade de xestión do parque natural.

iii. O organismo autonómico competente en materia de conservación da natureza poderá limitar temporal ou permanentemente a presenza de animais de compañía en áreas sensibles para a conservación da biodiversidade.

iv. Queda expresamente prohibida no desenvolvemento de actividades de uso público a pesca continental e a caza, así como a captura ou recolección de materiais xeolóxicos, biolóxicos ou culturais.

v. De maneira xeral, prohíbese pernoctar en caravana ou outro medio en calquera dos aparcadoiros habilitados para uso público polo organismo competente en materia de patrimonio natural.

vi. Serán autorizables as actividades de voluntariado directamente relacionadas cos obxectivos operativos e de xestión do parque natural. Estas actividades requirirán autorización do parque natural e doutros organismos segundo a normativa de aplicación pola natureza da actividade que se vai realizar, a localización ou a época de actuación. O organismo competente en patrimonio natural poderá suxerir temas de traballo e localizacións para o desenvolvemento de iniciativas de voluntariado que teñan en conta valores educativos, sociais e ambientais, sen prexuízo de considerar as propostas presentadas polas organizacións de voluntariado.

vii. As persoas visitantes do parque natural respectarán os usos, costumes e aproveitamentos tradicionais, en particular do gando e das infraestruturas de manexo.

viii. A persoa visitante debe facerse responsable dos residuos xerados durante a visita. Preferentemente levaraos consigo ou, na súa falta, deberá depositalos nos lugares habilitados para o efecto.

ix. As actividades educativas que se propoñan dentro dun programa de visitas titorizadas por guías ou educadores terán prioridade fronte ás que teñan obxectivo unicamente recreativo.

x. Prohíbese expresamente a práctica do botellón.

xi. Prohíbese a práctica da acampada libre.

xii. Prohíbese a práctica do tiro ao prato, tiro con arco e o uso, en xeral, de calquera tipo de arma con fins recreativos.

xiii. Regularase e controlarase o acceso das persoas visitantes á zona de reserva.

xiv. Considérase un uso permitido a celebración das romarías tradicionais que forman parte do patrimonio cultural ou inmaterial.

xv. Considérase un uso permitido a celebración de espectáculos de luz, pirotécnicos, instalacións sonoras ou organización de concertos ou eventos semellantes na zona de uso xeral.

xvi. Considéranse actividades autorizables as vencelladas a eventos culturais ou a celebración de eventos musicais respectuosos co medio.

b) Accesos e circulación de vehículos de motor:

As vías existentes no parque natural clasifícanse en relación co uso público, da forma seguinte:

i. Libre tránsito: vías nas cales se permite o uso de vehículos, cabalos ou o tránsito peonil, da acordo coa normativa e disposicións sectoriais en materia de circulación e seguridade viaria. Inclúense nesta categoría:

– A rede de infraestruturas de titularidade autonómica, provincial e municipal, así como as súas vías de servizo.

– As rúas e camiños existentes nos núcleos de poboación integrados no parque natural.

– As vías e pistas agrícolas e/ou forestais, así como as asociadas ao mantemento de infraestruturas existentes no parque natural que non estean suxeitas a limitacións específicas ou particulares por parte das persoas titulares ou dos organismos competentes.

ii. Tránsito restrinxido: vías en que o acceso se limita a predios privados ou acceso para conservación. Vías que o órgano autonómico competente en materia de conservación da natureza establece, temporal ou permanentemente, por necesidades de conservación dos recursos naturais, para garantir os aproveitamentos tradicionais existentes e/ou para racionalizar as propias actividades de uso público. Inclúense nesta categoría:

– Vías estritamente peonís, como sendeiros ou sendas peonís.

– Vías destinadas ao tránsito de vehículos vinculados coas actividades agroforestais existentes no parque natural, nas cales se prohibe o tránsito de vehículos relacionados con actividades de uso público. Nestas vías non se poderá superar a velocidade de 30 km/h.

– Vías ou áreas de acceso restrinxido ao uso público, delimitadas para garantir a conservación dos hábitats e especies silvestres.

iii. Estas limitacións non se aplican no caso dos vehículos de vixilancia, emerxencias e todos os que conten coa autorización do organismo autonómico competente en materia de conservación da natureza.

iv. Con carácter xeral, requirirase autorización por parte organismo competente en patrimonio natural para a circulación de vehículos ou outros artefactos de motor polas vías de acceso restrinxido. Para tales efectos, exceptúase desta regulación o tránsito de acceso a predios privados derivado do dereito da propiedade e as persoas titulares doutros dereitos lexítimos ou aproveitamento autorizados, salvo no caso de que o organismo competente en patrimonio natural estableza algún tipo de limitación por razóns de conservación ou de xestión.

v. A circulación e aparcamento de vehículos asociados ao desenvolvemento de actividades de uso público (turístico, recreativo, deportivo, lecer, etc.) realizarase exclusivamente nas vías e áreas habilitadas para tal efecto.

vi. Prohíbese a circulación e/ou o estacionamento noutras áreas, salvo que se conte coa autorización expresa do organismo autonómico competente.

c) Sendeirismo e tránsito peonil.

Considérase o tránsito peonil polo parque natural como unha actividade permitida, sempre que se realice de forma racional, respectando a propiedade privada e os usos e aproveitamentos existentes, así como a normativa sectorial de aplicación e a contida no presente plan.

i. As actividades de sendeirismo considéranse permitidas cando se axusten ás seguintes condicións:

1. Cando se desenvolvan polas vías de libre tránsito, o sendeiro de gran percorrido (GR) GR 55 Camiño de Santo André ou a Rede de sendas do parque. O organismo competente en patrimonio natural, coa publicidade que proceda, poderá restrinxir o tránsito por calquera das vías do parque natural por motivos xustificados.

2. Cando se desenvolvan seguindo as condicións establecidas na epígrafe de normativa por zonificación.

3. Permítese o tránsito para fins científicos dos estudos autorizados polo parque natural, ao persoal do parque natural e, en caso de necesidade de salvamento, á policía e vixilancia ambiental.

4. A sinalización de itinerarios ou rutas, incluída a reposición da sinalización existente, que deberá seguir o Manual de estilo de sinalización de parques naturais, precisará de autorización do organismo competente en patrimonio natural.

5. O organismo competente en patrimonio natural poderá realizar de maneira excepcional aperturas de novas sendas en substitución doutras existentes por motivos de conservación ou seguridade das persoas. Así mesmo, durante o período de vixencia deste PRUX poderase modificar a listaxe de sendas da Rede oficial de itinerarios do parque natural, así como a súa lonxitude e percorrido.

6. A apertura e a promoción de sendas distintas ás incluídas na rede de rutas do parque natural requirirá autorización do organismo competente en patrimonio natural.

d) Actividade ecuestre recreativa.

Considérase o tránsito a cabalo con fins lúdico-deportivos destinados ao público, que se realiza sobre camiños públicos, pistas forestais e vías pecuarias.

i. Para os efectos de aplicación do presente plan, a actividade ecuestre recreativa considérase compatible unicamente nos camiños públicos, camiños rurais, sendas, pistas forestais e vías pecuarias debidamente acondicionadas para tal fin e sinalizadas, limitada a un grupo máximo de 10 xinetes, excepto na zona de reserva, na cal se considera incompatible. Os grupos de máis de 10 xinetes requirirán autorización, excepto na zona de uso xeral. O organismo competente, coa publicidade que proceda, poderá restrinxir o tránsito por calquera das vías do parque natural por motivos xustificados.

ii. Para as actividades ecuestres con fins agropecuarios e forestais ou as realizadas nos predios privados ou nos seus accesos polas persoas propietarias ou titulares do dereito de paso, permitirase a libre circulación sen máis restricións que as que, de forma puntual e por causas xustificadas, se consideren necesarias.

iii. Para a identificación destes percorridos como sendas ecuestres requirirase autorización do organismo competente en patrimonio natural e a aprobación dun proxecto que defina as súas características técnicas e ambientais da senda, así como o seu ámbito.

e) Ciclismo (bicicletas e velocípedes).

Para os efectos da aplicación do plan, enténdese por ciclismo, en calquera das súas modalidades, a actividade deportiva e recreativa que consiste en facer uso dunha bicicleta, velocípede ou outros artefactos mecánicos sen motor para percorrer circuítos ao aire libre.

i. A práctica do ciclismo considérase compatible unicamente en camiños públicos, pistas forestais, vías pecuarias, rutas BTT sinalizadas e vías asfaltadas abertas ao tráfico de vehículos, salvo no que se refire ao tránsito de acceso a predios privados derivado do dereito de propiedade. Non obstante, permítese a circulación de bicicletas eléctricas de pedaleo asistido polas mesmas vías recollidas neste punto.

ii. Nas zonas de reserva non se permite o tránsito de bicicletas e velocípedes. No resto do ámbito de aplicación do presente plan, o tránsito será libre para grupos de menos de 6 persoas. Os grupos maiores de 6 persoas precisarán autorización, a excepción da zona de uso xeral. Non se admitirá a subdivisión de grupos organizados. Exclúense as probas deportivas, que se regulan noutro punto.

iii. As persoas que circulen en bicicletas, velocípedes ou outros artefactos mecánicos autorizados respectarán sempre o gando, os xinetes e os sendeiristas, que terán prioridade de paso nesta orde, e adecuarán a súa velocidade ás características da vía, cun límite de velocidade de 30 km/h por pistas asfaltadas e 20 km/h por camiños non asfaltados.

iv. A creación de novas rutas BTT requirirá de autorización do organismo competente en patrimonio natural.

f) Bivaque ou acampada.

Considéranse como actividades prohibidas dentro do territorio do parque natural.

g) Probas e outras actividades de carácter deportivo en grupo.

i. Para os efectos de aplicación deste plan, enténdense, por norma xeral, como proba de carácter deportivo ou actividade en grupo as actividades organizadas e de carácter competitivo, como carreiras a pé, ecuestres, ciclismo, escalada, deportes acuáticos, etc.

ii. Considérase actividade suxeita a autorización do organismo competente en materia de patrimonio natural.

iii. O percorrido destas probas de carácter deportivo só poderá discorrer na zona de uso xeral e na zona de uso compatible, e queda prohibido na zona de uso limitado e na zona de reserva do parque natural.

iv. No caso de probas deportivas, as saídas, metas e zonas de avituallamento só poderán localizarse na zona de uso xeral. Así mesmo, toda a sinalización necesaria para a realización das probas deberá ter carácter non permanente e ser retirada con posterioridade á realización de cada proba.

v. Por razóns de conservación, o organismo competente en patrimonio natural poderá limitar o número máximo de participantes ou prohibir as probas deportivas en determinadas zonas ou nos períodos críticos para a reprodución da fauna, e poderá aconsellar datas ou percorridos alternativos.

h) Mergullo.

Permítese o mergullo nos casos de xestión do parque natural, situacións de rescate ou de emerxencias. Autorizarase para fins de investigación.

i) Usos recreativos en zonas fluviais.

i. Trátase de usos recreativos non incluídos noutros artigos desta sección que non precisan licenza nin autorización ningunha, así como as actividades que, requiríndoas, estean directamente relacionadas con estes usos e non precisen para o seu desenvolvemento de instalacións fixas ou permanentes, tales como o baño e outras actividades asimilables.

ii. As actividades acuáticas fluviais baseadas no emprego de embarcacións considéranse actividades permitidas, sen prexuízo do cumprimento da normativa sectorial de aplicación, soamente para o ámbito do Encoro do Eume.

j) Escalada e barranquismo.

A actividade de escalada considérase permitida na zona da Canteira. No resto do parque natural considérase unha actividade autorizable, sempre e cando os estudos realizados indiquen que as actividades de escalada non supoñen un impacto negativo significativo sobre os hábitats de interese comunitario, os hábitats das especies de interese para a conservación nin as propias especies de interese para a conservación. Quedan prohibidas as prácticas de barranquismo no ámbito do parque natural.

k) Observación de fauna, fotografía, xeoturismo e observación astral.

Considéranse actividades permitidas, sempre que se realicen seguindo as seguintes condicións:

1. A fotografía e a filmación afeccionadas da paisaxe realizada por persoas afeccionadas ou persoas visitantes considéranse permitidas dentro do parque natural, con carácter xeral.

2. Non está permitida a fotografía ou filmación en lugares de cría de especies ameazadas durante os períodos críticos de reprodución e cría.

3. Non se realizará divulgación sobre a identificación de escenarios, lugares ou coordenadas dos lugares de rodaxe e fotografía, salvo mención xenérica do parque natural.

4. O organismo competente en patrimonio natural poderá restrinxir esta actividade durante determinadas épocas ou en determinadas zonas por razóns de conservación dos valores naturais.

5. Na realización de actividades de fotografía e observación de fauna, prohíbese molestar, perseguir, danar, facer ruído, utilizar atraentes ou calquera outra actividade co propósito de espantar ou atraer a fauna.

l) Actividades aeronáuticas.

As limitacións ao sobrevoo serán as establecidas conforme a normativa de aplicación.

m) Espectáculos de luz, pirotécnicos, instalacións sonoras ou organización de concertos ou eventos xeradores de ruído.

i. Permítense estas actividades na zona de uso xeral, sen prexuízo do cumprimento da normativa sectorial de aplicación. As romarías tradicionais que forman parte do patrimonio cultural ou inmaterial serán permitidas na zona de uso xeral e na zona de uso compatible, e poderán ser autorizables na zona de uso limitado.

ii. Poderanse autorizar de forma extraordinaria eventos culturais respectuosos co medio na zona de uso compatible e na zona de uso limitado.

n) Actividades audiovisuais de carácter publicitario.

i. A realización de calquera anuncio, anuncio publicitario ou actividade audiovisual con fin comercial no parque natural terá a consideración de actividade extraordinaria suxeita a autorización do organismo competente en patrimonio natural, na cal se fixarán as condicións para levar a cabo a actividade.

ii. Os interesados nestas actividades deberán presentar, para a súa avaliación e consideración, unha memoria detallada das accións que se van desenvolver, localizacións seleccionadas, medios auxiliares que se utilizarán e prazo temporal de execución. Unha vez autorizada, a persoa promotora deberá comunicar por escrito o inicio efectivo da actividade e a data real de finalización.

iii. Este tipo de actividades non serán autorizables cando:

1. Provoquen unha afección negativa significativa sobre os valores naturais do parque natural.

2. Presenten elevado risco de producir danos ás persoas ou ás propiedades.

3. Incidan negativamente no funcionamento normal do parque natural, na protección dos recursos ou no uso por parte das persoas visitantes.

4. Presenten contidos que impliquen calquera tipo de mensaxe contraria aos obxectivos de conservación do parque natural. Neste aspecto, o organismo competente en patrimonio natural poderá limitar a publicidade sobre identificación dos escenarios e lugares de rodaxe.

5. As rodaxes e filmacións requiran:

– A utilización de efectos especiais, como creación de fume, néboa, lume, neve, efectos acústicos ou luminosas, etc. que poidan causar algún tipo de efecto negativo.

– A utilización ou introdución de especies exóticas ou silvestres alleas ao territorio do parque natural.

– Un volume de persoas e vehículos que superen a capacidade de acollida da zona de rodaxe.

iv. Para a rodaxe de películas, producións de televisión e reportaxes en xeral exixirase a ausencia de espectadores, salvo na zona de uso xeral.

v. A persoa promotora da actividade deberá introducir nos títulos de crédito, base documental ou agradecementos mención expresa ao Parque Natural das Fragas do Eume.

vi. Unha vez editado o audiovisual, entregarase copia ao organismo competente en patrimonio natural, para o arquivo gráfico.

ñ) Actividades audiovisuais de carácter divulgativo.

i. A gravación de imaxes no Parque Natural das Fragas do Eume, con excepción da cobertura ocasional de noticias de interese, deberá contar coa autorización previa do organismo competente en patrimonio natural.

ii. Os interesados nestas actividades deberán presentar, para a súa avaliación e consideración, unha memoria das accións que se van desenvolver, localizacións seleccionadas, medios auxiliares que se utilizarán e prazo temporal de execución. Deberá terse en conta a obriga de introducir os logotipos do parque natural e a entrega dunha copia para o arquivo gráfico.

o) Actividades de uso público por terceiros:

As actividades destinadas ao uso público no interior do parque natural en que a xestión estea en mans de terceiros regularanse baixo autorización para asegurar o seu control e adecuación co sistema de uso público do parque natural.

p) Actividades en instalacións rexentadas por terceiros.

i. No caso de instalacións rexentadas por terceiros no interior do parque natural para o desenvolvemento dalgunha actividade, os pregos de condicións para as adxudicacións deberán cumprir o establecido no presente plan e deberá emitir informe favorable o órgano autonómico competente en materia de conservación da natureza.

ii. As entidades concesionarias de servizos e aproveitamentos destas instalacións deberanse responsabilizar da adopción dun programa de boas prácticas ambientais, da xestión e/ou evacuación dos residuos e depuración de verteduras, así como da adecuación estética e paisaxística das súas instalacións.

q) Outras actividades de uso público. Actividades extraordinarias.

i. Aquelas actividades non incluídas nos puntos anteriores poderanse autorizar baixo a consideración de actividades extraordinarias, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

1. Que sexa realizada unha avaliación da súa compatibilidade e a súa repercusión ambiental por parte do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural que conclúa que non son susceptibles de provocar unha afección aos valores da xea, da biodiversidade ou do patrimonio natural ou cultural, nin sexan susceptibles de xerar danos ás persoas ou ás propiedades, nin teñan unha incidencia negativa sobre as actividades que se realizan habitualmente no parque natural.

2. Non se poderá autorizar ningunha actividade extraordinaria se contradí as normas, obxectivos ou funcionamento do parque natural, ou é incongruente co establecido no Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia.

3. Para a autorización de toda actividade extraordinaria poderá exixirse o depósito dunha fianza ou a contratación dun seguro por parte da persoa promotora. O organismo competente en patrimonio natural poderá establecer tarifas que, polo menos, terán por obxectivo o reembolso dos gastos xerados pola concesión da autorización e polo seguimento das actividades extraordinarias autorizadas.

4.4.5. Actividades de investigacións científicas e seguimento.

4.4.5.1. Obxectivos.

a) Fomentar o coñecemento sobre a dinámica ou evolución dos compoñentes e dos procesos naturais no parque natural.

b) Regular as actividades científicas e de seguimento do patrimonio natural e da biodiversidade no parque natural co fin de evitar a afección aos seus compoñentes.

c) Deseñar medidas para fomentar, coordinar e desenvolver actividades de investigación e vixilancia no parque natural, orientando estas medidas aos obxectivos e criterios expostos tanto nas normativas e nos correspondentes instrumentos de planificación, como nas que se establecen nas redes científicas e de vixilancia de especies, hábitats (especialmente de interese comunitario) e ecosistemas.

4.4.5.2. Directrices.

a) Favorecerase a realización de traballos de investigación relacionados coa biodiversidade e co patrimonio natural do parque natural e coas súas peculiaridades, e fomentarase a investigación naqueles temas de interese para a xestión e conservación deles.

b) Primaranse proxectos de investigación aplicados ou de desenvolvemento para a mellora dos hábitats, das condicións de vida dos residentes ou da economía do territorio inscrito no parque natural.

c) Todos os traballos científicos ou de investigación que se realicen no ámbito do parque natural utilizarán as técnicas e métodos que causen o menor impacto posible para o medio natural.

d) Limitarase a recolección de espécimes e mostras biolóxicas ou de rochas, minerais e fósiles aos casos estritamente necesarios e estableceranse as condicións de captura ou recollida, nas cales se indicarán as cantidades, lugares, épocas e modo de realizalas.

e) Crearase un depósito bibliográfico con copias dos estudos e traballos realizados no parque natural.

4.4.5.3. Normativa.

a) Establécese unha serie de criterios para ter en conta á hora de seleccionar aqueles proxectos que vaian incorporarse ao plan de actuacións investigadoras que poidan levar a cabo terceiros:

i. Proxectos de investigación en que o obxecto de deseño e formulación sexa resolver problemas de xestión e/ou conservación do parque natural.

ii. Proxectos que, dada a súa natureza, non poidan ser realizados noutra localización, por referirse concretamente a este espazo ou pola dificultade que supoña atopar as condicións que se xeran no parque natural.

iii. Proxectos de investigación que acheguen un impacto positivo e relevante para o parque natural ou os valores naturais que alberga.

iv. Proxectos de investigación que acheguen un impacto positivo e relevante para a poboación residente no parque natural e a súa área de influencia.

v. Proxectos de investigación, prospección e inventario de bens culturais, materiais e inmateriais do parque natural e da súa área de influencia.

vi. Proxectos de investigación aplicada ao uso sostible ou mellora dos recursos naturais renovables utilizados secularmente polos residentes en harmonía coa natureza ou que desen lugar aos actuais valores do parque natural: agropecuarios, forestais, cinexético-piscícolas, apícolas, etc.

vii. Proxectos que contribúan a actualizar e prolongar series temporais de datos existentes, co fin de favorecer o estudo do cambio global.

viii. Proxectos que acheguen información complementaria a outras investigacións en curso, especialmente aquelas promovidas polo organismo competente en patrimonio natural do parque natural.

b) Toda actividade científica ou de investigación deberá ser autorizada previamente polo organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural e adaptarase ás normas e condicionantes establecidos na devandita autorización.

c) As actividades científicas ou de investigación que afecten as especies de interese para a conservación ou os hábitats de interese comunitario deberán contar coa autorización expresa do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural, o cal poderá pedir, logo da súa solicitude ou durante o transcurso da actividade, información detallada sobre os labores de investigación e establecer medidas preventivas ou limitacións sobre a recollida, captura, extracción ou sobre os métodos de estudo, co fin de asegurar o mantemento do estado de conservación dos hábitats ou das especies obxecto da investigación.

d) Só poderán ser outorgadas autorizacións de investigación que afecten o estado de conservación de hábitats ou especies consideradas como de interese para a conservación cando sexan estritamente necesarias para a xestión destes elementos e cando non existan alternativas para que os traballos de investigación se poidan realizar por outros métodos que causen o menor impacto posible en áreas non integradas no parque natural.

e) Para a realización de actividades científicas ou de investigación poderanse outorgar permisos especiais para o transporte de material e persoas polas vías de tránsito restrinxido. Igualmente, poderase autorizar a instalación dos campamentos e infraestruturas necesarios en áreas non habilitadas para tal fin, con carácter temporal e con impacto visual e ecolóxico mínimo.

f) O responsable das investigacións realizadas no parque natural deberá efectuar os traballos necesarios para a restauración das condicións naturais que houbese con anterioridade.

g) As actividades de investigación ou seguimento non poderán deixar pegadas permanentes que vaian en detrimento dos valores naturais e culturais. Durante os traballos de campo ou ao finalizar estes, o persoal do parque natural comprobará, xunto co responsable do proxecto de investigación, a non existencia de danos e o cumprimento das condicións autorizadas.

h) As actividades de investigación non poderán, en ningún caso, introducir especies ou subespecies, así como xenotipos diferentes aos existentes no parque natural. Así mesmo, non poderán alterar os hábitats ou valores naturais do espazo.

i) Os proxectos de investigación e seguimento quedarán suxeitos ás condicións descritas a seguir:

i. As investigacións científicas serán efectuadas por persoal cualificado, logo da avaliación dunha proposta técnica co obxecto de avaliar a súa investigación e seguimento, na cal se indicará de forma expresa a finalidade, obxectivos, método e plan de traballo, entidade que financia a investigación, lugares concretos onde se realizará, así como a composición e identificación dos equipos de campo.

ii. Deberán contar co apoio dunha institución académica ou científica solvente. As actividades que se van desenvolver deberán ser realizadas ou dirixidas por persoal investigador que acredite experiencia e coñecemento suficiente no campo científico que se vai traballar.

iii. Tras a xustificación da presenza do persoal investigador no parque natural, así como o potencial emprego de equipos, aparellos ou o uso dos camiños non autorizados para o acceso a áreas restrinxidas para a realización dos estudos, poderase conceder a autorización pertinente, na cal se establecerán as condicións oportunas que apliquen en cada caso e momento.

iv. No caso de traballos de investigación encargados pola propia Dirección Xeral de Patrimonio Natural, non será precisa a obtención da autorización do parque natural para xustificar a presenza do persoal investigador, así como o potencial emprego de equipos, aparellos ou o uso dos camiños non autorizados de acceso a áreas restrinxidas. Neste caso, será suficiente cunha comunicación previa no inicio e final da actividade.

v. O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural poderá propor que a realización das actividades científicas se realice nunha zona ou nunha área en concreto do parque natural ou, se for o caso, denegar a autorización para a súa execución.

vi. O inicio efectivo e o fin dos traballos será comunicado ao organismo competente en patrimonio natural e farase entrega dunha copia dos traballos realizados ou publicados no formato ou soporte que se estableza para a incorporación desa información na base de datos existente. Nestes traballos deberá citarse a participación do parque natural no seu desenvolvemento. Respecto á difusión da información considerada sensible, será necesaria unha autorización expresa para tal fin.

vii. A persoa responsable deberá emitir un informe que detalle as actividades desenvolvidas, os resultados e as conclusións obtidas, así como suxestións ou recomendacións derivadas delas para unha mellor conservación e xestión do parque natural.

viii. A información xerada polos proxectos de investigación externos poderá ser divulgada polo organismo competente en patrimonio natural coa autorización da entidade investigadora. Así mesmo, o organismo competente en patrimonio natural poderá establecer criterios para garantir a confidencialidade sobre información sensible de valores protexidos ou aquela que poida comprometer a correcta xestión do parque natural.

ix. A dirección do parque natural poderá revogar en calquera momento a autorización concedida por incumprimento da normativa ou das condicións establecidas, así como por circunstancias naturais ou artificiais razoables que varíen as condicións en que foi autorizado o proxecto de investigación.

x. Os resultados da investigación no parque natural divulgaranse a través de diferentes medios orientados tanto ao público xeral como á comunidade científica, entre eles:

– Memoria anual de actividades.

– Informes técnicos.

– Publicacións científicas.

– Comunicacións en xornadas e congresos.

– Publicacións de divulgación xeral.

– Páxinas web do parque natural e das administracións xestoras.

– Redes sociais do parque natural e das administracións xestoras.

4.4.6. Urbanismo e ordenación territorial.

4.4.6.1. Obxectivos.

a) Garantir que os proxectos de actividades e obras inclúan desde o inicio a consideración dos posibles impactos ambientais, o desenvolvemento de alternativas e as medidas e partidas orzamentarias necesarias para a corrección, de ser o caso, dos efectos negativos producidos, así como a súa adecuación ecolóxica e paisaxística. Todos os elementos serán valorados á hora de estudar a concesión das pertinentes autorizacións.

4.4.6.2. Directrices.

a) O presente plan, xunto coas disposicións do PORN do parque natural, prevalece sobre o ordenamento urbanístico e a ordenación do territorio. Cando as súas determinacións sexan incompatibles coas da normativa urbanística en vigor, os órganos competentes revisarán estas de oficio.

b) As áreas delimitadas como zona de reserva, zona de uso limitado e zona de uso compatible deberán ser asignadas na correspondente formulación urbanística aos usos e aproveitamentos propios de solos rústicos de especial protección dos espazos naturais.

c) Na recuperación, mantemento ou, de ser o caso, na construción de novas edificacións, deberase garantir a integración paisaxística das edificacións e o mantemento do estilo tradicional do parque natural, prestando especial atención á tipoloxía e volumes, así como aos materiais de cubertas e fachadas.

d) Fomentarase a rehabilitación de edificios fronte á construción doutros novos.

e) Fomentarase o uso de enerxías renovables para o servizo das instalacións existentes.

f) Toda actuación que se deba realizar en edificacións xa existentes adaptarase ás normas urbanísticas correspondentes.

g) Para acadar unha mellor integración paisaxística nos traballos de recuperación e mantemento das edificacións e cerramentos existentes, así como nos das novas construcións, teranse en conta as recomendacións da Guía de cor e materiais de Galicia.

4.4.6.3. Normativa xeral.

a) Con carácter xeral, e en materia de planificación e xestión urbanística, aplicarase de conformidade co artigo 6 da DC 92/43/CEE e co artigo 46 da Lei 42/2007, do patrimonio natural e da biodiversidade, en concordancia cos artigos 59 e 60 do Decreto 37/2014 e coa normativa de avaliación ambiental vixente e as asociadas coa normativa sectorial aplicable, e así nos solos urbanos e de núcleo rural aplicarase a normativa urbanística.

b) Como criterio xeral, considéranse permitidos dentro da zona de uso xeral os usos e as actividades urbanísticas que se realicen conforme as normativas estatais e autonómicas e que, por conseguinte, estean amparados nun instrumento ou plan urbanístico adaptado ao devandito marco normativo, ou no plan especial de dotacións.

c) Os terreos que non estean en solo urbano e de núcleo rural utilizaranse de conformidade coa súa natureza. Dedicaranse, dentro dos límites que dispoñan as leis e a ordenación territorial e urbanística, ao uso agrícola, gandeiro, forestal ou a calquera outro vinculado á utilización racional dos recursos naturais.

d) Con carácter excepcional, de acordo co procedemento establecido e coas condicións previstas na lexislación de ordenación territorial e urbanística e só na zona de uso xeral e compatible, poderán autorizarse actos e usos específicos que sexan de interese público ou social pola súa contribución á ordenación e ao desenvolvemento rural ou porque se sitúen no medio rural. De calquera modo, as ditas autorizacións terán que realizarse en cumprimento do artigo 6 da DC 92/43/CEE e a través dun procedemento de avaliación de impacto ambiental, cando afecten de forma significativa hábitats prioritarios, as áreas prioritarias de conservación das especies catalogadas a nivel estatal ou as especies do anexo II da DC 92/43/CEE.

e) Nos terreos non considerados como solos urbanos e de núcleo rural, están prohibidos os parcelamentos urbanísticos.

f) A utilización dos terreos con valores ambientais, culturais, históricos, arqueolóxicos, científicos e paisaxísticos que sexan obxecto de protección pola lexislación aplicable quedará sempre sometida á preservación dos devanditos valores e comprenderá unicamente os actos de alteración do estado natural dos terreos que aquela lexislación expresamente autorice.

g) Os organismos autonómicos competentes en materia de patrimonio natural e en materia de urbanismo e ordenación do territorio poderán establecer criterios específicos co fin de asegurar os obxectivos de conservación do espazo natural, a sustentabilidade e a protección do territorio e dos propios núcleos rurais.

h) Para o desenvolvemento das actuacións urbanísticas nos terreos rústicos dentro do parque natural, será necesaria a autorización do organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural, independentemente do resto de autorizacións por parte doutros organismos competentes.

i) Fóra dos solos urbanos e dos núcleos rurais consolidados, os peches realizaranse respectando os materiais e a tipoloxía tradicionais, e deberán realizarse con sebes de especies autóctonas, pedra seca, mallas ou filas de arames sen picos, e non se autorizará o uso de materiais prefabricados.

j) Considéranse actuacións suxeitas a autorización do organismo competente en materia de patrimonio natural as obras de conservación, restauración, rehabilitación, mellora e reconstrución das edificacións existentes na zona de uso compatible e na zona de uso limitado.

k) Considérase uso prohibido a construción de calquera tipo de edificación na zona de reserva, excepto as necesarias para a propia xestión do parque.

4.4.7. Infraestruturas e obras.

4.4.7.1. Obxectivos.

a) Procurar minimizar o impacto sobre o medio natural no desenvolvemento de infraestruturas (viarias, transporte de enerxía e datos, estacións radioeléctricas, etc.) cando estas se realicen no exterior das construcións existentes.

b) Protexer o medio natural e cultural do parque natural, realizando as medidas de restauración necesarias para minimizar o impacto paisaxístico das infraestruturas e obras existentes que así o requiran.

c) Garantir que os proxectos de actividades e obras inclúan desde o inicio a consideración dos posibles impactos ambientais, o desenvolvemento de alternativas e as medidas e partidas orzamentarias necesarias para a corrección, de ser o caso, dos efectos negativos producidos, así como a súa adecuación ecolóxica e paisaxística. Todos estes elementos serán valorados de forma prioritaria á hora de estudar a concesión das pertinentes autorizacións.

d) Procurar, en coordinación coas distintas administracións con competencias no ámbito do parque natural, a conservación e ordenación dos recursos naturais existentes no dominio público.

4.4.7.2. Directrices.

a) Os proxectos definirán e incorporarán de forma precisa as medidas de control da erosión e a restauración e integración paisaxística da obra. Estas medidas referiranse non só aos elementos principais da obra, senón tamén aos accesos provisionais e definitivos, conducións, plataformas de traballo, vertedoiros e a cantas superficies visen alterada a súa cuberta vexetal, ou modificadas as súas condicións de equilibrio.

b) No deseño e execución das obras deberán minimizarse os efectos erosivos e a alteración hidrolóxica sobre os hábitats naturais e seminaturais, e especialmente sobre os hábitats prioritarios.

c) Evitarase a localización de instalacións ou infraestruturas nos cumes de maior altitude do parque natural, así como naqueles puntos que posúan unha gran singularidade cultural, paisaxística ou ambiental.

d) Como criterio para a apertura de novos desmontes, gabias ou vías en proxectos autorizados, tomarase aquel que supoña, en primeiro lugar, un menor impacto ambiental sobre os elementos da paisaxe, os hábitats e as especies protexidas.

e) Os materiais sobrantes das obras de mantemento, restauración, modificación ou desmantelamento deberán ser retirados e xestionados de acordo coa lexislación vixente.

f) No deseño e mantemento de infraestruturas, teranse en conta as necesidades de paso da fauna silvestre, habilitando as medidas necesarias que permitan e favorezan este fluxo.

g) No caso de ser necesaria a introdución de material vexetal (plantas, brotes, sementes) para a restauración de noiros e áreas alteradas, empregaranse só especies autóctonas, e elixiranse aquelas propias dos hábitats circundantes á zona de obra. No caso de especies arbóreas, unicamente se poderán empregar as especies indicadas na táboa 18.

h) Co fin de evitar as afeccións sobre hábitats de interese comunitario ou sobre as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación da fauna e flora silvestres na planificación das novas vías, así como nos labores de mantemento das existentes, establécense as seguintes directrices:

i. Na execución de obras procurarase aplicar técnicas de enxeñaría branda ou bioenxeñaría.

ii. Nos puntos de evacuación da auga instalaranse dispositivos de disipación co fin de reducir a súa capacidade erosiva. No deseño e mantemento destes puntos empregaranse técnicas brandas ou de bioenxeñaría.

iii. A saburra empregada na construción debe ser do mesmo material xeolóxico que o existente no trazado. Non se empregarán en ningún caso como saburra residuos industriais.

i) Promoverase a eliminación de antigas instalacións e infraestruturas sen valor desde o punto de vista do patrimonio cultural que quedasen obsoletas ou sen uso no parque natural, e restauraranse os enclaves ocupados por elas, sempre que se comprobe que non teñen utilidade desde o punto de vista da conservación.

j) Nas obras de restauración ou de rexeneración ambiental seguiranse, ademais, os seguintes criterios:

i. Na construción, mantemento ou modificación de sendas evitarase a modificación dos hábitats de interese comunitario, dos hábitats das especies de interese para a conservación e, especialmente, daqueles considerados como prioritarios, salvo actuacións necesarias de mantemento, nas cales, de ser o caso, se minimizarán as afeccións.

ii. O mantemento ou modificación das construcións existentes deberá realizarse procurando o emprego de materiais que respecten a tipoloxía tradicional e procurando a mellor integración na contorna.

4.4.7.3. Normativa.

a) Con carácter xeral, e en materia de planificación e xestión de infraestruturas e obras, aplicarase de conformidade co artigo 6 da DC 92/43/CEE e co artigo 46 da Lei 42/2007, en concordancia cos artigos 59 e 60 do Decreto 37/2014 e coa normativa de avaliación ambiental vixente e as asociadas coa normativa sectorial aplicable.

b) Co fin de limitar os efectos prexudiciais para a saúde humana derivados da exposición a curto e longo prazo a substancias e preparados perigosos, prohíbese o emprego de madeira tratada con creosota ou outros derivados do hexacloroetano (Directiva 90/2001/CE; Orde PRE/2666/2002, do 25 de outubro, pola que se modifica o anexo I do Real decreto 1406/1989, do 10 de novembro, BOE núm. 261, do 31 de outubro de 2002) na construción de áreas de uso público (pasarelas, instalacións recreativas e de lecer ao aire libre), así como en calquera tipo de construción en que exista risco de contacto frecuente coa pel.

c) Nos labores de mantemento das infraestruturas lineais existentes no espazo natural empregaranse as técnicas e métodos que aseguren una mínima afección sobre os recursos naturais e, de forma especial, sobre as augas, os solos, os tipos de hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE ou sobre os núcleos de poboación de especies de interese para a conservación, a través dos cales discorre a traza.

d) Na xestión das medianas e áreas de servidume das infraestruturas lineais que discorren polo espazo natural, estableceranse medidas de control co fin de evitar o establecemento ou expansión de especies invasoras que poidan afectar o estado de conservación dos hábitats ou dos núcleos de poboación de especies de interese para a conservación existentes no parque natural.

e) O cumprimento dos labores de conservación, seguimento e xestión no parque natural necesita o establecemento dun conxunto básico de dotacións e infraestruturas cuxa execución e xestión cumprirán os seguintes criterios:

i. As novas infraestruturas e instalacións vinculadas coa xestión do uso público do parque natural proxectaranse e executaranse minimizando calquera tipo de alteración sobre os compoñentes do patrimonio natural e cultural.

ii. As novas infraestruturas e instalacións vinculadas directamente coas necesidades de xestión de hábitats e núcleos de poboación de especies protexidas proxectaranse e executaranse minimizando calquera tipo de alteración sobre os compoñentes do patrimonio natural e cultural.

iii. A apertura de vías temporais vinculadas con labores de xestión, conservación ou restauración dos compoñentes da biodiversidade, ou das infraestruturas existentes, non poderán xerar unha afección significativa sobre os hábitats de interese comunitario ou os compoñentes da biodiversidade.

f) O organismo competente en materia de patrimonio natural poderá regular e, de ser o caso, prohibir o tránsito de persoas ou vehículos polas vías temporais ou permanentes existentes no parque natural atendendo a razóns de seguridade, ou para asegurar a conservación dos compoñentes do patrimonio natural ou cultural.

g) Son actuacións permitidas:

i. As tarefas de mantemento e conservación de infraestruturas lineais existentes que non supoñan modificacións no seu trazado en planta, así como a reposición de sinais de tráfico específicas da regulación da seguridade viaria.

ii. As tarefas cotiás de mantemento doutras infraestruturas e instalacións que non supoñan modificacións na súa ocupación.

iii. As obras de mantemento e conservación promovidas ou executadas polo parque natural en vivendas e edificacións existentes no ámbito do parque natural.

h) Son usos autorizables por parte do organismo competente en materia de patrimonio natural, que en todo caso priorizará as necesidades de conservación de hábitats de interese comunitario (anexo I da DC 92/43/CEE), ou ben das áreas prioritarias das especies de interese para a conservación:

i. As instalacións temporais ou permanentes, de carácter científico ou para a xestión do ambiente cando resulten imprescindibles, sempre que sexan a alternativa que cause menor impacto.

ii. As demolicións de obras e instalacións que non se axusten ás condicións establecidas na súa autorización ou que, atopándose total ou parcialmente en estado ruinoso, poidan causar danos ou supor un perigo para as persoas, compoñentes e elementos clave para a conservación do parque natural ou sobre as funcións que estes últimos desempeñan.

iii. As accións sobre o solo que impliquen movementos de terra, como dragaxes, defensa de ríos e rectificación de leitos, construcións en terraplén, recheos, desmontes e análogas, poderán ser autorizadas en caso de axustarse ás disposicións do artigo 6 da DC 92/43/CEE e do artigo 46 da Lei 42/2007, así como ás disposicións da normativa sectorial aplicable e, se procede, de avaliación ambiental en vigor.

iv. A implantación de instalacións auxiliares e de carácter temporal que estean vinculadas a obras debidamente autorizadas, e que non estivesen incluídas no proxecto autorizado, sempre que non afecten de forma apreciable o estado de conservación dos compoñentes clave da biodiversidade, o que se valorará mediante o desenvolvemento dunha adecuada avaliación das súas repercusións, na cal se integrará unha análise de alternativas.

v. A apertura de novas infraestruturas temporais por razóns estritas de saúde pública, seguridade, auxilio ou por accións directamente relacionadas coa xestión e conservación do lugar, sempre que non afecten de forma apreciable o estado de conservación dos compoñentes clave da biodiversidade, o que se valorará mediante o desenvolvemento dunha adecuada avaliación das súas repercusións, na cal se integrará unha análise de alternativas.

vi. A apertura de novas estradas e pistas na zona de uso compatible.

vii. O tendido de novas liñas de media ou baixa tensión, telefónicas de fibra dixital e semellantes. En todo o parque natural, os novos tendidos de liñas de lonxitude superior a 3 quilómetros deberán someterse a avaliación de impacto ambiental.

i) Son usos e actividades non permitidas:

i. A realización de novas infraestruturas e instalacións, independentemente da súa tipoloxía, que poidan causar una afección apreciable sobre os hábitats prioritarios e/ou sobre as áreas prioritarias para a conservación das especies de interese e a súa execución sexa contraria ao establecido polo artigo 6 da DC 92/43CEE e polo artigo 46 da Lei 42/2007.

ii. A apertura de novas estradas e pistas na zona de reserva e de uso limitado.

iii. A instalación de novos parques eólicos, salvo repotenciacións dos existentes, así como novas minicentrais hidroeléctricas.

iv. O tendido de novas liñas de alta tensión no espazo natural. As liñas existentes de alta e media tensión deberán incorporar medidas para evitar a colisión de aves.

j) Como complemento á aplicación das anteriores disposicións, os proxectos de infraestruturas e instalacións, así como os labores de mantemento destas, deberán axustarse ás seguintes condicións:

i. A alternativa escollida deberá ser xustificada tendo en consideración as características e valores naturais do territorio, buscando preservar os espazos de maior valor ecolóxico ou paisaxístico.

ii. Calquera obra que se leve a cabo deberá respectar a contorna visual dos elementos patrimoniais arqueolóxicos e etnográficos.

iii. Cada proxecto de infraestrutura deberá contar con estudos de posible fragmentación de hábitats e conectividade ecolóxica.

iv. O proxecto deberá detallar as medidas previstas para protexer a contorna durante a execución dos traballos, así como as actuacións de restauración unha vez terminadas as obras.

v. Os materiais empregados deberán axustarse á estética tradicional e evitarase o emprego exterior de elementos que rompan a harmonía visual do conxunto.

vi. Na medida do posible, empregaranse enerxías renovables con elementos de baixo consumo.

vii. Definirán e incorporarán de forma precisa as medidas de control da erosión e a restauración das condicións naturais orixinais, así como a integración paisaxística da obra. Estas medidas aplicaranse tamén aos accesos provisionais e definitivos, conducións, plataformas de traballo, vertedoiros e a cantas superficies vexan alterada a súa cuberta vexetal, ou modificadas as súas condicións de equilibrio.

viii. Ao longo do deseño e execución das obras minimizaranse os efectos erosivos e as alteracións hidrolóxicas sobre os hábitats naturais e seminaturais, con especial atención á rede hidrográfica, turbeiras, queirogais húmidos e outros tipos de zonas húmidas.

ix. As novas instalacións ou infraestruturas non se situarán nas liñas de cumios de maior altitude total ou relativa do parque natural, nin nos picos que posúan unha gran singularidade cultural, paisaxística ou ambiental, excepto por razóns de seguridade das persoas.

x. Á hora de realizar novos desmontes, gabias ou vías, elixirase aquel proxecto que supoña un menor impacto ambiental sobre os elementos da paisaxe, hábitats e especies protexidas. Consideraranse incompatibles os desmontes e terrapléns con pendentes superiores ao 45 %, salvo xustificación detallada no proxecto de construción e incorporación de medidas específicas de control da erosión.

xi. Todos os materiais sobrantes froito das obras de mantemento, restauración, modificación ou desmantelamento deberán ser retirados e xestionados segundo a lexislación vixente, con especial sensibilidade cara á potencial alteración ou modificación dos valores naturais implicados no seu manexo.

xii. No deseño e mantemento de infraestruturas teranse en conta as necesidades de paso da fauna silvestre, e habilitaranse as medidas necesarias que permitan e favorezan este fluxo.

xiii. Nos casos en que sexa necesario introducir material vexetal (plantas, sementes, etc.) para a restauración de noiros e áreas alteradas, empregaranse só especies autóctonas, e elixiranse os ecotipos propios próximos á obra. No caso de especies arbóreas, unicamente se poderán empregar as especies indicadas na táboa 18.

xiv. Eliminaranse e/ou controlaranse as especies exóticas invasoras das vías e das áreas que se encontren afectadas polas obras.

xv. Evitaranse afeccións significativas sobre os hábitats de interese comunitario ou sobre as áreas prioritarias das especies de interese para a conservación da fauna e flora silvestres.

xvi. Para a planificación de novas infraestruturas ou instalacións, así como para o desenvolvemento dos labores de mantemento das existentes, establécense as seguintes directrices:

– A execución das obras dará prioridade á aplicación de técnicas de bioenxeñaría o enxeñaría proxectada con materiais ou métodos sensibles co medio natural.

– Empregaranse sempre especies vexetais autóctonas na configuración de sebes nas medianas e áreas de descanso, que no caso das especies arbóreas unicamente poderán ser as indicadas na táboa 18.

– Non se realizarán verteduras directas sobre materiais disgregables ou en áreas de importantes pendentes, así como nos medios acuáticos naturais ou seminaturais e, en concreto, sobre a rede hidrográfica, turbeiras, queirogais húmidos e outros tipos de zonas húmidas.

– Nos puntos de evacuación da auga instalaranse dispositivos que reduzan a turbidez, o arrastre de sólidos en suspensión ou a capacidade erosiva.

– Os áridos de estabilización do terreo e compactación empregados na construción terán o mesmo material xeolóxico que o existente no trazado. Non se empregarán en ningún caso residuos industriais.

– No caso de edificacións e infraestruturas existentes que vaian quedar ligadas, total ou parcialmente, á xestión do parque natural, poderanse realizar actuacións de mellora e acondicionamento, incluíndo incrementos de superficie e volume debidamente xustificados para adecuarse ás necesidades dos novos usos ou para garantir a compatibilidade dos xa existentes coa conservación do parque natural.

xvii. Naquelas obras de restauración ou rexeneración ambiental seguiranse, ademais, os seguintes criterios:

– Evitaranse os muros de formigón armado ou diques formigonados, que se empregarán só nos tramos onde, debido á existencia de construcións previas ou polas características construtivas, non é factible empregar outro tipo de medidas. No caso de ser preciso utilizar muros de formigón, deberán revestirse con pedra para integralos paisaxisticamente coa contorna. Tenderase a obras de contención ou defensa baseadas en técnicas como a cachotaría gabionada.

– Non se permitirá a colocación de mobiliario urbano sobre hábitats naturais realizado con materiais alleos ao medio ou non renovables ou reciclables.

– Na construción, mantemento ou modificación de paseos non se permitirá a alteración significativa de hábitats de interese comunitario e de hábitats de especies de interese para a conservación, especialmente os considerados como prioritarios.

– Así mesmo, o nivel de ruído ocasionado pola execución das obras será o mínimo posible co fin de non provocar ningunha alteración na fauna.

– Na vexetación de noiros, medianas, terrapléns e áreas de descanso, utilizaranse só especies autóctonas propias da zona do parque natural onde se realiza a obra, que no caso do arboredo unicamente poderán ser as indicadas na táboa 18.

– Considéranse de especial interese os proxectos de restauración de muros tradicionais de cachotaría en seco.

xviii. Nos labores de mantemento das infraestruturas lineais existentes no espazo natural empregaranse técnicas e métodos que aseguren unha mínima afección sobre os recursos naturais e, de forma especial, sobre as aguas, os solos, os tipos de hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE, ou sobre os núcleos poboacionais de especies de interese para a conservación, a través dos cales discorre a traza.

– No mantemento das áreas de servidume das infraestruturas lineais (ferrocarrís, autovías, autoestradas, estradas), o uso de herbicidas ou biocidas queda supeditado ao cumprimento das normas sectoriais de emprego de produtos fitosanitarios e a que a súa aplicación non supoña unha afección significativa sobre o estado de conservación dos hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE ou sobre os hábitats que alberguen núcleos poboacionais de especies de interese para a conservación existentes nas beiras das infraestruturas.

– Na xestión das medianas, noiros e áreas de servidume das infraestruturas lineais que discorren polo espazo natural, estableceranse medidas de control co fin de evitar o establecemento ou expansión de especies invasoras que poidan afectar o estado de conservación dos hábitats ou dos núcleos poboacionais de especies de interese para a conservación existentes no parque natural.

– Ás liñas eléctricas aéreas de alta tensión con condutores espidos situadas no parque natural que sexan de nova construción, así como ás ampliacións ou modificacións de liñas eléctricas aéreas de alta tensión xa existentes, aplicaránselles as medidas establecidas no Real decreto 1432/2008.

– As liñas eléctricas aéreas de alta tensión con condutores espidos xa existentes con anterioridade á entrada en vigor do Real decreto 1432/2008 situadas no parque natural serán dotadas de sistemas contra a electrocución e das medidas de protección contra a colisión.

– As liñas eléctricas e telefónicas de nova construción serán soterradas para contribuír á naturalización da contorna natural dos núcleos de poboación.

– Os novos aproveitamentos de augas subterráneas ou superficiais de forma tradicional, mediante a agrupación de veciños, deberán contar coa aprobación do organismo competente en materia de augas, cumprindo coa lexislación pertinente, e o permiso das persoas titulares dos terreos afectados, e sempre que non sexan realizados en zonas de máxima protección.

4.4.8. Outras actividades.

Calquera outra actividade non recollida no presente PRUX considérase prohibida con carácter xeral, salvo en casos excepcionais que poidan ter a consideración de autorizables logo dunha avaliación axeitada dos seus efectos sobre os valores do parque natural.

4.5. Normativa zonal.

O terceiro nivel vén marcado pola normativa zonal, de modo que para cada unha das unidades de zonificación recollidas no presente plan, delimitadas a partir do Decreto 211/1996, do 2 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural das Fragas do Eume en función da expresión territorial dos compoñentes da biodiversidade, se propón un réxime de ordenación e xestión específico, que responde, en consecuencia, ás diferentes necesidades de conservación e xestión e a diferentes graos de aproveitamento dos recursos naturais do parque natural.

4.5.1. Zona I, de reserva.

Son aquelas áreas que requiren un alto grao de protección por albergaren os maiores valores naturais, científicos e paisaxísticos, así como pola singularidade dos seus hábitats, especies e comunidades.

Esta zona estará destinada preferentemente a actuacións e usos directamente vinculados coa xestión, investigación, seguimento e recuperación dos compoñentes da biodiversidade e do patrimonio natural.

Debido ao seu valor ecolóxico, calquera uso ou actividade que non se considere dunha forma específica na normativa zonal será considerado como prohibido.

4.5.1.1. Obxectivos.

a) Asegurar a conservación ou, se for o caso, restauración dos hábitats e poboacións de especies silvestres de fauna e flora para lograr os obxectivos de conservación da Rede galega de espazos protexidos e da Rede Natura 2000, evitando ou anulando a interferencia humana negativa sobre a dinámica dos ecosistemas.

4.5.1.2. Directrices.

a) Garantir a conservación dos compoñentes da xeodiversidade e da biodiversidade sobre os cales se sustenta a declaración do parque natural e das distintas figuras de protección que este engloba.

b) Garantir a dinámica natural dos ecosistemas e dos hábitats naturais eliminando ou minimizando as perturbacións de carácter antrópico que poidan afectar negativamente a súa composición biolóxica, estrutura ou funcionamento ecolóxico.

c) Manter nun estado de conservación favorable os tipos de paisaxes e de hábitats naturais e seminaturais.

d) Manter nun estado de conservación favorable as especies endémicas, raras, ameazadas e catalogadas de flora e fauna, favorecendo a súa diversidade taxonómica e xenética.

e) Na zona de reserva unicamente poderán executarse actividades de conservación e restauración vinculadas cos compoñentes da xeodiversidade e biodiversidade do parque natural e, especialmente, as vinculadas coa loita contra a contaminación, a erosión, incendios forestais e eliminación de especies exóticas, minimizando ou, se for o caso, evitando calquera afección significativa sobre os compoñentes ambientais en que se sustenta a delimitación da zona de reserva.

4.5.1.3. Normativa.

4.5.1.3.1. Usos prohibidos.

a) Todas as actuacións suxeitas a autorización que non superen unha valoración previa favorable por parte do organismo competente no proceso de avaliación.

b) A gandaría e a creación de novos pastos e terreos de labor.

c) Os aproveitamentos forestais, incluída a recollida de froitos, fungos, piñas, plantas e flores.

d) As repoboacións forestais con especies diferentes das recollidas na táboa 18.

e) As rozas e a apertura de novas devasas non recollidas no Plan de infraestruturas e accións preventivas fronte aos incendios forestais.

f) As queimas controladas non recollidas no Plan de infraestruturas e accións preventivas fronte aos incendios forestais.

g) As novas decrúas de monte.

h) Calquera tipo de edificación de nova planta.

i) A construción de novos cercados e valados, salvo en casos excepcionais por motivos de xestión do parque.

j) O sendeirismo e tránsito peonil, as actividades e probas deportivas, actividades ecuestres e actividades recreativas fluviais (incluído o baño).

k) A caza e a pesca continental.

l) A circulación de animais de compañía, con excepción dos empregados en labores de rescate ou cans guía de persoas invidentes.

m) A apertura de novas estradas e pistas, excepto as recollidas no Plan de infraestruturas e accións preventivas fronte aos incendios forestais.

4.5.1.3.2. Usos autorizables.

a) A recolección de materiais xeolóxicos, biolóxicos ou culturais, por motivos de investigación ou que teñan relación coa xestión do parque natural.

b) As actividades de investigación.

c) A restauración de construcións de tipoloxía tradicional vencellada aos aproveitamentos tradicionais.

d) As actividades audiovisuais con fins divulgativos ou publicitarios.

e) As tarefas de xestión da biomasa nas faixas primarias, secundarias e terciarias.

f) Repoboacións forestais con especies da táboa 18.

g) A utilización de métodos químicos selectivos para o control de especies invasoras, só mediante a aplicación manual controlada sobre determinados individuos.

h) Toda actividade ou uso non recollidos que non vulneren as normas establecidas no presente PRUX ou incompatibles cos criterios e obxectivos de xestión do parque natural.

4.5.1.3.3. Usos permitidos.

a) A apicultura.

b) O mantemento de infraestruturas existentes de prevención e defensa contra incendios forestais, recollidas no Plan de infraestruturas e accións preventivas fronte aos incendios forestais.

c) As tarefas de mantemento cotiá de infraestruturas xa existentes, tanto as recollidas no Programa de mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos existentes como as derivadas da xestión e mantemento daquelas instalacións autorizadas para operar no parque natural, logo de comunicación ao órgano de xestión do parque natural.

d) O sendeirismo e tránsito peonil para uso público de grupos de menos de 10 persoas pola Rede de sendas do parque ou sobre o sendeiro de gran percorrido (GR) GR 55 Camiño de Santo André. Poderase prohibir o acceso á zona de reserva nas épocas máis vulnerables do ano, como as épocas de cría/nidificación de determinadas especies de interese. Non se admitirá a subdivisión de grupos organizados.

4.5.2. Zona II, de uso limitado.

Está constituída polas áreas que, aínda presentando un elevado grao de naturalidade, poden soportar un certo nivel de uso público, orientado á investigación, educación e interpretación ambiental e á contemplación da natureza de forma controlada. Garántese a conservación íntegra dos seus recursos e os valores, á vez que se permiten determinados aproveitamentos tradicionais.

Na zona II, de uso limitado, onde o acceso e desprazamentos dos visitantes estarán permitidos, aínda que sometidos a restricións específicas, poderán desenvolverse usos tradicionais con certas limitacións.

4.5.2.1. Obxectivos.

a) Manter ou, se for o caso, restaurar as paisaxes, os ecosistemas, os hábitats protexidos e as áreas prioritarias para as especies de interese para a conservación nun estado de preservación favorable.

b) Mantemento dos usos sustentables, e evitar aqueles que supoñan un risco grave para a conservación ou dinámica dos hábitats naturais e das poboacións de especies de flora e fauna de interese para a conservación.

c) Ordenación das actividades deportivas e recreativas de baixa incidencia ambiental, especialmente o sendeirismo, excursionismo e actividades afíns, sempre que non se produza deterioración significativa de hábitats e especies.

4.5.2.2. Directrices.

a) O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural poderá regular os aproveitamentos dos recursos naturais, así como denegar novas explotacións, cando sexan contrarias ou afecten de forma significativa a integridade da zona ou o estado de conservación dos hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE ou das áreas prioritarias de conservación das especies de interese para a conservación.

b) Fomentar a conservación e a restauración dos compoñentes das paisaxes culturais vinculadas con valores históricos e cos sistemas de explotación tradicional e sustentable dos recursos naturais.

c) Os labores de conservación das áreas incluídas nesta zona, así como as actividades de aproveitamento tradicional que se realizan nalgún destes tipos de hábitats sobre os recursos biolóxicos, deberán garantir a conservación da biodiversidade e a recuperación dos medios que se atopen degradados ou nun estado de conservación desfavorable.

d) Velar para que os aproveitamentos e labores de carácter tradicional que se realicen sobre os recursos naturais empreguen técnicas que minimicen os impactos e sexan de carácter sustentable:

i. Evitarase a existencia de grandes superficies continuas cubertas polo mesmo tipo de vexetación de carácter sinantrópico.

ii. Os mosaicos e sistemas de prados mesófilos, debido ao seu carácter de hábitat de interese comunitario, serán receptores preferentes das actuacións de mellora. Potenciaranse accións que aumenten a diversidade estrutural e paisaxística mediante a aplicación de plans compatibles co ambiente.

e) Fomentar a conservación e recuperación do bosque autóctono e a diversidade específica.

f) As actividades de xestión e conservación que se desenvolvan sobre os ecosistemas e superficies vexetadas presentes nesta zona estarán orientadas a:

i. Fomentar a conservación e recuperación dos hábitats naturais e seminaturais de interese comunitario e das poboacións de especies de flora e fauna de interese para a conservación.

ii. Ordenar a extracción de leña e outros usos primarios permitidos nos bosques de maneira que se preserven as formacións mellor conservadas e non se interrompa o proceso de rexeneración natural de fragmentos dispersos de bosque.

iii. Planificar a efectiva protección e restauración dos bosques (9180*, 91E0*, 9230 e 9260).

g) Propiciar un uso público racional e sustentable no parque natural, evitando ou minimizando as interferencias negativas sobre os compoñentes da xea e da biodiversidade, así como promovendo o coñecemento e gozo do ambiente, tendo en conta os colectivos con necesidades específicas.

4.5.2.3. Normativa.

4.5.2.3.1. Usos prohibidos.

a) Todas as actuacións suxeitas a autorización que non superen unha valoración previa favorable por parte do organismo competente no proceso de avaliación.

b) A circulación sen correa de cans e outros animais de compañía, con excepción dos empregados en labores de xestión do parque natural, de rescate, labores de vixilancia do gando, labores cinexéticas reguladas nos períodos hábiles ou cans guía de persoas invidentes.

c) As edificacións de nova planta.

d) A apertura de novas estradas e pistas, excepto as recollidas no Plan de infraestruturas e accións preventivas fronte aos incendios forestais.

e) As probas de carácter deportivo e actividades recreativas fluviais non autorizadas.

f) As repoboacións forestais con especies diferentes ás recollidas na táboa 18.

4.5.2.3.2. Usos autorizables.

a) A recolección de materiais xeolóxicos, biolóxicos ou culturais, por motivos de investigación ou que teñan relación coa xestión do parque natural.

b) As actividades de investigación.

c) A restauración de construcións de tipoloxía tradicional vencellada aos aproveitamentos tradicionais.

d) As actividades audiovisuais con fins divulgativos ou publicitarios.

e) A gandaría en extensivo.

f) A creación de novos cercados e valados para o gando.

g) O aproveitamento madeireiro e de leña non recollido no correspondente plan de ordenación forestal.

h) A creación de novas infraestruturas de defensa contra incendios non recollidas no Plan de infraestruturas e accións preventivas fronte aos incendios forestais.

i) Excepcionalmente, as queimas controladas non recollidas no Plan de infraestruturas e accións preventivas fronte aos incendios forestais.

j) As tarefas de mantemento de infraestruturas xa existentes, non incluídas no Programa de mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos existentes no parque natural.

k) A recollida de fungos ou froitos con fins comerciais polas comunidades de montes veciñais en man común e persoas propietarias.

l) As repoboacións forestais coas especies recollidas na táboa 18.

m) A recuperación de terreos de labor e pasteiros existentes no momento da declaración do espazo natural como LIC. Así mesmo, sobre áreas ocupadas por formacións forestais de especies alóctonas.

n) A utilización de métodos químicos selectivos para o control de especies invasoras, só mediante a aplicación manual controlada sobre determinados individuos, sempre que non afecte especies ou hábitats protexidos, e baixo determinadas condicións de aplicación e dosificación.

ñ) As melloras de hábitats de especies de interese cinexético e piscícola.

o) As repoboacións cinexéticas segundo a normativa sectorial de aplicación.

p) O voluntariado.

q) As actividades organizadas de sendeirismo e tránsito peonil de máis de 25 persoas, a actividade ecuestre de máis de 10 xinetes e o ciclismo de máis de 6 bicicletas.

r) A creación de novas rutas BTT.

s) A celebración de romarías tradicionais que forman parte do patrimonio cultural ou inmaterial e actividades vencelladas a eventos culturais respectuosos co medio.

t) Toda actividade ou uso non recollidos que non vulneren as normas establecidas no presente PRUX ou incompatibles cos criterios e obxectivos de xestión do parque natural.

4.5.2.3.3. Usos permitidos.

a) A apicultura.

b) A recollida de fungos, froitos, piñas e herbas para autoconsumo por parte das persoas propietarias dos terreos e seguindo as condicións establecidas no presente PRUX.

c) O mantemento de infraestruturas existentes de prevención e defensa contra incendios forestais, recollidas no Plan de infraestruturas e accións preventivas fronte aos incendios forestais.

d) As tarefas de mantemento cotiá de infraestruturas xa existentes, tanto as incluídas no Programa de mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos existentes como as derivadas da xestión e mantemento daquelas instalacións autorizadas para operar no parque natural, logo de comunicación ao órgano de xestión do parque natural.

e) As tarefas de xestión da biomasa nas faixas primarias, secundarias e terciarias.

f) A caza e a pesca continental, que poderán ser limitadas temporalmente polo organismo competente en materia de patrimonio natural por motivos de xestión.

g) O sendeirismo e tránsito peonil, actividades ecuestre e ciclismo, polas vías autorizadas, de grupos menores de 25, 10 e 6 persoas, respectivamente. Non se admitirá a subdivisión de grupos organizados.

h) A observación de fauna, fotografía afeccionada, xeoturismo e observación astral, salvo limitacións específicas.

i) O baño.

4.5.3. Zona III, de uso compatible.

A zona de uso compatible abarca aqueles ámbitos do parque natural que presentan un valor de conservación medio e acollen unha porción variable de hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE, en xeral, con baixas coberturas, ben que se trata de ámbitos que se integran nun territorio cun certo nivel de humanización e co desenvolvemento de actividades tradicionais agrícolas e forestais, que coexisten coa presenza dos citados hábitats de interese comunitario que:

i. Forman parte dunha matriz que inclúe elementos da paisaxe agraria tradicional e cultivos forestais.

ii. Se sitúan en espazos moi demandados polo uso público.

Está constituída polos terreos en que as formacións naturais, xeralmente de mediana calidade e singularidade, soportan un maior grao de humanización ou ben presentan boa capacidade para soportar un uso público máis intenso.

Nestas zonas permítese a práctica de usos agropecuarios e aproveitamentos tradicionais.

Na zona III, de uso compatible, o mantemento das actividades tradicionais e o desenvolvemento do uso público son compatibles coa conservación dos valores ambientais existentes nela.

4.5.3.1. Obxectivos.

a) Manter ou, se for o caso, restaurar as paisaxes, os ecosistemas, os hábitats protexidos e as áreas prioritarias para as especies de interese para a conservación nun estado de conservación favorable.

b) Manter os usos tradicionais que sexan de carácter sustentable por parte da poboación local, pero evitar aqueles que supoñan un risco grave para a conservación ou dinámica dos hábitats naturais e das poboacións de especies de flora e fauna de interese para a conservación.

c) Ordenar e regular as actividades deportivas e recreativas de baixa incidencia ambiental, especialmente o sendeirismo, excursionismo e actividades afíns, sempre que non produzan deterioración significativa de hábitats e especies.

4.5.3.2. Directrices.

a) O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural poderá regular os aproveitamentos dos recursos naturais, así como denegar novas explotacións, cando sexan contrarias ou afecten de forma significativa a integridade da zona ou o estado de conservación dos hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE ou das áreas prioritarias de preservación das especies de interese para a conservación.

b) Fomentar a conservación e restauración dos compoñentes das paisaxes culturais vinculadas con valores históricos e cos sistemas de explotación tradicional e sustentable dos recursos naturais.

c) Os labores de conservación das áreas terrestres incluídas nesta zona, así como as actividades de aproveitamento tradicional que se realizan nalgún destes tipos de hábitats sobre os recursos biolóxicos, deberán garantir a conservación da biodiversidade e a recuperación dos medios que estean degradados ou nun estado de conservación desfavorable.

d) Velar para que os aproveitamentos e labores de carácter tradicional que se realicen sobre os recursos naturais empreguen técnicas que minimicen os impactos e sexan de carácter sustentable.

e) As actividades de xestión e conservación que se desenvolvan sobre os ecosistemas e superficies vexetadas presentes nesta zona estarán orientadas a:

i. Fomentar a conservación e recuperación dos hábitats naturais e seminaturais de interese comunitario e das poboacións de especies de flora e fauna de interese para a conservación.

ii. Evitar a repoboación con coníferas sobre terras de cultivo agrícola e incentivar no seu lugar cultivos agrícolas alternativos ou plantacións de frondosas.

iii. Evitar as grandes superficies continuas, cubertas polo mesmo tipo de vexetación de carácter sinantrópico.

iv. Fomentar a conservación e recuperación do bosque natural, substituíndo as formacións existentes de eucaliptais e outras especies alóctonas por formacións nativas de monte de frondosa con diferentes estratos.

v. Fomentar a diversificación das masas de piñeiros co emprego doutras especies autóctonas.

vi. Potenciar accións que aumenten a diversidade estrutural e paisaxística dos sistemas de prados mesófilos, mediante a aplicación de plans compatibles co ambiente.

f) Propiciar un uso público racional e sustentable do parque natural, evitando ou minimizando as interferencias negativas sobre os compoñentes da xea e da biodiversidade, así como promovendo o coñecemento e gozo do ambiente, tendo en conta os colectivos con necesidades específicas.

4.5.3.3. Normativa.

4.5.3.3.1. Usos prohibidos.

a) Todas as actuacións suxeitas a autorización que non superen unha valoración previa favorable por parte do organismo competente no proceso de avaliación.

b) A circulación sen correa de cans e outros animais de compañía, con excepción dos empregados en labores de xestión do parque natural, de rescate, labores de vixilancia do gando, cinexéticas reguladas nos períodos hábiles ou cans guía de persoas invidentes.

c) Actividades recreativas fluviais non autorizadas.

d) As tarefas de mantemento cotiá de infraestruturas xa existentes, tanto as incluídas no Programa de mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos existentes como as derivadas da xestión e mantemento daquelas instalacións autorizadas para operar no parque natural.

4.5.3.3.2. Usos autorizables.

a) A recolección de materiais xeolóxicos, biolóxicos ou culturais, por motivos de investigación ou que teñan relación coa xestión do parque natural.

b) As actividades de investigación.

c) A restauración de construcións de tipoloxía tradicional vencellada aos aproveitamentos tradicionais.

d) As actividades audiovisuais con fins divulgativos e publicitarios.

e) A creación de novos cercados e valados para o gando.

f) As edificacións de nova planta asociadas ás explotacións forestais e agrogandeiras.

g) O aproveitamento madeireiro e de leña non recollido no correspondente plan de ordenación forestal.

h) A creación de novas infraestruturas de defensa contra incendios non recollidas no Plan de infraestruturas e accións preventivas fronte aos incendios forestais.

i) As queimas controladas non recollidas no Plan de infraestruturas e accións preventivas fronte aos incendios forestais.

j) A creación de novas estradas ou pistas, así como tarefas de mantemento de infraestruturas xa existentes, non incluídas no Programa de mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos existentes no parque natural.

k) A recollida de fungos e outro froitos con fins comerciais polas comunidades de montes veciñais en man común e persoas propietarias.

l) As repoboacións forestais coas especies non recollidas na táboa 18.

m) A utilización de métodos químicos selectivos para o control de especies invasoras, só mediante a aplicación manual controlada sobre determinados individuos, sempre que non afecte especies ou hábitats protexidos, e baixo determinadas condicións de aplicación e dosificación.

n) As melloras de hábitats de especies de interese cinexético e piscícola.

ñ) As repoboacións cinexéticas segundo a normativa sectorial de aplicación.

o) As actividades vencelladas a eventos culturais respectuosos co medio.

p) O voluntariado.

q) A creación de novas rutas BTT.

r) Toda actividade ou uso non recollidos que non vulneren as normas establecidas este PRUX ou incompatibles cos criterios e obxectivos de xestión do parque natural.

4.5.3.3.3. Usos permitidos.

a) A apicultura, a gandaría en extensivo e os cultivos agrícolas conforme as normas establecidas no presente PRUX.

b) A recuperación de terreos de labor e pasteiros existentes no momento da declaración do espazo natural como LIC. Así mesmo, sobre áreas ocupadas por formacións forestais de especies alóctonas.

c) A recollida de fungos, froitos, piñas e herbas para autoconsumo por parte das persoas propietarias dos terreos e seguindo as condicións establecidas no presente PRUX.

d) O mantemento de infraestruturas existentes de prevención e defensa contra incendios forestais, recollidas no Plan de infraestruturas e accións preventivas fronte aos incendios forestais.

e) As tarefas de mantemento cotián de infraestruturas xa existentes, incluídas no Programa de mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos existentes no parque natural.

f) As tarefas de xestión da biomasa nas faixas primarias, secundarias e terciarias.

g) A caza e a pesca continental, que poderán ser limitadas temporalmente polo organismo competente en materia de patrimonio natural por motivos de xestión.

h) O sendeirismo e o tránsito peonil, actividades ecuestres e ciclismo, polas vías autorizadas.

i) A observación de fauna, a fotografía afeccionada, o xeoturismo e a observación astral, salvo limitacións específicas.

j) A celebración de romarías tradicionais.

k) O baño.

4.5.4. Zona IV, de uso xeral.

Correspóndese cos territorios do parque natural cunha valor medio ou baixo de conservación, nos cales predominan os medios naturais cunha reducida naturalidade e medios sinantrópicos desnaturalizados. Inclúense nesta zona as áreas cun importante nivel de urbanización, así como as grandes áreas destinadas a uso público.

Clasificarase como zona de uso xeral todo o solo incluído baixo o réxime de solo urbano, solo urbanizable e solo apto para urbanizar.

Inclúe as zonas de dominio público das infraestruturas de comunicación de titularidade autonómica, provincial ou local, así como todas as infraestruturas construídas con anterioridade á declaración do parque natural.

4.5.4.1. Obxectivos.

a) Propiciar a integración paisaxística das contornas habitadas, minimizando os impactos e fomentando a restauración das contornas degradadas.

b) Manter os usos tradicionais por parte da poboación local, pero evitar aqueles que supoñan un risco grave para a conservación ou dinámica dos hábitats naturais e das poboacións de especies de flora e fauna de interese para a conservación.

c) Ordenar e regular racional e sustentablemente as actividades de uso público, especialmente o sendeirismo, o excursionismo e as actividades afíns, sempre que non produzan deterioración significativa de hábitats e especies nin afecten aproveitamentos tradicionais.

4.5.4.2. Directrices.

a) O organismo autonómico competente en materia de patrimonio natural poderá regular os aproveitamentos dos recursos naturais, así como denegar novas explotacións, cando sexan contrarias ou afecten de maneira significativa a integridade da zona ou o estado de conservación dos hábitats do anexo I da DC 92/43/CEE ou das áreas prioritarias de conservación das especies de interese para a conservación.

b) Arbitraranse medidas de carácter económico especiais para os asentamentos tradicionais existentes nesta zona mediante subvencións ou beneficios fiscais para o desenvolvemento dos diferentes sectores produtivos e a mellora na súa calidade de vida.

c) Fomentar a aplicación e implantación de códigos de boas prácticas como criterios orientadores da xestión sustentable dos recursos naturais.

d) Propiciar un uso público racional e sustentable do parque natural, evitando ou minimizando as interferencias negativas sobre os compoñentes da xea e da biodiversidade, así como promovendo o coñecemento e gozo do ambiente, tendo en conta os colectivos con necesidades específicas.

4.5.4.3. Normativa.

4.5.4.3.1. Usos prohibidos.

a) Todas as actuacións suxeitas a autorización que non superen unha valoración previa favorable por parte do organismo competente no proceso de avaliación.

b) Actividades recreativas fluviais non autorizadas.

4.5.4.3.2. Usos autorizables.

a) A recolección de materiais xeolóxicos, biolóxicos ou culturais, por motivos de investigación ou que teñan relación coa xestión do parque natural.

b) As actividades de investigación.

c) As actividades audiovisuais con fins divulgativos e publicitarios.

d) A creación de novas infraestruturas de defensa contra incendios non recollidas no Plan de infraestruturas e accións preventivas fronte aos incendios forestais.

e) A utilización de métodos químicos selectivos para o control de especies invasoras, só mediante a aplicación manual controlada sobre determinados individuos, sempre que non afecte especies ou hábitats protexidos, e baixo determinadas condicións de aplicación e dosificación.

f) O voluntariado.

g) A creación de novas rutas BTT.

h) Toda actividade ou uso non recollidos que non vulneren as normas establecidas no presente PRUX ou incompatibles cos criterios e obxectivos de xestión do parque natural.

4.5.4.3.3. Usos permitidos.

a) A apicultura, a gandaría en extensivo e os cultivos agrícolas conforme as normas establecidas no presente PRUX.

b) A recuperación de terreos de labor e pasteiros existentes no momento da declaración do espazo natural como LIC. Así mesmo, sobre áreas ocupadas por formacións forestais de especies alóctonas.

c) As edificacións de nova planta asociadas ás explotacións forestais ou agrogandeiras, conforme as normativas sectoriais.

d) Nas zonas coa cualificación de núcleo rural e núcleo urbano, as actuacións de conservación das construcións e edificacións, as actuacións urbanísticas e a dotación de servizos estarán sometidas ás ordenanzas municipais e á normativa urbanística de aplicación.

e) A recollida de fungos, froitos, piñas e herbas para autoconsumo por parte das persoas propietarias dos terreos e seguindo as condicións establecidas no presente PRUX.

f) O mantemento de infraestruturas existentes de prevención e defensa contra incendios forestais, recollidas no Plan de infraestruturas e accións preventivas fronte aos incendios forestais.

g) As tarefas de mantemento cotiá de infraestruturas xa existentes, tanto as incluídas no Programa de mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos existentes como as derivadas da xestión e mantemento daquelas instalacións autorizadas para operar no parque natural.

h) As tarefas de xestión da biomasa nas faixas primarias, secundarias e terciarias.

i) Os usos e as actividades urbanísticas que se realicen conforme as normativas municipais, autonómicas e estatais.

j) A caza e a pesca continental, que poderán ser limitadas temporalmente polo organismo competente en materia de patrimonio natural por motivos de xestión.

k) O sendeirismo e o tránsito peonil, as actividades ecuestres e o ciclismo, polas vías autorizadas.

l) A observación de fauna, a fotografía afeccionada, o xeoturismo e a observación astral, salvo limitacións específicas.

m) A celebración de romarías tradicionais.

n) Os espectáculos de luz, pirotécnicos, instalacións sonoras ou organización de concertos ou eventos xeradores de ruído, sen prexuízo do cumprimento da normativa sectorial de aplicación.

ñ) O baño.

5. Plan de xestión de emerxencias.

5.1. Obxectivo.

O plan de emerxencias pretende optimizar a utilidade dos recursos materiais e humanos dispoñibles polo parque natural co obxecto de controlar a evolución de situacións de emerxencia e minimizar as súas consecuencias.

Enténdense as emerxencias como situacións non desexadas que interrompen o normal desenvolvemento das actividades do parque natural. As medidas contra emerxencias son a prevención, a protección e a reparación dos danos. A prevención é o conxunto de medidas que tratan de que non se produza unha emerxencia; a protección é o conxunto de medidas que tratan de neutralizar a emerxencia producida; a reparación é o conxunto de medidas deseñadas para reparar o dano provocado pola emerxencia.

O parque natural atópase dentro dos ámbitos de aplicación dos seguintes plans de emerxencias de ámbito galego e municipal:

• Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga).

• Plan especial de protección civil ante emerxencias por incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia (Peifoga).

• Plan de defensa contra incendios forestais de Galicia (Pladiga), que desenvolve os protocolos específicos de actuación para os incendios forestais de situación 0 e situación 1.

• Plans de emerxencias municipais dos concellos. Só Pontedeume ten un Pemu, aínda que do ano 2009 e, polo tanto, sen actualizar.

5.2. Identificación de riscos.

Segundo o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga), defínense os riscos como os posibles fenómenos ou sucesos de orixe natural, xerados pola actividade humana ou pola interacción de ambos, que poden dar lugar a danos para as persoas, bens e/ou o ambiente.

No que se refire ao parque natural, podemos definir os seguintes riscos:

5.2.1. Riscos naturais.

Son aqueles debidos a factores xeográficos e climáticos. En ocasións son riscos predicibles en función da situación atmosférica e xeográfica do parque natural. Adoitan manterse nun nivel constante ao longo do tempo e, en xeral, obrigan a facer unha planificación sobre as consecuencias.

Identifícanse os seguintes riscos deste tipo no parque natural:

– Temporais e treboadas: poden provocar caídas de árbores e outros elementos, cortes de vías de comunicación, danos en construcións e illamentos de poboacións ou persoas, debido aos danos ocasionados no medio ou impacto de raios.

– Inundacións: poden producir perdas materiais e chegar mesmo a pór en risco vidas humanas. Céntranse nas zonas de desaugamento dos cursos fluviais e áreas asolagables.

– Nevaradas: poden presentar efectos semellantes aos dos puntos anteriores, como son o illamento das poboacións e danos en bens.

– Chuvias intensas e persistentes: poden presentar efectos semellantes aos dos puntos anteriores, ao cal habería que sumar o risco de corrementos e arrastre de terras, especialmente en áreas sen protección vexetal por incendios, decrúas recentes, etc.

– Sismos: de efectos practicamente instantáneos. A planificación realizarase sobre as consecuencias e non sobre a súa prevención.

– Incendios naturais provocados polos raios.

5.2.2. Riscos antrópicos.

Son aqueles provocados ou derivados das accións ou actividades humanas, pasadas ou presentes. Identifícanse os seguintes riscos deste tipo no parque natural:

a) Asociados ao tráfico e transporte público: accidentes de vehículos, atropelos e saturación dos aparcadoiros e accesos existentes.

b) Incendios forestais, provocados de xeito intencionado, por neglixencias ou accidentes.

c) Accidentes, incidentes e danos a persoas sufridos por residentes ou usuarios do parque natural durante o desenvolvemento de actividades normalmente permitidas:

– Mentres se percorren sendeiros do parque natural: lesións, caídas a distinto nivel, caída de elementos naturais (pólas, rochas), derrubes de elementos antrópicos como, por exemplo, muros de pedra, picaduras de especies velenosas ou que creen reaccións alérxicas agudas, problemas cardíacos e outras urxencias médicas ou morte natural.

– Nas actividades de lecer nas proximidades do encoro: lesións, picaduras de especies velenosas ou que creen reaccións alérxicas agudas, afogamento, problemas cardíacos e outras urxencias médicas ou morte natural.

– Durante a visita ás instalacións de uso público: lesións, problemas cardíacos e outras urxencias médicas ou morte natural.

– Durante a observación de flora e fauna: semellantes aos expostos para o percorrido de sendeiros.

– Durante a realización de tarefas agropecuarias: lesións, accidentes con maquinaria ou ferramenta, picaduras de especies velenosas ou que creen reaccións alérxicas agudas, problemas cardíacos e outras urxencias médicas ou morte natural.

d) Accidentes, incidentes e danos a persoas sufridos por residentes ou usuarios do parque natural durante o desenvolvemento de actividades deportivas ou outras actividades suxeitas a autorización.

e) Accidentes derivados de actividades de carácter tecnolóxico e de estruturas fixas ou móbiles, deseñadas e construídas polo home. O factor de prevención é moi importante para reducir o risco de xeito drástico.

A distribución estimada de riscos no parque natural, segundo a gravidade e frecuencia dos riscos previstos, divídese en:

i. Zona de risco alto: representada pola zona onde afectan con maior gravidade os riscos naturais máis frecuentes, como son a zona de reserva e de uso compatible. Agrúpase, tamén, nesta zona, a maior parte do uso público, especialmente na zona de uso limitado, concentrando a maior probabilidade de riscos asociados a accidentes por actividades de lecer, durante actividades de observación de fauna e flora, e picaduras.

Finalmente, considéranse as zonas de acceso restrinxido ou por seren terreos dedicados a usos agrícolas ou urbanos; nesta zona a incidencia de incendios forestais en condicións atmosféricas extremas (vento, temperatura e humidade relativa) pode ocasionar situacións de risco alto. Tamén o tráfico rodado é de maior intensidade, o que xera riscos importantes.

ii. Zona de risco medio: representada polas beiras dos cursos de auga e zonas asolagables veciñas, e áreas de uso compatible. Tamén os riscos asociados ao tránsito rodado (accidentes ou atropelos) e á existencia de actividades de lecer nas sendas sinalizadas.

5.3. Medidas de protección.

As medidas de prevención son aquelas accións deseñadas para evitar ou minimizar as situacións de risco identificadas no punto anterior. Máis concretamente, poden ser:

a) Medidas de protección á poboación:

– Avisos á poboación afectada.

– Confinamento en lugares seguros.

– Evacuación e asistencia social.

– Seguridade cidadá.

– Control de accesos, limitando o número de vehículos nos aparcadoiros existentes.

– Delimitación e sinalización das vías necesarias para a evacuación en caso de emerxencias.

b) Medidas de socorro, considerando as situacións que representan unha ameaza para a vida e a saúde das persoas:

– Busca, rescate e salvamento.

– Primeiros auxilios.

– Transporte sanitario.

– Clasificación, control e evacuación de afectados con fins de asistencia sanitaria e social.

– Asistencia sanitaria.

– Albergue de emerxencia.

– Abastecemento (equipamentos e subministracións para atender a poboación afectada).

c) Medidas de intervención para combater o suceso catastrófico.

d) Medidas de protección aos bens.

– Protección do ben propiamente dita.

– Evitar riscos asociados.

e) Medidas reparadoras referidas á rehabilitación dos servizos públicos esenciais, cando a súa carencia constitúa unha situación de emerxencia ou perturbe o desenvolvemento das operacións. Para garantir estas actuacións pode ser preciso, ademais, realizar outras medidas como:

– Regulación do tráfico.

– Condución dos medios á zona de intervención.

– Apoio loxístico ás persoas intervenientes.

– Establecemento de redes de transmisións.

– Abastecemento.

f) Outras medidas:

i. Prevención de incendios forestais: de acordo co establecido neste plan, promoveranse as masas forestais multiespecíficas, incrementando a presenza de frondosas caducifolias, a creación de descontinuidades horizontais e verticais dos combustibles, así como asegurando as medidas preventivas establecidas pola Lei de defensa contra incendios forestais. Tamén a creación dunha rede de puntos de auga para facilitar labores de extinción.

ii. Xestión de masas continuas de matogueira de risco alto de propagación de lumes, creando descontinuidade horizontal, atendendo á estrutura e estado de conservación do hábitat.

iii. Prevención das inundacións ou dos efectos de chuvias persistentes: restauraranse as canles naturais de desaugamento e as zonas de circulación natural da auga, afectadas pola construción de infraestruturas ou calquera outra actividade. Adaptaranse as vías a estas zonas. Empregaranse materiais permeables en vías e beirarrúas, e promoverase a eliminación de zonas cubertas con materiais impermeables. Estableceranse medidas de control da escorrentía en zonas que o requiran, como zonas sen vexetación afectadas por incendios ou decrúa recente, mantendo as condicións de desaugamento dos leitos fluviais.

iv. Prevención da caída de árbores ou pólas: control anual das árbores e pólas situadas a carón dos camiños e vías do parque natural.

iv. Prevención de accidentes e problemas de saturación de tráfico: establecer medidas redutoras da velocidade en todas as vías e ordenar o tráfico rodado; regular os accesos ao parque natural e control das zonas de aparcadoiros situados dentro dos límites e no exterior do parque natural (Xunqueira de Arriba e Xunqueira de Abaixo); reducir o uso de automóbiles e limitar o número de visitantes.

v. Prevención doutros riscos: edición dun folleto de información de riscos para pór á disposición de todas as persoas visitantes do parque natural. Paneis informativos sobre os riscos en zonas estratéxicas.

5.4. Clasificación das emerxencias.

As emerxencias clasificaranse, no momento e época do ano, segundo o tipo de risco, a gravidade ou consecuencias que poidan ter e a dispoñibilidade de recursos materiais e humanos para facerlles fronte.

5.4.1. Segundo o tipo de risco.

Segundo as situacións de risco enumeradas no punto 5.2, as emerxencias poden clasificarse en:

– Emerxencia por incendio.

– Emerxencia por inclemencias meteorolóxicas (temporais, treboadas, grandes nevaradas, etc.).

– Emerxencia por enchentes, inundacións ou corremento de terras.

– Emerxencia médica ou perda de persoas.

– Emerxencia por accidente de tráfico interno.

– Emerxencia en caso de contaminación.

5.4.2. Segundo a gravidade.

a) Fase de alerta.

Aquelas situacións de risco por fenómenos naturais nas cales se prevé o aumento do risco para a actividade no parque natural.

Son situacións en que non se iniciou ningún tipo de emerxencia, pero nas que o persoal do parque natural e o corpo de axentes ambientais do parque natural se ven obrigados a aumentar a vixilancia e aplicar nalgúns casos medidas preventivas.

Son situacións deste tipo:

– Situacións de risco alto de incendio forestal.

– Previsión de fortes temporais ou treboadas que poden tamén dar lugar a inundacións.

b) Nivel 1: incidente ou conato de emerxencia.

Aquelas situacións de risco que, pola súa pequena magnitude, poden chegar a ser controladas polo persoal do parque natural, directamente ou en colaboración cos servizos de emerxencias.

Son situacións que afectan unha persoa ou grupo de persoas, ou que se dean en zonas puntuais nas cales non se prevexa a evolución a situacións máis graves e non sexa precisa a intervención de servizos de salvamento alleos ao parque natural.

Son situacións deste tipo:

– Pequenos accidentes ou enfermidades sufridas por algún visitante ou traballador que non requiran de tratamento médico especializado.

– A picadura de especies velenosas de baixo risco ou que dean lugar a reaccións alérxicas leves ou cando non se observen reaccións que comprometan a saúde das persoas.

– Conatos de incendio en lugares puntuais que poidan ser rapidamente controlados.

– Treboadas con previsións de curta duración cando sexa preciso refuxiar temporalmente as persoas visitantes.

– Caída de árbores e outros obstáculos que afecten a actividade normal do parque natural.

c) Nivel 2: emerxencia parcial.

Aquelas situacións de risco en que é precisa a intervención dos servizos de emerxencias. Afectan só un número limitado de persoas ou danse puntualmente nunha determinada zona e non é precisa a protección ou evacuación xeral de todo o persoal do parque natural.

Estas situacións poden ser frecuentes nos períodos de máxima afluencia. Para a súa resolución establecerase, no caso de haber persoal de servizo, unha coordinación entre os grupos de emerxencias, o persoal do parque natural e axentes ambientais, estes últimos con funcións de asesoramento e colaboración, baixo a dirección dos servizos especializados. Requirirase a axuda precisa do resto do persoal do parque natural. No caso de rescate por vía terrestre, será imprescindible manter as vías libres de calquera obstáculo para facilitar o acceso aos servizos especializados. Para facilitar o dito acceso aos puntos e nos momentos de maior afluencia, promoveranse vías de acceso e aparcadoiros, que deberán estar sempre dispoñibles para servizos especializados en caso de emerxencia.

Son situacións deste tipo:

– Accidentes ou sucesos de orixe natural que, pola súa gravidade ou difícil acceso, requiren a intervención de bombeiros ou policía local ou doutros corpos especializados.

– Incendios forestais en zonas en que non queda comprometida a seguridade da veciñanza, visitantes e persoal do parque natural, pero nas que se requira axuda externa para o seu control. En todo caso, para as emerxencias por incendios forestais en terreos rústicos, a norma de actuación será o Pladiga. No caso de incendios urbanos, rexerá o Plan municipal de emerxencias.

– Accidentes deportivos en zonas de difícil acceso.

– Emerxencias e urxencias médicas.

– Perda de persoas.

– Accidentes derivados do tráfico interior do parque natural.

d) Nivel 3: emerxencia xeral.

Aquelas situacións de risco que, pola súa gravidade e dimensión, requiren da intervención coordinada dos distintos operativos de emerxencias, axentes ambientais e todo o persoal do parque natural, e é preciso confinar e/ou evacuar os veciños e visitantes dalgunha zona ou da totalidade do parque natural.

Afectan extensións grandes do territorio e en épocas de máxima afluencia poden levar a situacións catastróficas. Para a súa resolución será precisa a intervención conxunta e coordinada de servizos especializados, asesorados polos axentes ambientais do parque natural, e a colaboración de todo o persoal do parque natural e outros externos locais, se for preciso.

Se a emerxencia afecta de xeito xeral algún dos municipios con plans de emerxencias municipais dos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez e/ou municipios limítrofes, actuarase segundo os plans territoriais, plans de actuación municipal e/ou plans especiais que sexan de aplicación:

• O GES de Mugardos, integrado dentro da unidade Grupos de Emerxencias Supramunicipais, sería o asignado para calquera das emerxencia nos concellos que conforman o parque natural.

• Bombeiros do Eume.

• Calquera outro parque de bombeiros da provincia, sempre mobilizados ao través do CIAE 112.

Son situacións deste tipo:

– Grandes incendios forestais.

– Grandes enchentes ou inundacións.

No referido ao risco de incendios forestais, traballarase conxuntamente co Distrito Forestal I - Ferrol, para que no seu plan de actuación se recolla especificamente a actuación dentro do parque natural na Demarcación do Eume, tendo en conta as particularidades do seu funcionamento e a protección dos valores naturais que acubilla.

5.4.3. Segundo a dispoñibilidade de medios humanos.

A variabilidade temporal do persoal do parque natural ao longo do día e do ano condiciona secuencias de actuación diferentes segundo a dispoñibilidade de medios humanos. Por tanto, diferenciarase entre:

– Xornada diúrna: persoal do parque natural traballando entre as 8.00 e as 20.00 horas.

– Xornada nocturna: non hai persoal do parque natural traballando entre as 20.00 e as 8.00 horas.

5.5. Inventario de recursos.

É preciso contar cun inventario actualizado dos recursos dispoñibles para actuar en caso de emerxencia, identificando a súa localización e función, así como as necesidades de mantemento e control.

Os medios propios dos que dispón o parque natural son:

5.5.1. Medios humanos.

a) Persoal adscrito ao parque natural:

– 4 axentes facultativos ambientais adscritos ao Distrito Forestal I, que entre as súas competencias recollen a vixilancia e custodia do parque natural.

– 4 vixilantes de recursos naturais.

– 1 capataz de establecemento.

– 1 oficial de establecemento.

– 5 peóns forestais (3 fixos e 2 fixos descontinuos).

5.5.2. Infraestruturas e medios materiais.

Na actualidade o parque natural conta co seguinte equipamento:

a) O recurso material máis importante dentro do ámbito do parque natural é, sen dúbida, o Centro de Interpretación do Portal de Caaveiro (Pontedeume), onde se localizan as instalacións de administración, recepción de visitantes, loxística e os equipamentos interpretativos e educativos.

– Centro de Interpretación/Punto de Información.

– Oficinas administrativas do parque natural.

b) Oficina e almacén de Esteiro (Pontedeume).

c) Centros de interpretación e recepción de visitantes e museo fóra do ámbito do PNFE:

– Centro de Interpretación do Portal da Capela, ubicado no lugar de Estoxa, de titularidade e xestión municipal. Presta servizos de información turística e guía de rutas de sendeirismo.

– Centro de Interpretación do Portal de Monfero, nas proximidades do Mosteiro de Monfero, de titularidade e xestión municipal. Está dotado de mobiliario, sala de audiovisuais e 2 salas con paneis interpretativos do espazo natural.

– Museo Etnográfico da Capela, en O Pazo que consta de dúas zonas musealizadas, que son A Casa do Pazo e a Escola de Guitiriz.

c) Rutas de sendeirismo:

– Camiño de Pena Fesa. Apto para bicicleta.

– Camiño dos Encomendeiros.

– Camiño dos Corzos.

– Camiño dos Cerqueiros.

– Camiño de Fontardión.

– Camiño da Ventureira.

– Camiño da Pasada Vella.

– Camiño dos Cumios de Sanguiñedo.

d) Áreas recreativas e miradoiros.

– 7 áreas recreativas (A Capela (2), Monfero (2) e Pontedeume (3).

– 2 edificios con función de refuxio (Monfero (1) e Pontedeume (1).

– 2 pontes colgantes (Monfero (1) e Pontedeume (1).

– 4 miradoiros (Monfero (3), A Capela (1).

e) Maquinaria necesaria para os labores de roza, limpeza e mantemento dos recursos do parque natural.

O parque natural conta con material para levar a cabo as tarefas de mantemento, conservación e as propias silvícolas da ordenación forestal. Neste senso, está debidamente provisto de ferramentas manuais, motoserras, rozadoiras, equipos de protección individual e materiais diversos.

5.5.3. Medios de locomoción e vehículos.

O parque natural conta cunha frota de coches todoterreo que cobre as necesidades de vixilancia e mantemento. Esta frota está composta por un número variable de vehículos, que oscila segundo a época do ano (entre 4 e 7 unidades).

5.6. Accións para realizar no caso de incidente e emerxencia.

Os diferentes incidentes e emerxencias requirirán da intervención de persoas e medios para garantir en todo momento:

Alerta: ao recibir calquera aviso de risco por fenómenos meteorolóxicos adversos (temporais, risco de incendio), transmitirase a alerta ao persoal do parque natural, visitantes e colectivos autorizados a realizar actividades no interior do parque natural, e adoptaranse as medidas preventivas que se consideren precisas.

Aviso-detección: calquera membro do persoal de garda que detecte un incidente transmitirá por teléfono ou persoalmente a alerta ao:

Centro de Interpretación: 981 43 25 28, en horario de atención ao público.

A persoa que recibe o aviso porá en acción o resto do persoal do PNFE do xeito máis rápido posible e, de ser o caso, comunicarállelo aos servizos externos ao parque natural cando sexa preciso.

Alarma: informarase da actuación máis axeitada sobre a aplicación doutras medidas de protección, e paralizarase o tráfico para permitir o acceso aos servizos especializados se é preciso.

Confinar/evacuar: realizarase o confinamento ante unha situación perigosa que se atenúa rapidamente. A evacuación é unha medida definitiva que se xustifica unicamente se o perigo a que se expoñen veciños e visitantes é suficientemente grande. A orde de evacuación virá dada polo mando de Bombeiros.

Etapas:

1. Aviso de evacuación.

2. Preparación: as persoas concéntranse nos puntos de reunión indicados e prepáranse os medios de transporte.

3. Traslado: traslado cos medios previstos.

Intervención: para o control de incidentes, debe ser rápida e precisa para obter a máxima eficacia.

Axudas externas: recepción e información aos servizos de axuda exterior ao parque natural, asesoramento e colaboración.

Táboa 19. Listaxe de teléfonos de contacto de emerxencias.

Aviso

Teléfono de emerxencias

Teléfono de contacto

Axencia Galega de Emerxencias

112

Emerxencia Sanitaria

061

Incendios Forestais

085

Distrito Forestal I. Ferrol:

981 33 73 41-981 33 73 47

Garda Civil-Seprona

062

Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Mugardos

112

GES: 981 47 02 90-649 87 43 83

Cabanas

112

Protección Civil: 627 95 06 82

A Capela

112

Monfero

112

Pontedeume

112

Garda Civil: 981 43 00 31

Garda Civil-Seprona: 981 43 33 28

Protección Civil: 981 43 46 46-647 77 47 96

As Pontes de García Rodríguez

112

Garda Civil: 981 45 00 05

5.7. Organización dos medios humanos e creación de equipos do parque natural.

Para a organización dos medios humanos e a repartición de funcións que deberá realizar o persoal en caso de incidente ou emerxencia, recoméndase a constitución dos seguintes elementos, de acordo coas dispoñibilidades de persoal:

5.7.1. Responsable de emerxencias (RE).

Será escollido entre o persoal do parque natural en función das quendas asignadas. Será a persoa de referencia á hora de recibir os avisos e coordinar a resposta aos incidentes e emerxencias.

O RE debe estar permanentemente localizable por teléfono nas quendas asignadas e ter un bo coñecemento do plan de emerxencias, especialmente dos esquemas operacionais e medios de que dispón o PNFE, así como do medio físico e social do parque natural.

5.7.2. Centro de recepción de alarmas (CRA).

É o centro onde reciben as alarmas no ámbito do parque natural e o punto neurálxico de todo incidente interno, xa que todas as actuacións do persoal do PNFE e de colaboración cos servizos de emerxencias se coordinan desde aquí.

Debe cumprir cuns requisitos mínimos, que inclúen:

– Seguridade.

– Medios.

– Comunicacións normais e as asignadas en caso de incidente.

– Inventario de medios e a súa localización.

– Planos, nos cales se representen as vías de acceso, puntos de auga, etc.

– Directorios telefónicos, cos teléfonos dos diferentes servizos de emerxencias autonómicos e locais.

– Accesibilidade.

O centro de recepción de alarmas cosidérase o lugar ocupado polo central de atención telefónica, neste caso o Centro de Interpretación no horario de atención ao público.

A persoa responsable da central do Centro de Interpretación será quen transmitirá todas as ordes facilitadas polo RE, con quen permanecerá sempre en contacto.

Cando se reciba aviso de incidente ou emerxencia, fará o seguinte:

1. Avisará sen demora o RE.

2. Transmitirá ao exterior as demandas de axuda do RE.

3. Transmitirá todos os avisos ao persoal do parque natural que interveña ou ao que o RE determine.

4. Atenderá e establecerá as comunicacións co exterior, organismos oficiais, etc.

5. Anotará o desenvolvemento e cronoloxía das accións tomadas durante o incidente ou emerxencia nun diario de emerxencias.

6. Encargarase da actualización do directorio de teléfonos.

O Centro de Interpretación estará operativo no horario de apertura, de verán e inverno, que se determine.

5.7.3. Persoal do parque natural.

O persoal do PNFE deberá estar preparado para actuar segundo as instrucións recibidas polo RE en caso de incidencia e emerxencia.

Todo o persoal do parque natural:

– Coñecerá a existencia do Plan de emerxencia.

– Coñecerá as funcións e alcance das accións que poden realizar.

– Coñecerá as situacións de risco posibles no ámbito do parque natural.

– Coñecerá os medios materiais de que dispón o parque natural e a súa localización.

– Será quen de identificar unha situación de risco e transmitir a alarma segundo as secuencias de actuación do Plan de emerxencia.

– Recibirá do RE as indicacións de actuación nos casos de incidente.

Todo o persoal que participa no desenvolvemento habitual de actividades do parque natural debe coñecer a existencia do plan e as funcións que deben desempeñar no caso de emerxencia.

5.8. Esquemas operacionais en caso de incidente e emerxencia.

a) No caso de alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos. Ao recibir calquera previsión de risco por fenómenos meteorolóxicos adversos (temporais, risco alto de incendio, etc.):

1. O CRA transmitirá a alerta ao RE e ao persoal do parque natural.

2. O parque natural poderá propor medidas preventivas ás administracións con competencias na atención das emerxencias.

b) No caso de incidente (nivel 1).

1. Darase aviso ao CRA, por teléfono ou persoalmente.

2. No caso de non ser posible contactar co CRA, avisarase o 112.

3. O CRA avisará o RE.

4. O CRA ou o RE mobilizará o persoal do parque natural.

5. A persoa que descubra o incidente, despois de dar aviso, tentará solucionalo de acordo cos recursos dispoñibles.

6. De non ser quen de solucionalo, manterase en contacto co RE, seguirá as instrucións e colaborará, de ser o caso, cos servizos de emerxencias.

7. No caso de non poder solucionalo cos medios e coñecementos do persoal do parque natural, o RE analizará a situación e trasladarállela aos servizos de emerxencias.

Fóra do horario de apertura do CRA.

1. A persoa que descubra a emerxencia avisará directamente o 112.

2. O 112 dá aviso ao Control Central de Bombeiros e á Central Operativa da Coruña, GES, Protección Civil ou 085 ou 061, de ser o caso.

3. Os equipos de emerxencias especializados realizarán a intervención e encargaranse do traslado dos posibles feridos ao centro sanitario.

c) No caso de emerxencia parcial (nivel 2) e emerxencia xeral (nivel 3).

En caso de emerxencias de nivel 2 ou 3, o RE, a través do CRA, trasladará a información dispoñible aos servizos de emerxencias, establecendo canles de comunicación cos responsables dos operativos para facilitar a capacidade máxima de colaboración e apoio do persoal do parque natural aos operativos de emerxencias.

Fóra do horario de apertura do CRA.

1. A persoa que descubra a emerxencia avisará directamente o 112.

2. O 112 dá aviso ao Control Central de Bombeiros e á Central Operativa da Coruña, GES, Protección Civil ou 085 ou 061, de ser o caso.

3. Os equipos de emerxencias especializados realizarán a intervención e encargaranse do traslado dos posibles feridos ao centro sanitario.

5.9. Protocolos de actuación.

A continuación definiranse de xeito máis concreto os protocolos para seguir polos medios e sistemas de actuación con que conta o parque natural.

5.9.1. Centro de recepción de alarmas (CRA).

Alerta.

Ao recibir unha previsión de risco alto de incendio ou risco meteorolóxico, transmitirá a alerta a todo o persoal que traballa no parque natural.

Aviso-detección.

En caso de detectar un incidente ou emerxencia, avisará:

– O responsable de emerxencias.

– Os vixilantes, nos casos de nivel 1, 2 e 3.

– O 112, 085, 061 e Garda Civil, nos casos de nivel 2 e 3.

– A Garda Civil, en caso de incidentes de nivel 2 e 3 que afecten estradas e camiños locais.

Alarma.

En todos os casos de nivel 1, 2 e 3 activarán o persoal do parque natural na zona que indique o RE.

5.9.2. Persoal do parque natural.

Alerta.

Ao recibir a alerta do CRA de risco alto de temporal, inundacións ou semellante:

– Percorrerán a zona e transmitirán a orde de peche do parque natural a todos as persoas visitantes nos puntos de acceso e aqueles que estean ao seu alcance no interior do parque natural.

– Pecharán as instalacións do Centro de Recepción de Visitantes do Portal de Caaveiro e trasladaranse ao exterior do parque natural.

Ao recibir a alerta do CRA de risco alto de incendio forestal e treboadas fortes:

– Informarán do risco ás persoas visitantes que estean ao seu alcance no interior do parque natural.

Aviso-detección.

Ao detectar un incidente ou emerxencia avisarán:

– O CRA, nos casos de nivel 1, 2 e 3.

– O 112, se hai cobertura e están pechadas as instalacións do Centro de Recepción de Visitantes do Portal de Caaveiro.

Alarma.

En calquera caso, informarán os visitantes da situación e da actuación máis axeitada.

Nos casos de nivel 2 e 3 que indique o RE, paralizarán o tráfico das vías precisas para o acceso dos servizos de rescate.

Intervención.

No caso de incendio de nivel 1, manterán as persoas visitantes lonxe do incendio e esperarán ata a chegada dos operativos de emerxencias.

No caso de incidente médico, atenderán o accidentado segundo os seus coñecementos ata a chegada da asistencia médica externa ao parque natural e colaborarán no que sexa preciso.

Confinamento-evacuación.

No caso de treboadas de curta duración, darán refuxio ás persoas visitantes.

No caso de incendio, treboadas, enchentes ou riscos semellantes de nivel 2 e 3, realizarán o confinamento das persoas visitantes afectadas nos puntos que establezan o mando de bombeiros e o RE.

5.9.3. Responsable de emerxencias (RE).

Alarma.

Valorará a situación e decidirá o esquema operacional que se deberá seguir.

Nos casos de incidente, dará as ordes de intervención ao persoal do parque natural directamente ou a través do CRA.

Nos casos de emerxencia parcial e xeral, recibirá o mando do operativo de emerxencias e transmitiralle información e asesoramento.

Intervención.

No caso de incendio de nivel 1, 2 ou 3, coordinará ata a chegada dos operativos de emerxencias, momento en que os informará, asesorará e porase á súa disposición.

Confinamento-evacuación.

Nos casos de emerxencia de nivel 2 e 3 (incendio, enchentes), conxuntamente co mando de bombeiros, establecerán os puntos de confinamento definitivos ou provisionais para a posterior evacuación.

5.10. Implantación.

A implantación ten como obxectivo a planificación da información, formación e adestramento, de xeito que todas as persoas teñan claro que facer, como e cando actuar en caso de incidencia ou emerxencia.

Para a implantación do plan é preciso:

– A redacción das consignas de actuación nos incidentes e emerxencias.

– A planificación da información, formación e adestramento do persoal.

– A planificación e programación de simulacros.

– A análise e investigación de sinistros.

5.11. Información, formación e adestramento.

O Plan de emerxencias deben coñecelo todas as persoas que intervirán no control de incidentes e emerxencias, é dicir, o persoal do parque natural, outro persoal, empresas e colectivos que operan nel, veciños e visitantes.

Segundo as funcións que se vaian realizar, nalgúns casos será abondo coa información e noutros será precisa formación ou adestramento.

5.11.1. Información.

En cada unha das instalacións do parque natural, establecementos autorizados de hostalaría, paneis informativos e materiais divulgativos, exporanse seccións informativas en que se indique:

– Teléfono e situación do CRA.

– Recomendacións sobre o que facer ao detectar un incidente ou emerxencia.

– Recomendacións sobre o que facer en caso de alarma por emerxencia.

– Consellos sobre o que facer e non facer en caso de evacuación.

5.11.2. Formación e adestramento.

O RE reunirase co persoal do parque natural e outro persoal, empresas e colectivos que operan nel, para explicar o Plan de emerxencia.

Posteriormente, reunirase con eles, e entregará a cada un as consignas de actuación en caso de incidente ou emerxencia.

A formación e o adestramento deben ter unha continuidade e mantemento anual dos coñecementos.

Proponse que a formación se basee en:

a) Formación básica.

Todo o persoal do parque natural debe formarse en:

– Definición de alerta, incidente e emerxencia.

– Descrición de toda a cadea de actuacións en caso de incidente e emerxencia.

– Formas de dar o aviso.

– Mensaxes tipo.

– Exercicios prácticos.

b) Formación para o RE.

Preténdese que teña formación en:

– Primeiros auxilios.

– Coñecemento dos episodios meteorolóxicos que poden comportar máis perigo na costa e máis risco de incendio.

– Coñecementos do comportamento do lume no ámbito do parque natural.

– Coñecementos na utilización de ferramentas e equipos de extinción de incendios.

5.11.3. Simulacros.

A efectividade do Plan de emerxencia conséguese mediante a realización de prácticas periódicas que manteñan o adestramento do persoal nas tarefas que se deban realizar. Isto lógrase con simulacros e prácticas.

Os simulacros deben programarse e planificarase o seu desenvolvemento como se se tratase dunha emerxencia real.

A planificación realizarase a partir dun suposto de inicio de incidente ou emerxencia e secuenciando temporalmente as accións que se deberán realizar, como e quen as efectuará, así como un equipo de control que recolla as incidencias e tempos utilizados en cada acción para efectuar, posteriormente, un informe de resultados e conclusións do simulacro.

6. Programa de actuacións.

Considerando os obxectivos establecidos para o Parque Natural das Fragas do Eume e de acordo coas previsións de usos e aproveitamentos, o presente plan desenvolverase a través dunha serie de programas básicos de actuación sobre aquelas materias en que é competente o presente documento. Estes programas básicos de actuación agrúpanse por unidades temáticas relativas ao seu contido básico nas seguintes epígrafes:

– Programa de conservación da biodiversidade, a paisaxe e o patrimonio cultural.

– Programa de investigación, seguimento e avaliación.

– Programa de uso público.

– Programa de mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos.

6.1. Programa de conservación da biodiversidade, a paisaxe e o patrimonio cultural.

Tendo en conta os obxectivos de conservación establecidos na lexislación propia do parque natural (Decreto 211/96, Decreto 218/97), así como das derivadas da normativa europea (DC 92/43/CEE, DC 2009/147/CE), estatal (Lei 42/2007, modificada pola Lei 33/2015), Lei 21/2013, RDL 1/2001, RDL 1/2006 e autonómica (Lei 7/2008, Lei 5/2019, Decreto 72/2004, Decreto 19/2011, Decreto 37/2014, Decreto 119/2016), durante o período de vixencia do presente PRUX establecerase a posta en funcionamento e articulación dun programa de conservación da biodiversidade e da paisaxe, no cal se garantan os devanditos obxectivos de conservación do patrimonio natural e da biodiversidade, e no cal serán desenvolvidas as seguintes actividades:

i. Desenvolvemento, polo menos, para os principais valores (hábitats e especies) de documentos de avaliación sobre o nivel de coñecemento do estado de conservación e dos factores de ameaza, con especial incidencia na identificación dos elementos de conservación do parque natural máis vulnerables fronte ao cambio climático, así como daqueles que presentan unha maior resiliencia.

ii. Deseño e desenvolvemento de medidas de conservación, mantemento e recuperación dos hábitats de interese comunitario, con especial atención aos hábitats prioritarios:

• 4020* Queirogais húmidos atlánticos de Erica ciliaris e Erica tetralix.

• 5230* Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis.

• 6220* Pseudoestepas de gramíneas e anuais da orde Thero-Brachypodietea.

• 6230* Formacións herbosas con Nardus.

• 7110* Turbeiras altas activas.

• 9180* Bosques de encostas, desprendementos e barrancos do Tilio-Acerion.

• 91E0* Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior.

iii. Establecemento de medidas de conservación específicas para a flora e fauna do parque natural para a mellora do seu estado de conservación, con especial atención ás dinámicas de poboación das especies ameazadas de fentos, liques, fungos, odonatos, náiades, anfibios, réptiles, quirópteros e ictiofauna.

iv. Elaboración dun plan global de erradicación de especies exóticas e invasoras no territorio do parque natural, así como de especies alóctonas con potencial invasor e que supoñan unha ameaza sobre os valores de conservación do parque natural.

v. Actuacións de mellora da conectividade ecolóxica nas zonas de bosque:

• Favorecer a conexión entre as áreas de bosque autóctono existentes no parque natural mediante accións de restauración do bosque autóctono.

• Restauración do bosque ripario en zonas degradadas, para favorecer a expansión do hábitat e a súa función como corredor de dispersión e amortecemento do impacto das plantacións de eucalipto.

• Promover a realización dun plan para a transformación de superficies forestais implantadas con especies alóctonas en zonas de fraga.

• Coordinación co organismo autónomo Augas de Galicia para a eliminación de obstáculos artificiais existentes, sen función aparente, nos distintos tramos do río (diversas represas en todo o tramo augas abaixo do encoro).

vi. Medidas para mellorar a calidade das ribeiras e das augas superficiais no ámbito do parque natural:

• Coordinación co organismo de bacía para promover un Plan de control e eliminación de verteduras aos cursos fluviais augas arriba do parque natural e no propio ámbito, avanzando na implantación dos sistemas de depuración de augas residuais.

• Coordinación co organismo de bacía para a análise do sistema de depuración de augas residuais das poboacións existentes na contorna do parque natural e establecemento de medidas para mellorar a súa eficiencia, en coordinación co organismo de bacía.

vii. Medidas xerais para a conservación e restauración de recursos xeolóxicos e solos.

viii. Elaboración dun catálogo de pasteiros naturais e seminaturais do parque natural.

ix. Fomentar a xestión forestal sostible e a substitución de masas forestais de eucalipto por frondosas.

x. Promover o deseño e desenvolvemento dun plan de infraestruturas e accións preventivas fronte aos incendios forestais, co obxectivo de asegurar a conservación do medio natural fronte a riscos externos. Así mesmo, preveranse medidas correctoras do territorio afectado pola sucesión de incendios forestais, en especial nas zonas húmidas, leitos fluviais e hábitats prioritarios.

xi. Definición de criterios de calidade paisaxística para orientar a toma de decisións respecto a calquera actuación no parque natural, así como a creación dun inventario de fitos e singularidades paisaxísticas naturais para a súa especial conservación, e para a súa consideración, de ser o caso, como recursos para a interpretación do patrimonio do parque natural.

xii. Deseño e desenvolvemento dun plan de actuación para a recuperación e conservación do patrimonio cultural que acubilla o parque natural, como importante recurso sociocultural.

xiii. Establecer e reforzar mecanismos de coordinación e cooperación con todas aquelas organizacións asociativas que traballan en prol do parque natural, co obxecto de que toda actividade se desenvolva da forma máis compatible posible cos obxectivos do presente documento.

xiv. Plan de fomento e promoción das actividades agrícolas e forestais compatibles coa conservación do parque natural. Incluirá, entre outras medidas, a posibilidade de permutar predios ou adoptar acordos de custodia do territorio. Esta acción completarase coa realización de campañas informativas e de sensibilización ás persoas propietarias sobre a importancia dos aproveitamentos silvopastorais e agroforestais de carácter tradicional para a conservación dos ecosistemas do parque natural.

xv. Desenvolver un programa orientado ao incremento de superficies públicas nas zonas de fragas e zonas de reserva do parque natural.

6.2. Programa de investigación, seguimento e avaliación.

Unha das funcións básicas do parque natural é a promoción da investigación no seu territorio, a través do desenvolvemento, en coordinación con centros e organismos de investigación, dos correspondentes proxectos e plans, así como do seguimento e avaliación dos compoñentes clave que motivaron a súa declaración.

O programa de investigación busca proporcionar información básica para a xestión do parque natural e para a toma de decisións, así como achegar resultados de estudos concretos que completen a información existente sobre as implicacións no uso e manexo dos recursos, como medio para conseguir a súa compatibilidade cos obxectivos de conservación.

Desta forma, o presente PRUX inclúe no seu programa de investigación e seguimento as seguintes medidas:

i. Elaboración dun documento base en que se recollan as directrices xerais para a regulación da actividade investigadora e a estratexia de apoio a esta no parque natural.

ii. Desenvolvemento de traballos de investigación que melloren o coñecemento dos ecosistemas, hábitats e especies de interese para a conservación no parque natural, con prelación das especies prioritarias e catalogadas. Enténdese prioritaria ademais para este período a revisión da cartografía de hábitats, con especial atención aos hábitats prioritarios e especies de interese para a conservación e a inventariación e catalogación.

iii. Mellora do coñecemento do estado de conservación das poboacións de fauna e flora protexidas:

• Actualización dos estudos sobre distribución e evolución das poboacións de fentos ameazadas do parque natural, con especial seguimento das tres especies máis ameazadas: Culcita macrocarpa, Vandenboschia speciosa e Woodwardia radicans. Esta actuación permitirá avaliar as tendencias poboacionais a medio prazo e, de ser o caso, adoptar as medidas pertinentes.

• Definir o estado de conservación das poboacións de liques e fungos do parque natural.

• Actualizar a información relativa á distribución, abundancia e estado de conservación das poboacións de mexillón de río (Margaritifera margaritifera), así como das poboacións de odonatos presentes nos cursos fluviais do parque natural, especialmente Coenagrion mercuriale e Macromia splendens.

• Actualización do estado de conservación de anfibios e réptiles mediante o estudo dos puntos negros de atropelos de anfibios e réptiles na rede viaria do parque natural, o inventario e cartografía das construcións tradicionais na contorna dos cursos fluviais (fontes, lavadoiros, muíños...) empregadas polas poboacións de anfibios como lugar de refuxio e reprodución, e a valoración dos efectos do cambio climático sobre as poboacións de anfibios mediante modelaxe preditiva do seu efecto, prestando especial atención ás especies Rana iberica e Chioglossa lusitanica.

• Afondar no estudo da ecoloxía das especies de quirópteros dentro do parque natural presentes no CGEA e a vixilancia periódica de refuxios, avaliación e seguimento das súas presións e ameazas, especialmente no caso das especies Myotis alcathoe, M. mystanicus, M. bechsteinii e M. crypticus.

• Seguimento das especies piscícolas presentes nas augas do parque natural.

• Avaliación da fauna e comunidades vexetais nos cantís rochosos do parque natural.

• Seguimento e actualización do estado de conservación dos mamíferos, incluíndo o lobo ibérico (Canis lupus signatus).

iv. Actualización da distribución das especies exóticas invasoras, ou con alto potencial invasor, presentes no parque natural, así como a aplicación de medidas específicas para a erradicación e seguimento das súas poboacións, incluíndo a análise das superficies ocupadas por especies de flora exótica e invasora e seguimento periódico da súa evolución. Valoración dos efectos da súa presenza sobre as especies de fentos ameazadas, en especial a implantación de Crocosmia × crocosmiiflora e Tradescantia fluminensis nos hábitats dos fentos riparios ameazados.

v. Acometer traballos que estuden as dinámicas, ameazas e problemas de conservación que afectan as especies prioritarias e catalogadas no parque natural, facendo un especial fincapé:

• Na incidencia dos herbívoros salvaxes e domésticos na flora do parque natural, mediante unha actualización de datos sobre a distribución das poboacións de Capra hircus no parque natural e análise de propostas para o control e erradicación da especie no seu ámbito.

• No estudo das variedades de castiñeiro nos bosques e da súa situación sanitaria, especialmente con respecto á súa resposta fronte á enfermidade da tinta, ocasionada por fungos do xénero Phytophthora.

vi. Estudo da calidade das ribeiras e das augas superficiais no ámbito do parque natural:

• Valoración do volume e dos efectos ambientais da vertedura de xurros na área de influencia do parque natural.

• Revisión da superficie do parque natural para a detección de puntos de vertedura incontrolada de lixo, e recuperación ambiental dos terreos afectados.

vii. Definir o estado dos recursos xeolóxicos e solos:

• Realización dun inventario dos recursos xeolóxicos e edafolóxicos do parque natural, tendo en conta a súa rareza, vulnerabilidade e accesibilidade.

• Elaboración dun mapa de risco de erosión na totalidade do parque natural.

viii. Estudos relacionados coa ordenación e xestión forestal sostible. Enténdese prioritaria para este período a ordenación dos bosques que conforman a zona de reserva e a zona de uso limitado.

ix. Estudo da conectividade no interior do parque natural e cos espazos protexidos próximos ou lindeiros (ex: ZEC Xuvia-Castro) para facilitar a conservación dos elementos identificados como vulnerables fronte ao cambio climático.

x. Crear canles de acceso ás fontes documentais de utilidade para a xestión do parque natural.

xi. Comunicar os resultados das investigacións levadas a cabo no parque natural a través da creación de contidos específicos para a súa web, e a organización de xornadas públicas de divulgación.

xii. Diagnóstico socioeconómico, con indicación dos factores limitantes do desenvolvemento, determinando as potencialidades económicas do parque natural, en coherencia coas directrices e normativa de ordenación física e ambiental.

6.3. Programa de uso público.

O organismo competente en patrimonio natural elaborará un programa de uso público que asegure o gozo do parque natural por parte dos visitantes dunha maneira que garanta a conservación do patrimonio natural e da biodiversidade albergados nel.

6.3.1. Relacionadas coa información e divulgación:

i. Acometer accións para unha maior difusión dos valores naturais e culturais do parque natural en todos os medios posibles, así como para fomentar a presenza do parque natural na sociedade. Respecto diso, impulsarase a utilización das novas tecnoloxías e redes sociais.

ii. Impulsar a edición e distribución de folletos e outros materiais divulgativos sobre o parque natural, tomando as medidas necesarias para que estean dispoñibles nos distintos puntos de información da contorna e das vilas e cidades próximas ao parque natural.

iii. Actualizar de maneira periódica os contidos da web oficial do parque natural.

iv. Informar da normativa vixente no parque natural e das opcións de visita no Centro de Recepción de Visitantes, e preferentemente utilizando a sinalización.

6.3.2. Relacionadas coa educación ambiental:

i. Impulsar o desenvolvemento de actuacións de educación ambiental que inclúan distintos colectivos, con especial atención aos escolares. Ademais de incluír actividades específicas no Centro de Visitantes e noutras infraestruturas, estas actuacións deberán incluír mecanismos de apoio ao labor do profesorado, con especial atención nos pobos da contorna do parque natural, co obxectivo de integrar os valores naturais e culturais do parque natural e a importancia da súa conservación.

ii. Apoiar e potenciar o voluntariado ambiental, canalizando a súa participación na conservación e mellora do parque natural.

6.3.3. Relacionadas coa sinalización e accesibilidade:

i. Realizar a sinalización informativa do parque natural en lugares de interese para o visitante, como son accesos, miradoiros, pistas, áreas de uso público, itinerarios a pé e todo aquel elemento do patrimonio etnográfico que sexa necesario pór en valor, así como a relativa á normativa existente, utilizando o criterio da mínima intrusión nas paisaxes, e implementar sempre que sexa posible as tecnoloxías TIC e ter en conta as cuestións relativas á seguridade dos visitantes. Respecto diso, sinalizarase o acceso, o inicio e o percorrido das rutas e do resto de instalacións de uso público, así como os límites do parque natural. En caso de existir, comprobarase o seu estado de conservación; se está danado ou deteriorado, procederase á súa reposición.

ii. De maneira coordinada coas administracións competentes en materia de estradas, sinalizaranse os accesos ao parque natural desde as principais poboacións e estradas próximas a el.

iii. Reducirase no posible a utilización de automóbiles particulares para entrar na área protexida, polo que se ofrecerán, en coordinación coa consellería competente en transportes, alternativas de transporte colectivo que enlacen os tres puntos de entrada principais (portais) coas respectivas áreas de estacionamento anticipado e municipios.

iv. Fomentar o desprazamento peonil saudable e aumentar as facilidades de circulación pedestre polas beiras do Eume, continuando co acondicionamento permanente dos sendeiros e mellora da súa sinalización.

v. Co obxecto de favorecer unha experiencia sostible e plena no espazo natural, promoverase o emprego de bicicletas eléctricas.

vi. De acordo coa categorización de vías e sendas públicas establecida no punto 4.4.4.3. Normativa, deste anexo, elaborarase un mapa en que se especifiquen os trazados das diferentes vías e as normas de utilización, e que inclúa aquelas de titularidade privada de uso restrinxido a visitantes do parque natural.

6.3.4. En materia de seguridade:

i. Implementar o Plan de xestión de emerxencias do Parque Natural das Fragas do Eume.

ii. Identificar os perigos e riscos relacionados coa práctica das actividades de uso público e facilitar a información oportuna sobre os posibles riscos nas devanditas actividades.

6.4. Programa de conservación e mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos.

Promoverase a elaboración e desenvolvemento dun Programa de mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos existentes no parque natural, cuxas actuacións deberán seguir os criterios da Guía de boas prácticas de intervención en espazos públicos e que abranguerá a posta en marcha de diversas actuacións:

i. Conservación e mellora da rede viaria.

ii. Mantemento e limpeza de devasas e infraestruturas de prevención de incendios forestais e puntos de auga.

iii. Mantemento de vehículos e maquinaria do parque natural.

iv. Mantemento dos centros de interpretación e recepción de visitantes e demais construcións.

7. Cronograma e programa financeiro.

7.1. Cronograma.

2023

2024

2025

2026

2027

2028

2029

2030

2031

2032

1. Programa de conservación da biodiversidade, a paisaxe e o patrimonio cultural.

Medidas de conservación dos hábitats de interese comunitario, con especial atención aos hábitats prioritarios.

Establecemento de medidas de conservación específicas para a flora e fauna do parque natural co fin de mellorar o seu estado de conservación.

Elaboración dun plan global de erradicación de especies exóticas invasoras e de especies alóctonas con alto potencial invasor, no territorio do parque natural.

Actuacións de mellora da conectividade ecolóxica nas zonas de bosque.

Medidas para mellorar a calidade das ribeiras e das augas superficiais no ámbito do parque natural.

Medidas xerais para a conservación e restauración de recursos xeolóxicos e solos.

Fomentar a xestión forestal sostible e a substitución de masas forestais de eucalipto por frondosas.

Promover o deseño e desenvolvemento dun Plan de infraestruturas e accións preventivas fronte aos incendios forestais.

Plan de actuación para a recuperación e conservación do patrimonio cultural.

Plan de fomento e promoción das actividades agrícolas e forestais compatibles coa conservación do parque.

Programa orientado ao incremento de superficies públicas nas zonas de fragas e zonas de reserva do parque natural.

2. Programa de investigación, seguimento e avaliación.

Elaboración dun documento base en que se recollan as directrices xerais para a regulación da actividade investigadora e a estratexia de apoio a esta no parque natural.

Desenvolvemento de traballos de investigación que melloren o coñecemento dos ecosistemas, hábitats e especies do parque natural, e das dinámicas que os caracterizan.

Actualización da distribución das especies exóticas invasoras presentes no parque natural, así como a aplicación de medidas específicas para a erradicación e seguimento das súas poboacións.

Estudo das dinámicas, ameazas e problemas de conservación que afectan as especies prioritarias e catalogadas no parque natural.

Estudo da calidade das ribeiras e das augas superficiais.

Definir o estado dos recursos xeolóxicos e solos.

Estudos relacionados coa ordenación e xestión forestal sostible.

Deseño de estratexias de xestión dos ecosistemas, hábitats e especies do parque natural necesarios para levalos e mantelos nun estado de conservación favorable.

3. Programa de uso público.

Accións para unha maior difusión dos valores naturais e culturais do parque natural

Relacionados coa educación ambiental. Impulsar o desenvolvemento de actuacións de educación ambiental que inclúan distintos colectivos.

Apoiar e potenciar o voluntariado ambiental, canalizando a súa participación na conservación e mellora do parque natural.

Sinalización informativa do parque natural en lugares de interese para o visitante, como son accesos, miradoiros, pistas, áreas de uso público e itinerarios a pé.

Reordenación e organización do acceso de visitantes, desenvolvendo alternativas de transporte colectivo aos portais, incentivando a recondución dos visitantes cara aos portais menos concorridos e fomentando o acceso a pé.

Elaboración dun mapa onde se especifiquen os trazados das diferentes vías e as normas de utilización

Implementación do Plan de xestión de emerxencias.

4. Programa de mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos.

Conservación e mellora da rede viaria.

Mantemento e limpeza de infraestruturas de incendios e puntos de auga.

Mantemento dos centros de interpretación e recepción de visitantes e demais construcións.

7.2. Programa financeiro.

Considerando os obxectivos establecidos no presente plan, e de acordo coas previsións de usos e aproveitamentos e os orzamentos establecidos para a conservación do parque natural, elabórase o Programa económico-financeiro do Parque Natural das Fragas do Eume para un período de vixencia de dez anos.

2023

2024

2025

2026

2027

2028

2029

2030

2031

2032

1. Programa de conservación da biodiversidade, a paisaxe e o patrimonio cultural.

Conservación da biodiversidade, patrimonio cultural e paisaxe.

60.000 €

50.000 €

55.000 €

60.000 €

60.000 €

60.000 €

60.000 €

65.000 €

65.000 €

65.000 €

Plan de actuación para a recuperación e conservación do patrimonio cultural.

18.000 €

Programa orientado ao incremento de superficies públicas nas zonas de fragas e zonas de reserva do parque natura.l

550.000 €

550.000 €

2. Programa de investigación, seguimento e avaliación.

Estudos de fauna, flora, hábitats e outros estudos. Seguimento e avaliación.

36.000 €

36.000 €

36.000 €

36.000 €

36.000 €

36.000 €

36.000 €

36.000 €

36.000 €

36.000 €

3. Programa de uso público.

Relacionados coa información, divulgación e sinalización.

18.000 €

18.000 €

18.000 €

5.000 €

5.000 €

5.000 €

5.000 €

5.000 €

5.000 €

5.000 €

Relacionados coa educación ambiental.

25.000 €

30.000 €

30.000 €

35.000 €

35.000 €

35.000 €

35.000 €

40.000 €

40.000 €

40.000 €

Implementación do Plan de xestión de emerxencias.

18.000 €

8.000 €

8.000 €

4. Programa de mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos.

Conservación e mellora da rede viaria.

40.000 €

45.000 €

45.000 €

50.000 €

50.000 €

50.000 €

50.000 €

55.000 €

55.000 €

55.000 €

Mantemento e limpeza de infraestruturas de incendios e puntos de auga.

6.000 €

6.000 €

6.000 €

6.000 €

6.000 €

Mantemento do Centro de Recepción de Visitantes e demais construcións.

7.000 €

7.000 €

7.000 €

7.000 €

7.000 €

7.000 €

7.000 €

7.000 €

7.000 €

7.000 €

Total ano

742.000 €

754.000 €

215.000 €

193.000 €

199.000 €

193.000 €

199.000 €

208.000 €

214.000 €

208.000 €

Total

3.125.000 €

8. Sistema de seguimento e avaliación.

O seguimento e avaliación do PRUX é fundamental para constatar se as accións expostas e a normativa establecida están a ofrecer os resultados agardados e medir o seu grao de eficacia. Esta información será de grande utilidade tanto de cara á formulación do seguinte PRUX como para poder realizar unha xestión adaptable que permita dar resposta a imprevistos non recollidos no presente documento, así como, con base no seguimento e avaliación periódica, reconducir, deter e/ou buscar alternativas para aquelas accións que non estean a ofrecer os resultados agardados.

8.1. Seguimento.

Estableceranse protocolos de seguimento que permitan obter información dos diferentes aspectos e accións que teñen lugar no parque natural, cos seguintes obxectivos:

a) Rexistrar os cambios que se producen nos usos e nos hábitats naturais do parque natural, e establecer as súas causas.

b) Prevención e alerta temperá ante cambios puntuais ou situacións de risco para os valores naturais do parque natural ou para as persoas.

c) Mellorar o coñecemento sobre os hábitats e especies presentes no parque natural.

d) Previr e minimizar conflitos sociais derivados da aplicación do PRUX.

e) Determinar o grao de cumprimento dos obxectivos do PRUX.

f) Determinar os efectos producidos polos usos e as accións recollidas no PRUX e outras que puidesen desenvolverse sobre o medio natural e detección de efectos non desexados.

g) Mellorar a implementación do PRUX mediante unha xestión adaptativa do parque natural.

O seguimento será de dous tipos:

a) Un seguimento diario do funcionamento, condicións e procesos naturais do parque natural.

b) Un seguimento específico das accións que se desenvolven no parque natural.

Prestarase especial atención aos seguintes aspectos:

a) Augas: cantidade e calidade.

b) Solos: signos de erosión, arrastres e outros tipos de perda ou degradación dos solos.

c) Hábitats: estado de conservación, cambios na súa extensión ou afeccións.

d) Flora: dinámica das comunidades, estado de conservación, rexeneración espontánea ou artificial, afeccións.

e) Fauna: dinámicas de poboación das especies ameazadas o afeccións.

f) Sistemas agropecuarios: cambios de uso e manexo.

g) Efecto do uso público sobre os hábitats e especies.

h) Percepción social e implicación de habitantes e visitantes na xestión do parque natural. Nese senso, cando sexa posible, recolleranse os datos desagregados por sexos para así poder establecer medidas específicas que promovan a integración efectiva da perspectiva de xénero neste ámbito.

8.2. Indicadores.

Para realizar un seguimento eficaz é preciso desenvolver unha listaxe de indicadores que sirvan para medir o grao de consecución das accións que se realizan no parque natural e a eficacia das medidas propostas e metodoloxías empregadas.

O Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia propón diversas fontes de indicadores básicos de biodiversidade e indicadores de sustentabilidade no punto 7.3.3, punto 3, do anexo VII. Tamén en Atauri et al. (2005) se atopan fontes e listas de indicadores básicos que poden servir de referencia para elaborar unha listaxe propia e adaptada á realidade e as actividades que se desenvolvan no parque natural.

A continuación, preséntase unha listaxe de indicadores de referencia específicos para o seguimento dalgúns dos puntos incluídos no presente documento:

8.2.1. Indicadores para os hábitats.

– Avaliación cada cinco anos da extensión e estado de conservación dos seguintes hábitats prioritarios presentes no parque natural:

a) 4020* Queirogais húmidos atlánticos de Erica ciliaris e Erica tetralix.

b) 5230* Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis.

c) 6220* Pseudoestepas de gramíneas e anuais da orde Thero-Brachypodietea.

d) 6230* Formacións herbosas con Nardus.

e) 7110* Turbeiras altas activas.

f) 9180* Bosques de encostas, desprendementos e barrancos do Tilio-Acerion.

g) 91E0* Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior.

– Avaliación cada dez anos da extensión e estado de conservación, en termos de diversidade da flora e grao de naturalidade do resto dos hábitats presentes no parque natural.

8.2.2. Indicadores para a flora.

– Censo e área de ocupación cada cinco anos das especies de flora catalogadas. No caso das seguintes especies relacionadas como en perigo de extinción no Catálogo galego de especies ameazadas, o censo e área de ocupación será cada tres anos: Culcita macrocarpa, Leptogium cochleatum e Pseudocyphellaria aurata.

8.2.3. Indicadores para os invertebrados.

– Censo e área de ocupación cada cinco anos das especies de invertebrados catalogadas. No caso das seguintes especies relacionadas como en perigo de extinción no Catálogo galego de especies ameazadas, o censo e área de ocupación será cada tres anos: Macromia splendens, Margaritifera margaritifera e Elona quimperiana.

8.2.4. Indicadores para os vertebrados.

– Censo e área de ocupación cada dez anos das especies catalogadas no parque natural. No caso das seguintes especies relacionadas como en perigo de extinción no Catálogo galego de especies ameazadas, o censo e área de ocupación será cada tres anos: Gallinago gallinago e Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica. Ademais, farase un seguimento cada tres anos dos refuxios de quirópteros de maior importancia e/ou habitados nalgún momento do ano por especies en perigo de extinción no CGEA.

8.2.5. Indicadores para a incidencia dos incendios forestais.

– Número anual de sinistros producidos.

– Superficie total e superficie de hábitats prioritarios afectados anualmente.

8.2.6. Indicadores para as especies exóticas invasoras.

– Número de especies invasoras rexistradas cada ano na superficie dese hábitat.

– Extensión das especies invasoras en conxunto en cada hábitat.

– Número de exemplares e/ou superficie de cada especie exótica invasora eliminada.

8.2.7. Indicadores do uso público.

– Número de persoas visitantes/ano, desagregado por sexo, rango de idade e procedencia.

9. Organización administrativa.

9.1. Xestión xeral e dirección.

A xestión do parque natural é responsabilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, por medio do Servizo de Parques Naturais, a quen lle corresponde o exercicio de funcións relativas á dirección e xestión executiva ordinaria do parque natural e a elaboración de instrucións para a formulación das propostas dos orzamentos e dos programas de xestión, así como para a execución e desenvolvemento e seguimento do PRUX.

9.2. Xunta Reitora.

A Xunta Reitora constitúese en virtude do Decreto 32/2004, do 22 de xaneiro, polo que se crea a Xunta Consultiva do Parque Natural das Fragas do Eume; do Decreto 29/1992, do 11 de febreiro, e do Decreto 265/2007, do 28 de decembro, polo que se modifica a composición das xuntas consultivas dos parques naturais de Galicia. Ten como propósito colaborar na xestión do parque natural e canalizar a participación das persoas propietarias e os intereses sociais e económicos afectados, e estará integrada polos seguintes membros:

• Presidencia: persoa nomeada pola persoa titular da consellería con competencias en materia de patrimonio natural, por proposta do director ou directora xeral con competencia en materia de conservación da natureza.

• Vicepresidencia: a persoa que exerza o cargo da xefatura territorial da consellería competente en materia de patrimonio natural na provincia onde se atope o parque natural, neste caso A Coruña.

• Secretaría: un funcionario ou funcionaria da xefatura territorial da consellería competente en materia de patrimonio natural, que actuará con voz pero sen voto, designado pola persoa titular da Delegación Provincial da Coruña.

• Vogais:

– A persoa que exerza a dirección e xestión executiva do parque natural.

– Representante da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

– Xefe ou xefa do Servizo de Patrimonio Natural da Coruña.

– Representante da consellería con competencias en materia de presidencia, administracións públicas e xustiza.

– Representante da consellería con competencias en materia de política territorial, obras públicas e transporte.

– Representante da consellería con competencias en materia de turismo.

– Representante da consellería con competencias en materia de medio rural.

– Representante da consellería con competencias en materia de cultura.

– Representante da consellería con competencias en materia de traballo.

– Representante da Deputación Provincial da Coruña.

– Alcalde ou alcaldesa de cada un dos concellos en que estea situado o parque natural ou o/a concelleiro/a no/na cal este/a delegue (Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez).

– Representante da Universidade da Coruña.

– Representante das asociacións que figuren inscritas no Rexistro de Asociacións Protectoras do Medio Ambiente da Xunta de Galicia, designado ou designada por estas.

– Representante dos grupos de acción local existentes na zona de influencia socioeconómica do parque natural, elixido ou elixida por estes.

– Representante das asociacións de promoción turística da zona de influencia socioeconómica do parque natural.

– Representante da Confederación Provincial de Empresarios da Coruña.

– Ata un máximo de cinco representantes da propiedade de terreos integrados no parque natural. A cota de representación efectuarase proporcionalmente á porcentaxe que ocupen os montes veciñais en man común e as propiedades representadas por persoas físicas ou xurídicas distintas dos anteriores, en ambos os casos, elixidos por eles mesmos.

Na proposta e designación das persoas vogais que non teñan a condición de cargos natos atenderase ao principio de presenza equilibrada entre mulleres e homes, segundo o previsto na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, e no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

Así mesmo, en virtude do establecido no artigo 7 do Decreto 265/2007, a presidencia poderá convidar ás reunións das xuntas consultivas a persoas expertas nalgunha materia relevante e/ou que garden relación co parque natural, que participarán nestas reunións con voz, pero sen voto.

De acordo coa Lei 5/2019, do 2 de agosto, correspóndelle a esta xunta reitora a colaboración na xestión do parque natural a través da súa función asesora e consultiva mediante:

• A aprobación e modificación do seu regulamento de réxime interior.

• A emisión daqueles informes que lle sexan solicitados.

• A proposta de actuacións e iniciativas tendentes á consecución dos fins do parque natural, incluíndo os de difusión e información dos valores deste, así como os programas de formación e educación ambiental.

• A colaboración na promoción e proxección exterior do parque natural e os seus valores.

• En xeral, a promoción e realización de cantas xestións considere oportunas en beneficio do parque natural.

Así mesmo, esta xunta reitora deberá ser oída para a adopción das seguintes decisións:

• A aprobación, modificación e revisión da normativa relativa ao parque natural e dos seus instrumentos de planificación.

• A aprobación do orzamento de xestión do parque natural.

9.3. Procedemento administrativo.

As autorizacións que se outorguen no parque natural serán emitidas polo organismo competente en patrimonio natural ou, se for o caso, pola Xefatura Territorial da Coruña, logo de informe preceptivo do Servizo de Patrimonio Natural da Coruña ou do organismo competente en patrimonio natural. Estas autorizacións deberán obterse con anterioridade ás exixidas pola lexislación sectorial pertinente e a súa obtención non exime do cumprimento da normativa sectorial de aplicación nin de cantas outras autorizacións, permisos ou licenzas sexan requiridos por ela.

10. Vixencia e revisión do plan.

En virtude do establecido no artigo 58 da Lei 5/2019, do 2 de agosto, a vixencia do PRUX será, como mínimo, de dez anos e deberase revisar ao terminar o prazo de vixencia establecido ou antes, se for necesario, conforme o estado da ciencia e da técnica ou a aplicación das medidas de seguimento que correspondan.

Transcorrido o período de vixencia, o órgano competente en materia de patrimonio natural revisará o PRUX.

O PRUX poderá ser revisado con anterioridade ao seu vencemento por iniciativa do órgano competente en materia de patrimonio natural, sempre e cando se produza algunha das seguintes circunstancias:

i. Cando se produzan episodios de orixe natural ou antrópico de carácter excepcional que afecten a integridade do parque natural e desborden as medidas de protección previstas no presente PRUX. Neste caso, a demostración das ditas circunstancias terá que realizarse mediante os correspondentes estudos e informes técnicos.

ii. No caso de xurdiren novas actividades non mencionadas no presente PRUX que afecten ou poidan afectar os valores do parque natural.

iii. No caso de que a normativa do presente PRUX se manifeste insuficiente para a consecución dos obxectivos do parque natural.

A revisión anticipada do PRUX suporá a súa nova aprobación, de conformidade co establecido na Lei 5/2019, do 2 de agosto.

As revisións que se realicen terán como obxectivo a actualización, mellora e optimización de normas e directrices, respectando os principios básicos de conservación que inspiran a declaración do parque natural.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file