Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2023 Páx. 19687

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 14 de marzo de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro), polo que se dá publicidade de cinco novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 14 de marzo de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), modificada pola Resolución do 6 de outubro de 2020 (DOG núm. 206, do 13 de outubro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro), de conformidade co disposto na base II.6 da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Mediante o Acordo do 5 de outubro de 2022, este tribunal acordou elevar ao director xeral da Función Pública a lista das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, para que elaborase a proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira da Xunta de Galicia das persoas que figuraban nela. A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo fíxose pública no DOG núm. 197, do 17 de outubro. Este acordo foi modificado polo Acordo do 12 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) polo que se modificou a baremación definitiva da fase de concurso e a orde na relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Segundo. O día 14 de marzo de 2023, mediante escrito da Dirección Xeral da Función Pública, requíreselle a este tribunal que propoña cinco novas persoas aspirantes, xa que:

– Por un lado, as persoas aspirantes que figuraban cos números 43 (Jesús López-Quiroga Núñez, con DNI ***4540**), 98 (Concepción Seijo García, con DNI ***7149**), 106 (Valme Cid Pozo, con ***9537**) e 163 (Luz Hombre Tuñas, con DNI ***8392**) presentaron a súa renuncia ao proceso selectivo, dentro do prazo previsto para a elección de destino establecido pola Resolución do 19 de xaneiro de 2023, pola que se convocan para a elección de destino en prácticas as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 17, do 25 de xaneiro), polo que quedan anuladas as súas actuacións.

– E, por outro lado, a persoa aspirante que figuraba co número 92 (José Alberto Taboada Maquieira, con DNI ***7777**) foi excluída do proceso selectivo pola Resolución do 13 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 36, do 21 de febreiro), polo que quedan anuladas as súas actuacións.

Terceiro. A base II.6 da convocatoria sinala: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación dos exercicios da oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas».

Cuarto. Con base no anterior, este tribunal acorda facer pública, como anexo a este acordo, a relación das cinco novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, coas puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade. Ocuparán as posicións que se sinalan, logo da renumeración da orde de prelación, no anexo deste acordo na orde de persoas aspirantes aprobadas.

Quinto. De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que se sinalan no anexo dispoñen dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no DOG, para presentaren a documentación prevista na citada base.

Sexto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo do tribunal poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2023

Rubén Plaza Martínez
Presidente do tribunal

ANEXO

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

Concurso

Total

311

***8588**

Lis Álvarez, Ruth Belén

26,59

15,38

Exento/a

1,00

42,97

312

***1710**

Dacruz López, Laura

26,34

16,50

Exento/a

0,00

42,84

313

***5729**

López Mouriño, Patricia

25,74

17,06

Exento/a

0,00

42,80

314

***4359**

Pérez Trigo, Benjamín

25,91

16,88

Exento/a

0,00

42,79

315

***8532**

Mantilla Martínez, Ada Vanessa

27,78

15,00

Exento/a

0,00

42,78