Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2023 Páx. 19748

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 8 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de requirimento de documentación do expediente SAI BT 2022/35.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e quedarán supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e logo de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido a persoa interesada que se sinala no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmanse a persoa interesada de que o expediente se atopa á súa disposición, para coñecer o contido íntegro dos actos, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Industria), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 8 de marzo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: SAI BT 2022/35.

NIF: H15313984.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: Santiago de Compostela.