Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a declaración de utilidade pública do proxecto de adecuación CT Serode-27C008 (Pantón), segundo se sinala no cadro anexo.
Ademais, infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas).
O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/panton
Lugo, 8 de marzo de 2023
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/300-2.
Denominación: adecuación CT Serode-27C008 (Pantón).
Concello: Pantón.
Declaración de utilidade pública.
Referencia catastral |
Propietario |
Apoio |
|||||
Nº predio |
Pol. |
Parc. |
Lugar |
Cultivo |
Nome e apelidos |
Nº |
m2 |
1 |
54 |
129 |
Balado |
Prado |
Hdros. de Josefina Ramona López Mosquera e Ofelia López Mosquera |
75-1-13 |
2.0 |