Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2023 Páx. 20011

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 9 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal, emprázase a persoa interesada identificada no anexo para ser notificada por comparecencia.

A resolución obxecto de notificación ditouna o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, para iniciar o expediente de modificación da autorización por cesamento de actividade docente do CPR Junior’s, de Santiago de Compostela.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A notificación da resolución poderase recoller na sede da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, sita en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 2, 2º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen que se produza a comparecencia, a notificación entenderase efectuada a partir do día seguinte ao último día do prazo fixado.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2023

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Persoas interesadas: representante legal do CPR Junior’s de Santiago de Compostela.