Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2023 Páx. 20028

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2023 pola que se comunica o inicio do procedemento de incumprimento do expediente IG206.2016.1.31.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante esta resolución, ponse en coñecemento da persoa titular do expediente relacionado no anexo a esta resolución que o director xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento das condicións impostas na resolución de concesión da axuda outorgada, co obxecto de determinar o seu alcance, que podería dar lugar á revogación da axuda concedida.

O acto obxecto do presente anuncio non se publica na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Concédeselle á persoa titular do expediente un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado para presentar alegacións co fin de xustificar a non procedencia deste presunto incumprimento. O expediente ponse de manifesto á persoa interesada neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2023

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego
de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

NIF/razón social

Programa de axudas

Data resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG206.2016.1.31

X7506420W

Programa Microcréditos. Axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 €. Resolución do 2 de agosto de 2016 (DOG núm. 153, do 12 de agosto).

6.10.2022

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total