Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2023 Páx. 19966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Padrenda (expediente IN407A 2022/115-3).

Examinado o expediente instruído por solicitude de San Miguel 2000 Distribución Eléctrica, S.L. sobre a autorización administrativa previa e de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: San Miguel 2000 Distribución Eléctrica, S.L.U.; CIF: B32274680.

Domicilio social: rúa Coruña, nº 20, 36700 Tui (Pontevedra).

Denominación: modificación LMTA Lavandeira (3071-AT).

Situación: lugar Lavandeira, concello de Padrenda.

Orzamento: 52.104,89 €.

Características principais do proxecto de execución, que foi asinado en xullo de 2022 polo enxeñeiro técnico industrial Rubén Francisco Fernández Vayo, colexiado núm. 2880 do COITIV, e visado polo dito colexio o 15.7.2022:

• Modificación da LMTA Lavandeira, a 20 kV, con novo trazado en soterrado en canalización entubada entre os apoios 2 e 3 de proxecto, apoios de celosía metálica C-4500/20 e C-3000/18 respectivamente con paso A/S, en condutor tipo RHZ1-OL-12/20 kV 3×240 Al de 110 m de lonxitude, e modificación do tramo aéreo existente coa instalación do novo apoio, tamén de celosía metálica do tipo C-3000/20, en substitución do existente de formigón.

A información pública do proxecto foi realizada mediante o Acordo desta xefatura territorial do 25.8.2022, que foi inserido no DOG do 21.9.2022 e no xornal La Voz de Galicia do 23.9.2022. O proxecto tamén estivo en exposición pública nesta xefatura territorial e no portal de transparencia desta vicepresidencia durante o prazo regulamentario. Dentro do prazo establecido para iso non foron presentadas alegacións.

No expediente consta a comunicación do promotor en que manifesta que chegou a acordo cos titulares dos bens e dereitos afectados.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 17 de febreiro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense