Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2023 Páx. 20003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 8 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de varias parcelas pola instalación eléctrica da LMT e CT O Barreiro, prevista no concello de Gondomar (expediente IN407A 2023/050-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultaren descoñecidas as persoas interesadas, notifícaselles a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica da LMT e CT O Barreiro (expediente IN407 2023/050-4), e as afeccións das parcelas indicadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, con enderezo na avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 8 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. de expediente: IN407A 2023/050-4.

Denominación: LMT e CT O Barreiro.

Concello: Gondomar.

Núm.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT

(m2)

Afeccións

m.l. aér.

m2 aér.

2

Barreiros

Monte alto

54021A035000260000KK

Descoñecido/a

33-3-1

1,00

10,69

100,77

3

Barreiros

Monte alto

54021A035000250000KO

Descoñecido/a

8,36

80,28

4

Barreiros

Monte alto

54021A035000240000KM

Descoñecido/a

13,42

6

Barreiros

Prado

540810NG2604S0000AF

Descoñecido/a

33-3-2

2,00

13,17

105,96

7

Barreiros

Monte alto

54021A034002150000KI

Descoñecido/a

9,06

8

Barreiros

Prado

54021A035000160000KQ

Descoñecido/a

1,18