Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2023 Páx. 20066

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2023 pola que se modifica a Resolución do 6 de febreiro de 2023 pola que se autoriza o Plan de pesca da anguía para as confrarías de pescadores da ría de Vigo, tempada 2023.

Antecedentes.

Por Resolución do 6 de febreiro de 2023 aprobouse o Plan de pesca da anguía para as Confrarías de Pescadores da Ría de Vigo, para a tempada 2023.

Os números 2 e 6 e os anexos A e B da devandita resolución establecen:

«2. Período.

O período autorizado será desde o 1 de maio ata o 31 de outubro de 2023».

«6. Zonas de pesca.

A zonas autorizadas de traballo e os períodos de actividade serán os seguintes:

Entre o 1 e o 31 de maio de 2023, segundo a carta mariña que se acompaña como anexo A (por dentro da zona delimitada entre a liña de referencia de Punta do Cabo e Punta do Pereiro ata a liña de referencia de limitación das augas continentais, de Punta Muxeira a Punta Ulló).

Entre o 1 de xuño e o 31 de outubro, na totalidade da Enseada de San Simón e segundo a carta mariña que se xunta como anexo B (da Ponte de Rande cara ao interior, ata a liña de referencia de limitación das augas continentais, de Punta Muxeira a Punta Ulló)».

«Anexo A.

(Período entre o 1.5.2023 e o 31.5.2023)».

«Anexo B.

(Período entre o 1.6.2023 e o 31.10.2023)».

A presente modificación estivo suxeita ás consultas ao sector afectado e a súa posterior conformidade por parte da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra.

Con base nisto, esta consellería

RESOLVE:

Modificar os números 2 e 6 e os anexos A e B da Resolución do 6 de febreiro de 2023 pola que se autoriza o Plan de pesca da anguía para as Confrarías de Pescadores da Ría de Vigo, para a tempada 2023, que queda redactado como segue:

«2. Período.

O período autorizado será desde o 1 de abril ata o 30 de setembro de 2023».

«6. Zonas de pesca.

A zonas autorizadas de traballo e os períodos de actividade serán os seguintes:

Entre o 1 de abril e o 31 de maio de 2023, segundo a carta mariña que se acompaña como anexo A (por dentro da zona delimitada entre a liña de referencia de Punta do Cabo e Punta do Pereiro ata a liña de referencia de limitación das augas continentais, de Punta Muxeira a Punta Ulló).

Entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, na totalidade da Enseada de San Simón e segundo a carta mariña que se acompaña como anexo B (da Ponte de Rande cara ao interior, ata a liña de referencia de limitación das augas continentais, de Punta Muxeira a Punta Ulló)».

«Anexo A.

(Período entre o 1.4.2023 e o 31.5.2023)».

«Anexo B.

(Período entre o 1.6.2023 e o 30.9.2023)».

A presente resolución non modifica o resto das condicións establecidas no plan.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ante a conselleira do Mar, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2023

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022; DOG núm. 41, do 1 de marzo)
Antonio Basanta Fernández
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica