De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación das resolucións dos recursos de alzada ditadas nos procedementos, no último domicilio das persoas interesadas citadas nos anexos sen que estas se puidesen efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para ser notificadas dos ditos actos administrativos.
Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para ter coñecemento do contido íntegro do referido acto e do seu expediente advertíndolles que, de non facelo, terase por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Estas resolucións poñen fin á vía administrativa, e contra elas poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación, practicada por comparecencia, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 17 de febreiro de 2023
María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña
ANEXO I
Procedemento BS618D
Nº de expediente |
DNI/NIE |
Resolución do recurso de alzada |
Data da resolución |
15036002822E |
32692689Y |
Desestimación do recurso |
30.11.2022 |
ANEXO II
Procedemento BS626F
Nº de expediente |
DNI/NIE |
Resolución do recurso de alzada |
Data da resolución |
15030067320R |
Y3233325E |
Desestimación do recurso |
17.1.2023 |
15030003022R |
79317377Z |
Desestimación do recurso |
24.1.2023 |