De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación das resolucións ditadas pola xefatura territorial no último domicilio das persoas interesadas, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, emprázanse para seren notificadas as persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, para que no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Concepción Arenal, núms. 7 e 9 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para teren coñecemento do contido íntegro das ditas resolucións.
Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo indicado para compareceren.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante esta xefatura territorial, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, segundo o establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 30 de xaneiro de 2023
María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Procedemento BS614B
Número expediente |
DNI |
Contido do acto |
Data documento |
BS614B 2022/234 |
34898053S |
Aceptación da desistencia e acordo de arquivamento |
10.1.2023 |
BS614B 2022/302 |
33286705R |
Aceptación da desistencia e acordo de arquivamento |
10.1.2023 |
BS614B 2022/629 |
33149365V |
Aceptación da desistencia e acordo de arquivamento |
10.1.2023 |
BS614B 2022/705 |
33759619N |
Aceptación da desistencia e acordo de arquivamento |
10.1.2023 |
BS614B 2022/714 |
32645359X |
Aceptación da desistencia e acordo de arquivamento |
10.1.2023 |
BS614B 2022/737 |
32424123B |
Aceptación da desistencia e acordo de arquivamento |
10.1.2023 |