De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación dos requirimentos de documentación ditados nos procedementos de revisión no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.
Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes advertíndolles que, de non facelo, entenderase practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos contado desde o día seguinte á súa notificación por comparecencia sen teren presentada a documentación, continuará a tramitación dos expedientes sen prexuízo da adopción das medidas que procedan, de conformidade co disposto no artigo 43 e seguintes da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
A Coruña, 4 de xaneiro de 2023
María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Procedemento BS626F
Nº de expediente |
DNI/NIE |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
15030015621R |
Y67800790J |
Requirimento de documentación |
9.2.2022 |
15030040320R |
47881128P |
Requirimento de documentación |
10.3.2022 |
15030045221R |
32789449M |
Requirimento de documentación |
21.3.2022 |
15078011220R |
44814304T |
Requirimento de documentación |
11.3.2022 |
15031001420R |
Y7952982X |
Requirimento de documentación |
4.4.2022 |
15017001721R |
Y7323492F |
Requirimento de documentación |
19.4.2022 |
15058000821R |
Y64910059J |
Requirimento de documentación |
25.4.2022 |
15078014420R |
71763820W |
Requirimento de documentación |
22.4.2022 |