Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2023 Páx. 20207

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS626F (expediente 15031004220R e trece máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación dos requirimentos de documentación ditados nos procedementos de revisión no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar, por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para ser notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes advertíndolles que, de non facelo, se entenderá practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos contado desde o día seguinte á súa notificación por comparecencia sen teren presentada a documentación, continuará a tramitación dos expedientes sen prexuízo da adopción das medidas que procedan, de conformidade co disposto no artigo 43 e seguintes da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2023

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15031004220R

348890053P

Requirimento de documentación

16.2.2022

15002200420R

76406515D

Requirimento de documentación

10.3.2022

15030073819R

Y5177580H

Requirimento de documentación

10.3.2022

15030001720R

Y6597292D

Requirimento de documentación

10.3.2022

15030041320R

49914779H

Requirimento de documentación

10.3.2022

15005000418R

Y5351700M

Requirimento de documentación

10.3.2022

15030059620R

32451269V

Requirimento de documentación

10.3.2022

15030056620R

Y8191602M

Requirimento de documentación

10.3.2022

15030074718R

58022345S

Requirimento de documentación

10.3.2022

15030072120R

Y6890241F

Requirimento de documentación

10.3.2022

15005005520R

47374050F

Requirimento de documentación

10.3.2022

15005008721R

41638717T

Requirimento de documentación

17.10.2022

15030072318R

44473470A

Requirimento de documentación

17.10.2022

15030043621R

X3287640C

Requirimento de documentación

19.12.2022