Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2023 Páx. 20236

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2023 pola que se fai pública a declaración da aldea modelo do Seixo (A Gudiña, Ourense), e a aprobación do seu proxecto de ordenación produtiva.

En cumprimento do disposto nos artigos 112.4 e 115.3 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, faise pública a declaración da aldea modelo do Seixo (A Gudiña, Ourense), polo Acordo do 24 de xaneiro de 2022, do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), CVE avvOafg807 verificable en https://sede.xunta.gal/cve, e a aprobación do seu proxecto de ordenación produtiva, pola Resolución do 16 de marzo de 2023, do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), CVE uojaXJyzX1B6 verificable en https://sede.xunta.gal/cve

Contra os citados acordo e resolución, que esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante o Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 6 e seguintes e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; en ambos os dous casos o prazo contarase desde o día seguinte ao da notificación da resolución ou acto administrativo. Non obstante, poderase interpoñer calquera outro recurso que se considere procedente.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural