Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2023 Páx. 20237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2023 pola que se fai pública a declaración da aldea modelo de Carzoá (Cualedro, Ourense) e a aprobación do seu proxecto de ordenación produtiva.

En cumprimento do disposto nos artigos 112.4 e 115.3 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, faise pública a declaración da aldea modelo de Carzoá (Cualedro, Ourense) mediante o Acordo do 21 de xaneiro de 2022 do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), CVE 7Ju1SVBL43, verificable en https://sede.xunta.gal/cve, así como a aprobación do seu proxecto de ordenación produtiva, mediante a Resolución do 16 de marzo do 2023 do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), CVE 9mtthqyR91R1, verificable en https://sede.xunta.gal/cve

Contra os citados acordo e resolución, que esgotan a vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 6 e seguintes e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En ambos os dous casos o prazo contará desde o día seguinte ao da notificación da resolución ou acto administrativo. Non obstante, poderase interpor calquera outro recurso que se considere procedente.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural