Expediente: IN407A 2022/366-1.
Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, SA.
Denominación: regulamentación LMT BOI-804: apoios 9KLLWCC5//74 e 9KMADLQD//75.
Concello: Pobra do Caramiñal.
1. Características técnicas:
Modificación do treito da liña BOI-804 autorizado no expediente 50.315, en condutor tipo LA-56, de 449,5 metros de lonxitude, comprendido entre os seus apoios nº 72 (matrícula: 9KKOHQCK) metálico tipo AM-AG-C-2000/16-H35-CAI e nº 76 (matrícula: 9KNMR2X6) de formigón tipo AM-AG-HV-630/13-CR1-CAI, consistente en:
– Substitución, respectando o seu actual emprazamento, do apoio nº 73 (matrícula: 9KLI7577) de formigón tipo AM-AG-HV-1600/13-CR1-CAI, polo novo apoio metálico tipo AM-C-2000/14-H35-CAIII (CSIII).
– Substitución do apoio nº 74 (matrícula: 9KLLWCC5) de formigón tipo AM-AG-HV-1000/13-CR1-CAI, polo novo apoio metálico tipo FL-C-3000/14-H35-CAIII no que se proxecta a instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) dotado de xogo de pararraios autoválvulas. En tanto o actual apoio nº 74 atópase instalado nun vial público á entrada dunha vivenda, o emprazamento do novo apoio proxéctase na parcela con referencia catastral 4688706NH0148N0001HA sita no lugar de Roupión, desprazándose dez (10) metros cara o apoio nº 73 baixo a actual traza da LMT aérea existente respecto do emprazamento do actual apoio nº 74.
– Substitución, respectando o seu actual emprazamento, do apoio nº 75 (matrícula: 9KMADLQD) de formigón tipo AM-AG-HV-1600/15-CR1-CAI, polo novo apoio metálico tipo FL-C-2000/16-H35-CAIII no que se proxecta a instalación dun paso soterrado-aéreo (PS/A) dotado de xogo de pararraios autoválvulas.
– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 232 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1 × 240 mm² Al), coa orixe paso aéreo-soterrado (PA/S) a instalar no novo apoio nº 74 e remate no paso soterrado-aéreo (PS/A) a instalar no novo apoio nº 75.
– Desconexión e desmontaxe do treito aéreo da LMT BOI-804, de 162 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre os actuais apoios nº 74 e nº 75.
– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) nos vanos da liña BOI-804 anterior e posterior ao novo apoio nº 73 proxectado e no vano posterior ao apoio nº 75 proxectado.
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Poderán examinar a documentación técnica, e de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partires do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:
https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
A Coruña, 2 de marzo de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados, termo municipal da Pobra do Caramiñal
Regulamentación LMT BOI-804: apoios 9KLLWCC5//74 e 9KMADLQD//75.
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios) |
LMT soterrada (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
CT/ Nº do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
1 |
María José e Manuela Seoane González |
15068A011002770000YA |
O Gruceiro |
Apoio nº 73 |
2 |
Urbano. Solo sen edificar |
||
2 |
José Pérez Cameán |
4688706NH0148N0001HA |
Roupión |
Apoio nº 74 |
2 |
Urbano. Solo sen edificar |
||
3 |
José Pérez Cameán |
4786210NH0148N0001PA |
A Granxa |
Apoio nº 75 |
2 |
2 |
6 |
Urbano. Solo sen edificar |