Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2023 Páx. 20162

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2023 pola que se modifica a composición do tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir tres prazas da categoría profesional de técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde, grupo III, polas quenda de promoción interna e de acceso libre.

Mediante a Resolución do 3 de novembro de 2022 (DOG do 18 de novembro) convócanse probas selectivas para cubrir tres prazas da categoría profesional de técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde, grupo III, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral.

Na base 5.5 da dita resolución disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomean os novos membros que teñan que substituír os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, por renuncia dun dos seus membros, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por José Ramón Basante Barbazán, funcionario de carreira da escala de xestión, secretario titular do tribunal cualificador.

Segundo. Nomear a Xosé Antón Romero Banzas, funcionario de carreira da escala administrativa, como secretario titular en substitución de José Ramón Basante Barbazán.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela