Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2023 Páx. 20526

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de cociñeiro/a, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

A base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 13 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 26 de decembro), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de cociñeiro/a do Servizo Galego de Saúde, dispón que contra os resultados da baremación provisional os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación, ante o propio tribunal, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, o tribunal efectuará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as, pola orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso, e elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na base novena da citada resolución disponse, ademais, que os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as disporán do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, para a presentación da documentación preceptiva exixida na convocatoria.

De conformidade co anteriormente exposto, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) o acordo do tribunal, relativo á puntuación definitiva da fase de concurso obtida polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de cociñeiro/a, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019.

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Publicar, como anexo desta resolución, a relación dos/das aspirantes seleccionados/as neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso de conformidade co número de prazas convocadas e a previsión contida na base 1.4.3 da resolución de convocatoria.

Terceiro. De conformidade coa base 9.1 da convocatoria, os/as aspirantes seleccionados/as que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non estar inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da categoría.

c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

Esta autorización deberase presentar no modelo que para o efecto consta na páxina web do Servizo Galego de Saúde, na epígrafe relativa a emprego público (www.sergas.es/emprego público).

d) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta.

e) Os/as aspirantes seleccionados/as que accederon pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste prazo, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para accederen pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lles recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

De conformidade coa base 9.2 da Resolución do 13 de decembro de 2019, os/as que dentro do prazo fixado non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar no proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Cuarto. Só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, os/as aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade poderanlle solicitar á autoridade convocante, no prazo que se indica no punto terceiro desta resolución, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados.

Quinto. A documentación requirida nesta resolución deberase presentar nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberase dirixir á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Sexto. Esta resolución poderá ser impugnada nos termos previstos na base XI da Resolución de convocatoria do proceso, do 13 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 245, do 26 de decembro).

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Cociñeiro/a

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Nota OPE

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

***8635**

Esperato Vázquez, Lourdes

DI

40,750

8,000

13,450

4,000

66,200

1

***3710**

Pena Juncal, Laura

LI

54,625

8,000

22,100

4,000

88,725

2

***1710**

Vilasuso Bellas, Susana

LI

48,125

8,000

28,000

4,000

88,125

3

***6344**

Arias Lago, José Ramón

LI

45,375

8,000

28,000

4,000

85,375

4

***5301**

Sánchez Piñeiro, Ana Isabel

LI

49,250

8,000

23,950

4,000

85,200

5

***5110**

Otero Viana, Ana Belén

LI

43,875

8,000

28,000

4,000

83,875

6

***7987**

Freire Mella, Mónica

LI

45,625

8,000

25,600

4,000

83,225

7

***9117**

Cabarcos Vizoso, David

LI

50,375

8,000

19,400

4,000

81,775

8

***9041**

Dosil Martínez, Mónica

LI

41,375

8,000

28,000

4,000

81,375

9

***2940**

Fernández Suárez, José Antonio

LI

50,750

8,000

18,600

4,000

81,350

10

***7951**

Manso Bellas, Marta

LI

41,125

8,000

28,000

4,000

81,125

11

***2457**

Feijoo Losada, Pilar

LI

41,000

8,000

28,000

4,000

81,000

12

***8942**

Castro Bailón, María José

LI

40,250

8,000

28,000

4,000

80,250

13

***8594**

Vázquez Gómez, María Concepción

LI

39,500

8,000

28,000

4,000

79,500

1

***1792**

Calvo Varela, María Jesús

PI

47,250

8,000

27,650

4,000

86,900

2

***9821**

Martínez Estévez, José Manuel

PI

48,250

8,000

17,650

4,000

77,900

3

***4596**

Caldeiro Pérez, Álvaro

PI

51,875

8,000

13,200

4,000

77,075

4

***5968**

López Fernández, José Ramón

PI

40,375

8,000

28,000

0,000

76,375

5

***7173**

Pisos Otero, Silvia

PI

46,875

8,000

11,930

4,000

70,805

6

***7863**

López Santiago, Ana Belén

PI

35,125

8,000

17,100

4,000

64,225

7

***8890**

Rey Villamayor, Benjamín

PI

42,500

5,310

12,250

4,000

64,060

8

***9877**

Vázquez Rodríguez, José Andrés

PI

39,375

8,000

11,190

4,000

62,565

9

***7210**

López Ruzo, Sonia

PI

37,375

8,000

11,450

4,000

60,825

10

***1079**

Parga Taboada, María Isabel

PI

35,250

8,000

10,000

4,000

57,250

Acceso: DI: discapacidade xeral; LI: libre; PI: promoción interna.

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, segundo a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.