Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2023 Páx. 20521

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de telefonista, convocado mediante a Resolución do 29 de decembro de 2020, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

A base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 29 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 8, do 14 de xaneiro de 2021), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de telefonista do Servizo Galego de Saúde, dispón que, contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, o tribunal practicará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as, pola orde de puntuación alcanzada nas diferentes quendas de acceso, e elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na base novena da citada resolución disponse, ademais, que os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, para a presentación da documentación preceptiva exixida na convocatoria.

De conformidade co anteriormente exposto, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), o acordo do tribunal relativo á puntuación definitiva da fase de concurso obtida polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de telefonista, convocado mediante a Resolución do 29 de decembro de 2020.

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Publicar, como anexo desta resolución, a relación dos/das aspirantes seleccionados/as neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso de conformidade co número de prazas convocadas e a previsión contida na base 1.4.3 da resolución de convocatoria.

Terceiro. De conformidade coa base 9.1 da convocatoria, os/as aspirantes seleccionados/as que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da categoría.

c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

Esta autorización deberá prestarse no modelo que para o efecto consta na páxina web do Servizo Galego de Saúde, na epígrafe relativa a emprego público (www.sergas.es/empleo público).

d) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta.

e) Os/as aspirantes seleccionados/as que accederon pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste prazo, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lle recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

De conformidade coa base 9.2 da Resolución do 29 de decembro de 2020, os/as aspirantes que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participar no proceso selectivo non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Cuarto. Só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, os/as aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade poderán solicitar á autoridade convocante, no prazo que se indica no punto terceiro desta resolución, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados.

Quinto. A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberase dirixir á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703, Santiago de Compostela.

Sexto. Esta resolución poderá ser impugnada nos termos previstos na base XI da Resolución de convocatoria do proceso, do 29 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 8, do 14 de xaneiro de 2021).

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Telefonista

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Nota OPE

Formación

Experiencia

Total

1

***5896**

Goyanes Vázquez, María José

DI

38,500

12,000

14,972

65,472

2

***4733**

Álvarez Pérez, Leticia

DI

38,500

12,000

13,402

63,902

1

***2246**

Ogando Mouriño, María Luz

LI

42,125

12,000

28,000

82,125

2

***3763**

Carrera Castro, Pilar

LI

40,125

12,000

28,000

80,125

3

***0739**

Rivas Fraga, María Pilar

LI

40,000

12,000

28,000

80,000

4

***4393**

Gayoso Pereiro, Susana

LI

39,375

12,000

28,000

79,375

5

***0498**

Alonso García, Patricia

LI

38,500

12,000

26,650

77,150

6

***2165**

Fentanes Framil, Mónica

LI

44,875

12,000

19,000

75,875

7

***5224**

López Iglesias, Manuela

LI

35,750

12,000

28,000

75,750

8

***9430**

Pérez Redondas, Ramona

LI

34,500

12,000

28,000

74,500

9

***2349**

Domingo Carod, Montserrat

LI

34,250

12,000

28,000

74,250

10

***7917**

Bures Miguens, Ana Rosa

LI

44,625

12,000

17,600

74,225

11

***1957**

García Álvarez, María Guadalupe

LI

40,000

12,000

22,200

74,200

12

***9298**

Rodríguez Grande, Beatriz

LI

37,125

12,000

19,000

68,125

13

***7200**

Bascuas Otero, María Dolores

LI

35,625

12,000

19,500

67,125

14

***8153**

Guedella González, Esmeralda

LI

38,625

12,000

16,200

66,825

1

***7115**

Rodríguez Cortiñas, María del Pilar

PI

53,125

12,000

19,874

84,999

2

***8214**

Gómez Roel, Guadalupe

PI

41,750

12,000

22,250

76,000

3

***3190**

Yáñez Folgueira, Eva María

PI

48,250

12,000

12,300

72,550

4

***2526**

Méndez Meilán, María Elena

PI

46,500

12,000

11,444

69,944

5

***7363**

Tenreiro Pena, Héctor

PI

45,125

12,000

10,535

67,660

6

***2337**

Aldariz Rodríguez, José Antonio

PI

46,875

12,000

7,590

66,465

7

***1154**

Fernández Díaz, Asunción

PI

45,000

12,000

8,978

65,978

8

***7829**

Piñeiro Díaz, Francisco Javier

PI

51,000

12,000

1,320

64,320

9

***0779**

García Yelo, Encarna

PI

47,500

12,000

4,760

64,260

10

***6237**

Martínez Suárez, Xesús

PI

42,125

12,000

9,920

64,045

11

***2263**

Gómez Maira, Ana María

PI

41,625

12,000

10,260

63,885

12

***5722**

García García, María Isabel

PI

40,375

10,950

11,480

62,805

13

***2015**

Quiroga Rubianes, María Jesús

PI

40,375

12,000

9,350

61,725

14

***5219**

Bernárdez Brañas, María Belén

PI

39,500

12,000

10,002

61,502

15

***1506**

Canosa Lucas, Mónica

PI

43,125

12,000

6,088

61,213

16

***6217**

Vázquez Fernández, Ernesto

PI

47,250

6,000

7,836

61,086

17

***2190**

Graña Tapia, Margarita del Rocío

PI

39,000

12,000

9,520

60,520

Acceso: DI: discapacidade xeral; LI: libre; PI: promoción interna.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, segundo a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.