Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2023 Páx. 20473

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de traballador/a social, convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

A base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 5 de xullo), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de traballador/a social do Servizo Galego de Saúde, dispón que contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, o tribunal practicará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as, pola orde de puntuación alcanzada nas diferentes quendas de acceso, e elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na base novena da citada resolución disponse, ademais, que os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as disporán do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación para a presentación da documentación preceptiva exixida na convocatoria.

De conformidade co anteriormente exposto, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), o acordo do tribunal relativo á puntuación definitiva da fase de concurso obtida polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de traballador/a social, convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021.

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Publicar, como anexo desta resolución, a relación dos/das aspirantes seleccionados/as neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso de conformidade co número de prazas convocadas e a previsión contida na base 1.4.3 da resolución de convocatoria.

Terceiro. De conformidade coa base 9.1 da convocatoria, os/as aspirantes seleccionados/as que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o/a imposibiliten para o exercicio das funcións propias da correspondente categoría.

c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

Esta autorización deberá prestarse no modelo que, para o efecto, consta na páxina web do Servizo Galego de Saúde, na epígrafe relativa a emprego público (www.sergas.es/emprego público).

d) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta.

e) Os/as aspirantes seleccionados/as que accederon pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste prazo, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lle recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

De conformidade coa base 9.2 da Resolución do 18 de xuño de 2021, os/as que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participar no proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Cuarto. Só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, os/as aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade, poderán solicitar á autoridade convocante, no prazo que se indica no punto terceiro desta resolución, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados.

Quinto. A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Sexto. Esta resolución poderá ser impugnada nos termos previstos na base XI da Resolución de convocatoria do proceso, do 18 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 5 de xullo).

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Traballador/a social

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Nota OPE

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

***2318**

Braña López, Pablo

DI

40,375

8,000

1,200

0,000

49,575

2

***6990**

Lema Lema, Antonio Francisco

DI

40,375

2,885

0,200

0,000

43,460

1

***7536**

Sieiro Hermida, Ana María

LI

52,125

8,000

28,000

0,000

88,125

2

***3591**

Vilar Pumares, Maira

LI

49,625

8,000

28,000

1,600

87,225

3

***9956**

López Penedo, Xiana

LI

50,750

8,000

26,500

0,300

85,550

4

***1254**

Rodríguez Millara, Ramona

LI

47,750

8,000

28,000

0,000

83,750

5

***8501**

Vilas Fernández, Concepción

LI

47,000

8,000

28,000

0,300

83,300

6

***8269**

Sabucedo Rodríguez, Elisa

LI

46,375

8,000

28,000

0,000

82,375

7

***1892**

Louro Couselo, Laura

LI

46,250

8,000

28,000

0,000

82,250

8

***9907**

Valiño Rodríguez, Nuria

LI

45,625

8,000

28,000

0,000

81,625

9

***9903**

Rodríguez Sierra, Miriam

LI

43,875

8,000

28,000

1,300

81,175

10

***5619**

Novoa Guede, Luis

LI

41,500

8,000

28,000

0,000

77,500

11

***3664**

Garcia Gay, Cristina

LI

45,250

8,000

22,465

0,300

76,015

12

***1567**

Leclere Rodríguez, Beatriz

LI

42,125

8,000

24,700

0,000

74,825

13

***7108**

Fernández López, Alicia

LI

38,125

8,000

28,000

0,000

74,125

14

***1986**

Porto Piñón, Gloria María

LI

37,500

8,000

28,000

0,000

73,500

15

***1906**

González Torea, Mónica

LI

42,250

8,000

23,160

0,000

73,410

16

***6349**

Meijide Chas, Ana Iria

LI

37,000

8,000

28,000

0,300

73,300

17

***1406**

Bamio Graña, Marta

LI

45,375

8,000

19,800

0,000

73,175

18

***7057**

López Pernas, María Victoria

LI

45,625

8,000

19,300

0,000

72,925

19

***3657**

Otero Fernández, María Isabel

LI

36,375

8,000

28,000

0,000

72,375

20

***9227**

Río Temes, Sandra

LI

43,250

8,000

21,000

0,000

72,250

21

***7335**

Regengo Pedreira, Cristina

LI

38,625

8,000

24,300

0,000

70,925

1

***2362**

Méndez Iglesias, María del Carmen

PI

43,250

8,000

27,476

0,000

78,726

2

***0831**

Seoane Brocos, Sergio

PI

48,125

8,000

17,680

0,000

73,805

3

***0610**

Suárez Beiroa, Begoña

PI

51,250

8,000

14,550

0,000

73,800

4

***5783**

Sánchez González, María Luisa

PI

36,500

8,000

28,000

0,000

72,500

5

***8889**

Codesido Fuciños, Francisca

PI

38,625

8,000

24,800

0,000

71,425

6

***1470**

Feijoo Alén, Sonia

PI

44,375

8,000

18,730

0,300

71,405

7

***2264**

Guntín Vázquez, Antonio Luis

PI

41,125

8,000

22,072

0,000

71,197

8

***8990**

Sordo Fraga, María Azucena

PI

46,125

8,000

15,920

0,000

70,045

9

***9747**

Pena López, Laura

PI

45,125

8,000

15,900

0,000

69,025

10

***2538**

Torneiro Ron, María Carmen

PI

42,625

8,000

15,834

0,000

66,459

11

***0740**

Castro Barca, María José

PI

45,375

8,000

12,840

0,000

66,215

12

***4768**

Feijoo Álvarez, Lourdes

PI

41,000

8,000

15,040

0,000

64,040

13

***5319**

Iglesias Rajo, Celia

PI

37,750

8,000

17,560

0,000

63,310

14

***9105**

García Bustelo, Carlos Javier

PI

45,000

8,000

9,480

0,000

62,480

15

***9481**

Ramos Zotes, Catalina

PI

39,250

8,000

13,550

0,000

60,800

16

***1206**

Fraga Parafita, María Isabel

PI

42,375

8,000

8,640

0,000

59,015

17

***6122**

González Rodríguez, Rosa María

PI

37,250

8,000

13,400

0,000

58,650

18

***7328**

Daponte Barcala, Leticia María

PI

40,500

8,000

10,050

0,000

58,550

19

***2200**

Juncal Montes, Marta

PI

35,625

8,000

14,750

0,000

58,375

20

***9292**

Peréz Barcia, María José

PI

37,125

8,000

12,760

0,000

57,885

21

***1846**

Romero Vieira, María Victoria

PI

36,375

8,000

12,790

0,000

57,165

22

***0120**

Casas Fernández, Alejandro

PI

36,750

8,000

10,980

0,800

56,530

23

***3457**

López Villar, Raimundo

PI

37,500

8,000

10,000

0,000

55,500

Acceso: DI: discapacidade xeral; LI: libre; PI: promoción interna.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.